Oín, Rois

Santa María de Oín é unha parroquia situada no sur do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 439 habitantes (209 homes e 230 mulleres). Agora[cando?] conta con aproximadamente 430 habitantes, distribuídos en oito entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 401 habitantes. Forma a capital do municipio e é un dos principais núcleos urbanos de Rois; ademais, é unha das únicas parroquias que gañan poboación.

É a parroquia máis pequena do municipio, con só 3,23 quilómetros cadrados de superficie, e está formada polas aldeas de Antequeira, Barro, O Castro, A Eirexa, Oín, A Peruca, A Pontenova e Samil, onde se atopa a Casa do Concello.

Limita cos concellos de Padrón e Dodro, e coas parroquias de Seira e Rois.

Coordenadas: 42°45′N 08°41′O / 42.750, -8.683

Oín
Iglesia Oín
Igrexa de Santa María de Oín.
Mapa Rois
ConcelloRois
Área3,23 km²
Poboación439 hab. (2013)
Densidade135,91 hab./km²
Entidades de poboación8

Festividades

As festividades desta parroquia son Santo Antón, o 13 de xuño, e A Nosa Señora, San Roque e o Santísimo, o 15, o 16 e o 17 de agosto.

Patrimonio

  • Igrexa de Santa María, que ten na fachada dúas cruces relacionadas coas "santas misións", unha dos redentoristas de 1943, e outra dos capuchinos de 1957.
  • O pazo da Antequeira, de estilo barroco, que foi construído no século XVII, sobre un fogar do século XV, e no que podemos observar unha fonte barroca e tamén unha capela dedicada a San Xoán de Nepomuceno, que está abovedada e ten un relevo dun santo na súa fachada. Tamén ten un gran xardín con camelios, magnolios e hortensias. Na actualidade pertence á familia Rengifo.
  • Vestixios arqueolóxicos moi antigos, como torques de ouro que foron atopados nun monumento funerario prerromano da parroquia, ou un castro celta que nunca se escavou pero no que se poden observar os muros.
  • Varios cruceiros, un deles feito por un home da aldea de Samil.
  • Unha fonte natural e unha fonte que lle dá nome a unha familia, na aldea de Oín de abaixo; e unha fonte de 1960, que esta ao carón dun lavadoiro, e que foi un grande avance para a zona de Oín, Barro e Samil, que tiñan que ir lavar ao río de Seira, e despois deixar as pezas de roupa en toxos ou unhas árbores e recollelas ao día seguinte, e co lavadoiro, tiñan unha maneira máis práctica de lavar tanto roupa como la ou mantas.
  • Os restos dunha casa reitoral, na que o último cura deixou de vivir en 1963, pero máis tarde foi vivir alí unha familia.
  • O pombal, que está na mesma zona que o castro. O pombal ten unha historia vinculada: despois da guerra civil, os curas dos conventos foron obrigados a irse porque os saqueaban, e un foise para a casa reitoral da parroquia coas xoias do convento para conservalas ata que puidese volver ao a el. As persoas dos arredores eran sabedoras diso; entón, uns republicanos un día fóronlle roubar e deixaron o cura case morto, e os veciños que se decataron de que algo pasaba alí puxéronse nos arredores da casa e cando os ladróns saíron conseguiron escapar e a lenda di que se agocharon no pombal e que se atoparon restos das xoias alí.
  • Outra lenda que existía era a dunha muller que miraba pola ventá e vía os enterros e quen ía ao enterro antes de que pasara.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Oín, Rois.
Lavadoiro de Oín1
Lavadoiro de Oín
Casa reitoral de Oín
Casa reitoral de Oín
Pombal de Oín16
Pombal de Oín
Casa reitoral de Oín
Casa reitoral de Oín
Casa reitoral de Oín
Pombal de Oín16
Pombal de Oín
Pombal de Oín16
Concello de Rois

Casa do concello.

Pazo de antequeira

Pazo de Antequeira.

Lugares e parroquias

Parroquias de Rois

Véxase tamén

Outros artigos

A Eirexa, Oín, Rois

A Eirexa é un lugar da parroquia de Oín no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 10 habitantes (4 homes e 6 mulleres).

A Peruca, Oín, Rois

A Peruca é un lugar da parroquia de Oín no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres).

A Pontenova, Oín, Rois

A Pontenova é un lugar da parroquia de Oín no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 24 habitantes (12 homes e 12 mulleres).

Antequeira, Oín, Rois

Antequeira é un lugar da parroquia de Oín no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 88 habitantes (40 homes e 48 mulleres).

Barro, Oín, Rois

Barro é un lugar da parroquia de Oín no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 24 habitantes (10 homes e 14 mulleres), o que supón un aumento respecto de 1999 cando tiña 20 habitantes.

O Castro, Oín, Rois

O Castro é un lugar da parroquia de Oín no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 25 habitantes (9 homes e 16 mulleres).

Oín, Oín, Rois

Oín é un lugar da parroquia de Oín no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 124 habitantes (65 homes e 59 mulleres).

Samil, Oín, Rois

Samil é un lugar da parroquia de Oín no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 84 habitantes (42 homes e 42 mulleres).

Vicente Calderón Oreiro

Vicente Pablo Calderón Oreiro, III conde de San Juan, nado en Santiago de Compostela en 1821 e finado no Pazo de Antequeira, na parroquia de Oín (Rois) o 19 de setembro de 1888, foi un político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.