O'Parrulo FS

O'Parrulo Fútbol Sala é un equipo de fútbol sala galego da cidade de Ferrol. Funciona como unha escola de fútbol sala, presente nas distintas categorías infantís e xuvenís, e o seu primeiro equipo xoga na Primeira División.

Entre 1998 e 2003, O'Parrulo xogou na máxima categoría da Liga Nacional de Fútbol Sala, a División de Honra, chegando a xogar na tempada 1999-2000 o play-off polo título como sexto clasificado. Non foi ata 2017 cando o equipo conseguiu de novo o ascenso á elite.

O Parrulo
NomeFerrol Fútbol Sala
Fundación1981
EstadioPavillón Polideportivo A Malata
Ferrol, Galicia Galicia
Inauguración1998
Capacidade4.200
Presidentegalego Julio Martínez
Adestradorgalego Diego Ríos
LigaPrimeira División
2018-1913º
VestimentaLuanvi
PatrocinadorMateriales del Atlántico
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Historia

Orixes

O club O Parrulo Ferrol Fútbol Sala fundouse no ano 1981, nacendo dun grupo de amigos do barrio de San Pablo. Nun principio, este equipo participaba en maratóns e torneos afeccionados en época estival, inscribíndose na desaparecida Federación Española de Fútbol Sala e participando na delegación local de Ferrol, conseguindo nesta época tres ligas, tres copas e varios torneos estivais.

Na tempada 1988-89 conseguiu o seu primeiro trofeo ligueiro importante, a Liga de 1ª Nacional na acabada de crear Liga Unificada de Fútbol Sala, no seu grupo 7º, un ano antes da creación da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).

Cando se creou a Liga Nacional de Fútbol Sala en 1989, O'Parrulo inscribiuse na Primera Nacional A, que daquela funcionaba como a segunda categoría, e descendeu a Nacional B ao finalizar sétimo do seu grupo. Na tempada 1992-93, tras varias tempadas en 1ª Nacional B, o club ferrolán conseguíu un importante terceiro posto na liga que lle permitiu ascender a 1ª Nacional A, categoría na que permaneceu as seguintes tres tempadas, ata que na tempada 1995-96 conseguiu o título de Liga de 1ª Nacional A e polo tanto o ascenso á División de Prata. A mediados da década de 1990 decidiu crear unha escola de fútbol sala e o traballo de canteira permite ao club ter unha continuidade no seu proxecto a longo prazo.

Salto á máxima categoría

Pouco a pouco, o club ferrolán formou un cadro de xogadores para ascender á máxima categoría e asinou un acordo de patrocinio coa empresa local Indunor, polo que pasou a denominarse O'Parrulo Indunor. A súa adaptación á nova categoría foi rápida, xa que na primeira tempada (1996-97) finalizou na terceira posición, mellorándoa na segunda coa consecución do Campionato de Liga da División de Prata con 68 puntos e polo tanto o ascenso á División de Honra.

A aventura do club departamental na máxima categoría do fútbol sala español durou cinco anos, salientando a tempada 1999-2000, na cal conseguiu a clasificación para a Copa de España e entrar nas eliminatorias dos playoffs polo título de Liga,[1] onde caeu nos cuartos de final fronte ao que sería o campión da Liga, o CLM Talavera. Na temporada 2002-03, e tras dúas tempadas rozando as posicións de descenso, O'Parrulo perdeu a categoría e descendeu á División de Prata tras finalizar na última posición con tan so 6 puntos.

Descensos e rexurdimento

Logo de tres tempadas na División de Prata nas que os ferroláns se clasificaron na parte media-baixa da táboa e conseguiron a ata agora única Copa Xunta tras derrotar ao Lobelle en Pontevedra no 2004, na tempada 2005-06, o club rematou no penúltimo lugar, producíndose o seu descenso a 1ª Nacional A.

Dende a tempada 2006-07, O'Parrulo Ferrol Fútbol Sala compite na 1ª Nacional A, na cal sempre destacou nas posicións altas da táboa. Na tempada 2009-10, conseguiu o título de Liga de 1ª Nacional A, mais os custos que suporía competir na División de Prata e a falta de apoios para poder afrontar a tempada obrigaron ao club a renunciar á fase de ascenso.[2] Na tempada 2012-13 venceu ao Azkar Lugo na terceira rolda da Copa do Rei e posteriormente caeu eliminado en oitavos de final contra ElPozo Murcia. Ademais, acabou segundo no grupo I da Segunda División B, xogando a fase de ascenso. Superou na eliminatoria a dobre partido ao FS Nazareno, voltando á Segunda División.

Logo de catro tempadas en Segunda División nas que foi mellorando ano tras ano na clasificación, na tempada 2016-17 xoga a promoción de ascenso a Primeira malia quedar en sétima posición porque dous equipos filiais acabaron en posicións de promoción e non poden disputala. Na primeira rolda eliminou ao UMA Antequera, terceiro clasificado, gañando o primeiro partido en casa por 3-1, perdendo o segundo fóra por 2-1 e gañando o terceiro e definitivo tamén en Antequera por 0-2. Na segunda e última fase, O Parrulo enfrontouse ao Elche CF, perdendo o primeiro partido na casa por 2-4. Nos dous seguintes xogados en Elx, o equipo conseguiu dúas vitorias por 1-5 e 0-2, voltando á máxima categoría do fútbol sala español.[3]

Nova etapa en Primeira

No retorno a Primeira, o equipo só foi capaz de sumar 4 puntos nos 15 partidos da primeira volta da competición. Na xornada 3 xa caeu a postos de descenso e foi o último clasificado durante 11 xornadas. Non foi ata o 13 de xaneiro de 2018 cando acadou a súa primeira vitoria, contra o Jaén Paraíso Interior (3-2), no partido correspondente á xornada 19, que supuxo un punto de inflexión. Na recta final do campionato sumou 17 puntos de 30 posibles, o que lle valeu a permanencia na categoría, que acadou a unha xornada do final[4], condenando ao outro equipo galego, o Santiago Futsal, ao descenso.

Na tempada 2018/19 acadou a permanencia a dúas xornadas do remate da tempada, logo de empatar 4-4 na Malata contra o Peñíscola Fútbol Sala.[5]

Instalacións

O Parrulo xoga os seus partidos no Pavillón Polideportivo A Malata da cidade ferrolá, inaugurado en 1986. É propiedade do Concello de Ferrol e ten capacidade para 4.200 espectadores. O pavillón conta con ximnasio, vestiarios e cafeterías, entre outros servizos.

Datos do club

  • Tempadas en : 8
  • Tempadas en : 9
  • Tempadas en 2ªB: 11
  • Tempadas en 3ª: 3

Historial na liga

Tempada Categoría Posto
1989/90 1ª Nacional A
1990/91 1ª Nacional B
1991/92 1ª Nacional B
1992/93 1ª Nacional B
1993/94 1ª Nacional A
1994/95 1ª Nacional A
1995/96 1ª Nacional A
1996/97 D. Prata
1997/98 D. Prata
1998/99 D. Honra 13º
1999/00 D. Honra
Tempada Categoría Posto
2000/01 D. Honra 12º
2001/02 D. Honra 14º
2002/03 D. Honra 16º
2003/04 D. Prata 11º
2004/05 D. Prata 13°
2005/06 D. Prata 14°
2006/07 1ª Nacional A
2007/08 1ª Nacional A
2008/09 1ª Nacional A
2009/10 1ª Nacional A
2010/11 1ª Nacional A
Tempada Categoría Posto
2011/12 2ª División B
2012/13 2ª División B
2013/14 2ª División 13º
2014/15 2ª División 11º
2015/16 2ª División
2016/17 2ª División
2017/18 1ª División 14°
2018/19 1ª División 13º
2019/20 1ª División

Palmarés

Notas

  1. Ficha de O Parrulo Indunor Arquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Liga Nacional de Fútbol Sala
  2. O Parrulo renuncia a la fase de ascenso al no poder sostenerse en División de Plata La Voz de Galicia, 20 de maio de 2010
  3. La Voz de Galicia, ed. (21 de maio de 2017). "O Parrulo volta á máxima categoría do fútbol sala nacional" (en castelán). Consultado o 14 de abril de 2018.
  4. "O Parrulo Ferrol celebra a súa permanencia en Primeira División". LNFS (en castelán).
  5. "O Parrulo Ferrol sella su permanencia en Primera al empatar con Peñíscola RehabMedic (4-4)". LNFS (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

CFS Cidade de Viveiro

O Club de Fútbol Sala Cidade de Viveiro, antes coñecido como Club del Mar A Mariña Futbol Sala e Puerto Celeiro Viveiro, é un equipo de fútbol sala fundado en 1988. Actualmente xoga na Primeira Nacional "A". O club foi fundado na localidade veciña de Burela. Logo do seu ascenso á división de honra tivo que transladarse á vila de Viveiro porque o estadio de Burela non tiña a capacidade mínima esixida pola LNFS. O club só se mantivo unha tempada na división de honra, pero se afincou definitivamente en Viveiro. Mantén unha gran rivalidade co Burela Pescados Rubén. Ó finalizar a tempada 2006-07 o club descendeu por impago á LNFS.

Conta con equipos nas categorías xuvenil, cadete e benxamín.

Cidade de Narón

O Cidade de Narón é un equipo de fútbol sala, fundado en 2006. Actualmente xoga na Primeira Nacional "A", a terceira categoría da LNFS. O club naceu da unión do Futbol Sala Narón e do Ferretería Outeiro Trafoga, que por entón militaba en Primeira Nacional "B". O club comezou participando nesa categoría, conseguindo o título e o ascenso no seu primeiro ano de historia. O seu equipo filial milita na Liga Autonomica galega.

Ademais, conta con equipo nas categorías xuvenil (liga autonómica), cadete, infantíl, alevín, benxamín e prebenxamín (liga local), e o equipo de "biberóns", os máis cativos. Tamén ten un equipo de veteranos na liga local.

Club Deportivo Burela Fútbol Sala

O Club Deportivo Burela Fútbol Sala, coñecido por motivos de patrocinio como Burela Pescados Rubén, é un equipo galego de fútbol sala fundado en 2001 en Burela. Actualmente xoga na Primeira División.

Xogou cinco tempadas consecutivas na Primeira División entre 2012 e 2017, acadando na tempada 2013/14 un sétimo posto que lle permitiu xogar o play-off polo título, no que foi eliminado en cuartos de final.

Tamén ten un equipo feminino que xoga na máxima categoría.

Copa Xunta de Galicia de fútbol sala

A Copa Galicia de fútbol sala é unha competición de fútbol sala que se disputa anualmente en Galicia. Está organizada pola Real Federación Galega de Fútbol e a súa primeira edición disputouse en 1990, coincidindo co inicio da División de Honra. No 2007 a competición non se puido disputar por falta de datas no calendario, e ao ano seguinte disputouse durante o parón invernal propiciado polo Mundial de Brasil.

Coruxo Fútbol Club

O Coruxo Fútbol Club é o equipo de fútbol galego da parroquia de Coruxo, pertencente ao concello de Vigo. Fundado en 1930, xoga na Segunda División B desde a tempada 2010-11. O seu campo de fútbol é o campo do Vao, cunha capacidade para 1.500 espectadores.

División de Honra da LNFS 2000-01

A tempada 2000-01 da División de Honra da LNFS foi a 12ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 9 de setembro de 2000 e rematou o 23 de xuño de 2001 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o segundo título de liga na historia desta competición a prol do Playas de Castellón FS.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou por última vez con 18 equipos que se enfrontaron todos entre si na casa e fora ó longo de 34 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, mentres que a final foi ó mellor de 5 encontros. Para pasar dunha liga de 18 equipos a unha liga de 16, ó remate da tempada, amais do descenso dos 2 últimos equipos da táboa, xogouse unha eliminatoria de permanencia entre os equipos clasificados entre a 13ª e a 16ª posición. Os dous equipos derrotados tamén descenderon á División de Prata.

División de Honra da LNFS 2001-02

A tempada 2001-02 da División de Honra da LNFS foi a 13ª edición da máxima competición ligueira do fútbol sala en España. O torneo comezou o 15 de setembro de 2001 e rematou o 13 de xuño de 2002 co derradeiro encontro da final, que deu como resultado o quinto título de liga na historia desta competición a prol do Antena 3 Boomerang.

A liga estivo composta por dúas partes, a tempada regular e as eliminatorias polo título. A tempada regular contou con 16 equipos que se enfrontaron todos entre sí na casa e fora ó longo de 30 xornadas. Ó remate da tempada regular os 8 primeiros da táboa decidiron o título nas eliminatorias finais. As eliminatorias de cuartos de final e semifinais foron ó mellor de 3 encontros, mentres que a final foi ó mellor de 5 encontros.

Escuelas Deportivas de Láncara

O Escuelas Deportivas de Láncara, máis coñecido como Muebles Caloto e Barcel Euro Puebla por motivos de patrocinio, foi un equipo de fútbol sala galego da vila da Pobra de San Xiao, no concello lugués de Láncara, que xogaba os seus partidos no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Fundado en 1995, xogou as súas dúas últimas tempadas na División de Honra, ata 2006, cando desapareceu.

Hermanos Barbeito Fútbol Sala

O Interrias Hermanos Barbeito é un equipo de fútbol sala de Portonovo, fundado en 1981. Desde a tempada 2005-06 xoga na Primeira Nacional "A", a terceira categoría en España.

Leis Pontevedra FS

O Leis Pontevedra FS é un equipo de fútbol sala fundado en 1980. Actualmente xoga na Primeira División Nacional A da LNFS.

Na tempada 2006-2007 clasificouse para o play-off á División de Honra e conseguiu por primeira vez o ascenso tras derrotar o Manacor FS en tres dos catro partidos xogados.

Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade

A lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade inclúe a aqueles recintos cubertos, multiusos ou polideportivos, que poden acoller a unha maior cantidade de espectadores nas súas bancadas, dentro do territorio galego.

Noia FS

O Noia Fútbol Sala, coñecido como Noia Portus Apostolis, é un equipo de fútbol sala da localidade de Noia, na provincia da Coruña. Actualmente xoga na Segunda División da Liga nacional de fútbol sala.

Pavillón Polideportivo A Malata

O Pavillón Polideportivo A Malata é un recinto deportivo cuberto sito na Malata, Serantes, no concello de Ferrol, que se dedica á práctica do baloncesto e do fútbol sala. Nel xoga os seus encontros como local o O'Parrulo FS, e tamén foi o fogar do desaparecido OAR Ferrol. A capacidade das bancadas é de 4200 persoas, que se reparten en dúas tribunas laterais, xa que o pavillón non ten bancadas de fondo.

Prone Lugo AD

O Prone Lugo Asociacion Deportiva, antigamente coñecido por motivos de patrocinio como Azkar Lugo Fútbol Sala, é un equipo lucense de fútbol sala fundado en 1984. Cun importante crecemento na última metade dos 90 e moitos anos do equipo na máxima categoría, o fútbol sala transformouse nun deporte popular na cidade. Actualmente xoga na Segunda División da Liga nacional de fútbol sala.

O Prone conta cunha gran canteira de xogadores, destacando o equipo filial, que xoga na división semiprofesional Primeira Nacional A. Tamén conta cun equipo xuvenil de Liga Nacional. O grupo principal da súa inchada son "Os Bufóns".

Entre o seu palmarés destaca a Recopa de Europa de fútbol sala no ano 2005, disputada en Lugo. Un dos seus xogadores máis destacados é o internacional e campión do mundo Marcelo.

Redondela FS

O Redondela Fútbol Sala é un club de fútbol sala da vila de Redondela. Fundouse no ano 1989 e na actualidade[cando?] milita na Primeira Autonómica.

Disputa como local os seus partidos no pavillón municipal de Redondela, tamén coñecido como A Bomboneira.

Rías Baixas FS

O Rías Baixas Fútbol Sala foi un equipo de fútbol sala da cidade de Pontevedra (Galiza). Foi un dos máis importantes clubs de fútbol sala de Galiza. Xogaba os seus encontros como local no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.

Santiago Futsal

O Santiago Futsal, chamado Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala até 2012, é un club galego de fútbol sala da cidade de Santiago de Compostela, que milita na Segunda División de fútbol sala.

Entre 2003 e 2018 xogou un total de 15 tempadas consecutivas en Primeira División. Nesa época converteuse no club máis laureado do fútbol sala galego, con 8 Copas Xunta, 1 Copa de España (2006), 1 Supercopa de España (2010) e 1 Recopa de Europa (2007).

Selección de fútbol sala de Galicia

A selección nacional de fútbol sala de Galicia é un equipo combinado formado por xogadores de fútbol sala de Galicia, que participa en competicións de carácter amigábel ao non ter recoñecemento da UEFA.

Fútbol sala masculino en Galicia
Federación
Selección
Equipos
Outras competicións
Pavillóns
Páxina Web

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.