Nunarput utoqqarsuanngoravit

Nunarput utoqqarsuanngoravit (do groenlandés: Ti, a nosa vella terra) é o himno de Groenlandia (Dinamarca) dende o ano 1916. Henrik Lund escribiuno e Johann Petersen compuxo a melodía.

Nunarput utoqqarsuanngoravit
En galego: Ti, a nosa vella terra
Himno deGroenlandia Groenlandia
LetraHenrik Lund
MúsicaJonathan Petersen
Adoptado1916

Letra en groenlandés

Nunarput, utoqqarsuanngoravit niaqqut ulissimavoqq qiinik.
Qitornatit kissumiaannarpatit tunillugit sineriavit piinik.
Akullequtaastut merletutut ilinni perotugut tamaani
kalaallinik imminik taajumavugut niaqquit ataqqinartup saani.
Atortillugillu tamaasa pisit ingerlaniarusuleqaagut,
nutarterlugillu noqitsigisatit siumut, siumut piumaqaagut.
Inersimalersut ingerlanerat tungaalitsiterusuleqaarput,
oqaatsit "aviisit" qanoq kingunerat atussasoq erinigileqaarput.
Taqilluni naami atunngiveqaaq, kalaallit siumut makigitsi.
Inuttut inuuneq pigiuminaqaaq, saperasi isumaqaleritsi.

Tradución

O noso país, volvécheste tan antigo que a túa cabeza cóbrese con pelo cano,
Sempre nos gardaches, como fillos, no teu colo e déchesnos as riquezas das túas costas.
Como fillos medianos da familia florecimos aquí Kalaallit,
desexamos chamarnos diante da túa cabeza orgullosa e honorable.
Cun desexo ardente para desenvolver o que tes para entregarnos, renovado,
quitando os teus obstáculos do noso desexo de progresar, adiantarnos.
É o noso entusiasta obxectivo atinxir os estilos de vida de sociedades maduras;
e ansiamos observar os efectos dos discursos e das letras.
A humildade non é o rumbo, Kalaallit esperta e sé orgulloso!
Unha vida dignificada é o noso obxectivo; con coraxe adopta unha posición.
Groenlandia

Groenlandia (en groenlandés: Kalaallit Nunaat, "Terra dos Groenlandeses"; en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación.Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca. En 1979, foille concedido autogoberno á illa, cunha relación coñecida en dinamarqués como Rigsfællesskabet, e en novembro de 2008 celebrou un referendo para ampliar a autonomía con vistas a unha futura independencia.

Henrik Lund

Henning Jakob Henrik Lund ou Intalêraq, nado en Nanortalik o 29 de setembro de 1875 e finado en Narssaq o 17 de xuño de 1948, foi un escritor, pintor e sacerdote groenlandés, coñecido como o autor da letra de "Nunarput utoqqarsuanngoravit", que se convertería no himno nacional de Groenlandia.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.