Numismática

A Numismática (do grego antigo: νομισματική, e do hebreo: Numii: moeda e Amastik: Reunión, "reunión de moedas") é unha ciencia auxiliar da historia que estuda as moedas e as medallas. Tamén se lle chama así ao coleccionismo destas pezas.

Numismática clásica

As Elagabalus 218-leg 3 Gallica
Os ases foron das pezas que máis circularon en Galicia durante o Imperio Romano
Peseta 1951
Billete de peseta (1951)

No concepto clásico, a numismática é unha ciencia auxiliar da Arqueoloxía que trata do estudo das moedas e medallas. Esta ciencia pode dar testemuño inestimable dos intercambios e da economía dos pobos, así como da súa historia política, xeográfica, relixiosa etc.

Poucos monumentos arqueolóxicos revisten a importancia dos que estuda a numismática xa que neles gravou o home as súas ideas dominantes e polo mesmo revelan o carácter, os costumes e as vicisitudes históricas que tales monumentos deixáronnos. Intimamente ligadas á numismática atópase a epigrafía, paleografía, simboloxía, iconoloxía e historia da arte, achegando a todas elas a numismática nocións esenciais.

A numismática clásica divídese en dùas partes moi diferentes por máis que frecuentemente vaian unidas nos libros que dela tratan:

  • a teórica ou doutrinal, que estuda os fundamentos da ciencia, coa nomenclatura, as bases da clasificación e outras xeneralidades.
  • a histórica e descritiva que descende ao estudo do desenvolvimiento da moeda nos diferentes pobos do mundo e clasifica e describe as súas distintas emisións monetarias.

Numismática moderna

Na acepción moderna do termo, a numismática é o estudo científico do diñeiro en todas as súas variadas formas. Aínda que aos numismáticos se lles caracteriza adoito como estudosos das moedas, a disciplina actual inclúe tamén o estudo doutras formas modernas do diñeiro e moitos aspectos con el relacionados, incluíndo o seu uso, a historia, a xeografía, a arte, a economía, a metalurxia, o procesos de manufactura etc.

Entre outras formas modernas do diñeiro que estuda a numismática estarían o cheque, o papel moeda ou billete, a acción e o bono (escripofilia), a cartón de crédito e a ficha monetaria (monetiformes).

Aínda que en xeral os estudos económicos e históricos do uso e o desenvolvemento do diñeiro están separados do estudo do diñeiro físico que fai a numismática, existe no entanto relación entre ambos; as teorías da orixe do diñeiro dependen da numismática, por exemplo. Neste sentido a numismática xoga un papel importante, xa que a través das moedas (tiradas especiais, cambios de material etc) conseguen descifrarse e comprenderse asedios, motivos reais e imperiais, fluxos económicos etc.

Numismáticos e coleccionistas

Os numismáticos son ás veces diferenciados dos coleccionistas en tanto que os últimos basicamente derivan o seu pracer da simple posesión de obxectos monetarios, mentres que a atención dos primeiros céntrase na adquisición de coñecementos sobre eles. De feito, moitos numismáticos son tamén coleccionistas e algúns coleccionistas mostran interese polo coñecemento dos seus obxectos de colección.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

American Numismatic Society

Non confundir con American Numismatic Association.A American Numismatic Society -ANS- (en galego: "Sociedade de Numismática dos Estados Unidos") é unha unha sociedade erudita e sen ánimo de lucro dos Estados Unidos dedicada ao estudo e a investigación en materia numismática.O obxecto da sociedade é o estudo das moedas, a circulación monetaria, as medallas, as fichas comerciais e diversos obxectos relacionados, procedentes de calquera rexión do mundo e de calquera momento histórico. A súa sede central, no número 75 de Varick Street, en Manhattan, Nova York, acolle a biblioteca e a colección dedicadas á investigación numismática máis importantes dos Estados Unidos. Estes recursos serven de apoio a especialistas, académicos, coleccionistas, numismáticos profesionais e persoas afeccionadas.

Ana de Gran Bretaña

Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte.

Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa. Sucedeu ao xenro, o príncipe Guillerme de Orange, viúvo da súa irmá máis vella María II, sendo a última monarca da Casa de Estuardo. Foi substituída por un curmán afastado, o futuro rei Xurxo I, da Casa de Hannóver.

Anverso

Anverso (do latín anteversus, composto de ante, diante, e versus, volto) é a cara ou face que se considera principal nas moedas e medallas por levar o busto ou efixie do rei, príncipe, persoa, divisa ou alegoría. É o contrario de reverso.

Por extensión, tamén se chama anverso á cara principal de por exemplo un sobre ou un papel notarial numerado, etc.

Batalla de Rande

A batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da guerra de Sucesión española.

Billón (aliaxe)

O billón (do francés billon, tronco de árbore —e diñeiro en argot—; do latín medieval billia tronco da árbore) é unha aliaxe de prata e cobre.

Carmen Alfaro Asins

Carmen Alfaro Asins, nada en Madrid o 8 de maio de 1952 e finada o 9 de xuño de 2005, foi unha arqueóloga e numismática española.Foi vicepresidenta primeira da xunta directiva da Comisión Internacional de Numismática (CIN) e vogal da Sociedade Iberoamericana de Estudos Numismáticos (SIAEN) a partir de 1989.

Casa de moeda

"Ceca" redirixe aquí. Para outros usos véxase: Ceca (homónimos).

Unha casa de moeda, coñecida tamén como ceca (do árabe: sikkah, "casa de moeda") ou obradoiro monetario, entre outros, é un establecemento fabril dedicado á fabricación de moeda, habitualmente polo método da cuñaxe, ben dun xeito artesanal ou ben de maneira Industrial, en función da época.

Consello Internacional de Numismática

O Consello Internacional de Numismática –CIN– (en inglés: International Numismatic Council –INC–) é un organismo internacional de coordinación creado para fomentar a cooperación entre numismáticos e institucións deste campo ou de áreas relacionadas. Desde 2015 está oficialmente rexistrado como unha asociación e ten a súa sede central en Winterthur, Suíza.

Cuñaxe

No ámbito numismático, a cuñaxe é o proceso de fabricación de moedas mediante estampaxe de metais utilizando cuños, que poden ser utilizados á man ou mediante maquinaria. Oponse, xa que logo, á obtención de moeda en moldes con fundición do metal, característica das emisións dos primeiros séculos.Un cuño monetario é cada unha das dúas pezas metálicas utilizadas para a cuñaxe de moeda, unha para os motivos do anverso e outra para os do reverso, que aparecen impresos en negativo.Os cuños actuais, elaborados con aceiro endurecido, son capaces de cuñar centos de milleiros de pezas antes de seren retirados pola súa deformación.

Lista de asociacións numismáticas

As asociacións numismáticas están constituídas por persoas relacionadas dalgún xeito coa numismática que se agrupan para perseguiren un obxectivo común, que pode ser de tipo comercial, profesional, académico ou, simplemente, por afección.

Medalla

Aínda que tanto na forma como no material existen múltiples excepcións, as medallas tenden a ser discos metálicos, similares en aparencia ás moedas, aínda que usualmente de maior diámetro e relevo pronunciado.

Esta voz ten a súa orixe na latina Metallum e así chamamos a aquelas pezas antigas, que segundo a máis corrente opinión, eran a moeda, que se usaba nos seus respectivos tempos. Iso é certo fóra daquelas que en Italia e noutras partes chámanse Medallóns, as cales verosimilmente non eran moedas, senón daquelas arreboladizas que se adoitan ver e esparexer ao pobo nas aclamacións dos reis ou son fabricadas con ocasión dalgún gran suceso e repártense como dons.As medallas son emitidas con diversos fins e así existen:

As emitidas con propósitos puramente artísticos (afíns usualmente ás plaquetas).

As conmemorativas ou de recordo.

As que outorga unha organización por servizos distinguidos nun campo específico (como o premio Nobel).

As que se outorgan como premio nun evento ou competición (como as medallas olímpicas).

As que outorga un goberno por servizos ao país, que se ostentan prendidas ao peito ou colgadas ao pescozo; estritamente falando isto se refire só a medallas de aparencia similar a unha moeda, pero informalmente esténdese tamén á condecoración militar.

As de culto relixioso, usualmente cun aro que permite colgalas.O estudo das medallas, a súa autenticidade, orixe, clasificación etc., constitúe o obxecto da medallística, unha rama da numismática. No Renacemento chamábanse "medallas" a todas aquelas moedas da antigüidade que xa non estaban en circulación e por tanto non tiñan valor de cambio. Aínda que a forma é xeralmente redonda, con todo non faltan medallas ovais, poligonais, cadradas etc. A materia de que se compoñen é o ouro, a prata, o chumbo, o estaño, o platino, o níquel e o cobre pero tamén as hai de cristal e de barro cocido. En casos raros e especialmente durante o asedio a unha praza, fabricábanse moedas de coiro, papel ou ferro (obsidionais).

Moeda (peza metálica)

Unha moeda é unha peza de metal cun peso e lei garantidos por unha autoridade.

Moeda da Antiga Grecia

A moeda da Antiga Grecia pódese dividir para o seu tratamento (do mesmo xeito que a maioría das restantes formas de arte gregas) en catro períodos históricos: o arcaico, o clásico, o helenístico e o romano. O período arcaico esténdese desde a aparición da moeda no mundo grego durante século VII a. de C. ata as Guerras Médicas, arredor de 480 a. de C. Nese momento comeza o período clásico, que dura ata as conquistas de Alexandre o Grande cara a 330 a. de C., data que marca o comezo do período helenístico, que perdura ata a absorción romana do mundo grego no século I a.de C.

As cidades gregas continuaron a producir as súas moedas propias durante varios séculos baixo a dominación romana. Estas moedas coñécense habitualmente como "moedas provinciais romanas" ou, máis concretamente "moedas imperiais gregas".

Moeda da Antiga Roma

A moeda da Antiga Roma é, de entre todas as moedas da Idade Antiga, a que coñeceu a máis ampla expansión xeográfica, ata se converter durante varios séculos na moeda común de todo o mundo occidental e o Mediterráneo.

Particularmente durante a maior parte da República Romana e na metade occidental do Imperio Romano, baseouse nun sistema constituído polo áureo (lat. aureus, "ouro"), o denario (lat. denarius) e o sestercio (lat. sestertius), de prata, e o dupondio (lat. dupondius) e o ás, de bronce, nunha aliaxe máis ou menos rica en cobre en función das épocas.

O áureo, que, por mor do seu alto valor, funcionaba máis como unidade de conta que como moeda efectiva, valía 25 denarios (estímase que cara á fin da República un denario equivalía ao salario diario dun traballador). Un denario valía 5 dupondios ou 10 ases (en 118 a. C., o valor do denario foi reaxustado a 16 ases). Un dupondio valía 2 ases, e 1 sestercio valía 4 ases. Estas moedas usáronse desde mediados do século III a. C. ata mediados do século III d. C. Nese século, a reforma de Caracalla substituíu o denario polo denario dobre, máis coñecido como antoniniano (lat. antoninianus), o cal, pola súa vez, desapareceu na reforma do sistema monetario de Diocleciano, que creou denominacións como o arxénteo (lat. argenteus), de prata, e o follis, de bronce prateado. Posteriores reformas, como a de Constantino de 324 d. C., estableceron o sólido (lat. solidus), de ouro, dividido en 3 tremis (gr. Τρεμίσσης -tremissis-; lat. tremis) ou en 24 siliquas (lat. siliqua), o miliarense (lat. miliarensis), de prata, e algunhas denominacións menores de bronze. Estas últimas moedas son as que estiveron en circulación ata a fin do Imperio Romano de Occidente.

Numismático

Un numismático é un especialista en numismática, a disciplina relacionada co mundo da moeda, ben desde a perspectiva do coleccionismo ou ben desde os puntos de vista comercial ou académico e de investigación. Aínda que o termo se fixou durante a primeira metade do século XIX, o comercio, o estudo e a colección de moedas víñase producindo xa desde épocas moi anteriores.En España instituíuse santo Eloi como patrón dos numismáticos.

Real Casa da Moeda da Coruña

A Real Casa da Moeda da Coruña foi unha ceca establecida na Coruña que bateu moeda entre os reinados de Afonso IX (1188-1230) e Carlos II (1665-1700). Foi a principal ceca establecida en Galicia, a que máis moeda cuñou e durante máis tempo.

Reverso (moedas)

O reverso dunha moeda é o lado oposto ao anverso, é dicir, o lado considerado menos importante da moeda.

Aínda que xeralmente fálase de anverso e reverso en numismática, por extensión aplícase a mesma terminoloxía a todos os obxectos que teñen dúas caras, como por exemplo as bandeiras, os cadros, os papeis e os sobres.Na macuquina coincidía xeralmente coa cara que era máis propensa a usura e danos.

Royal Numismatic Society

Para outros artigos de organismos con nome semellante, véxanse as páxinas de homónimos Royal Numismatic Society (homónimos) e Real Sociedade de Numismática

Non confundir coa British Numismatic SocietyA Royal Numismatic Society -RNS- (en galego "Real Sociedade Numismática") é unha sociedade erudita e sen ánimo de lucro situada en Londres, Reino Unido, encargada da promoción da investigación en todas as ramas de numismática. A partir de 2014 ten o patrocinio da Raíña Isabel II.

Ás

O ás (en latín unidade) era a moeda base do sistema monetario da república romana. Moeda de bronce ó comezo equivalía o peso dunha libra romana (273 gr), aínda que progresivamente foi reducindo o seu tamaño. Intruduciuse arredor do 280 a.C. Tras a reforma monetaria de Augusto, coa introdución do ouro no sistema monetario, o denario como unidade base da moeda de prata e unha nova moeda de oricalco, o sestercio, o ás seguiu a se cuñar pero xa como unha moeda de cobre, de moi baixo valor (10,9 g), ata o século III.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.