Nube

Unha nube é un conxunto visible de partículas minúsculas de auga en estado líquido ou sólido, ou ambos ao mesmo tempo, en suspensión na atmosfera despois de se teren condensado en virtude de fenómenos atmosféricos. Este conxunto pode tamén conter partículas de auga líquida ou de xeo en maiores dimensións, e partículas procedentes, por exemplo, de vapores industriais, de fumeiras ou de po.

As nubes presentan diversos aspectos que varían dependendo esencialmente da natureza, dimensións, número e distribución no espazo das partículas que a constitúen e das correntes de ventos atmosféricos. Depende tamén da intensidade e da cor da luz que a nube recibe, ben como das posicións relativas do observador e da fonte de luz (sol e a lúa) en relación á nube.

CloudsPlane
Nubes (vista por riba).
Voando de Madrid a Compostela 6
Voando de Madrid a Compostela.

Constitución das nubes

As nubes están constituídas por gotas minúsculas ou cristais de xeo que se forman en torno a núcleos microscópicos, que poden ser de po, na atmosfera. Despois de formadas, as nubes poden ser transportadas polo vento no sentido ascendente ou descendente. No primeiro caso a nube é forzada a se elevar e, debido ao arrefriamento, as gotas de auga poden terminar total ou parcialmente conxeladas. No segundo caso, como xa se indicou, a nube pódese disipar pola evaporación das gotas de auga.

Polo tanto, as nubes poden estar constituídas por gotas de auga e cristais de xeo ou, incluso, exclusivamente por cristais de xeo en suspensión no ar húmido. Así, a constitución da nube vai depender da súa temperatura e altitude.

Formación de nubes

Brazilian National Congress
Congreso brasileiro baixo a chuvia.

Hai varios procesos de formación das nubes e das súas consecuentes formas e dimensións.

As nubes son formadas polo arrefriamento do ar ata a condensación da auga sobre unha partícula soluble en suspensión no ar (aerosol) debido á subida e expansión do ar. É o que sucede cando unha parcela de ar sobe a niveis onde a presión atmosférica é cada vez menor e o volume de ar se expande. Esta expansión require enerxía, que é absorbida do calor da parcela, e, por iso, a temperatura descende. Este fenómeno é coñecido por arrefriamento adiabático. A condensación e conxelación ocorren en torno de núcleos apropiados, procesos que resultan do arrefriamento adiabático, o cal, en cambio, resulta de ar ascendente.

Unha vez formada a nube poderá evolucionar, medrando cada vez máis, ou disiparse. A disipación da nube resulta da evaporación, das gotas de auga que a compoñen, motivada por un aumento de temperatura resultante da mestura do ar con outra masa de ar máis quente, polo quencemento adiabático ou, incluso, pola mestura cunha masa de ar seco. Tamén pode ser debida á precipitación en forma de choiva

Unha nube pode xurdir cando unha certa masa de ar é forzada a moverse para riba acompañando o relevo do terreo. Esas nubes, chamadas de “orixe orográfica”, tamén resultan da condensación do vapor de auga debido ao arrefriamento adiabático do ar.

Clasificación

Na actualidade, a nomenclatura das nubes segue a pauta iniciada por Luke Howard:

Wolkenstockwerke Cirro
Alto
Estrato
Nimbo

En canto ao aspecto

  • Estratiformes - desenvolvemento horizontal, cubrindo grandes áreas; de pouco espesor; precipitación de carácter leve e continuo.
  • Cumuliformes - desenvolvemento vertical, en grande extensión; xorden illadas; precipitación forte, en pancadas e localizadas.

En canto á constitución

  • Líquidas - constituídas por gotículas de auga.
  • Sólidas - constituídas por cristais de xeo.
  • Mixtas - constituídas por gotículas de auga e cristais de xeo.

En canto á altura

De acordo co Atlas Internacional de Nubes da OMM (Organización Meteorolóxica Mundial) existen tres alturas de nubes:

  • Nubes altas: base por riba de 6 km de altura - sólidas.
  • Nubes medias: base entre 2 a 4 km de altura nos polos, entre 2 a 7 km en latitudes medias, e entre 2 a 8 km no ecuador - líquidas e mixtas.
  • Nubes baixas: base ata 2 km de altura - líquidas.
Grupo Tipo Subtipo Formas especiais exemplos
Cirrus fibratus
uncinus
spissatus
castellanus
floccus
intortus
radiatus
vertebratus
duplicatus
mammatus Cirrus fibratus
Cirrus fibratus
Cirrus
Cirrus
Cirrocumulus stratiformis
lenticularis
castellanus
floccus
undulatus
lacunosus
virga
mammatus
  Cirrocumulus stratiformis
Cirrocumulus stratiformis
Cirrostratus fibratus
nebulosus
duplicatus
undulatus
  Cirrostratus stratiformis
Cirrostratus stratiformis
Altocumulus stratiformis
lenticularis
castellanus
floccus
translucidus
opacus
duplicatus
undulatus
radiatus
lacunosus
virga
mammatus
Altocumulus
Altocumulus
Altostratus   translucidus
opacus
duplicatus
undulatus
radiatus
virga
praecipitatio
pannus
mammatus
Altostratus
Altostratus
Stratocumulus stratiformis
lenticularis
castellanus
translucidus
opacus
duplicatus
undulatus
radiatus
lacunosus
mammatus
virga
praecipitatio
Stratocumulus
Stratocumulus
Stratus nebulosus
fractus
opacus
translucidus
undulatus
praecipitatio Stratus
Stratus
Cumulus humilis
mediocris
congestus
fractus
radiatus pileus
velum
virga
praecipitatio
arcus
pannus
tuba
Cumulus
Cumulus
Nimbostratus     praecipitatio
virga
pannus
Nimbostratus
Nimbostratus
Cumulonimbus
calvus
capillatus
  praecipitatio
virga
pannus
incus
mammatus
pileus
velum
arcus
tuba
Cumulonimbus
Cumulonimbus

Tipos de nubes

CumulosMammatus1
Cúmulo Mammatus formada durante o Furacán Catarina en 2004, Santa Catarina.
  • Cirrus (CI): aspecto delicado, sedoso ou fibroso, cor branca brillante. Lembran colas de cabalo. Fican a 8 mil metros de altitude, nunha temperatura a 0 °C, por iso están constituídas cristais microscópicos de xeo.
  • Cirrocumulus (CC): delgadas, compostas de elementos moi pequenos en forma de gránulos e rugas. Indican base de corrente de xato e turbulencia.
  • Cirrostratus (CS): veo transparente, fino e esbranquizado, sen ocultar o sol ou a lúa, presentan o fenómeno de halo (fotometeoro). Fican logo debaixo dos Cirrus e tamén están formados por cristais de xeo.
  • Altostratus (AS): capas cincentas ou azuladas, moitas veces asociadas a altocumulus; compostas de gotículas superenfriadas e cristais de xeo; non forman halo, cobren o sol; precipitación leve e contínua.
  • Altocumulus (AC): banco, lenzo ou capa de nubes brancas ou cincentas, tendo xeralmente sombras propias. Constitúen o chamado "ceo ovellado".
  • Stratus (ST): moi baixas, en capas uniformes e suaves, cor cinza; coladas á superficie é o neboeiro; presenta topo uniforme (ar estable) e produce chuvisca (orballo). Cando se presentan fraccionadas son chamadas fractostratus (FS).
  • Stratocumulus (SC): lenzo continuo ou descontinuo, de cor cinza ou esbranquizada, tendo sempre partes escuras.
  • Nimbostratus (NS): aspecto amorfo, base difusa e baixa, moi espesa, escura ou cincenta; produce precipitacións intermitentes e máis ou menos intensa.
Cumulus nimbus
Cumulonimbus.
  • Cumulus (Cu): contornos ben definidos, aseméllanse a unha coliflor; máxima frecuencia sobre a terra de día e sobre a auga de noite. Poden ser orográficas ou térmicas (convectivas); presentan precipitación en forma de pancadas; correntes convectivas. Cando se presentan fraccionadas son chamadas fractocumulus (FC). As moi desenvolvidas son chamadas cumulus congestus. Son sinal de bo tempo.
  • Cumulonimbus (CB): nube de treboada; base entre 700 e 1.500 m, con cumios chegando a 24 e 35 km de altura, sendo a media entre 9 e 12 km; están formadas por gotas de agua, cristais de xeo, gotas superenfriadas, flocos de neve e saraiba. Caracterizadas pola "bigornia": o cumio presenta expansión horizontal debido aos ventos superiores, lembrando a forma dunha bigornia ou zafra de ferreiro, e é formado por cristais de xeo, sendo nubes do tipo Cirrostratus (CS).

Galería de imaxes

Polar stratospheric cloud type 2

Nubes estratosféricas polares

Monte Corneira visto dende Vilaronte

Cirros sobre o Monte Corneira

Véxase tamén

Ligazóns externas

Centauro

Na mitoloxía grega, os centauros (en grego Κένταυρος Kéntauros, «matador de touros», «cen fortes», plural Κένταυροι Kéntauroi; en latín Centaurus/Centauri) son unha raza de seres co torso e cabeza de humano e o corpo de cabalo.

Vivían nas montañas de Tesalia e eran fillos de Ixión e Néfele, a nube de chuvia. Alternativamente, considerábanse fillos de Kentauros (o fillo de Ixión e Nefele) e algunhas eguas magnesias, ou de Apolo e Hebe. Ás veces cóntase que Ixión planeaba manter relacions sexuais con Hera, pero Zeus, o seu marido, evitouno moldeando unha nube coa forma de Hera. Posto que Ixión é normalmente considerado o devanceiro dos centauros, pode facerse referencia a eles poeticamente como Ixiónidas.

Cometa

Os cometas son corpos de forma irregular, fráxiles e pequenos (en relación con outros corpos espaciais), compostos por unha mestura de grans non volátiles e gases conxelados. Teñen órbitas moi elípticas que os leva moi preto do Sol e os devolve ó espazo profundo, moitas veces alén da órbita de Plutón.

As estruturas dos cometas son diversas e moi dinámicas, pero todos eles desenvolven unha nube de material difuso que os rodea, denominada cabeleira (a 'cola', que vai detrás ó achegarse ó sol e diante ó afastarse, pasando a chamarse ás veces 'barba'), que xeralmente crece en tamaño e brillo á medida que o cometa se aproxima ó Sol. Xeralmente é visible un pequeno núcleo brillante (de menos de 10 quilómetros de diámetro) cara a un extremo da cabeleira. A cabeleira e mailo núcleo xuntos constitúen a cabeza do cometa ou cometa visible.

Á medida que os cometas se aproximan ó Sol desenvolven colas enormes de material luminoso que se estenden por millóns de quilómetros dende a cabeza, afastándose do Sol. Cando están lonxe do Sol, o núcleo está moi frío e o seu material está conxelado. Neste estado os cometas reciben ás veces o nome de "iceberg sucio" ou "bola de neve sucia". Cando un cometa se aproxima ó Sol, a poucas UA (unidades astronómicas) do Sol, a superficie do núcleo comeza a quecer e os volátiles evapóranse. As moléculas evaporadas despréndense e arrastran con elas pequenas partículas sólidas formando a cabeleira do cometa, de gas e po.

Cando o núcleo está conxelado, pode ser visto soamente debido á luz solar reflectida. Así e todo, cando se crea a cabeleira, o po reflicte máis luz solar e o gas da cabeleira absorbe a radiación ultravioleta e comeza a fluorescer. A unhas 5 UA do sol, a fluorescencia xeralmente faise máis intensa cá luz reflectida.

Á medida que o cometa absorbe a luz ultravioleta, os procesos químicos desprenden hidróxeno, que escapa á gravidade do cometa e forma unha envolta de hidróxeno. Esta envolta non pode ser vista dende a Terra xa que a súa luz é absorbida pola nosa atmosfera, pero foi detectada polas naves espaciais.

A presión da radiación solar e os ventos solares aceleran os materiais afastándoos da cabeza do cometa a diferentes velocidades de acordo co tamaño e masa dos materiais. Por isto, as colas de po relativamente masivas son aceleradas máis amodo e acostuman ser combadas. A cola iónica é moito menos masiva, e é acelerada tanto que aparece como unha liña case recta que se estende dende o cometa no lado oposto ó sol.

A súa orixe aceptada en xeral é a chamada Nube de Oort, zona alén Plutón na que se cre que se moven moitos corpúsculos que de cando en vez (polo paso dunha estrela máis achegada, por exemplo) desequilibran a súa traxectoria iniciando unha viaxe ata o Sistema Solar máis interno.

Dorado

Dorado ou Peixe Dourado é unha constelación austral, creada por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre 1595 e 1597, e listada por primeira vez na Uranometria de Johann Bayer de 1603; coñecida tamén como Xiphias ou Peixe Espada, recibe o seu nome en realidade do mahi-mahi, Coryphaena hippurus, un peixe comestible orixinario de América e que recibe o nome castelán de delfín dorado. Nela é visible meirande parte da Gran Nube de Magallanes.

Escudo de Santiago de Compostela

O escudo da cidade de Santiago de Compostela atópase regulado na actualidade polo artigo 3º do Título 1º, da Lei do 24 de xuño de 2002, do Estatuto de Capitalidade da cidade de Santiago de Compostela, publicada no Boletín do Parlamento de Galicia número 150 da VI Lexislatura.

A súa descrición heráldica ou brasonamento é á seguir:

O escudo de Santiago de Compostela conta con dos divisións verticais. Na heráldica, cando un brasón posúe este tipo de división recibe o nome de partido .

Na primeira partición, figuran as armas de Galicia, que foron as do antigo Reino de Galiza, e que se compoñen do emblema heráldico asociado á Eucaristía ou o santo graal: un cáliz de cor amarela ou dourada (brasonado de ouro) e unha hostia de cor branca (de prata). A Eucaristía atópase arrodeada (acompañada) de sete cruces da mesma cor, tres a cada banda e outra sobre eles, situada na parte superior do campo do escudo (no centro do xefe).

Na segunda división figuran os emblemas propios da cidade, a cor do campo (esmalte heráldico) é o utilizado nas armas galegas, azul (brasonado de azur). O elemento central é a urna do sepulcro do Apóstolo Santiago, representada sobre unha nube e situada so dunha estrela de oito puntas de cor amarela ou dourada. O sepulcro e maila estrela aluden á tradición medieval que narra o descubrimento dos restos do Apóstolo por un ermitán chamado Paio grazas a unhas luces nocturnas que ollou na fraga de Libredón.

No artigo que regula o escudo de Santiago de Compostela establécese que no timbre apareza representada unha coroa real aberta, como a que utilizaron os Reis Católicos. As coroas reais antigas ou abertas (sen diademas, orbe nin cruz) foron utilizadas até o século XVI mais o seu uso mantívose na heráldica de moitas poboacións e provincias españolas.

Tralo escudo (acoeirada) figura a Cruz de Santiago, o emblema máis coñecido asociado á figura do Apóstolo e un dos máis utilizados en Galicia.

KulturNav

KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega. O proxecto iniciouse no 2013 e a páxina estivo completamente operativa o 20 de xaneiro de 2015. É utilizado por arredor de 130 museos de Noruega e Suecia.Segundo o seu propio sitio web, KulturNav está deseñado para mellorar o acceso á información sobre o patrimonio cultural en arquivos, bibliotecas e museos, traballando con metadatos comúns. Así, distintas institucións poden colaborar para construír unha base de datos e terminoloxía estándar. Segundo o Centro de Arquitectura e Deseño Skeppsholmen, KulturNav posúe un rexistro bastante completo de arquitectos suecos.

Mamma

A mamma ou mammatus é un trazo suplementario das nubes, consistente en protuberancias case simétricas pendentes da superficie inferior dunha nube que toman o apecto de mamas. Débense a un proceso convectivo, pero en sentido inverso, ao existir unha zona máis fresca e húmida na parte superior da nube que descende e aire relativamente quente por embaixo dela que ascende.

Adoitan estar presentes sobre todo no xénero cumulonimbus, aínda que nalgunhas ocasións poden aparecer noutros xéneros.

Nebulosa

Unha nebulosa é unha nube de gas e po formada fundamentalmente por hidróxeno, o elemento químico máis abundante no universo. Tamén posúen case un 10% de helio e cantidades moi pequenas doutras substancias.

Existen varios tipos:

Nebulosas brillantes

Nebulosas de emisión

Nebulosas de reflexión

Nebulosas escuras

Nebulosas planetarias

Nube de Oort

A Nube de Oort, nomeada polo astrónomo neerlandés Jan Oort e en ocasións chamada a Nube de Öpik–Oort, é unha nube teórica que estaría predominantemente composta de planetesimais volátiles que arrodearía ó Sol a unha distancia de entre as 2000 UA e as 200000 UA. A súa existencia postulouna por primeira vez o astrónomo estoniano Ernst Öpik no ano 1932. Divídese en dúas rexións: unha Nube interior de Ooort en forma de disco coñecida como Nube de Hills, e unha Nube de Oort exterior esférica. Ámbalas dúas rexións atoparíanse máis aló da heliosfera, no espazo interestelar. En comparación, o Cinto de Kuiper e o disco disperso, os outros dous depósitos de obxectos transneptunianos, atópanse a menos dunha milésima parte de distancia do Sol que a Nube de Oort.

O límite exterior da Nube de Oort define o límite cosmográfico do Sistema Solar e a extensión da esfera de Hill do Sol. A Nube exterior de Oort tería unha débil ligazón co Sistema Solar, e veríase doadamente afectada polo pulo gravitacional de estrelas próximas e da propia Vía Láctea. Estas forzas serían as que ocasionalmente extraerían cometas das súas orbitas dentro da nube, enviándoos cara o Sistema Solar interior. Baseándose nas súas órbitas, a maioría dos cometas de período curto procederían do disco disperso, máis algúns destes poderían ter a súa orixe na Nube de Oort.Os astrónomos conxecturaron que a materia que compoñería a Nube de Oort estaría formada preto do Sol e posteriormente quedaría espallada lonxe no espazo por mor dos efectos gravitacionais dos planetas xigantes nos comezos da evolución do Sistema Solar. Malia que non se realizaron observacións directas confirmadas da Nube de Oort, considérase que esta podería ser a fonte dos cometas de período longo e de tipo Halley que se adentran no Sistema Solar, así como de moitos dos cometas centauros e da familia de Xúpiter.

Obxecto separado

En astronomía, os obxectos separados (tradución da expresión inglesa detached object), tamén denominados obxectos transneptunianos separados de Neptuno, obxectos separados distantes (DDO), obxectos da nube de Hills, obxectos do disco disperso estendido (E-SDO) ou disperso–estendidos, como na clasificación oficial da Deep Ecliptic Survey, son unha clase dinámica de corpos do Sistema Solar exterior situados máis alá da órbita de Neptuno. Estes obxectos teñen órbitas con puntos de máximo achegamento ao Sol (perihelio) a unha distancia suficiente do de Neptuno de xeito que só están moderadamente afectados por este e outros planetas. Este feito failles parecer "independentes" do Sistema Solar.Estes obxectos diferéncianse da mayoría dos obxectos transneptunianos (TNOs), que forman un conxunto vagamente definido das poboacións que foron perturbadas en diversos graos na súa órbita actual tras encontros gravitacionais cos xigantes gasosos, predominantemente Neptuno. Os obxectos separados teñen perihelios maiores cás outras poboacións de TNO, incluídos os obxectos con resonancia orbital con Neptuno, como Plutón, os obxectos clásicos do cinto de Kuiper en órbitas non resoantes tales como Makemake e os obxectos do disco disperso como Eris.

Están identificados polo menos nove destes corpos de xeito seguro, dos cales o maior e mellor coñecido é Sedna. Aqueles con perihelios maiores de 75 UA, no que se chama a nube de Oort interior, denomínanse sednoides. En 2014 había dous sednoides coñecidos, Sedna e 2012 VP113.

Obxecto transneptuniano

Un obxecto transneptuniano é calquera obxecto do Sistema Solar que ten unha órbita localizada parcial ou totalmente alén da órbita de Neptuno. Os obxectos transneptunianos adoitan denominarse co acrónimo TNO (do inglés trans neptunian object). Os TNO inclúen, entre outros, os corpos da Nube de Oort e os obxectos do Cinto de Kuiper.

Pileus

O pileus ou píleo é un trazo suplementario das nubes, consistente nunha nube accesoria en forma de pucha, situada na parte superior doutra nube. A miúdo se observan varios pileus superpostos.

A súa formación débese ao rápido ascenso das fortes correntes convectivas en días particularmente inestables, que atravesan as finas capas húmidas e estables que atopan ao seu paso intercaladas na zona superior da troposfera. Estas son literalmente atropeladas polas que soben, arrefriándose e condensándose a xeito de pucha, capuchón ou bonete.

Son exclusivos dos xéneros cumulus e cumulonimbus.

Precipitación (meteoroloxía)

En meteoroloxía, a precipitación é calquera forma de auga que cae do ceo. Isto inclúe chuvia, neve, sarabia, néboa e orballo.

A precipitación é unha parte importante do ciclo da auga e é responsable por depositar auga fresca no planeta. A precipitación é xerada polas nubes, cando alcanzan un punto de saturación; neste punto as gotas de auga crecente (ou anacos de xeo) fórmanse, e caen á Terra por gravidade. É posible inseminar nubes para inducir a precipitación orballando un po fino ou un químico apropiado (coma o nitrato de prata) dentro da nube, xerando as gotas de auga e incrementando a probabilidade de precipitación.

A chuvia ten papel importante no ciclo hidrolóxico. A cantidade de chuvias é medida usando un instrumento chamado pluviómetro, de funcionamento simple: un tubo de colecta da chuvia, cunha escala graduada (xeralmente de 0,25 mm en 0,25 mm) capaz de indicar a cantidade de chuvias no lugar.

Podemos distinguir tres grandes tipos de chuvias:

Chuvia frontalÉ causada polo encontro dunha masa fría con outra quente (e húmida), típicas das latitudes medias, como as de inverno no Brasil Meridional. As chuvias frontais ocorren cando a masa fría se encontra con outra masa quente e húmida.

Chuvia de convecciónÉ provocada pola intensa evaporación e o consecuente arrefriamento pola ascensión do ar húmido - fenómeno que ocorre nas zonas ecuatoriais e no verán do Centro-Sur Brasileiro. Estas chuvias tamén son coñecidas popularmente como *aguaceiros ou toró.[Cómpre referencia]

Chuvia oroxénica ou de relevoOcorre cando os ventos húmidos se elevan e se arrefrían polo encontro dunha barreira montañosa, como é normal nas *encostas voltadas para o mar. Son comúns nos litorais, paranaense e catarinense.

Scutum

Scutum, ou Escudo, é unha pequena constelación do hemisferio sur celeste. É unha das 88 constelacións aceptadas pola Unión Astronómica Internacional. Foi creada por Johannes Hevelius no 1690 baixo o nome de Scutum Sobiescii ou Scutum Sobiescianum (o "escudo de Sobieski"), para honrar o rei e heroe polaco Xoán III Sobieski. É a única constelación moderna que se asocia a unha figura histórica.

Cunha área de 109 graos cadrados, Scutum é a quinta constelación de menor tamaño. A máis brillante das súas estrelas é Alfa (α) Scuti (mag. 3.85). Porén, a Vía Láctea atravésaa, e unha das súas rexións máis brillantes localízase no extremo nordeste desta constelación. Esta área comunmente recibe o nome de Nube Estelar de Scutum.

Sednoide

Un sednoide é un obxecto transneptuniano cun perihelio maior de 50 UA e un semieixo maior maior de 150 UA. Só se coñecen dous obxectos que pertenzan a esta categoría, (90377) Sedna e 2012 VP113, ambos con perihelios superiores a 75 UA, mais sospéitase que hai máis. Estes obxectos atópanse fóra dunha fenda aparentemente case baleira do Sistema Solar a partir dunhas 50 UA e non teñen interacción significativa cos xigantes gasosos. Inclúense dentro dos obxectos separados.

Algúns astrónomos, como Scott Sheppard, consideran que os senoides son obxectos da Nube de Oort Interior (OCOs), aínda que a nube de Oort interior, ou Nube de Hills, foi proposta orixinariamente polos astrónomos máis aló das 2000 UA, varias veces o afelio dos dous sednoides coñecidos.

Sistema Solar

O Sistema Solar é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.

O Sistema Solar formouse hai uns 4 600 millóns de anos. a partir do colapso dunha nube molecular. O material residual orixinou un disco circunestelar protoplanetario no que tiveron lugar os procesos físicos que levaron á formación dos planetas. O Sistema Solar está situado no Brazo de Orión, a uns 28 000 anos luz do centro da galaxia.

Dos moitos obxectos que orbitan o Sol, a meirande parte da masa está contida dentro dos oito planetas. Os catro planetas interiores, Mercurio, Venus, Terra e Marte, están principalmente compostos de rochas e metal. Os catro exteriores son bastante máis grandes que os anteriores. Os maiores, Xúpiter e Saturno, están compostos principalmente de hidróxeno e helio; os dous restantes Urano e Neptuno, están formados en gran parte por xeo de auga, amoníaco e metano, e adoitan a ser chamados "xigantes de xeo".

O Sistema Solar tamén ten outras rexións habitadas por obxectos máis pequenos. O cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter, é semellante aos planetas interiores, xa que está composta principalmente por rochas e metal. Máis aló da órbita de Neptuno atópanse o cinto de Kuiper e o disco disperso; onde habitan obxectos transneptunianos compostos principalmente por xeos de auga, metano e amoníaco. Entre eles, cinco obxectos individuais, Ceres, Plutón, Haumea, Makemake e Eris, recoñécese que son os suficientemente grandes como para ter sido redondeados pola súa propia gravidade, e polo tanto son chamados planetas ananos. Ademais dos milleiros de pequenos corpos, nesas dúas zonas existen cometas, centauros e po cósmico, que viaxan libremente entre as rexións.

Stratus

Os stratus ou estratos, abreviadamente St, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por seren unha capa de nubes xeralmente gris, con base uniforme, da que pode caer orballo, prismas de xeo ou cinarra. Cando o Sol é visible a través da capa, o seu contorno distínguese claramente. Ás veces preséntanse a xeito de farrapos esfiañados por embaixo doutras nubes.

Tuba (nube)

A tuba é un trazo suplementario das nubes, consistente nunha columna nubosa ou cono nuboso invertido en forma de funil. Está asociado aos tornados.

A súa formación débese á colisión dunha corrente de aire cálido e húmido con outra moi fría, dando lugar a cumulonimbus mammatus. O aire quente sobe violentamente facéndose oco a través do aire moi frío, movemento que se transmite ás capas baixas en forma de remuíño, sinusoidal, expulsando gran parte do aire frío. O aire enrarecido que logra ficar na parte inferior central provoca a condensación do vapor de auga. Fórmase entón a tuba.

É exclusivo do xénero cumulonimbus.

Virga

A virga é un trazo suplementario das nubes, consistente en ronseis de precipitación que se desprenden da súa zona inferior e non acadan a superficie da terra. Isto é debido a que a chuvia ou a neve que delas se desprende se evapora antes de chegar ao chan en presenza dunha capa de aire moi seco situada inmediatamente por embaixo da base da nube.

A cor da virga vai depender do tipo de precipitación, indo do gris escuro (chuvia) ao branco (neve). Este particular fenómeno adoita suceder con nubes dos xéneros altocumulus ou altostratus. Mais raramente se pode observar con calquera outro tipo de nube que dea lugar a precipitación

Volcán

Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal.

Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros. Ao conduto que comunica o reservorio de magma ou cámara magmática en profundidade coa superficie denomínaselle cheminea. Esta termina na cima do edificio volcánico, o cal esta rematado por unha depresión ou cráter.

Algúns volcáns, logo de sufrir erupcións grandes, colápsanse formando enormes depresións nas súas cimas que superan o quilómetro de diámetro. Estas estruturas reciben o nome de caldeiras.

A viscosidade (fluidez) das lavas guindadas por volcáns esta controlada pola súa composición química. Así, lavas máis fluídas, ou de tipo hawaiano, teñen composicións ricas en ferro e magnesio e teñen un contido baixo en sílice. Estas ó saír da cheminea almacénanse no cráter ou caldeira ata deitar por fóra, formándose ríos de lavas que poden fluír distancias de varias decenas de quilómetros.

As lavas viscosas teñen un alto contido en sílice e vapor de auga. Dado que flúen pobremente, forman un tapón na cheminea o que dá lugar a erupcións explosivas, aumentando o tamaño do cráter. En casos extremos poden destruír completamente o edificio volcánico como sucedeu durante a erupción do Monte Santa Helena en 1980.

A lava non erupciona sempre dende unha cheminea central xa que pode abrirse camiño a través de aberturas nos flancos do volcán. Se estas erupcións son continuas poden dar lugar ao que se coñece como cono parasito. O Monte Etna ten máis de 200 destes conos parasitos e algúns deles só expulsan gases. Estes últimos chámanse fumarolas.

Polo xeral os volcáns están asociados aos límites de placas tectónicas, aínda que hai excepcións como o vulcanismo de puntos quentes ou hot spots situados no interior de placas tectónicas tal como é o caso das illas Hawaii, teoría barallada tamén para a orixe do Arquipélago Canario.

Os xeólogos clasificaron os volcáns en tres categorías: volcáns en escudo, conos de cinzas e conos compostos (tamén coñecidos como estratovolcáns).

O volcán coñecido máis grande do Sistema Solar é Olympus Mons, situado en Marte e actualmente inactivo, cuns 600 km de base e uns 27 km de altura. Outras estruturas volcánicas salientables poden atoparse na superficie de Ío.

Tipos de nubes
Xéneros
Especies
Variedades
Trazos suplementarios

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.