Novum Organum

O Novum Organum (ou Indicacións relativas á interpretación da natureza, publicado en 1620) é a obra principal do filósofo británico Francis Bacon, quen concibía a ciencia como unha técnica, capaz de dar ao ser humano o dominio sobre a natureza.

O Novum Organum trata sobre a lóxica do procedemento técnico-científico, unha lóxica contraposta á aristotélica (cuxo tratado se titulaba, precisamente, Organon), e que, segundo Bacon, resultaba boa só para a disputa verbal.

Bacon pensaba que era necesario que a intelixencia humana se apropiara de instrumentos eficaces para dominar a natureza. Este instrumento serían os experimentos, que interpretan e dan forma aos datos da experiencia sensíbel. Cómpre librarse dos prexuízos que obstaculizan as novas ideas. A estes prexuízos Bacon denominábaos "ídolos", aos que clasificou da siguiente maneira:

  1. Idola tribus (ídolos da tribo). Aqueles prexuízos comúns ao xénero humano, que ocorren a causa das deficiencias do propio espírito humano e revélanse pola facilidade con que xeneralizamos con base nos casos favorábeis, omitindo os desfavorábeis. Son así chamados porque son inherentes á natureza humana, á propia tribo ou raza humana. Astroloxía, alquimia e cábala son exemplos destas xeneralizacións.
  2. Idola specus ou ídolos da caverna. Resultan da propia educación e da presión dos costumes e hábitos de cada persoa. Hai, obviamente, unha alusión á alegoría da caverna platónica.
  3. Idola fori (ídolos da praza pública —ou foro—). Están vinculados ao mal uso que facemos da linguaxe.
  4. Idola theatri (ídolos do teatro ou da autoridade). Ocorren pola subordinación á autoridade (por exemplo, a de Aristóteles). Os sistemas filosóficos carecían de demostración, e para Bacon eran pura invención, como as pezas de teatro.[1]

A teoría dos prexuízos constitúe a parte crítica e destrutiva (Pars destruens) do tratado.

A parte construtiva (Pars conmstruens) estuda o modo en que debe organizarse a experiencia. É un discurso sobre o método científico. A trabe mestra deste método é a indución. Para organizar e interpretar os datos da experiencia (e para facer experimentos) Bacon propuxo a súa "teoría das tres táboas" (ou tres rexistros):

  • Na primeira ("Táboa de presenza") fala dos feitos os fenómenos que se dan na natureza. (por exemplo, os raios do Sol, que producen calor).
  • Na segunda ("Táboa de ausencia") menciona os feitos nos que non se dá este fenómeno.(Por exemplo, os raios da Lúa, que non producen calor.)
  • Na terceira ("Táboa de graos") sinala os casos nos que a natureza observada aparecen en distintos graos de intensidade. (Feitos en que hai variación).[2]

A partir desta investigación intervé a indución: compáranse os diferentes casos, interprétanse, constrúese unha primera hipótese e se procede á experimentación. Tras un longo traballo chegarase a unha hipótese crucial que, de verificarse, será a causa e a natureza do fenómeno examinado.

Bacon investigaba a natureza das cosas, a súa substancia e a súa esencia. Porén, a ciencia moderna (a partir de Galileo) non se ocupa tanto da natureza das cousas como das relacións existentes entre elas: sería unha ciencia de relacións lóxico-matemáticas e non de substancias. Nas ciencias naturais é necesaria unha estratexia de observación atenta e paciente. Charles Darwin será debedor de Bacon na súa obra A orixe das especies.

Houghton EC.B1328.620ib - Novum organum scientiarum
Novum Oganum, 1645

Notas

  1. Diccionario de filosofía. Letra "I" en tododeiure.com.ar (en castelán) Consultada o 26/12/2012.
  2. Bacon y el comienzo de la filosofía inductiva Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en Revistas humanas. (en castelán) Consultada o 26/12/2012.

Véxase tamién

Outros arugos

Ciencia

A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas. E moito menos se consideran as denominadas ciencias sociais.A vontade da comunidade científica é a de producir "coñecementos científicos" a partir de métodos de investigación rigorosos, verificábeis e reproducíbeis. En canto aos "métodos científicos" e aos "valores científicos", son á vez o produto e a ferramenta de produción destes coñecementos, e caracterízanse polo seu obxectivo, que consiste en permitir, comprender e explicar o mundo e os seus fenómenos da maneira o máis elemental posíbel, é dicir, producir coñecementos aproximándose o máis posíbel aos feitos observábeis. A diferenza dos dogmas, que pretenden igualmente dicir a verdade, a ciencia está aberta á crítica, e os coñecementos científicos, así como os seus métodos, están sempre abertos á revisión. Ademais, as ciencias teñen como finalidade comprender os fenómenos, e obter diso previsións xustas e aplicacións funcionais. Estes coñecementos son a base de numerosos desenvolvementos técnicos que teñen forte impacto na sociedade.

Ciencias naturais

As ciencias naturais, ciencias da natureza, ciencias físico-naturais, ciencias experimentais ou mesmo historia natural, son aquelas ciencias que teñen por obxecto o estudo da natureza seguindo o método científico, tamén coñecido como método experimental.As ciencias naturais estudan só os aspectos físicos do universo, e non os aspectos humanos do mundo, obxecto das chamadas ciencias sociais ou humanas, diferenciándose por tanto das humanidades, as artes e doutros tipos de saberes, que implican enfoques epistemolóxicos diferentes.As ciencias naturais apóianse no razoamento lóxico e no aparato metodolóxico das denominadas ciencias formais, especialmente das matemáticas, cuxa relación coa realidade da natureza é menos directa (ou mesmo inexistente).

Por outra parte, diferéncianse das ciencias aplicadas, xa que forman parte da ciencia básica, aínda que teñen naquelas os seus desenvolvementos prácticos, polo que están intimamente ligadas, interactuando entre elas e co sistema produtivo nos sistemas denominados investigación e desenvolvemento (I+D) ou investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i, ou I+D+I).

Enciclopedia

Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano. As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo. As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios. Ó contrario que as entradas de dicionario, que se centran en información lingüística sobre as palabras, os artigos das enciclopedias céntranse en información factual relativa ó suxeito do artigo.As enciclopedias existen dende hai 2 000 anos, sendo a máis antiga que se coñece Naturalis historia, escrita arredor do ano 77 por Plinio o Vello. As enciclopedias modernas evolucionaron dende os dicionarios arredor do século XVII. Historicamente, algunhas enciclopedias estaban contidas nun só volume, mentres que outras, como a Encyclopædia Britannica, a Enciclopedia Treccani (62 volumes, 56 000 páxinas) ou a meirande do mundo, Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana (118 volumes, 105 000 páxinas), convertéronse en grandes obras multivolume. Algunhas enciclopedias modernas, como a Wikipedia, son electrónicas e de contidos libres.

Francis Bacon (filósofo)

Francis Bacon, político, filósofo e ensaísta inglés, barón Verulan, visconde de St. Albans, naceu en Londres, o 22 de xaneiro de 1561 e morreu na mesma cidade o 9 de abril de 1626. Desde cedo, a súa educación orientouno á vida política, na cal exerceu postos elevados. En 1584 foi elixido para a Cámara dos Comúns.

Sucesivamente, durante o reinado de Xaime I, desempeñou as funcións de procurador-xeral (1607), fiscal-xeral (1613), Garda do Selo (1617) e Gran Chanceler (1618). Neste mesmo ano, foi nomeado barón de Verulan e en 1621, barón de St. Albans. Tamén en 1621, Bacon foi acusado de corrupción e condenado ao pago dunha pesada multa e prohibíuselle exercer cargos públicos. Como filósofo, salientou cunha obra onde a ciencia se exaltaba como benéfica para o home. Nas súas investigacións, ocupouse especialmente da metodoloxía científica e do empirismo. Considerado a miúdo fundador da ciencia moderna, a súa principal obra filosófica é o Novum Organum.

Francis Bacon foi un dos máis coñecidos e influentes rosacruces e tamén un alquimista, ocupando o posto máis elevado da Orde Rosacruz, o de Imperator.

Historia da ciencia

A pesar de ser relativamente recente o método científico (concibido na revolución científica do século XVII), a historia da ciencia non se interesa unicamente polos feitos posteriores a dita ruptura. Polo contrario, intenta rastrexar os precursores da ciencia moderna até os tempos prehistóricos, xa que está intimamente ligada á historia das sociedades e das civilizacións.

Latín moderno

O latín moderno, tamén chamado neolatín, novo latín ou latín científico, é unha versión do latín usada despois da Idade Media.

Nova Atlántida

Nova Atlántida (Nova Atlantis no orixinal en latín e The New Atlantis na tradución do propio Bacon ao inglés) é unha utopía renacentista de Francis Bacon, publicada en latín en 1624 e en inglés en 1627. Nesta obra inacabada relátase unha viaxe imaxinaria que ten valor de metáfora, conduce ao descubrimento dunha illa do Océano Pacífico, chamada Bensalem, na que un colexio se consagra á investigación do coñecemento e das súas aplicacións, é dicir, no que se instaura, con todo o respecto que lle é debido, un Instituto das Ciencias e das Técnicas. Nesta illa o coñecemento é considerado como o ben máis prezado. É por iso que na pasaxe máis coñecida da obra é na que se refiren aos investigadores coas palabras: "Estas son, fillo meu, as riquezas da Casa de Salomón". En Bensalem, o matrimonio e a familia son a base da sociedade. Para Bacon a filosofía teórica soamente ten interese se vai acompañada dunha filosofía práctica; polo que unha reforma do entendemento para el implica unha reforma da sociedade.

Foi traducido ó galego por Alfonso Blanco Quintela e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2016.

Robert Boyle

Robert Boyle, nado en Lismore o 25 de xaneiro de 1627 e finado en Londres o 30 de decembro de 1691, foi un físico e químico inglés, fillo de Richard Boyle, Conde de Cork.

Teleoloxía

A teleoloxía é un concepto filosófico que establece que a finalidade existe na natureza. Isto significa que, a semellanza das finalidades encontradas nas accións humanas, a natureza tende esencialmente cara fins concretos.

A teleoloxía foi investigada por Platón e Aristóteles, por Anselmo de Canterbury durante o século XI, por Inmanuel Kant no século XVIII, como un principio regulador no seu libro "Crítica do xuízo", e por Jung. Tamén foi fundamental para a especulación filosófica de Hegel.

Algo é teleolóxico cando ten un motivo ou causa final. En xeral pódese dicir que hai dous tipos de finalidade: intrínseca e extrínseca.

Unha cousa ou acción ten unha finalidade intrínseca cando é por causa de algo externo. Dalgunha maneira, as persoas mostran este tipo de finalidade cando procuran a felicidade dun neno. Se o externo non existise, a acción non mostraría finalidade.

Algo ten unha finalidade extrínseca cando non se produce por ningunha outra cousa que o propio motivo. Por exemplo, intentamos ser felices polo simple motivo de ser felices, e non por outra cousa.Desde Novum Organum, de Francis Bacon, as explicacións teleolóxicas na ciencia tenden a ser deliberadamente eludidas por que se son verdadeiras ou non é discutible máis alá da percepción humana e o noso entendemento para xulgar. Algunhas disciplinas, en especial dentro da bioloxía evolutiva, son aínda propensas a usar palabras que semellan teleolóxicas cando describen tendencias naturais que van deica unhas *inudables condicións finais. Non obstante, eses argumentos pódense traducir case sempre a formas non teleolóxicas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.