Novo México

Novo México[2] é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. Limita ao norte co Colorado, ao leste co Oklahoma e Texas, ao sur con Texas e México, e ao oeste co Arizona.

Novo México posúe a maior porcentaxe de hispanos do país: o 42,1% posúe orixe hispánica, sendo os dous maiores grupos étnicos - españois, que forman 24% da poboación do Estado, e mexicanos, 18%. Cerca do 41% da poboación é católica, e un 35% son protestantes. O Estado tamén posúe unha gran poboación indíxena.

En 2003, o produto interno bruto do Novo México foi de 57 000 millóns de dólares, e a renda per capita, de 24 995 dólares, antepenúltimo no país. A economía do Estado baséase no turismo, no comercio, e na pecuaria. A actual Constitución do Novo México foi aprobada en 1912.

Novo México foi inicialmente colonizado polos españois, pasando a control mexicano en 1821, coa independencia da mesma, como unha das provincias mexicanas. En 1848, co fin da Guerra mexicano-americana, Novo México foi anexionado polos Estados Unidos.

Novo México
State of New Mexico
Estado de Nuevo México
Bandeira de Novo México Selo de Novo México
Bandeira Selo
Lema: Land of Enchantment / Terra de Encanto
Mapa dos EUA coa Novo México en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Santa Fe
Maior cidade Albuquerque
Gobernador Susana Martínez
Lingua oficial: Ningunha, de facto é o Inglés mentres o español gozou dunha case oficialidade ata 1953 [1] pero o dereito á educación en castelán está recollido na Constitución estatal
Área 315 194 km² (5)
 - Terra 314 590 km²
 - Auga 607 km² (0,2%)
Poboación (2000)
 - Poboación 1 819 046 (36)
 - Densidade 5,79/km² /km² (45)
Entrada na Unión
 - Data 6 de xaneiro de 1912
 - Orde 47º
Xeografía
Fuso horario Montañas: UTC-7/-6
Latitude 31°20'N - 37°N
Lonxitude 103°O - 109°O
Largo N-S 550 km
Ancho E-O 595 km
Altitude
 - Altitude media 1 735 m
 - Máis elevado 4 014 m
 - Menos elevado 859 m
Códigos e abreviacións
 - USPS NM
 - ISO 3166-2 US-NM
Sitio web
www.state.nn.us

Galería de imaxes

Big Costilla Peak
Happy Coyote Bandeler Los Alamos NM
Arroyo Seco Mercantile, Arroyo Seco NM

Notas

  1. Perea, Juan F. Los Olvidados: On the Making of Invisible People. New York University Law Review, 70(4), 965-990
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2.
Albuquerque

Albuquerque (pronunciado [alβu'keɾke] en galego) é unha cidade situada no condado de Bernalillo no estado de Novo México. No Censo de 2010 tiña unha poboación de 545.852 habitantes e unha densidade de 1.111,89 persoas por km².

Albuquerque é a cidade máis grande do estado de Novo México (pero non a súa capital, que é a cidade de Santa Fe). A área metropolitana conta con 887.077 habitantes en total.

A cidade foi fundada en 1706 polos colonizadores españois, e aínda reten algúns aspectos da herdanza cultural e histórica española. Durante os anos 2005-2006 celebrouse na cidade o tricentenario de Albuquerque.

En Albuquerque atópase a Universidade Estatal de Novo México e o Xardín Botánico da Universidade do Estado de Novo México, os Laboratorios Nacionais de Sandia, e a Base Aérea Kirtland. Na parte oriental de Albuquerque atópanse a serra de Sandía, e o Río Grande percorre a cidade de norte a sur. O clima habitualmente é seco e soleado, con menos de 300 milímetros de precipitación ao ano, por regra xeral.

Durante o mes de outubro celébrase a Festa Internacional de Globos de Albuquerque, a concentración de globos máis grande do mundo.

André Roberson

André Lee Roberson, nado o 4 de decembro de 1991 en Las Cruces, Novo México, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).

Arizona

Arizona é un estado dos Estados Unidos de América unido á Unión en 1912, só por diante de Hawaii e Alasca, sendo o derradeiro dos estados contiguos estadounidenses en adxuntarse. Sitúase na rexión do suroeste e limita ó S con México, cunha fronteira de 626 km cos estados de Sonora e Baixa California. É un dos chamados "Estados das Catro Esquinas", limitando con Novo México, Utah, Nevada e California, tocando Colorado.A súa capital é Phoenix. Outro centro urbano importante é Tucson. Ten case 300.000 km² e máis de cinco millóns de habitantes (2000), estando a maioría do territorio escasamente habitado. O estado consta fundamentalmente de planicies a grande altura (de 1.500 a 2.700 metros), rotas por canóns como o Gran Canón ou o Canón de Chelly. O seu río máis importante é o río Colorado.

O alcume de Arizona é The Grand Canyon State, polo senlleiro Gran Canón. Outro alcume de Arizona é The Copper State (O Estado do Cobre), pois ten grandes depósitos de cobre, sendo tradicionalmente e incluso actualmente a minaría de cobre unha importante fonte de ingresos de Arizona.

Miles de anos antes da chegada dos primeiros europeos, nativos americanos vivían na rexión onde actualmente se acha Arizona. Aínda existe unha poboación importante estimándose que uns 280.000 nativos viven en Arizona, repartidos por reservas indias do estado.

Nun principio, Arizona fora colonizada por España, e pasara a control mexicano en 1821, cando México se independizou de España. En 1848, coa fin da intervención estadounidense en México, a maior parte de Arizona (ao norte do río Gila) pasou a mans estadounidenses. O presidente Santa Anna de México vendeu parte do sur do Estado na Vena da Mesilla en 1853. O 14 de febreiro de 1912, Arizona adquiriu o estatuto de estado.

Breaking Bad

Breaking Bad é unha serie de televisión estadounidense de crime e drama creada e producida por Vince Gilligan. Emitiuse orixinalmente pola AMC durante cinco tempadas, dende o 20 de xaneiro de 2008, até o 29 de setembro de 2013. Conta a historia de Walter White (Bryan Cranston), un mestre de instituto de química a quen lle diagnostican un cancro de pulmón. Xunto co seu antigo estudante Jesse Pinkman (Aaron Paul), White adopta unha vida de crime, producindo e vendendo metanfetaminas cristalizadas para asegurar o futuro financeiro da súa familia após a súa morte. Breaking Bad está ambientada e foi rodada en Albuquerque, Novo México.

A familia de Walter está formada pola súa muller Skyler (Anna Gunn) e os seus fillos Walter, Jr. (RJ Mitte) e Holly (Elanor Anne Wenrich). A serie tamén conta coa irmá de Skyler Marie Schrader (Betsy Brandt) e o seu home Hank (Dean Norris), un axente da DEA. Walter contrata ó avodado Saul Goodman (Bob Odenkirk), que o conecta co investigador privado Mike Ehrmantraut (Jonathan Banks) e con Gus Fring (Giancarlo Esposito). Na tempada 5 introdúcense as personaxes de Todd Alquist (Jesse Plemons) e Lydia Rodarte-Quayle (Laura Fraser).

Breaking Bad está amplamente considerada como unha das mellores series de televisión de tódolos tempos. Emitiuse en galego a través da TVG.

Colorado, Estados Unidos de América

Colorado é un estado americano. Limita ao norte co estado de Wyoming, ao sur co estado de Novo México, ao leste co estado de Kansas, ao oeste co estado de Utah, ao nordeste co estado de Nebraska e ao suroeste co estado de Oklahoma. É un dos catro estados que se encontran no monumento das catro esquinas.

Damion James

Damion Marquez Williams James, nado o 7 de outubro de 1987 en Hobbs, Novo México, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Vaqueros de Bayamón do Baloncesto Superior Nacional. Na universidade xogou para o equipo de baloncesto da Universidade de Texas.

Demi Lovato

Demetria Devonne Lovato, coñecida artisticamente como Demi Lovato, nada o 20 de agosto de 1992 en Albuquerque, Novo México, é unha actriz e cantante estadounidense.

Demi Moore

Demi Gene Guynes, máis coñecida como Demi Moore, nada en Roswell (Novo México) o 11 de novembro de 1962, é unha actriz estadounidense gañadora de tres Golden Raspberry e dous Globos de Ouro.

El Paso, Texas

El Paso é unha cidade e a capital do condado de El Paso, situada no estado de Texas, nos Estados Unidos. No censo do 2010 a cidade tiña unha poboación de 649.121 habitantes, sendo a sexta cidade máis grande de Texas. A súa área metropolitana cobre todo o condado de El Paso, e ten unha poboación de 800.647 habitantes.

El Paso atópase na ribeira do río Grande, ao outro lado da cidade mexicana de Ciudad Juárez. As dúas cidades forman unha área metropolitana internacional que ás veces é chamada Juarez-El Paso, sendo Juárez a de maior poboación das dúas (cunha poboación próxima ao millón e medio de habitantes).

En El Paso está a University of Texas at El Paso (fundada en 1914 como The Texas State School of Mines and Metallurgy, e posteriormente chamada Texas Western College, ata que recibiu o seu actual nome en 1967) e a Texas Tech University Health Sciences Center. Fort Bliss, un dos maiores complexos militares do exército dos Estados Unidos, limita co leste e nordeste da cidade, estendéndose a súa área de adestramento ao norte cara Novo México, ata a liña de mísiles de White Sands e a veciña base da Forza Aérea Holloman, en Alamogordo. As montañas Franklin esténdense cara El Paso dende o norte e case divide á cidade en dúas partes, a metade occidental onde comeza o val de Mesilla e as ladeiras orientais que conectan co céntrico distrito de negocios no extremo sur da cordilleira.

Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull

Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que foi estreado no 2008.

Indiana Jones e a última cruzada

Indiana Jones e a última cruzada (en inglés: Indiana Jones and the Last Crusade) é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que foi estreado en 1989.

John Carter (filme)

John Carter é un filme estadounidense de fantasía dirixido por Andrew Stanton que foi estreado no 2012. Está baseado na novela A Princess of Mars de Edgar Rice Burroughs.

Microsoft

Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como MS-Word, MS-Excel, MS-Access ou MS-FrontPage.

Non é un país para vellos

Non é un país para vellos (en inglés: No Country for Old Men) é un filme dirixido polos irmáns Coen no 2007. Está baseado na novela homónima de Cormac McCarthy. Está protagonizado por Tommy Lee Jones, Javier Bardem e Josh Brolin e conta a historia dun home corrente ó cal o azar lle dá unha fortuna que non lle pertence. Os temas do destino, a conciencia e as circunstancias xa foran tratados noutros filmes dos irmáns Coen como Blood Simple e Fargo.

A longametraxe obtivo catro Premios Óscar na edición de 2008: mellor filme, mellor director, mellor guión adaptado e mellor actor secundario para Javier Bardem. Estreouse en galego na TVG o 26 de xaneiro de 2011.

Oklahoma City

Oklahoma City é a capital e a maior cidade do estado de Oklahoma, nos Estados Unidos de América. É a capital do Condado de Oklahoma. O nome da cidade adoita abreviarse como "OKC". Os non residentes a miúdo refírense a Oklahoma City como "Oak City" ("A Cidade de Carballo"), aínda que ninguén dos que viven alí usan este nome.

Oklahoma City é unha cidade extensa e é un centro comercial e civil do estado, mentres que Tulsa é o outro centro comercial e civil de Oklahoma. É unha das cidades máis grandes das Grandes Chairas dos Estados Unidos, e é a cidade máis poboada dos cinco "estados chairos" (Oklahoma, Kansas, Nebraska, Dakota do Norte e Dakota do Sur) así como de catro dos seis estados que limitan con Oklahoma (Kansas, Missouri, Arcansas, Novo México).

De acordo co censo de 2003, Oklahoma City é a 29ª cidade máis grande dos Estados Unidos. A poboación total, a 1 de xullo de 2004, era de 528.042 habitantes, con máis de 1,3 millóns de residentes no área metropolitana.

Proba Trinity

Trinity foi o nome en código da primeira detonación dunha arma nuclear na historia, levada a cabo polo Exército dos Estados Unidos ás 5:29 A.M. do 16 de xullo de 1945 como parte do Proxecto Manhattan. A proba realizouse no deserto Jornada del Muerto a uns 56 km ó sueste de Socorro, Novo México, no que entón era o Campo de Tiro e Bombardeo da USAAF en Alamogordo. As únicas estruturas ali presentes orixinalmente eran a casa de campo McDonald e os seus edificios complementarios, que os científicos usaron como laboratorio para probar compoñentes de bombas. Na semana da proba houbo unhas 425 persoas presentes no lugar.

O nome en código "Trinity" designouno Robert Oppenheimer, director do Laboratorio de Los Alamos, inspirado na poesía de John Donne. A bomba era un artefacto de implosión de plutonio, co alcume informal "O Trebello" (inglés: "The Gadget"), co mesmo deseño que a bomba Fat Man detonada sobre Nagasaki o 9 de agosto de 1945. A complexidade deste deseño requiriu un gran esforzo por parte do persoal de Los Alamos, e as preocupacións sobre a súa efectividade deron lugar á realización da primeria proba nuclear, planeada e dirixida por Kenneth Bainbridge.

Por mor da preocupación dunha efervescencia construíuse un contedor de aceiro denominado "Jumbo" para o plutonio que permitiría a súa recuperación, aínda que non se utilizou finalmente. O 7 de maio de 1945 realizouse un ensaio, detonando 98 toneladas de explosivos ós que se lle engadiron isótopos radioactivos. A detonación do "Trebello" liberou unha enerxía explosiva equivalente a uns 22 quilotóns de TNT. Entre os observadores da proba estiveron Vannevar Bush, James Chadwick, James Conant, Thomas Farrell, Enrico Fermi, Richard Feynman, Leslie Groves, Robert Oppenheimer, Geoffrey Taylor e Richard Tolman.

O sitio da proba foi declarado Fito Histórico Nacional en 1965 e engadiuse á lista do National Register of Historic Places ó ano seguinte.

Santa Fe, Novo México

Santa Fe é a capital do estado de Novo México no suroeste dos Estados Unidos. Está situada no centro norte do estado, a uns 90 km de Albuquerque, a cidade máis grande de Novo México. Santa Fe posúe unha poboación aproximada de 72.000 habitantes (2006). É tamén a capital do Condado de Santa Fe.

The Avengers (filme)

The Avengers é un filme estadounidense dirixido por Joss Whedon que foi estreado no 2012. Está baseado na serie de banda deseñada Os Vingadores de Stan Lee e Jack Kirby.

Variedade (bioloxía)

A variedade é en taxonomía o taxon inmediatamente inferior a subespecie. Un grupo de individuos que pertence a unha mesma variedade difire dos restantes de igual subespecie por caracteres máis ou menos aparentes pero non significativos en relación a outro grupo de organismos cós que comparten moitas características e cós que conseguen reproducirse libremente.

Divisións políticas dos Estados Unidos
Estados
Distrito Federal
Áreas insulares
Illas exteriores

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.