Nova Inglaterra

Nova Inglaterra (New England) é unha rexión xeográfica de Norteamérica, situada ao nordés dos dos Estados Unidos. O nome é anterior á independencia dos Estados Unidos, e foi a primeira rexión dos Estados Unidos en definirse como unha entidade propia, con todo non se corresponde cunha entidade administrativa.

US regions-New England
Os seis estados de Nova Inglaterra, ao nordés dos EUA.
USA 09562 Boston Luca Galuzzi 2007
Boston.

Xeografía

A rexión inclúe os estados de Connecticut, Maine, Massachusetts, Nova Hampshire, Rhode Island e Vermont. Boston, é o centro cultural e industrial máis importante da zona, así coma a súa cidade máis poboada.

Cultura

Nova Inglaterra é quizais a rexión dos Estados Unidos que posúe a identidade cultural máis forte, cunha uniformidade máis grande cultural e histórica que outras rexións do país. Con todo, o norte de Nova Inglaterra é principalmente rural, mentres que o sur é esencialmente urbano, unha diferenza que sempre existiu. O oeste e o leste comparten estas mesmas diferenzas, pero non existe xeralmente no Oeste o acento bostoniano que identifica a Nova Inglaterra a ollos dos americanos. Con todo, a pesar da presenza tan próxima á megápole neoiorquina, Nova Inglaterra é unha rexión cunha identidade claramente definida.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aeroporto Internacional Logan

O aeroporto internacional Logan (IATA: BOS, OACI: KBOS), oficialmente coñecido como aeroporto internacional General Edward Lawrence Logan, é un aeroporto internacional estadounidense situado na veciñanza de East Boston en Boston, Massachusetts. Cobre unha área de 965 hectáreas, ten seis pistas e catro terminais, e emprega a unhas 16 000 persoas. É o aeroporto máis grande da rexión de Nova Inglaterra e o 17º máis concorrido dos Estados Unidos, con 36,2 millóns de pasaxeiros en 2016. O aeroporto chámase así na honra do xeneral Edward Lawrence Logan.

O aeroporto serve como centro de conexións para Delta Air Lines e como cidade focal para JetBlue, sendo as compañías con máis operacións. As aeroliñas rexionais regional Cape Air e PenAir realizan todas as súas operacións dende Boston. American Airlines tamén realiza moitas das súas operacións dende o aeroporto. Todas as grandes aeroliñas estadounidenses ofrecen voos dende ou cara Boston aos seus principais centros de conexións. Tamén é un destino para case todas as grandes aeroliñas europeas.

O aeroporto ten servizos frecuentes a destinos de toda Norteamérica, Sudamérica, o Caribe, o Atlántico Norte, Oriente Medio, Europa e Asia. Recentemente Logan está tendo un rápido crecemento en tráfico internacional, con novas rutas engadidas por aeroliñas como Aeroméxico, Air Europa, Avianca, Cathay Pacific, Copa Airlines, El Al, Emirates, Hainan Airlines, Japan Airlines, LATAM Airlines, Norwegian Air Shuttle, Primera Air, Qatar Airways, Scandinavian Airlines, TAP Portugal, Thomas Cook Airlines, Turkish Airlines, WestJet Encore e WOW air, ademais de incrementar o tráfico de rutas previas cara Canadá. Europa, Asia e Oriente Medio. Este feito está convertendo a Boston nun dos aeroportos que máis medra nos Estados Unidos.

Bandeira de Inglaterra

A bandeira de Inglaterra, un dos países que constitúen o Reino Unido, consiste nunha Cruz de San Xurxo vermella nun fundo branco. A súa orixe non foi estabelecida con precisión, mais aparece como símbolo inglés dende a idade media. Foi a bandeira do exército británico e insignia da mariña mercante até 1606. De 1606 até 1801 foi usada pola mariña mercante.

Condados dos Estados Unidos de América

Un condado dos Estados Unidos é un nivel local de goberno creado como unha subdivisión dun estado polo goberno estatal, polo federal ou polo goberno territorial como unha subdivisión dun territorio. A sede da administración e os tribunais dun condado chámase «cabeza de condado» (county seat). A verba "condado" (county) emprégase en 48 dos 50 estados; Luisiana utiliza o termo "parish" (parroquia) e Alasca ten o "borough". Incluíndo estes, hai máis de 3.000 condados en Estados Unidos, cunha media de 62 condados por estado, aínda que Delaware ten 3 e Texas 254. En moitos estados do nordeste e do medio oeste, os condados subdivídense en municipios civís (civil township; ou towns no caso de Nova Inglaterra, Nova York e Wisconsin) cun grao de autonomía que varía dun estados a outro e poden conter outras municipalidades integrantes.

A Oficina do Censo dos Estados Unidos relaciona un total de 3.141 condados ou unidades administrativas equivalentes a condado. O poder do goberno do condado varía moito dun estado a outro, como a relación entre condados e gobernos municipais incorporados. A distribución do poder e responsabilidades entre o goberno estatal, os gobernos dos condados e os gobernos municipais defínense na Constitución de cada estado.

Connecticut

Connecticut é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión de Nova Inglaterra. Connecticut é o terceiro estado máis pequeno en extensión territorial dos EE.UU, soamente Delaware e Rhode Island son menores. Con todo, cos seus 3 405 565 habitantes, Connecticut é o cuarto estado americano máis densamente poboado do país.

A principal fonte de renda de Connecticut é a prestación de servizos financeiros e inmobiliarios. A capital do Estado, Hartford, é coñecida nacionalmente como Insurance City (A Cidade dos Seguros), por mor da gran cantidade de compañías de seguros que están situadas na cidade.

Connecticut foi unha das Trece Colonias orixinalmente colonizadas polo Reino Unido. A colonia de Connecticut foi a primeira subdivisión localizada no que son actualmente os Estados Unidos de América en posuír unha Constitución escrita, chamada Fundamental Orders (Mandatos Fundamentais), ou First Orders (Primeiras Ordes), adoptada o 14 de xaneiro de 1639. Esta Constitución colonial serviría de base para a formación da Constitución americana. Oficiais de Connecticut tiveron un papel esencial na aprobación do "gran Compromiso" realizado na Convención Constitucional de 1787, que deu ao Congreso dos Estados Unidos o seu formato actual. Por mor destes eventos, Connecticut foi alcumado The Constituition State (O Estado da Constitución), e o Gran Compromiso de 1787 pasou a ser coñecido nacionalmente como Compromiso de Connecticut. O 9 de xaneiro de 1788, Connecticut converteuse no quinto Estado americano.

A orixe do nome "Connecticut" provén da palabra nativoamericana Quinnehtujqut, que significa "Lugar do Longo Río". Os primeiros europeos en instalarse de forma permanente na rexión de Connecticut foron puritanos ingleses, vindos de Massachusetts, en 1633. The Nutmeg State é outro alcume popular de Connecticut, e os habitantes deste Estado son coñecidos nacionalmente como un "nutmegger".

Década de 1000

A década de 1000 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1000 e remata o 31 de decembro de 1009.

Imperio Británico

O Imperio Británico foi o conxunto das colonias que os exploradores ao servizo dos reis da Gran Bretaña foron ocupando en practicamente todo o mundo, a partir do século XVI. En 1921, coa sinatura do Tratado de Versalles, que rematou oficialmente a Primeira Guerra Mundial, o Reino Unido obtivo o mandato de administrar algunhas das antigas colonias alemás, chegando dese modo a estender o seu dominio a unha área de cerca de 31 millóns de km² e unha poboación de cerca de 458 millóns de persoas, na América do Norte (o Canadá), en África (practicamente toda a África oriental e parte da occidental), en Asia (parte do Medio Oriente e do subcontinente indio) e tamén Australia e partes de Oceanía.

Interestatal 93

A Interestatal 93 (abreviada I-93) é unha autoestrada interestatal na rexión de Nova Inglaterra dos Estados Unidos. O seu extremo sur está en Canton, Massachusetts, no área metropolitana de Boston, na Interestatal 95; mentres que o seu extremo norte está en St. Johnsbury, Vermont, na Interestatal 91. É unha das tres interestatais principais cuxa ruta está localizada nos estados de Nova Inglaterra, e as outras dúas son a I-89 e a I-91. As cidades máis grandes ao longo da ruta son Manchester, Novo Hampshire, Concord, Novo Hampshire e Boston, Massachusetts.

Long Island

Long Island é unha illa do estado de Nova York. A superficie da illa é de 3.567 km² (1.377 millas cadradas), e é a máis grande dos Estados Unidos continentais. Long Island alberga dous distritos da Cidade de Nova York, Brooklyn e Queens, na súa parte máis occidental. Na parte oposta están os condados de Nassau e Suffolk.

Maine, Estados Unidos de América

Este artigo trata sobre o estado dos EUA. Para outros significados véxase Maine.Maine é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Está localizado no extremo nordeste do país, na rexión de Nova Inglaterra. West Coddy Head, o punto máis oriental de Maine, está considerado o punto máis oriental dos Estados Unidos, aínda que algúns consideren Alasca o máis oriental do país, pois dúas das illas do arquipélago das Aleutas están localizadas no hemisferio oriental. Maine tamén é o Estado máis setentrional do Estados Unidos continental.

Os bosques cobren aproximadamente o 90 % de Maine, que se coñece como The Pine Tree State polas súas forestas que conteñen grandes cantidades de piñeiros. Así, é o líder nacional da industria madeireira e o segundo maior produtor de madeira en xeral do país, só despois de Washington. A pesca e mais o turismo son outras fontes importantes de renda.

Non se sabe con certeza a orixe do nome Maine. Crese que vén da expresión inglesa mainland, que significa "corpo de terra principal". Algúns historiadores, porén, consideran que este nome vén da provincia de Maine, unha das provincias de Francia. Unha terceira hipótese é o uso da expresión going over to the Main por parte dos habitantes que vivían en illas situadas ao longo do litoral do Estado.

A rexión onde se localiza Maine fora disputada polos franceses e polos británicos desde os comezos das colonias americanas. As rexións do norte de Maine orixinalmente formaron parte da colonia francesa de Acadia, unha das provincias coloniais da Nova Francia, ata seren anexadas polos británicos en 1740. A rexión sur foi colonizada polos británicos.

O primeiro asentamento británico no continente americano fundouse en Maine en 1607, 13 anos antes da inauguración do primeiro asentamento británico permanente no continente, en Plymouth, actual Massachusetts, en 1620. O asentamento fundado en Maine en 1607, porén, foi abandonado en 1608. Os asentadores pasaron a instalarse en Maine a partir da década de 1620. Entón, Maine formaba parte de Massachusetts e converteuse no 23º Estado americano o 15 de marzo de 1820.

Massachusetts

A Commonwealth de Massachusetts (en inglés, Commonwealth of Massachusetts) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Localízase ao nordés do país, a uns cantos quilómetros da fronteira con Canadá. Massachusetts é o sexto menor estado dos Estados Unidos pero, a pesar do seu pequeno tamaño, é o décimo terceiro en poboación. O seu nome provén dunha voz indíxena local que significa "lugar do monte grande" e historicamente formou parte das 13 colonias orixinais que se rebelaron contra o Reino Unido na Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

Massachusetts é o centro económico, cultural e educativo de Nova Inglaterra, e tamén o estado máis populoso da rexión, con aproximadamente a metade de toda a súa npoboación. A capital e a maior cidade é Boston, capital financeira, de transportes e educativo do estado e de Nova Inglaterra.

A rexión onde está localizado o estado foi unha das primeiras en ser colonizada polos británicos. A provincia colonial de Massachusetts foi fundada en 1620 (só a provincia colonial de Virxinia foi fundada antes). Massachusetts é famoso no país por ser pioneira en diversas áreas: o primeiro xornal foi publicado en Massachusetts, e a primeira biblioteca pública tamén, a primeira institución americana de educación superior foi fundada aquí en 1636. Posteriormente, o estado construiría as primeiras escolas públicas de ensino de segundo grao no país, durante a década de 1820.

Massachusetts foi unha das trece colonias británicas que se rebelaron contra o dominio británico en 1775, na Revolución Americana de 1776. Varios eventos que levaron ao inicio da guerra ocorreron en Massachusetts, así como as primeiras batallas da guerra. O 6 de febreiro de 1788, o Massachusetts ratificou a constitución americana, converténdose así no sexto estado dos Estados Unidos de América.

O nome do estado vén da tribo indíxena masachusett, unha tribo indíxena pertecente á familia dos algonquinos. Masachusett significa no idioma algonquino Próximo á gran montaña, unha referencia ao Great Blue Hill, unha montaña localizada ao sur de Boston.

O alcume máis coñecido do Massachusetts é The Bay State. A orixe vén da localización do primeiro asentamento permanente fundado en Massachusetts, ás marxes da Baía de Massachusetts. O xentilicio é Bay Staters. Outros nomes menos usados son The Old Colony State, The Puritan State e The Baked Bean State.

O estado é famoso internacionalmente pola calidade das súas universidades privadas, entre as cales salientan a Universidade Harvard e mailo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, así como os numerosos Colleges como Wellesley College. Tamén é coñecido polos sitios de veraneo, cualidade non privativa do seu Cape Cod famoso, senón de moitos outros lugares de Nova Inglaterra.

Tamén é coñecido por ser o primeiro estado do país en permitir o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

Nova Jersey

Nova Jersey (en inglés: New Jersey) é un dos 50 estados dos Estados Unidos, situado nas rexións Mid-Atlantic e Nordeste do país. Limita ao norte co estado de Nova York, ao leste co océano Atlántico, ao suroeste con Delaware e ao oeste con Pensilvania. Encóntrase principalmente dentro das extensas áreas metropolitanas de Nova York e Filadelfia.

É o cuarto estado menos extenso, superando apenas a Connecticut, Delaware e Rhode Island. A pesar da súa pequena extensión territorial, ten unha poboación de 8,938,175 habitantes , sendo o undécimo estado máis poboado e o de maior densidade nos Estados Unidos.

A economía de Nova Xersei depende principalmente da súa industria manufacturera e da prestación de servizos de transporte. É un dos estados máis industrializados do país. Os produtos fabricados no estado, así como outros produtos producidos nos estados veciños, son exportados a través dos portos ao longo dos ríos Hudson e Delaware. Nova Xersei é tamén un dos líderes nacionais da produción de produtos químicos. Para o ano 2011 foi o terceiro estado máis rico do país en ingresos medios por fogar.O turismo é tamén unha das principais fontes de ingresos no estado. As principais atraccións turísticas son as súas numerosas praias localizadas en rexións relativamente pouco poboadas. Ademais disto polos seus numerosos xardíns e parques o estado é alcumado The Garden State (O estado xardín).

Máis de cen batallas e enfrontamentos entre milicias estadounidenses e tropas británicas foron realizadas en Nova Xersei. A máis famosa delas ocorreu o 26 de decembro de 1776, cando George Washington realizou a súa famosa travesía do río Delaware durante a batalla de Trenton. Logo da independencia dos Estados Unidos, Nova Xersei foi o terceiro estado en ratificar a Constitución, o 18 de decembro de 1787.

Peregrino

Un peregrino é aquel que emprende unha peregrinación, é dicir, que se encamiña a facer unha visita a un lugar de significación, xa relixiosa ou histórica; decote estas camiñadas son longas.

Providence, Rhode Island

Providence é a capital e a cidade máis grande do estado de Rhode Island, nos Estados Unidos, e unha das primeiras cidades en ser fundadas nese país. Situada no condado de Providence, a cidade é a segunda mais grande de Nova Inglaterra. A poboación de Providence en 2010 era de 178 042 habitantes., mentres que a da súa área metropolitana era de 1 600 856 habitantes.

Antigamente levaba o sobrenome da «Colmea da industria», e comezou a promocionarse como «a Capital Creativa» no 2009 para facer énfase nos seus recursos educativos e na súa comunidade artística.

Rhode Island

Rhode Island, de nome completo Estado de Rhode Island e as Plantacións de Providence, é un estado na rexión de Nova Inglaterra do nordés dos Estados Unidos. É o estado máis pequeno en superficie (428 veces menor que Alasca, que é o maior). Tamén é o estado co nome oficial máis longo. Rhode Island foi a primeira das Trece Colonias orixinais en declarar a independencia do dominio británico, marcando o inicio da Revolución Americana. Rhode Island foi o último Estado das Trece Colonias en ratificar a Constitución dos Estados Unidos.

Aínda que a maioría do Estado forma parte do Continente, o nome Rhode Island fai que algunhas persoas crean que o estado enteiro é unha illa; confundíndoa en ocasións con Long Island, Nova York, que se acha a só unhas 100 millas ao suroeste de Rhode Island a través do Océano Atlántico. Rhode Island é alcumada tradicionalmente Little Rhody, pero o Estado adoptou oficialmente o alcume de The Ocean State (O Estado Oceánico).

TV Guide

TV Guide é unha revista semanal estadounidense que trata acerca da programación televisiva. A edición principal publícase nos Estados Unidos, pero tamén existe unha edición alternativa para o Canadá.

Ademais das listas de programación de televisión, nas publicacións aparecen novas relacionadas coa televisión, entrevistas con celebridades, murmurios, e recensións de filmes. Tamén contén horóscopos e encrucillados.

Vermont

Vermont é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América, o 14º en entrar na Unión. Está situado na rexión de Nova Inglaterra. Ten fronteira con outros estados americanos: Massachusetts ó sur, Nova Hampshire ó leste, Nova York ó oeste, e ca provincia canadense de Quebec ó norte. A capital do estado é Montpelier, que é a capital dos Estados Unidos con menor poboación. O estado é coñecido como The Green Mountain State (O estado das montañas verdes).

Vermont era anteriormente habitado por nativos iroqueses, algonquinos e abnakis. Co inicio da colonización europea das Américas, Vermont pasou por un tempo baixo control francés (antiga Acadia), para pasar despois para control inglés, baixo os termos do Tratado de París. Logo despois da independencia das 13 colonias, Vermont entrou á Unión, en 1791.

A súa economía é baseada principalmente no turismo, pesca e agricultura.

Wisconsin

Wisconsin (en inglés [wɪsˈkɒnsən] (AFI), escoitar) é un dos estados que conforma os Estados Unidos de América, localizándose no Medio Oeste. Limita ao sur con Illinois, ao oeste con Iowa e Minnesota, ao norte co lago Superior e a península setentrional do estado de Michigan, e ao leste co lago Michigan. Wisconsin é o vixésimoterceiro estado máis extenso e o vixésimo máis poboado. A capital do estado é Madison, e a cidade máis poboada é Milwaukee, sita na costa do Lago Michigan. O estado de Wisconsin está composto por 72 condados.

Worcester, Massachusetts

Worcester (/ˈwʊstər/) é unha cidade, e sede de condado do mesmo nome, de Massachusetts, Estados Unidos. O seu nome provén de Worcester, Inglaterra, e segundo o Censo dos Estados Unidos de 2010 a cidade tiña unha poboación de 181.045 habitantes, sendo a segunda maior cidade da rexión de Nova Inglaterra, tras Boston. Worcester atópase a aproximadamente 64 km ao oeste de Boston, a uns 80 km ao leste de Springfield e 64 km ao norte de Providence. Debido á súa localización no Massachusetts Central, Worcester é coñecido como o "Heart of the Commonwealth", e, un corazón é símbolo oficial da cidade. O símbolo do corazón podería provir tamén das tarxetas do día de San Valentín, que aínda que non se inventaran na cidade, foron producidas en serie e popularizadas por Esther Howland quen viviu en Worcester.

A cidade ten varios exemplos de arquitectura victoriana.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.