Nordés

Nordés ou nordeste é unha coordenada cartográfica situada entre o norte e o leste (ou este). Por tanto, é un dos puntos colaterais da rosa dos ventos. As palabras sinónimas nordeste e nordés formáronse a partir de norte con leste.

CompassRose16 NE
Nordeste (NE).
Chamamé

O chamamé é un xénero musical de carácter folclórico orixinario da Arxentina. É moi común na provincia de Corrientes, norte da provincia de Entre Ríos, centro-leste de Formosa, nordés de Santa Fe, leste da provincia de Chaco e en toda a provincia de Misiones, rexión denominada Litoral arxentino. A palabra chamamé provén da frase en lingua guaraní "ñe'ẽ mbo'e jeroky", que quere dicir "cantos danzas".

Figueres

Figueres é un concello e cidade do nordés de Cataluña, capital da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. En 2018 vivían no seu concello 46.381 habitantes.

Golfo de Anadyr

O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.

Hessen

Hessen é un estado libre entre os 16 Estados federados de Alemaña. Atravesado polo bosque de Hessen e situado no centro xeográfico do país. Algunhas cidades importantes deste estado son Frankfurt, Wiesbaden (capital), Kassel, Darmstadt, Marburg e Wetzlar.

O estado limita ó norte co estado de Baixa Saxonia ó nordés e ó leste co estado de Renania do Norte-Westfalia, ó oeste co estado de Turinxia, polo suroeste co estado de Baviera, ó sur co estado de Baden-Württemberg et polo leste co estado de Renania-Palatinado.

Kenya

Kenya ou Quenia, oficialmente República de Kenya, é un país da África Oriental e membro fundador da Comunidade Africana Oriental (CAO). A súa capital e meirande cidade é Nairobi. O territorio de Kenya atópase no ecuador e superponse ó Rift de África Oriental cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o lago Vitoria até o lago Turkana (antigamente chamado lago Rudolph) e cara ao sueste co Océano Índico. Ten fronteira con Tanzania polo sur, con Uganda polo oeste, con Sudán do Sur polo noroeste, con Etiopía polo norte e con Somalia polo nordés. Kenya abrangue 581 309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do Océano Índico. O clima é máis frío nas sabanas arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do Monte Kenya, que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de Nyanza, hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do Lago Vitoria, o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case desérticas. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus safaris, o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como Parque Nacional de Tsavo Leste e Oeste, o Maasai Mara, o lago Nakuru e o Parque Nacional de Aberdare. Kenya ten varios lugares Patrimonio da Humanidade como a cidade de Lamu e varias praias famosas como Diani, Bamburi e Kilifi, onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.

A rexión dos Grandes Lagos Africanos, da cal forma parte Kenya, foi habitada polo ser humano dende o Paleolítico inferior. Arredor do primeiro milenio da nosa era, a expansión bantú chegou até a zona dende África Occidental e Central. As fronteiras do estado moderno comprenden a encrucillada das áreas níxer-congo, nilo-saharianas e afroasiáticas do continente, representando a maioría de grupos etnolingüísticos que hai en África. As poboacións bantú e nilóticos constitúen xuntas arredor do 97% dos habitantes do país. A presenza árabe e europea en Mombasa data de comezos da Idade Moderna, e a exploración europea do interior de África comezou no século XIX. O Imperio Británico estabeleceu o protectorado da África Oriental Británica en 1895, que en 1920 deu paso á Colonia de Kenya. Kenya obtivo a independencia en decembro de 1963. Segundo o referendo de agosto de 2010 e a adopción dunha nova constitución, Kenya está dividida en 47 condados semi-autónomos gobernados por gobernadores electos.

A capital, Nairobi, é o centro rexional do comercio. A economía de Kenya é a maior de África Oriental e Central. A agricultura é a principal actividade económica, e o país exporta tradicionalmente té e café, e máis recentemente, flores frescas cara a Europa. O sector terciario tamén é un importante aspecto da súa economía.

Lingua polaca

O polaco ou polonés é unha lingua eslava do nordés de Europa, oficial na República de Polonia e no Condado de Vilnius. Forma parte da póla lequítica das linguas eslavas setentrionais e existe un algo grao de intercomprensibilidade co checo e o eslovaco.

Mar de Bismarck

O Mar de Bismarck (alemán: Bismarcksee) atópase no suroeste do Océano Pacífico dentro da nación de Papúa Nova Guinea. Atópase ao nordés da illa de Nova Guinea e ao sur do Arquipélago de Bismarck e ás Illas do Almirantado. Ten costas nos distritos da Rexión das Illas, Rexión de Momase e Rexión de Papúa.

Nova Inglaterra

Nova Inglaterra (New England) é unha rexión xeográfica de Norteamérica, situada ao nordés dos dos Estados Unidos. O nome é anterior á independencia dos Estados Unidos, e foi a primeira rexión dos Estados Unidos en definirse como unha entidade propia, con todo non se corresponde cunha entidade administrativa.

O Nordés

O Nordés é unha serie de ficción emitida pola TVG durante a tempada 2009-10, e que se desenvolve na redacción dun modesto xornal da cidade de Vigo. Estreouse o 17 de setembro de 2009.

Oiartzun

Oiartzun é un concello situado no nordés de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Donostialdea, a 10 km de Donostia.

Tiña en 2016 unha poboación de 10.148 habitantes, dispersa en diferentes barrios que se reparten polo val de Oiartzun. O núcleo principal e capital do concello é Elizalde. Os oito barrios tradicionais do concello son: Altzibar, Arragua, Elizalde, Ergoien, Gurutze, Iturriotz, Karrika e Ugaldetxo.

Pineda de Mar

Pineda de Mar é un municipio catalán, pertencente á provincia de Barcelona, localizado na comarca do Maresme. Pineda de Mar está situado entre os municipios de Calella e Tordera ao oeste, Santa Susanna ao nordés e o Mar Mediterráneo ao sur. O 10% do termo municipal forma parte do Parque Natural do Montnegre e o Corredor.

Provincia de Barcelona

A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e suroeste co mar Mediterráneo.

Provincia de Burgos

A provincia de Burgos é unha das provincias de Castela e León, está situada ao nordés desta comunidade. A súa capital é a cidade homónima de Burgos. Ocupa unha superficie de 14.300 km² e a súa poboación en 2006 era de 363.874 habitantes. Moitos dos 370 concellos da provincia (131 en 2006) teñen menos de 100 habitantes.

Burgos posúe un enclave no interior da provincia de Áraba: o enclave de Treviño.

Provincia de Xirona

Xirona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha provincia española situada na zona nordés de Cataluña. Limita coas provincias de Barcelona polo sur e oeste; Lleida polo oeste; con Francia e Andorra polo norte e co mar Mediterráneo polo leste.

Un concello da provincia, Llívia, é un enclave separado do resto da provincia, estando rodeado por territorio administrativamente francés.

A provincia contaba con 687.331 habitantes (INE 2006). A súa capital é a cidade de Xirona (en catalán Girona), onde vive algo máis da oitava parte da poboación total.

Provincia de Zaragoza

A provincia de Zaragoza (en aragonés: Zaragoza, en catalán: Saragossa) está situada no norte de España e no centro da comunidade autónoma de Aragón. Abarca unha superficie de 17.274 km². Limita coas provincia de Huesca ao nordés, coas de Lleida e Tarragona ao leste, Teruel e Guadalaxara ao sur, Soria e A Rioxa ao oeste e Navarra ao noroeste.

A cidade de Zaragoza é ao mesmo tempo capital da provincia homónima e da Comunidade Autónoma de Aragón.

En 2005 a poboación era de 912.072 habitantes e a densidad de poboación de 52,96 habitantes/km².

Queensland

Queensland é un dos estados que forman Australia. Atópase na parte nordés do país, e a capital é Brisbane. É o único estado australiano cun sistema lexislativo unicameral, chamado Parlamento de Queensland.

Reino de Northumbria

Northumbria (en saxón antigo: Norþanhymbra; en nórdico antigo: Norðimbraland, nome que reflicte a súa localización ao norte do río Humber) foi un dos reinos menores dos anglos, mencionado no século XII por Henrique de Huntingdon como parte da Heptarquía anglosaxoa-xuta, os dominios establecidos polos pobos xermánicos que comezaron a invadir Gran Bretaña a finais do século V, cando xa había case 70 anos que fora abandonada polas lexións romanas.

Fundada por anglos baixo o mando de Æthelfrith (Ethelfrith) no que hoxe é o nordés inglés no ano 593 a partir da unión doutros dous reinos menores, Bernicia e Deira, floreceu no século VII, chegando a estenderse polas Terras Altas escocesas e Gales, desde o Humber até o Forth. Tivo a súa capital en Whitby, sede do coñecido sínodo homónimo que decidiu en favor do rito cristián romano fronte ao irlandés para ser implantado en terras británicas.

O territorio northumbrio foi ocupado polos daneses no século IX e integrouse ao reino de Inglaterra en 829, da man das conquistas de Ecgberht de Wessex.

O condado que se formou despois, estaba limitado ao sur polo río Tees e ao norte polo río Tweed (o que hoxe en día é similar á rexión moderna do Nordés de Inglaterra) e foi recoñecido como parte de Inglaterra polo Tratado de York de 1237 entre Inglaterra e Escocia. Berwick-upon-Tweed, que se sitúa ao norte do Tweed, foi definido como súbdito das leis de Inglaterra pola Acta de Gales e Berwick de 1746. O territorio que unha vez foi parte de Northumbria durante o seu apoxeo é administrado hoxe en día por rexións diferentes como Nordés de Inglaterra (Bernicia), Yorkshire e Humber (Deira), Noroeste de Inglaterra (Cumbria), os Scottish Borders, West Lothian, Edimburgo, Midlothian e East Lothian.

Actualmente, Northumbria é a rexión Nordés de Inglaterra. O nome úsase nos títulos da Policía de Northumbria (a cal administra Northumberland e Tyne e Wear) e a Universidade de Northumbria (situada en Newcastle), e tamén foi adoptado pola Xunta de Turismo de Inglaterra para referirse ao Nordés de Inglaterra.

Sant Vicenç de Montalt

Sant Vicenç de Montalt (ata 1935 Sant Vicenç de Llavaneres) é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Maresme. Atópase na costa, 41 km ao nordés da cidade de Barcelona.

Serra Leoa

Serra Leoa é un país da África Occidental. Limita ao nordés con Guinea, ao sueste con Liberia e ao suroeste co océano Atlántico. A súa capital é Freetown.

Puntos cardinais e ordinais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.