Nompanim

Nompanim ou Nomparem (en muisca: "vasilla de xaguar"),[1] nado no século XV e finado o primeiro terzo do século XVI, foi o segundo derradeiro iraca; cacique da sagrada Cidade do Sol; Sugamuxi. Sugamuxi, no presente chamada Sogamoso, era unha importante cidade da relixión dos muiscas, que habitaron no Altiplano Cundiboyacense antes da conquista española das nacións chibchas. Os outros gobernantes muiscas dentro dos territorios da Confederación muisca eran Tundama en Tundama, o zaque Quemuenchatocha en Hunza e os zipas Nemequene e Tisquesusa en Bacatá.

Nompanim
Iraca de Sugamuxi

Nacementodescoñecido
Confederación muisca
Falecementodescoñecido
Confederación muisca
PredecesorBermejo
SucesorSugamuxi

Templo del sol
O (reconstruído) Templo do Sol en Sugamuxi; onde vivía Nompanim.

Notas

  1. Biography Sugamuxi Arquivado 04 de febreiro de 2016 en Wayback Machine. - Universidad Distrital Francisco José de Caldas (en castelán)
Gobernantes muiscas

A rexión central das terras altas colombianas estivo controlada por gobernantes muiscas cando os conquistadores españois chegaron á rexión. Estaban organizados nunha Confederación muisca, que tiña dous gobernantes; o zipa que era o gobernante da zona sur con capital Bacatá, hoxe coñecida como Bogotá, e o zaque que era o gobernante da zona norte con capital en Hunza, hoxe coñecida como Tunja.

Iraca

O iraca, ás veces tamén escrito iraka, era o gobernante e alto sacerdote de Sugamuxi no seo da confederación muisca que habitaba no Altiplano Cundiboyacense; as terras altas centrais nos Andes de Colombia. Iraca tamén pode facer referencia ó val de Iraka no que gobernaba.

Sugamuxi

Sugamuxi, finado en 1539, foi o derradeiro iraca; cacique da Cidade sacra do Sol Suamox. Sugamuxi, no presente chamada Sogamoso, era unha cidade importante na relixión dos muiscas que habitaron o Altiplano Cundiboyacense no tempo antes da chegada dos conquistadores españois as terras altas dos Andes colombianos. Os outros gobernantes muiscas dos territorios dentro da Confederación muisca foron Tundama de Tundama, o zaque Aquiminzaque de Hunza e o zipa Sagipa de Bacatá.

Historia dos muiscas
Temas
Mitoloxía
Lugares
Gobernantes do norte
Gobernantes do sur

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.