Nome común

En ciencias, un nome común, vulgar ou trivial é calquera nome polo cal unha especie ou outro concepto é coñecido, e que non é o oficial nome científico.

Nomes comúns en bioloxía

Un nome común, amplamente definido, das especies biolóxicas é calquera apelativo máis aló do científico. Este último, chamado tamén nome binomial é o nome formal e o mesmo en todo o mundo, independente do idioma en uso. Hai moitos nomes comúns reunidos de tantas linguas, en diferentes idiomas e en diferentes escrituras. Non existe unha normalización do nome común en correspondencia dalgunha maneira co nome científico.

Moitos dos nomes cotiáns de plantas, animais, fungos, como "rata", "caravel", "rosa", "avea", refírense a categorías amplas. Ás veces por adición a descriptores adxectivais, como "rata parda", "caravel branco", "rosa chinesa", "avea salvaxe", provese información común para especies individuais. Ás veces pode aparecer o "comodín" parecido a, como ocorre co idioma quichua, ao adxectivarse con sacha: sacha melón, sacha algarrobo.

Ás veces o nome común refírese a unha categoría ampla, útil pero nun contexto local suxerir ambigüidade: "sardiña", "cervo", "acacia", aplícanse a ducias de diferentes especies mundialmente, que son benvidas e adecuadas no seu dominio orixinal de uso, (pesca, caza, leña), e en localidades onde só aparece tal especie soa.

Nomes comúns oficiais

Para algúns grupos biolóxicos, como aves en EE. UU., as especies individualmente teñen nome común oficial. Tal nomenclatura elíxese por consenso de corpos gobernativos. Algo parecido ocorre en moitos outros países, cando se lexisla sobre cuestións de especies estratéxicas, como por ex. malezas de combate obrigatorio, onde acompaña ao nome científico, os nomes comúns máis adaptados á rexión cultural de aplicación da lei. Tales nomes non teñen sustento na nomenclatura científica. E son moi usados polos científicos nas súas comunicacións ao público leigo, necesitado dun vocabulario chairo, non intimidante polos nomes latinos, recalcando que é moito máis grave en pobos máis afastados da influencia da cultura da lingua morta latina.Calquera disquisición de canta distancia hai entre o nome científico do "común", debe necesariamente entenderse cos sistemas de escritura non latina, onde o estraño do significado en latín, se aúna coa escritura pouco habitual.

Os botánicos ás veces mantiveron nomes oficiais comúns para plantas, a pesar de que variarán grandemente.

Hai intentos de estandarizar nomes comúns (insectos en Nova Zelandia; peces de río en EE. UU.) con éxito controversial, pola resistencia a impor nomes artificiais e cada rexión cos seus propios nomes locais. O uso de apelativos en maorí para plantas en Nova Zelandia agregou estabilidade á nomenclatura.

En Australia, os nomes comúns das peces comerciais -en dicir peixe de mar foi estandarizado pola en:Australian Fish Names Standard a través da en:Seafood Services Australia (SSA) desde 2001. A SSA foi acreditada por en:Standards Australia, a organización australiana non gobernamental de estándares. [1] Antes, o seu peixe vendíase baixo innumerables listas de nomes comúns. Outros nomes de peixes son controlados pola CSIRO: Base de Datos de Nomes de Peixes de CSIRO.[1]

Nomes comúns axustados a nomes científicos

Aquí vale a reconvención de que non ocorre en chinés, xaponés, coreano, vietnamita, ruso, eslavo, grego, xa que aínda que os nomes comúns e os científicos teñen diferentes funcións, poden estar estreitamente relacionados. En xardinaría, nomes familiares como Begonia, Dahlia, Gladiolus, Rhododendron son case comúns, para referirse a plantas dun xénero (pero por exemplo Azalea refírese a un xénero que actualmente está no xénero Rhododendron). Entre xardineiros, naturalistas, ecólogos, (da área das linguas arábigas) incrementouse o uso do nome do xénero, no galego local. Por suposto que eles, tipicamente, continúan usando vellos nomes comúns cando o científico cambiou. Isto marca unha medición da estabilidade da nomenclatura e retén asociacións históricas.

En especial con plantas, os nomes comúns das rexións de influencia da Antiga Roma, cuxos apelativos foron empregados para bautizar os nomes científicos, son por suposto os mesmos que os científicos. Exemplos de nomes doutras linguas non romanizadas, con nomes comúns que interviñeron na creación do binomial formal. Así, os nomes comúns poden ser latinizados (e ás veces anglicizados). Por exemplo Hoheria provén do maorí de Nova Zelandia "Houhere". E sen alterar: o xénero Tsuga vén do xaponés "tsugá".

Algúns nomes comúns e os seus 'equivalentes' científicos refírense a spp. non relacionadas. Por exemplo xeranio é o nome común do xénero Geranium, mentres o nome común xeranio refírese a especies de xéneros de Suráfrica Pelargonium.

Nomes comúns en química

En química, os apelativos oficiais de substancias químicas seguen a "nomenclatura IUPAC", unha convención sobre os nomes sistemáticos. Engadido ao seu nome taxonómico, un composto químico pode levar un ou máis nomes comúns ou triviais (e a inmensa maioría das substancias químicas teñen o seu propio nome común). Algúns nomes comúns axudan ao lector a deducir algo da estrutura química do composto (por exemplo ácido acético, un nome común do ácido etanoico). Outros en cambio, non permiten deducir nada da estrutura, a menos que xa se coñeza. Exemplo: a morfina.

Notas

  1. "Common Names of Australian Fishes - November 2004 Draft".

Véxase tamén

Ligazóns externas

.mx

.mx é o dominio de segundo nivel xeográfico para internet de México; o dominio de segundo nivel pódese formar con: .com.mx.

Abeleira

A abeleira ou abraira (Corylus avellana) é un arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá.

Ecoloxicamente é moi importante na formación de sebes que choen as leiras na Europa atlántica, especialmente en Galiza, Asturias e sur de Inglaterra. As varas empregábanse tradicionalmente para a construción de valados, cestaría, feche de canastros e na construción, mesturando as pólas con barro para a fabricación de tabiques.

A abeleira común cultívase polos seus froitos comestíbeis. É unha especie común dos bosques galegos, especialmente dos de ribeira.

Aguia

Para consultar o artigo sobre a constelación, véxase Aquila

A aguia é o nome común que se lle dá a varias aves rapaces da familia Accipitridae, xeralmente de grande porte, carnívoras e de grande acuidade visual. O nome é atribuido a animais pertencentes a xéneros diversos e non corresponde a ningunha clase taxonómica. A maioría atópanse no Vello Mundo. Son membros das aves de presa, da orde dos Accipitriformes (ou Falconiformes, segundo unha clasificación alternativa), familia Accipitridae, subfamilia Buteoninae.

Como tódalas aves rapaces, as aguias teñen un pico grande, poderoso e afiado para desgarrar a carne das súas presas. Contan tamén cunhas garras poderosas e unha visión que lles permite albiscar as presas a grandes distancias.

As aguias son tamén símbolos utilizados en varios contextos e culturas:

Como símbolo das lexións romanas

Como animal nacional dos Estados Unidos de América

Como símbolo de poder nos pobos maias, aztecas e exipcios. Amón-Ra, a máis grande deidade dos antigos exipcios, era representado coma un home coa testa dunha aguia.

Bacallau

Bacallau é o nome común para os peixes do xénero Gadus, pertencente á familia Gadidae. O bacallau común ou bacallau do Atlántico é o Gadus morhua (Linnaeus, 1758). Posiblemente sexa o peixe branco de maior consumo en Europa, principalmente seco ou salgado .

Todas estas especies contan cunha gran variedade de nomes vernáculos. A orixe da verba pode ser ben do éuscaro bakailao, e este á súa vez do neerlandés bakeljauw, variante de kabeljauw, que xustifica o cabillaud francés, que se refire ao bacallau fresco fronte ó seco, morue.

Caracol

O caracol, cascarolo ou cosco é o nome común que reciben os moluscos gasterópodos con cuncha en espiral, a diferenza dos que non a posúen, que se chaman lesmas (terrestres) ou dos que a teñen pero non é espiral, que son as lapas.

Cítrico

Cítrico é o nome común do xénero Citrus, que designa as especies de grandes arbustos ou pequenas árbores perennes (entre 5 e 15 m) da familia das Ruteáceas, que teñen froitos ou froitas que posúen un alto contido en vitamina C e ácido cítrico, o que lles fornece ese típico sabor acedo tan característico. Oriúndo da Asia tropical e subtropical, este xénero contén tres especies e numerosos híbridos cultivados, incluíndo as froitas máis amplamente comercializadas, como o limón, a laranxa, a lima, o pomelo e mais a mandarina, con diversas variedades que dependen da rexión na que se cultive cada unha delas.

O froito é un hesperidio, característico do xénero.

Por mor á facilidade de hibridación dos cítricos, todos os cultivos para uso comercial obtéñense enxertando as especies cultivares desexadas en plantóns seleccionados pola súa resistencia ás doenzas.

Freixo

Os freixos son arbores pertencentes ao xénero Fraxinus da familia das oleáceas. Contén unhas 45-65 especies de árbores de porte mediano a grande, de folla caediza polo xeral, aínda que unhas poucas especies subtropicais teñen follas persistentes. Adoitan ocupar lugares frescos, lameiros, brañas, ribeiras. En Galicia son abundantes dúas especies, que se mesturan coma especie das fragas, coma árbore de ribeira ou raramente formando freixedos:

Fraxinus excelsior, o freixo común, común no norte;

Fraxinus angustifolia, o freixo de folla estreita, común no sur.Na Coruña tense tamén descrito o Fraxinus ornus, o freixo de flor.

Físico

Físico é o nome común que se lles dá aos científicos e profesionais que se dedican á área das ciencias físicas ou a actividades económicas relacionadas coa aplicación das mesmas.

Historicamente, podería considerarse a Galileo Galilei como unha das primeiras persoas cuxo perfil se axusta ao do físico moderno. Galileo foi un dos primeiros en estudar as cuestións acerca do mundo material mediante o método científico. A cuestión que abordou Galileo foi a "caída dos graves" (caída libre dos corpos "graves" ou "pesados", non como as plumas ou follas). Foi un dos primeiros en dar coa ecuación correcta que relacionaba a distancia percorrida por un grave en caída libre en función do tempo.

Aristóteles escribiu o primeiro tratado chamado "Física" que se baseaba na observación e a abstracción, pero non tomaba en conta a experimentación, polo cal, non se lle pode considerar como un físico no sentido moderno do termo.

O termo "físico" foi acuñado en 1840 por William Whewell no seu libro The Philosophy of the Inductive Sciences.

Ión

Un ión consiste nun átomo ou grupo de átomos dotados de carga eléctrica. Un átomo ou unha molécula, de por si electricamente neutros, transfórmanse en ións cando gañan ou perden electróns. O proceso polo que un átomo ou unha molécula se transforman en ións recibe o nome xenérico de ionización. Ó proceso polo que os ións e os electróns se unen para formar átomos ou moléculas, especies electricamente neutras, recibe o nome de recombinación.

Os ións cargados negativamente, producidos pola ganancia de electróns, reciben o nome de anións e os cargados positivamente, consecuencia dunha perda de electróns, reciben o nome de catións.

Os ións represéntanse da mesma forma que os átomos ou moléculas, pero coa presenza dun expoñente que indica a carga eléctrica neta. Fe3+; OH− representan o ión ferro (III) e o ión hidróxido.

Lebre

Reciben o nome común de lebres as especies do xénero Lepus, o tipo da familia dos lepóridos, sendo chamadas o resto "coellos" de forma común. Tal división dos lepóridos non é científica, pois non responde a unha realidade dende o punto de vista evolutivo, senón a observacións sobre o seu aspecto e hábitos.

Maceira

A maceira (Malus domestica) cultívase desde hai máis de 15.000 anos. A súa orixe parece estar no Cáucaso e as ribeiras do mar Caspio. Foi traída a Europa polos romanos e na actualidade existen unhas 1.000 especies, como resultado de diferentes hibridacións entre especies silvestres. Tamén recibe en Galiza os nomes dialectais de macira, maciñeira e mazaira.

Un dos seus antepasados silvestres é Malus sieversii (non ten nome común), árbore aínda existente nas montañas da Asia central, no sur de Casaquistán, Kirguizistán, Taxiquistán e Xinjiang (provincia da China).

Os investigadores están traballando con esta especie, xa que é resistente a moitas enfermidades e pestes, para crear maceiras domésticas máis vigorosas.

Crese que houbo outras que contribuíron ao xenoma das maceiras domésticas, como Malus baccata e Malus sylvestris, pero non existen evidencias disto en antigas maceiras cultivadas. Estas e outras especies de Malus estanse utilizando en programas de cultivo para desenvolver árbores susceptíbeis de crecer en climas desfavorábeis para Malus domestica, principalmente para incrementar a tolerancia ao frío.

É unha árbore de mediano tamaño (12 m de altura), caducifolio, de copa redondeada, aberta e numerosas ramas que se dispoñen case en horizontal. Posúe follas ovaladas, suavemente dentadas nos bordos e de forte cor verde con pubescencia no envés. Ao esmagalas despiden un agradábel recendo.

As bonitas flores (tamén aromáticas) teñen unha corola con 5 pétalos brancos, arredondados, frecuentemente veteados de vermello ou rosa e son penduculadas. Xorden agrupadas en acios de entre tres e seis unidades das pólas novas laterais formando corimbos. Son hermafroditas, con cáliz de cinco sépalos e numerosos estames amarelos. A maciñeira florece na primavera antes da aparición anual das súas follas. O froito que se desenvolve a partir deste pedúnculo floral que se volve carnoso é a mazá. De pel verde amarela ou vermella, é suave e brillante. A súa polpa é auguenta e doce e contén sementes. A mazá acostuma madurar contra o outono. A mazá da maceira brava diferénciase por unha cor verde amarelada na súa pel e de sabor agre.

Mosca

Mosca é o nome común dun extenso grupo de especies de insectos pertencentes á orde dos dípteros (Diptera). Foron clasificadas unhas 120.000 especies de moscas, e algúns científicos estiman que hai un millón de especies vivas hoxe en día. Así pois, unha de cada dez especies animais recoñecidas pola ciencia é unha mosca, e existen máis especies distintas de moscas que de vertebrados.

As moscas posúen un corpo con cabeza, tórax e abdome; o primeiro par de ás están completamente formadas e o segundo par está transformado nuns apéndices chamados hapterios que lle serven para o equilibro no voo; ollos compostos por centos de facetas sensibles á luz individualmente, e pezas bucais adaptadas para succionar, lamber ou perforar. Ningunha mosca é quen de morder ou mastigar, pero moitas especies pican e succionan sangue. O seu ciclo de vida é holometábolo, isto é, que pasa por varias fases morfolóxicas, que no caso da mosca son catro: o ovo, a larva, a ninfa, e o adulto. Algunhas especies completan este ciclo nuns poucos días e outras nun ou dous meses.

As moscas forman parte de case todos os ecosistemas, en todos os hábitats terrestres. As consecuencias da súa presenza para a sociedade humana son de importancia porque xunto cos mosquitos, e só despois do propio ser humano e os microorganismos patóxenos, as moscas son os seres vivos que causan máis dano e morte na especie humana. Son axentes de transmisión dunha gran cantidade de enfermidades, incluíndo cólera, dengue, disentería, febre amarela, malaria, salmonelose e febre tifoide; e causan perdas significativas na produción de froitas e outros vexetais.

As moscas son tamén organismos moi importantes na reciclaxe dos refugallos de orixe animal e vexetal, un proceso esencial para a permanencia da vida na terra. Son tamén necesarias como alimento de paxaros, ras e outros réptiles, morcegos, arañas, e insectos varios. Moitas moscas participan tamén na polinización das plantas.

Pato

Pato ou parrulo é o nome común para varios tipos de aves da familia dos anátidos. Son na súa maioría aves acuáticas de auga doce e salgada, nadadoras ou mergulladoras, que se somerxen total ou parcialmente para conseguir o alimento, e que presenta cores moi variadas que adoitan seren máis vistosas nos machos e xeralmente apencadas nas femias.Son menores en tamaño que os seus parentes os cisnes e os gansos.

Os patos aliméntanse dunha variedade grande de fontes alimenticias, como herbas, grans, plantas acuáticas, peixes, insectos etc.

Os patos domésticos son criados pola súa carne, ovos e as súas plumas.

Os machos de especies do hemisferio norte teñen coloridas plumaxes que mudan en verán, o que lles outorga unha aparencia máis feminina nesa época. En moitas especies, os machos adultos pasan épocas sen voaren porque buscan protexer o seu hábitat, para o que teñen suficiente alimento de reserva. Normalmente, posteriormente á muda da pluma, hai unha migración.

Salgueiro

Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.

Sobreira

A sobreira (Quercus suber L.) é unha árbore da familia do carballo e a aciñeira (as fagáceas, antes cupulíferas, integrada por 450 especies e con case tódolos seus xéneros boreais), espontánea e cultivada no sur de Europa e norte de África e a partir da cal é o único medio de onde se pode extraer a cortiza. Recibe en galego diferentes nomes comúns, entre os máis difundidos están corticeiro e corticeira.

Teixo

O teixo (Taxus baccata L.) é unha árbore conífera do xénero Taxus, que correntemente acada entre 12 a 15 metros de altura, da familia das taxáceas. Moi lonxevo, de medra lenta, posúe unha madeira que se presta ben para entalladura. Ten partes tóxicas: o latín taxus vén do grego taxon, que significa 'frecha envelenada'. É unha especie moi escasa e ameazada no territorio galego.

Ulex

Para ver a especie máis común en Galicia ver o artigo toxo arnal

Toxo é o nome común que reciben as especies do xénero Ulex; un xénero de arredor de 20 especies de arbustos perennes da familia Fabaceae, nativos da Europa occidental atlántica e do norte África, coa maioría das especies na península Ibérica, e concretamente en Galicia.

A especie máis espallada é o toxo arnal (Ulex europaeus), que medra en sitios asollados, e solos areentos, acadando unha altura de até 2-3 metros. As flores, chamadas chorimas ou choridas, teñen un forte recendo a coco. Considérase a flor nacional de Galicia. A semente recibe o nome de nabía de toxo.

En lugares coma América do Norte, América do Sur, Nova Zelandia e Australia introduciuse coma planta ornamental. Nalgunhas zonas naturalizouse polo que se considera especie invasora.

Ácido tetratriacontanoico

O ácido tetratriacontanoico, tamén chamado ácido géddico ou ácido ghéddico, é un ácido graxo de cadea liñal saturado de 34 átomos de carbono, coa fórmula molecular C34H68O2, qu que simboliza como C34:0.

O ácido tetratriacontanoico a temperatura ambiente moderada é sólido e funde a 98,4 °C. É soluble en cloroformo, en acetona quente e en benceno quente. O seu nome común de ácido géddico ou ghéddico provén da chamada cera ghedda, segregada por diversas especies de abellas melíferas asiáticas como Apis dorsata e Apis cerana. Tamén se atopa nalgunhas plantas como nas raíces de Macaranga denticulata.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.