Nogueira de Ramuín

Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).

Coordenadas: 42°25′11″N 07°45′11″O / 42.41972, -7.75306

Nogueira de Ramuín
Escudo de Nogueira de Ramuín
Nogueira de Ramuín, Casa Consistorial
Casa do Concello.
Situacion Nogueira de Ramuín
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación2.011 hab. (2018)
Área98,3 km²
Densidade20,46 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloLuíntra
Política (2019[2])
AlcaldeCésar Parente Pérez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Nogueira de Ramuín
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes77,31%
Na rede
http://www.nogueiraderamuin.gal/

Demografía

Censo total 2.033 (2017)
Menores de 15 anos 132 (6.49 %)
Entre 15 e 64 anos 1.134 (55.78 %)
Maiores de 65 anos 767 (37.73 %)
Evolución da poboación de Nogueira de Ramuín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.881 8.275 8.201 3.514 2.561 2.435 2.381 2.336 2.271 2.198 2.124 2.075 2.033 2.011
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.

Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).

Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).

Historia

Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.

Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.

Patrimonio

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Nogueira de Ramuín.
Vista desde o Parador Santo Estevo, Luíntra, Nogueira de Ramuín

Vista de Luíntra desde o mosteiro de Santo Estevo.

San Estevode Ribas do Sil - Claustro

Claustro de Santo Estevo de Ribas do Sil

Santo Estevo de Ribas de Sil. Presa

Encoro de Santo Estevo

Lugares de Nogueira de Ramuín

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Nogueira de Ramuín vexa: Lugares de Nogueira de Ramuín.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Nogueira de Ramuín". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Outros artigos

A Carballeira, Nogueira de Ramuín

San Xosé da Carballeira é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 142 habitantes (67 homes e 75 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano 2000.

Armariz, Nogueira de Ramuín

San Cristovo de Armariz é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 204 habitantes (101 homes e 103 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 15 habitantes en relación ao ano 2000.

Cerreda, Nogueira de Ramuín

Santiago de Cerreda é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 219 habitantes (109 homes e 110 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 64 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Eleccións municipais en Nogueira de Ramuín

Corporacións democráticas en Nogueira de Ramuín desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xosé Luís Baltar Pumar — UCD

1983 Alcalde: Xosé Luís Baltar Pumar — CG

1987 Alcalde: Xosé Luís Baltar Pumar — AP

1991 Alcalde: Xosé Luís Baltar Pumar — Centristas de Galicia

1995 Alcalde: José Eugenio Galindo González — PPdeG

1999 Alcalde: José Eugenio Galindo González — PPdeG

2003 Alcalde: Julio Carlos Temes Pereira — PPdeGModelo:Nogueira de Ramuín 2003

2007 Alcalde: Julio Carlos Temes Pereira — PPdeGModelo:Nogueira de Ramuín 2007

2011 Alcalde: José César Parente Pérez — PPdeG

2015 Alcalde: José César Parente Pérez — PPCandidaturas: José César Parente Pérez (PP), Antonia Álvarez Veiga (PSdeG-PSOE) e María del Carmen Armesto Soto (BNG).

Faramontaos, Nogueira de Ramuín

Santa María de Faramontaos é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 203 habitantes (100 homes e 103 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 19 habitantes en relación ao ano 2000.

Loña do Monte, Nogueira de Ramuín

San Salvador de Loña do Monte é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 134 habitantes (65 homes e 69 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Gomariz (en Loña do Monte, Esgos), forma a parroquia eclesiástica de Loña do Monte.

Lugares de Nogueira de Ramuín

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Nogueira de Ramuín

Moura, Nogueira de Ramuín

San Xoán de Moura é unha das parroquias do concello ourensán de Nogueira de Ramuín. No ano 2007 tiña 200 habitantes.

Nogueira de Ramuín, Nogueira de Ramuín

San Martiño de Nogueira de Ramuín é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 88 habitantes (48 homes e 40 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Os Peares

Os Peares é un núcleo de poboación galego repartido entre catro parroquias de catro concellos pertencentes a dúas provincias. Oficialmente, con este nome existen unha parroquia do concello ourensán da Peroxa e o único lugar desta parroquia. Por extensión úsase este topónimo para referirse ao núcleo de poboación que forman a parroquia e lugar anteriormente mencionados, máis os lugares do Coitelo no tamén ourensán concello de Nogueira de Ramuín, A Granxa no concello lugués de Carballedo e O Torrón no tamén concello lugués de Pantón. En 2015, segundo datos do IGE, tiña 155 habitantes, dos cales 78 eran homes e 77 mulleres. Os lugares máis poboados son Os Peares con 68 habitantes e A Granxa con 61, pola contra o lugar do Torrón é o menos poboado con 5 habitantes.

SD Nogueira de Ramuín

A Sociedade Deportiva Nogueira de Ramuín é un club de fútbol galego do concello de Nogueira de Ramuín. Compite no Grupo 4 da Primeira Autonómica de Galicia e o seu terreo de xogo é o Campo de fútbol A Tella.

Foi fundado no ano 1983.

San Miguel do Campo, Nogueira de Ramuín

San Miguel do Campo é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 273 habitantes (135 homes e 138 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 17 habitantes en relación ao ano 2000.

Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín

Santa Cruz de Rubiacós é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 93 habitantes (35 homes e 58 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 16 habitantes en relación ao ano 2000.

Santo Estevo de Ribas de Sil, Nogueira de Ramuín

Santo Estevo de Ribas do Sil é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 107 habitantes (55 homes e 52 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano 2000.

Vilar de Cerreda, Nogueira de Ramuín

Santa Baia de Vilar de Cerreda é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 237 habitantes (109 homes e 128 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.

Viñoás, Nogueira de Ramuín

Santa María de Viñoás é unha parroquia do concello ourensán de Nogueira de Ramuín na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 165 habitantes (85 homes e 80 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 7 habitantes en relación ao ano 2000.

Xosé Fernández Ferreiro

Xosé Fernández Ferreiro, nado en Espartedo (Santa Cruz de Rubiacós, Nogueira de Ramuín) o 29 de xaneiro de 1931 e finado na Coruña o 16 de decembro de 2015, foi un escritor galego.

Xosé Luís Baltar

Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é un político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.