Nocelo da Pena, Sarreaus

San Lourenzo de Nocelo da Pena é unha parroquia pertencente ao concello de Sarreaus. En 2017 tiña 172 habitantes, 10 menos ca en 2013 (90 homes e 92 mulleres) e 45 menos ca en 2007 (104 homes e 113 mulleres).

Coordenadas: 42°03′42″N 07°34′36″O / 42.06167, -7.57667

Nocelo da Pena
ConcelloSarreaus
Poboación172 hab. (2017)
Entidades de poboación1

Patrimonio

A igrexa parroquial é de estilo románico, dedicada a San Lourenzo.

Festas

As festas son o 10 de agosto.

Lugares e parroquias

Parroquias de Sarreaus

Véxase tamén

Outros artigos

Castro da Cidá

O nome de Castro da Cidá pode referirse a varios poboados castrexos:

Castro da Cidá ou da Cibdá, no monte do Viso, preto de Nocelo da Pena (Sarreaus), habitado polos límicos;

Castro do Monte da Cidá, en Carreira (Ribeira);

Galaicos

Galaico é un termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί, que designaba un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego.

Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.

Hidacio

Hidacio coñecido en Portugal como Idácio de Chaves e tamén Hidácio ou Hidacio da Limia, nado no ano 390 e finado no 469, foi un cronista, eclesiástico e dirixente da Gallaecia do turbulento século V.

Idade de Bronce en Galicia

Os primeiros metais e a cerámica campaniforme chegaron a Galiza procedentes de Portugal hai uns 4 000 anos, durante o Calcolítico ou Idade do Cobre.

Na Idade de Bronce (1800-700 a.C.), a metalurxia comezou a evidenciar cambios tanto na forma coma na técnica coa aparición do bronce. A base económica foi a agricultura e a gandería e mailo aproveitamento dos recursos mariños; aínda que a metalurxia do bronce debeu xogar un importante papel, mesmo no crecemento dos intercambios destes bens coa Europa atlántica e co Mediterráneo peninsular.

Son numerosas as pezas de ourivaría que conservamos: pulseiras, diademas, brazaletes,etc., o que evidencia a xerarquización desta sociedade. Pola súa cantidade e calidade destaca o tesouro de Caldas de Reis (Caldas de Reis), hoxe no Museo Provincial de Pontevedra, así como o casco de Leiro (Leiro, Rianxo), no Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón, na Coruña.

A importancia da guerra para esta sociedade vén marcada polo numeroso armamento metálico atopado: puñais, machadas, punta de lanza ou espadas. Os lugares nos que apareceron os restos de maior importancia son Leiro, O Hío (Cangas) e Roufeiro (Nocelo da Pena, Sarreaus).

Da Idade de Bronce consérvase unha gran cantidade de gravados en penedos ao aire libre, denominados petróglifos. Aparece a finais desta época a Cultura castrexa.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.