Nobreza

A nobreza constitúe un grupo social exclusivo comunmente de carácter hereditario cun status privilexiado recoñecido pola autoridade. Na Europa preindustrial era un dos tres estamentos medievais e do Antigo Réxime, xunto co clero e o terceiro estado e como estamento privilexiado da sociedade baseaba eses privilexios nunha suposta superioridade moral ou racial.

No estado feudal, nobre era que posuía un feudo, e que estaba unido aos seus servos por relacións de vasalaxe, mas na Idade Moderna os reis adxudicaron numerosos títulos sen terras ou dominios asociados. O instauración da nobreza supuxo a imposición nas sociedades romanizadas da antiga división social indoeuropea longo tempo desaparecida, mas que se conservou polos pobos xermánicos. Esta división estruturaba a sociedade en tres grupos hereditarios de guerreiros, sacerdotes e traballadores. Tanto a sociedade romana como moitas das anteriores sobre as que se impuxo a súa cultura xa perderan esta estruturación e deran lugar a certa mobilidade social.

Aisin-Gioro Pǔjié and Lady Hiro Saga 1937 wedding photo
Unión nupcial entre un nobre chinés e unha nobre xaponesa.

Tipos de nobreza

  • Nobreza Inmemorial, nobreza inexistente en España, refírese a aquelas grandes familias cuxos orixes remontar á queda do Imperio Romano. Estas Familias son, por exemplo, as ramas descendentes dos duques de Vasconia e dos duques de Septimania. É dicir, a casa de Béarn, de Bigorre, de Cominges, de Carcassonne, de Beziers, de Foix, de Tolosa, de Rouergue, de Turenne, de Limoges... Esta nobreza nin se outorga nin se pode acceder a ela. É a nobreza real, xa que o resto dos tipos de nobreza refírese a non nobres feitos nobres por concesión dun soberano.
  • Nobreza de privilexio que é a que concedía o monarca de cada nación ou Estado como recompensa de servizos prestados ao Estado ou accións gloriosas, podendo ser persoal ou transmisíbel.
    • Persoal cando se concede unicamente a un suxeito para que dela goce mentres viva e desaparece co seu falecemento.
    • Transmisíbel cando a tenencia é para a persoa a quen se outorga e para os seus descendentes de forma que pasa a todos os graos en liña recta (normalmente por vía masculina).
  • Nobreza de sangue , nobreza herdada dos maiores e é a que vén por liñaxe que se herda daqueles a quen se concedeu por privilexio.
Rougé w
Duque de Rougé de Caylus

Outro criterio é o que distingue:

  • Alta nobreza, os grandes de España ou pares de Francia e os títulos (duque, marqueses, condes)
  • Baixa nobreza, que en España está representada polos fidalgos, escudeiros, infanzóns etc. que unicamente gozaban da súa condición privilexiada, pero non tiñan por que ter rendas para soster un modo de vida compatible con tal condición.

A condición de señor dun señorío ou feudo, dependendo do tamaño ou riqueza deste, normalmente daba os recursos necesarios para manter unha forma de vida compatíbel coa nobreza: é dicir, o non traballar. O grao de cabaleiro, que normalmente coincidía coa pertenza a unha Orde Militar ou Orde de Cabalería, podía proporcionar rendas suficientes ou non (había cabaleiros de mogollón, aos que había que manter na sede da orde). Outras situacións polas que un nobre podía adquirir rendas que lle permitisen acceder á alta nobreza eran a posición na Corte -nobreza cortesá-, ou na guerra, aínda que a función militar da nobreza, moi importante na Idade Media, perdeuse na Idade Moderna co exército profesional ou mercenario.

Títulos nobiliarios

Absolutismo

O absolutismo é unha forma de goberno na que o poder reside nunha única persoa, xeralmente un monarca, á que deben obedecer tódalas demais e sen que ningunha lei constitucional limite o seu poder. Abrangueu os séculos XVI, XVII, e XVIII, cando a influencia política da nobreza declinou. A teoría do dereito divino do poder real ou do absolutismo teolóxico naceu en Francia no último cuarto do século XVI e no ambiente das guerras de relixión. As catro características esenciais da autoridade real eran a de ser sagrada, paternal, absoluta e racional.

Afonso Mendez de Besteiros

Afonso Mendez de Besteiros foi un trobador portugués, natural de Santa Maria de Besteiros e pertencente á pequena nobreza.

Estivo activo entre 1250 e 1275 e foi autor de 14 textos: nove cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, unha cantiga de escarnio e dúas sátiras políticas.

Afonso Sanchez

Afonso Sanchez, nado en Cerva (Vila Real) o 24 de maio de 1289 e finado en Escalona (provincia de Toledo) o 2 de novembro de 1329, foi un infante e trobador portugués, fillo bastardo do rei don Dinís.

Airas Peres Vuitoron

Airas Peres Vuitoron foi un trobador da nobreza portuguesa que estivo activo entre 1245-1275. Foi un fiel partidario de Sancho II de Portugal na loita contra o seu irmán Afonso III de Portugal. Tras o triunfo de Afonso III tivo que exiliarse en Castela. É autor de 13 textos: 8 cantigas de escarnio e 5 sátiras políticas.

Cabaleiro

O termo cabaleiro designa unha posición social no sistema feudal da Idade Media, caracterizado por servir militarmente montado a cabalo. Orixinouse na época carolinxia e foi evolucionando conforme aumentaba o seu poder.

Co desenvolvemento das cruzadas, o cabaleiro deixou de ser simplemente o combatente a cabalo para se transformar no representante por excelencia da nobreza, ao que se lle atribuían ideais relixiosos e virtudes como a lealdade ao señor e a defensa dos débiles. Os novos cabaleiros tiñan que ser armados segundo uns ritos determinados pero previamente teñen que aprender o oficio actuando de escudeiro e demostrando que tiñan as cualidades físicas necesarias para o exercicio das armas e as virtudes cristiáns así como valor, sabedoría, siso, lealdade, misericordia, castidade e humildade; non é pois un título que se puidera herdar aínda que para ser cabaleiro era preciso ter nobreza de sangue, agás casos excepcionais.

Na Península Ibérica o proceso que seguía un escudeiro antes de ser armado cabaleiro consistía en confesar e comungar, pasar o día anterior en xaxún, logo durante a misa debía ofrecerse ao presbítero e á orde de cabalería e logo do sermón o príncipe ou señor que armaba ao novo cabaleiro cínguelle a espada, bícao e dálle un golpe no lombo. O novo cabaleiro montaba no cabalo coas armas que lle son propias: a espada símbolo da xustiza e a lanza símbolo da rectitude.

Casa do concello

A casa do concello é unha construción da arquitectura civil destinada a sede da administración local. Este edificio alberga a alcaldía, as dependencias e servizos municipais, e nel celébranse periodicamente os plenos do concello.

Coroa de Castela

A Coroa de Castela foi unha entidade histórica da Península Ibérica que desde o 1230 comprendía un conxunto de reinos asociados dinasticamente baixo a figura dun común monarca, que tiñan o seu centro de decisión no reino de Castela. A súa orixe remóntase ao ano 1230, cando Fernando III o Santo, rei de Castela e de Toledo desde 1217, usurpou o goberno dos reinos de Galicia e León ás súas medias-irmás e previsibles futuras raíñas Sancha e Aldonza..

Estevan Reimondo

Estevan Reimondo foi un trobador portugués, que estivo activo a finais do século XIII e principios do XIV. Representante da nobreza do norte de Portugal, é autor de 2 cantigas de amigo.

Historias de Galicia

Historias de Galicia é unha serie divulgativa da TVG, con 32 capítulos de media hora de duración, que trata sobre feitos económicos, políticos, sociais e culturais de Galiza desde as súas orixes até a actualidade. Comezou a emitirse o 25 de febreiro de 2007.

En cada capítulo pártese de escenarios da Galiza actual e nárrase a evolución de fenómenos históricos e culturais variados, como poden ser a evolución da agricultura, a pesca, a lingua, a casa, o poder relixioso, as guerras, a nobreza, a fidalguía, a emigración, o papel da muller etc.

Infante

Infante é un título de nobreza, situado por debaixo do de príncipe. Este título recíbeno todos os fillos lexítimos do rei ou a raíña de Portugal e España (e doutras monarquías peninsulares como Aragón, León ou Navarra), que non son herdeiros da coroa. O feminino de infante é infanta.

Irmandiños

Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira por parte da “Irmandade Fusquenlla” (1431), e a segunda denominada “Gran Guerra Irmandiña” (1467-1469).

As primeiras irmandades formáronse contra o bispo Diego Xelmírez[Cómpre referencia], contra quen se levantaron varias veces os burgueses e parte do clero de Compostela (1116 e 1140).

Johan Perez de Aboim

Johan Perez de Aboim, nado en Aboim da Nóbrega (Vila Verde) contra 1228 e finado contra 1287, foi un trobador portugués, activo na corte de Afonso III de Portugal.

Representante da pequena nobreza portuguesa, é autor de 11 textos: 7 cantigas de amor, 1 pastorela e 3 tenzóns (dúas con Johan Soarez Coelho e unha con Lourenço).

Luís XIV de Francia

Luís XIV de Borbón (en francés Louis XIV), nado en Saint-Germain-en-Laye o 5 de setembro de 1638 e finado en Versalles o 1 de setembro de 1715, foi rei de Francia e de Navarra dende o 14 de maio de 1643 até a súa morte con case 77 anos de idade e 72 de reinado. Cando era menor de idade, unha revolta da nobreza francesa e do Parlamento de París puxo en perigo o seu trono. Aínda que a revolta foi sufocada polo 1º ministro o cardeal Mazarino, cando Luís XIV accedeu ao trono decidiu reforzar a autoridade monárquica.

Coñecido como o Rei Sol (le Roi Soleil) ou Luís o Grande (Louis le Grand), foi o primoxénito e sucesor de Luís XIII e de Ana de Austria (filla do rei Filipe III de España). Luís XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatendo en tres grandes guerras: a guerra de Holanda, a guerra dos Nove Anos e a guerra de Sucesión española.

Baixo o seu mandato, Francia non só conseguiu o poder político e militar, senón tamén o dominio cultural con personaxes coma Molière, Racine, Boileau, La Fontaine, Lully, Rigaud, Le Brun e Le Nôtre. Estes logros culturais contribuíron ao prestixio de Francia, do seu pobo, da súa lingua e do seu rei. Luís XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, até o punto de que o seu reinado é considerado o prototipo da monarquía absoluta na Europa. A frase "L'État, c'est moi" ("O estado son eu") atribúeselle frecuentemente, aínda que é considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica (se se fai caso ás datas, Luís tería cinco anos cando o dixo), sendo máis probable que a devandita frase fose forxada polos seus inimigos políticos para resaltaren unha visión estereotipada do absolutismo político que Luís representaba. En contraposición a esa cita apócrifa, Luís XIV dixo antes de morrer a causa das queimaduras do Sol, algo moi común na súa época: "Je m'en vais, mais l'État demeurera toujours." ("Marcho, mais o Estado sempre permanecerá").

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Revolución Francesa

A Revolución Francesa de 1789 xurdiu a consecuencia das ideas da Ilustración e en contra do Antigo Réxime e o poder do clero e da nobreza no Reino de Francia. A Revolución Americana serviría de exemplo aos ideais de liberdade e igualdade.

A revolución dá inicio á era moderna na Francia. Acabou co feudalismo en Francia e proclama os principios de "Liberdade, Igualdade e Fraternidade" (Liberté, Egalité, Fraternité). Acabou tamén cos privilexios da nobreza e de castas e comezaron a imperar os ideais igualitarios.

Roi Gomez de Briteiros

Roi Gomez de Briteiros foi un trobador portugués que estivo activo entre 1210 e 1250. Membro da pequena nobreza portuguesa, é pai de Men Rodrigues e avó de Johan Mendiz. É autor de dúas cantigas de escarnio.

Vicerrei

O título de vicerrei corresponde ao máis alto representante do rei nun estado, ou nunha colonia, do que é titular o monarca. Este estado ou colonia denomínase vicerreinado.A vicerraíña é unha muller que exerce esta función, caso raro, porque dita función comprende tamén a comandancia militar do territorio, ou a esposa dun vicerrei.A alusión etimolóxica ao rei fai que o vicerrei estea considerado como máis importante que un gobernador xeral, inclso nos casos en que sexa sinónimo deste rango administrativo.

Nuns poucos casos, nalgunhas coroas, o título (e a función, a menos que o título non estea directamente ligado a ela) resérvase a membros da familia real.

Vándalos

Os vándalos foron un pobo de Europa central, un dos pobos indoeuropeos da familia xermánica que habitaban as rexións ribeiregas do Báltico (na zona das actuais Alemaña e Polonia). Os lugiones ou vándalos ocupaban o territorio ao oeste do Vístula e xunto ao Oder, ata o norte de Bohemia. A palabra vándalo parece ter un dobre significado e querería dicir «os que cambian» e «os hábiles», mentres que o seu outro nome, lugii ou lugiones, tamén con dobre significado, querería dicir «mentireiros» e «confederados». Parece ser que ao principio as tribos dos vandulii (ou vandali) e a dos lugii (ou lugiones), xunto coas dos silingos, omanos, buros, varinos (seguramente chamados tamén auarinos), didunos, helvecones, arios ou charinos, manimios (talvez denominación variante de omanos), elisios e naharvales correspondían a pequenos grupos de orixe similar (aínda que non está claro que todas as citadas fosen do mesma orixe), integrando outra rama do grupo dos hermiones (unha rama do cal eran os suevos e tribos afíns), formándose despois un gran grupo identificado xeralmente como lugiones, cuxo nome predominaba para designar a todos os pobos compoñentes, incluídos os vándalos. Máis tarde (século II) acabou prevalecendo o nome de vándalos para o conxunto de pobos. Tamén pobos celtas, como os osen ou osos e os cotinos, entraron na agrupación dos lugiones.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.