Noal, Porto do Son

San Vicente de Noal é unha parroquia situada ao norte do concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Limita ó nordeste coa parroquia de Nebra, ó sur coa de Baroña, ó leste co concello de Boiro, e ó oeste a parroquia está bañada pola ría de Muros e Noia. Nesta parroquia atópase a capital do concello. Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 2.457 habitantes (1.233 homes e 1.224 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación.

Coordenadas: 42°43′38″N 08°59′46″O / 42.72722, -8.99611

Noal
Noal, Porto do Son
Igrexa parroquial
ConcelloPorto do Son
Poboación2.457 hab. (2018)
Entidades de poboación22

Xeografía

A orografía é chá ó norte do centro urbano da capital do concello, aínda que ó sur e ó leste (ó oeste está o mar), o terreo está basicamente ocupado polo monte, que é sobre todo de piñeiro e eucalipto. Exemplos de montes da parroquia de Noal son A Tarela e Dordo, entre outros.

A costa da parroquia é moi accidentada, cunha gran cantidade de praias rochosas e con acantilados, como o da Atalaia, onde está a capela do Carme, ou o que está sobre a cova de Fonforrón. Tamén hai longas praias de area fina, como a de Fonforrón, do Cruceiro e Cabeiro.

Patrimonio

A igrexa parroquial, de estilo neoclásico, foi construída entre 1775 e 1790. Reedificada sobre un templo medieval románico, ten planta de cruz latina, cunha nave principal e dúas transversais de diferente ancho. Os muros alternan a cachotería e a cantería, sendo esta última empregada para a fachada principal e para o contorno dos panos. Tanto a nave principal como as transversais rematan nunha bóveda de canón na parte superior.

O cruceiro leva catro arcos de medio punto para dar acceso ás capelas laterais e ao presbiterio. A decoración limítase á fachada principal, onde destaca o campanario sobre peana cadrada, formada por dous corpos estilizados con ornato aínda de procedencia barroca, con remate nunha cupuliña con pináculo. O resto da fachada leva un arco de medio punto sobre semicolumnas para conformar o pórtico da entrada, lixeiramente atrasado, e unha fornela coa imaxe do patrón, ademais dunha ventá sobre a porta e dúas pilastras nas estremas da fachada con remate en pináculo.

No interior hai labras heráldicas dos Patiño, Caamaño e dos Lamas, ademais dunha imaxinería coa figura de San Vicente do Altar Maior realizada por Xosé Ferreiro.

Capela da Atalaia, Noal, Porto do Son
Capela da Atalaia.

A capela da Nosa Señora da Misericordia, máis coñecida como capela da Atalaia, construíuse inicialmente no século XV, mantendo aínda elementos góticos, se ben foi reformada a finais do século XVIII e ampliada a finais do XIX coa construción da nave principal entre o presbiterio e a porta e das torres das campás e a sancristía na parte posterior.

Está formada por unha soa nave rectangular, cuberta por bóveda de canón apoiada en muros de carga de cantería. Aos pés da nave leva o coro ao que se accede por unha escaleira de pedra no interior do muro esquerdo.

A capela maior é de planta cadrada co piso a maior altura có do corpo central e con bóveda de cruzaría. Ten unha capela no lateral esquerdo dende a que se accede á sancristía. O retablo da capela maior é de cinco vanos e leva á Nosa Señora da Misericordia no central, acompañada de San Domingos, San Pedro, San Francisco e San Roque.

Capela de Loreto, Noal, Porto do Son
Capela de Loreto.
Noal, Loreto 01-05
Cruceiro da capela de Santa María de Loreto.

A capela da Nosa Señora de Loreto data do século XIX. É unha pequena ermida de planta rectangular cunha soa nave coa capela na cabeceira de menor ancho e proporcións cadradas, cunha sancristía no lateral dereito do presbiterio, con acceso desde o exterior. Os muros son de cantería, e neles ábrense dúas pequenas fiestras na nave principal e unha no presbiterio, ademais dunha entrada lateral a carón da sancristía. No interior ten un coro de madeira con escaleira de acceso apegada ao muro.

O exterior carece de ornamentación e a fachada principal componse dunha porta rectangular cunha pequena fiestra por riba. A fachada está enmarcada por dúas molduras laterais a modo de pilastras que rematan en senllos pináculos. Conta cunha cornixa a dúas augas, interrompida no cumio pola plataforma da espadana, con dúas arcadas de medio punto rematadas en pináculos.

Diante da ermida hai un cruceiro de capeliña. A imaxe da Virxe do Loreto, dentro desa capeliña, dá nome a este tipo de cruceiros (cruceiros de loreto).

Noal na literatura popular

  • Miña nai non me casedes/ nese portiño do Son,/ que están os demos metidos/ nas covas de Fonforrón [1].

Lugares e parroquias

Parroquias de Porto do Son

Notas

  1. Fonforrón é unha praia da parroquia de Noal, en Porto do Son. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 216. No orixinal: cobas.

Véxase tamén

Outros artigos

A Becha, Noal, Porto do Son

A Becha é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

A Tarela, Noal, Porto do Son

O Curro é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

Agrelo, Noal, Porto do Son

Agrelo é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 49 habitantes (28 homes e 21 mulleres).

As Laxelas, Noal, Porto do Son

As Laxelas é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

As Laxes, Noal, Porto do Son

As Laxes é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 24 habitantes (16 homes e 8 mulleres).

As Pitas, Noal, Porto do Son

As Pitas é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

Bornas, Noal, Porto do Son

Bornas é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

Cabanela, Noal, Porto do Son

Cabanela é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 104 habitantes (53 homes e 51 mulleres).

Cabeiro, Noal, Porto do Son

Cabeiro é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

Castelo, Noal, Porto do Son

Castelo é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 28 habitantes (18 homes e 10 mulleres).

Laranga, Noal, Porto do Son

Laranga é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2011) ten 39 habitantes (24 homes e 15 mulleres).

Moreiras, Noal, Porto do Son

Moreiras é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

O Catadoiro, Noal, Porto do Son

O Catadoiro é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 8 habitantes (3 homes e 5 mulleres).

O Outeiro, Noal, Porto do Son

O Outeiro é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 43 habitantes (19 homes e 24 mulleres).

O Tendedeiro, Noal, Porto do Son

O Tendedeiro é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

Pena Abelleira, Noal, Porto do Son

Pena Abelleira é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

Suigrexas, Noal, Porto do Son

Suigrexas é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

Torón, Noal, Porto do Son

Torón é un lugar da parroquia de Xuño no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 3 habitantes (1 home e 2 mulleres).

Xío, Noal, Porto do Son

Xío é un lugar da parroquia de Noal no concello coruñés de Porto do Son, na comarca de Noia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.