No bico un cantar

No bico un cantar, subtitulado Letras e melodías gravadas no noso corazón, é un programa da Televisión de Galicia sobre cancións populares galegas, feito por un equipo de profesionais que xa traballaran xuntos no programa Alalá, dirixido por Senén Bernárdez Ferrán. O título está tirado da cantiga "A Rosalía", que Manuel Curros Enríquez lle adicara a Rosalía de Castro.[1]

Rosalía e Curros, unha das imaxes do programa. Rosalía e Curros, unha das imaxes do programa.
Rosalía e Curros, unha das imaxes do programa.

Descrición

Para a análise de letras e músicas contouse coa colaboración de, entre outros, Marica Campo, Helena Villar Janeiro, Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Abe Rábade e Xosé López Calo.

Capítulos

Título Data de
emisión
Vídeo
"A Rianxeira" 01/01/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Andrés Do Barro" 08/01/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Negra sombra" 15/01/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Galicia, terra meiga" (Ana Kiro) 22/01/2013   High-contrast-camera-video.svg
"A Carolina" 29/01/2013   High-contrast-camera-video.svg
"A Santiago voy" 05/02/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Quen poidera namorala" 19/02/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Anduriña" 26/02/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Unha noite na eira do trigo" 05/03/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Un canto a Galicia" (Julio Iglesias) 12/03/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Pousa, pousa" 19/03/2013   High-contrast-camera-video.svg
"O carro" 26/03/2013   High-contrast-camera-video.svg
"O rodaballo" 23/08/2013   High-contrast-camera-video.svg
"A Charanga" (Juan Pardo) 30/08/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Fisterra" 06/09/2013   High-contrast-camera-video.svg
"Himno galego" 18/01/2014   High-contrast-camera-video.svg
"O gato" 25/01/2014   High-contrast-camera-video.svg
"Lela" 01/02/2014   High-contrast-camera-video.svg
"Catro vellos mariñeiros" 08/02/2014   High-contrast-camera-video.svg
"Adiós ríos, adiós fontes" 15/02/2014   High-contrast-camera-video.svg
"Miña terra galega" 22/02/2014   High-contrast-camera-video.svg
"Lévame, lévame" 01/03/2015   High-contrast-camera-video.svg
"Xirarei" 08/03/2014   High-contrast-camera-video.svg
"Galicia caníbal" (Fai un sol de carallo) 15/03/2014   High-contrast-camera-video.svg
"Cantigas de Camariñas" 22/03/2014   High-contrast-camera-video.svg
Himnos de fútbol 29/03/2014   High-contrast-camera-video.svg

Recoñecementos

Tivo unha mención especial das televisións públicas rexionais europeas asociadas na CIRCOM.[2]

Notas

  1. Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o Seu Tempo CCG e USC.
  2. «“No Bico un Cantar” da TVG consegue a mención especial...» Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. Clúster Audiovisual Galego, 24/4/2015.
Apaga a luz

Apaga a luz foi unha serie da TVG, emitida en 1999. Estaba dirixida por Carlos Alleres e Miguel Piñeiro.

Entre os seus actores estaban Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Santi Prego.

Arestora

Arestora foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Fidel Fernán que se emitiu entre 1988 e 1990, consistía en actuacións musicais, entrevistas, reportaxes, un concurso presentado por María Xosé Rodríguez e un espazo de humor a cargo de Farruco.

Aula 2001

Aula 2001 foi un programa da Televisión de Galicia dedicado ao mundo universitario que se emitiu na tempada 1986-1987 presentados por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela.

Chunda Chunda

Chunda Chunda foi unha serie documental de oito capítulos que emitiu a TVG no ano 2000. Dirixiuna Jorge Coira e presentouna Luís Tosar, a serie seguía a dúas orquestras de verbena en xira por toda Galicia no verán de 1999.

Con perdón

Con perdón foi un programa de humor da TVG que se emitiu en 1997. Dirixido por Manolo Bello, realízaronse 26 capítulos e os seus presentadores eran Marma Campos, Alberto Comesaña e Xoán Pérez.

Contrafío

Contrafío foi un programa de debates da Televisión de Galicia que se emitiu na tempada 1987-1988 nun primeiro momento dirixido e presentado por Amelia García e logo asumiu a función de dirección Xosé María Palmeiro.

Costeira galega

Costeira galega foi un programa divulgativo e informativo sobre o mundo do mar e dos mariñeiros emitido na Televisión de Galicia na tempada 1985-1986 presentado por Queca Merino.

Costeira galega emitíase os luns ás 20:00 horas cunha duración de 55 minutos. En xuño de 1986 o programa reduce a súa duración ata os 30 minutos e muda de nome a Mar.

DeZine

DeZine foi un programa sobre cine que emitiu a TVG desde 1998 ata 2005 presentado pola actriz Uxía Blanco e dirixido por Pilar Comesaña e Eduardo Galán Blanco. Recibiu o Premio AGAPI 1998 ó mellor programa de televisión e o Premio Mestre Mateo 2002 ó mellor programa de televisión.

Espacio aberto

Espacio aberto[sic] foi un programa cultural da Televisión de Galicia dedicado á divulgación de espectáculos, tanto galegos como foráneos, que se desenvolvían no territorio galego. Estaba dirixido e presentado por Pemón Bouzas que percorría a xeografía galega nunha unidade móbil para realizar as reportaxes, xeralmente tres por programa.

Extramuros

Para a colección literaria de Edicións Xerais de Galicia véxase: Colección Extramuros.Extramuros foi un programa cultural da Televisión de Galicia que se emitiu en 1988 dirixido e presentado por Luis Álvarez Pousa dedicado ás novas correntes artísticas e de pensamento en Galicia e no mundo.

Galegos (programa de televisión)

Galegos foi un programa da Televisión de Galicia dunha hora de duración presentado por Xosé Antonio Silva que comezou a emitirse o 4 de setembro de 1985. O programa consistía nunha longa entrevista a un personaxe coñecido da sociedade galega.

O protagonista do primeiro programa foi Valentín Paz-Andrade.

Galicia de noite

Galicia de noite foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xerardo Rodríguez que se emitiu no ano 1986, consistía en actuacións musicais e entrevistas e faladoiros de actualidade, estaba inspirado noutro programa de radio de igual nome que tamén presentaba Xerardo Rodríguez en Radio Popular de Vigo.

Lúa Nova

Lúa Nova foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía en actuacións musicais, entrevistas, espectáculos de humor e circenses.

O campo de atrás

O campo de atrás foi un programa infantil que emitiu a TVG en 1988. Dirixido por Manuel Pombal, contou coa participación, entre outros, dos actores Avelino González como o boneco Bogo, a xa falecida Marisa Soto, Xosé Lois, Serxio Pazos, Gonzalo Uriarte e Xosé Manoel Conde como o "Profesor Lampantín". Foron guionistas do programa Xosé Manoel Conde, Cándido Pazó, Avelino González, Manoel Pombal e Paco Barreiro.

O mellor

O mellor foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Manuel Rivas que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía nun concurso de enxeño e humor, no que os concursantes subían a un ring de boxeo para competir en ser o mellor humorista, en cada programa tamén contaban chistes recoñecidos humoristas e afeccionados, como varios presentadores da propia TVG no primeiro programa.

Ruada

Ruada foi un programa da Televisión de Galicia presentado por Xosé Luís Blanco Campaña que se emitiu na tempada 1985-1986. Emitíase os mércores e venres pola noite. Ruada consistía en actuacións de músicos, bandas e grupos de baile tradicionais galegos e entrevistas a personaxes populares e do eido da cultura.

Sabor a ti

Sabor a ti foi un programa de variedades da Televisión de Galicia.

Superamigos

Superamigos foi un programa infantil emitido TVG en 1989-1990.

Xente nosa

Xente nosa foi un programa dedicado a entrevistas de profundidade da Televisión de Galicia que se emitiu en 1987 e 1988, dirixido e presentado por Xosé María Palmeiro na primeira tempada e por Antonio Vallejo na segunda. Entre os persoeiros que pasaron polo programa estiveron Francisco Vázquez Vázquez, Antonio María Rouco Varela, María Xesús Sáinz, Antón Reixa, Carlos Pajares, Luísa Castro, Luís Carballo, Rosalía Dans, Chano Piñeiro ou Moncho Borrajo.

Programación da Televisión de Galicia
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Produción allea

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.