Nivel medio do mar

Nivel medio do mar (por veces abreviado como nivel do mar) é a altitude media da superficie do mar medida en relación a unha superficie terrestre de referencia. O nivel medio do mar é á súa vez utilizado como punto de referencia a partir do cal se miden as altitudes dos accidentes topográficos e se marcan as curvas de nivel e as altitudes nos mapas e cartas mariñas. Un concepto relacionado é o de cero hidrográfico, en xeral utilizado en hidrografía costeira e na medición de profundidades de portos e barras. Na maior parte dos casos faise coincidir o cero hidrográfico co nivel medio do mar ou ten con el unha relación simple e constante.

Gravity anomalies on Earth
Variación do nivel medio do mar en función do campo gravitatorio da Terra (imaxe da GRACE - Gravity Recovery And Climate Experiment – da NASA).

Definición do nivel de referencia

Aínda que pareza unha cuestión de resolución simple, a determinación da superficie de referencia a partir da cal determinar o nivel medio do mar ofrece unha gran complexidade: por un lado o nivel do mar non é de todo constante, variando constantemente en función da ondulación, das mareas, da presión atmosférica, temperatura das augas do mar e de múltiples outros factores cíclicos que sobre el actúan con períodos que varían entre segundos e varios anos.

Máis alá dos factores de natureza cíclica e dependentes de circunstancias astronómicas ou meteorolóxicas, o nivel do mar está aínda suxeito aos efectos das variación impostas pola eustasia, o que fai a determinación do seu nivel medio moi complexa.

Por outro lado, á complexidade imposta polas flutuacións do nivel do mar hai que xuntar as que resultan impostas pola necesidade de obter un referencial fixo en relación ao cal realizar as medicións. De facto, gran parte das costas e fondos dos mares están suxeitos a lentas subidas ou descensos impostos pola isostasia e polo desprazamento das placas tectónicas. Ademais da dificultade de determinar o nivel, queda aínda a necesidade de encontrar un punto fixo de referencia adecuado (o datum) a partir do cal efectuar as medicións e expresar os resultados.

Medición do nivel medio do mar

A medición do nivel medio do mar foi tradicionalmente feita con base nas lecturas dos marégrafos, instrumentos que permiten medir a variación do nivel das augas nun determinado lugar. Eliminando dos datos recollidos as flutuacións debidas ás ondas, a factores meteorolóxicos e ás mareas e outros factores astronómicos, obtense unha lectura do nivel medio do mar durante determinado período de referencia ao datum utilizado.

As medicións así obtidas incorporan os efectos eustáticos e isostáticos, sendo en xeral escollidos como referencia para o datum ambientes xeolóxicos estábeis, isto é, onde as variacións isostáticas e outras que afecten a altitude do punto de referencia sexan nulos, illando así só os efectos eustáticos.

Esta dependencia en relación ao datum (referencial de altitude) e a necesidade de obter medicións sobre áreas extensas de océano onde non se dispón de referenciais adecuados, levou, por un lado, á utilización de medicións con base na reflexión de radiación electromagnética a partir dun satélite (altimetría por satélite), e por outro, á utilización de sistemas de posicionamento global (como o GPS) na medición. Estas medicións, por non dependeren dos movementos relativos da codia terrestre, polo menos directamente, e se poderen reportar a grandes áreas oceánicas, son máis seguras e permiten unha mellor avaliación do nivel medio do mar e da súa variación.

Extensión do concepto: a utilización dos xeoides

Por máis coidadosa que sexa a medición do nivel do mar a nivel local, o resultado obtido depende sempre das condicións específicas que o rodean, e non pode ser xeneralizado para toda unha rexión, e moito menos para todo un oceano. Por outro lado, a superficie do planeta non é absolutamente esférica, antes ben presenta, ademais do efecto do achatamento polar, múltiples irregularidades debidas á topografía. Mesmo a superficie dos océanos non é regular (mesmo se eliminamos os efectos das ondas, da presión atmosférica e das mareas) xa que diferenzas no campo gravitacional da Terra, causadas pola presenza de montes submarinos, diferenzas na densidade dos materiais da codia e do manto terrestre, a profundidade dos mares e a proximidade das costas, causan subidas e descensos (que poden ter amplitudes de algúns metros) na posición da superficie equipotencial do campo gravitacional terrestre correspondente ao nivel rexional do mar, que se traducen, en termos absolutos e cando se analizan en grandes escalas, en outeiros e vales permanentes na superficie das augas.

Para superar estas dificultades de xeneralización e crear unha superficie de referencia uniforme (un datum extensíbel a toda a Terra), creouse o concepto de xeoide, unha superficie ideal que correspondería ao nivel medio do mar nun planeta ideal, cun campo gravitacional uniforme, onde o único desvío en relación á esfericidade perfecta fose o achatamento polar. En ausencia de forzas externas, o nivel do mar coincidiría co xeoide, xa que en estado de repouso a superficie das augas seguiría en todos os puntos a mesma equipotencial do campo gravítico. A partir desta superficie imaxinaria pódense medir facilmente os desvíos para baixo e para arriba da superficie real dos mares, permitindo a creación de cartas representando, á escala global, o nivel medio dos mares (ou o seu nivel en calquera momento e a respectiva variación relativa e absoluta).

Cando se expresa en relación ao xeoide, a posición da superficie do mar, ou sexa o seu nivel, presenta diferenzas constantes da orde dos ± 2 m, ademais daquelas que se deben a variacións estéricas, isto é, de volume, debidas á temperatura, e aos efectos das correntes. Os modernos mapas da superficie dos océanos, elaborados a partir de medicións altimétricas feitas por satélite, son en xeral feitos tendo como referencia un xeoide, existindo diversos, calculados a partir de diferentes variábeis base.

Variación temporal e espacial do nivel do mar

Phanerozoic Sea Level
Variación do nivel do mar durante o eón Fanerozoico.
Post-Glacial Sea Level
Variación do nivel medio do mar durante o último período posglacial.
Recent Sea Level Rise
Variacións recentes do nivel medio do mar en 23 marégrafos localizados en ambientes xeolóxicos estábeis.

Como quen xa observou o mar pode de inmediato dicir, o nivel das augas muda constantemente en cada punto do mar, sendo tamén claras as diferenzas entre diferentes lugares (entre os extremos do canal do Panamá hai unha diferenza de 20 cm entre o nivel medio do Atlántico (máis baixo) e do Pacífico). Esas variacións poden ser agrupadas en dous tipos: variacións temporais e variacións espaciais.

Variación temporal

A variación temporal do nivel do mar segue un padrón complexo debido á interrelación dun conxunto vasto de efectos que poden ser incluídos nos seguintes grandes grupos:

  • Factores dependentes da eustasia, ou sexa do volume da auga existentes no océano global, incluíndose aquí:
    • Variación da masa de auga presente no océano por captura en masas de xeo ou súa fusión. Este efecto está ligado ás glaciacións, tendo períodos de recorrencia da orden das decenas ou mesmo centenas de millares de anos;
    • Efectos estéricos resultantes da variación do volume da auga debido a expansión e contracción térmica, con periodicidade anual en función das estacións do ano, mais cunha compoñente, moito máis importante e pouco coñecida, ligada á variación global da temperatura dos oceanos (que pode ser un factor determinante nas mudanzas climáticas globais;
  • Factores ligados á isostasia, en especial á glacioisostasia, facendo variar o nivel medio do mar e ao mesmo tempo alterando a posición dos fondos mariños e a elevación das costas;
  • Factores meteorolóxicos ligados ao estado local do tempo e á propagación da axitación marítima a media e longa distancia, especialmente:
    • A ondulación e o vento, contribúen á suba do nivel do mar, que en baías e golfos pode chegar a uns metros máis do nivel medio (ou á baixada cando os ventos sopran de terra). En augas relativamente confinadas, a existencia de seichas, isto é oscilacións periódicas de longo período na superficie da auga, pode inducir subidas periódicas adicionais de ± 1 m.
    • A presión atmosférica, causando unha subida (nas baixas presións) ou descida (nas altas presións) que corresponde ao equilibrio hidrostático da columna auga/atmosfera face ás zonas circundantes. Cando as diferenzas de presión son grandes entre puntos próximos (elevados gradientes), como acontece nos ciclóns tropicais, o efecto de presión pode significar ± 1,5 m;
  • Factores astronómicos, con relevo para:
    • A marea, facendo oscilar periodicamente o nivel das augas de acordo cun padrón controlado pola posición relativa do Sol e da Lúa e coas condicións de resonancia de cada bacía oceánica;
    • Efectos astronómicos de longo período resultantes das posicións relativas da Terra, do Sol e da Lúa, sobrepondo á maré oscilacións de período moi longo (dos meses ás centenas de millares de anos);
    • Variación da temperatura das augas do mar, afectando a eustasia de orixe estérica en función dos ciclos anuais e doutras flutuacións térmicas inducidas pelas flutuacións na radiación solar debidas a causas astronómicas;
  • As correntes mariñas, afectando as temperaturas e salinidades, e, através do efecto xeostrófico, aumentando localmente a altura das augas (por exemplo entre a Bermuda e a costa norte americana fronteira hai unha variación no nivel do mar de cerca de 1 m en boa parte debida á presenza da corrente do Golfo);
  • Variacións de salinidade, afectando a densidade das augas, en resultado da fusión de xeos, aumento ou redución da descarga de ríos e variacións na precipitación. Unha diminuición da densidade da auga corresponde a un aumento do seu nivel por forma a equilibrar as presións hidrostáticas coas rexións veciñas;
  • Variacións locais e rexionais do campo gravítico da Terra, que debido a pequenas variacións de curto período (en xeral ligadas ao ciclo hidrolóxico) provoca a subida e descida das augas en respostas ás anomalías gravimétricas.

A longo prazo estas variacións tenden a determinar un conxunto de padróns de mudanza do nivel medio do mar que, se excluirmos os efectos das glaciacións, tendería para un valor constante cando considerada a media sobre longos períodos. Tal non acontece debido ás enormes flutuacións impostas polos sucesivos períodos glaciais, os cales poden impor flutuacións do nivel do mar da orde da centena de metros. Estímase que o nivel do mar hai 18.000 anos, en pleno período glaciar, fose cerca de 130 m abaixo do actual debido ao efecto combinado do secuestro de auga polos glaciares e mantos de xeo e da diminuición da temperatura das augas (con consecuente contracción do seu volume - o efecto estérico).

Variación espacial

Para alén da variación temporal atrás apuntada, o nivel dos oceanos, mesmo descontando os efectos meteorolóxicos e das marés, non é constante en cada bacía oceánica ou mar, desviándose sensibelmente do xeoide de referencia. Un conxunto de efectos poden influír no aparecimento destas variacións, especialmente:

  • A existencia de anomalías gravimétricas causadas pela existencia de montes submarinos ou zonas de maior densidade na codea ou no manto subxacente, que poden atinxir varios miligal (0.001 Gal) ao longo de distancias curtas, provoca unha correspondente subida do nivel do mar por cada de desvío positivo, descendo na inversa proporción;
  • Presenza de augas de temperatura ou salinidade diferente, afectando de forma permanente a densidade das augas;
  • Existencia de correntes permanentes, coo correspondente efecto xeostrófico e as variacións de temperatura e salinidade asociadas;
  • Diferenzas gravimétricas locais provocadas pola proximidade da costa, montañas e plataforma continental.

En resultado desas variacións espaciais, a superficie dos mares, cando observada nunha escala suficientemente detallada, presenta altos e baixos permanentes, correspondentes ao equilibrio entre a masa de auga e a equipotencial do campo gravítico que lle marca a superficie.

A estes efectos hai que xuntar a elevación dos terreos costeiros. Existen diversas rexións onde as terras están abaixo do nivel medio do mar, particularmente en áreas endorreicas onde a evaporación excede a precipitación e a achega de auga polos ríos afluentes (como a bacía do mar Morto), ou onde os terreos foran conquistados ao mar através de diques e outras proteccións costeiras: grande parte da superficie dos Países Baixos está abaixo do nivel medio do mar e moitas áreas do Bangladesh e grande parte das illas coralinas dos oceanos tropicais están apenas algúns metros acima do nivel medio do mar, con todos os riscos de inundación que tal situación comporta.

Variación do nivel do mar e as mudanzas cimáticas globais

Un dos principais riscos asociados ao aquecimento global da Terra debido ás alteracións climáticas é a subida do nivel medio dos oceanos. Polas razóns atrás apontadas, en especial polo aumento eustático nivel do mar por mor da fusión dos glaciares e dos mantos de xeo da Antártida, asociados ao aumento do volume das augas por expansión térmica, o nivel do mar que ven subindo a un ritmo de 2 mm/ano, poderá acelerar substancialmente, pondo en risco diversas áreas costeiras. Un aumento de apenas 1 m no nivel do mar pode deixar submersas diversas illas do Pacífico e tornar inhabitábeis vastas áreas do Bangladesh.

Para alén do efecto directo da subida do nivel do mar, hai aínda a considerar o aumento do poder erosivo, en especial nos cordóns dunares e nas praias, e o impacto sobre as infra-estruturas portuarias e de defensa da costa contra inundacións.

Convención cartográfica

Na cartografía española que realizou o Exército de Terra de España considerouse que a altitude cero estaría nun punto na costa de Alacant no ano 1959 calculado estatisticamente. Segundo este cálculo, determináronse as coutas de altitude para tódolos vértices xeodésicos da rede cartográfica española e consignáronse nos fitos de primeira e segunda orde.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Cero hidrográfico
  • Mudanza climática
  • msnm

Ligazóns externas

Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona-El Prat

O Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona–El Prat (IATA: BCN, OACI: LEBL) é un aeroporto español da rede de AENA que dá servizo á cidade de Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo Aeroporto de Barajas (Madrid), co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo. Ademais é o oitavo aeroporto de Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.

Altitude

A altitude é a distancia vertical dun obxecto respecto dun punto de orixe dado, considerado como o nivel cero, para o que se adoita tomar o nivel absoluto do mar.

Na meteoroloxía a altitude é un factor de cambios da temperatura, provocando que diminúa a temperatura aproximadamente 1 °C cada 180 m.

En xeografía a altitude é a distancia vertical dun punto da terra respecto o nivel do mar.

En aviación, o termo altitude utilízase para describir a elevación sobre o nivel medio do mar, en contraste coa altura que se refere á elevación sobre un punto de referencia da superficie; e o nivel de voo que é a elevación respecto á presión estándar medida mediante un altímetro.

En Europa continental, case toda Iberoamérica e noutras partes do mundo a altitude mídese en metros. En Norteamérica e o Reino Unido mídese xeralmente en pés; pero ambos países acordaron ir cambiando eses sistemas de medición polo Sistema Internacional de Unidades (SI). En aviación, xeralmente utilízanse os pés como unidade para a navegación.

Cabo de Peñas

O cabo Peñas (en asturiano: Cabu Peñes) é o cabo máis setentrional do Principado de Asturias, e está situado no concello de Gozón. Está composto por roca cuarcita armoricana cunha marcada resistencia á abrasión.

Canle de Panamá

A canle de Panamá (en castelán: Canal de Panamá) é unha canle de navegación interoceánica de 77,1 quilómetros, localizada en Panamá, no punto máis estreito entre o mar Caribe e o océano Pacífico. Os cortes da canle a través do istmo de Panamá son un conduto clave para o comercio marítimo internacional. Hai esclusas en cada extremo para alzar barcos ata o lago Gatún, un lago artificial creado para reducir a cantidade de traballo de escavación necesaria para a canle, 26 metros sobre o nivel do mar. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos Atlántico e Pacífico, xa que antes os pasos naturais utilizados entre estes océanos eran o estreito de Magallanes e o cabo de Fornos, situados no extremo austral de Chile, este feito provocou melloras económicas e comerciais durante case todo o século XX.

Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os padróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboeiro que saia da costa oriental dos Estados Unidos en dirección ó Xapón pola canle de Panamá, aforra uns 4.800 km, en comparación coa alternativa máis curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae de Colombia en dirección a Europa, aforra unha distancia duns 9.000 km.

En 2012, Estados Unidos, China, Chile, Xapón e Corea do Sur foron os cinco principais usuarios da canle.

Condado de Võru

O Condado de Võru ou Võrumaa (estoniano Võru maakond ou Võrumaa), é un dos quince condados (maakond) de Estonia.

Epi, Vanuatu

Epi é unha illa volcánica do arquipélago de Vanuatu, as antigas Novas Hébridas, en Melanesia. Cuns 444 km² de superficie, é a oitava illa máis grande do arquipélago. Forma parte da provincia de Shefa.

Fuerteventura

Fuerteventura é unha illa do arquipélago canario, situada no Océano Atlántico a 97 km da costa noroeste de África. O 26 de maio de 2009 é declarada na súa totalidade reserva da biosfera pola UNESCO.

Pertence á provincia das Palmas, unha das dúas que compón Canarias, comunidade autónoma de España. A capital da illa é Puerto del Rosario (Puerto Cabras ata 1956), onde se atopa o Cabido Insular, que é o goberno da illa.

O nome indíxena da illa, antes da súa conquista no século XV, era Erbani coas súas dúas comarcas Jandía e Majorata ou Maxorata, de onde deriva o xentilicio majorero (orixinalmente maxo ou majo). Fuerteventura é a illa máis extensa da súa provincia, e a segunda de Canarias tras Tenerife.

Illa do Corvo

A illa do Corvo (en portugués, Ilha do Corvo) é a menor das illas do Arquipélago dos Azores, localizándose no Grupo Occidental, sobre a placa norteamericana, ao norte da Illa das Flores. Corresponde territorialmente ao municipio de Vila do Corvo, o único dos concellos da República Portuguesa que non ten freguesías, xa que, nos termos do artigo 136.º do Estatuto Político-Administrativo da Rexión Autónoma dos Azores, este nivel de división territorial non existe na illa. As funcións dos órganos da freguesía son asumidos polos correspondentes órganos municipais.

Mar Adriático

O mar Adriático é unha parte do mar Mediterráneo, un golfo moi alongado pechado ao norte. Baña ao norte e ao oeste as costas de Italia e o leste as da península balcánica. Ten unha superficie de 160.000 km², cunha profundidade máxima de 1.460 m e unha profundidade media de 240 m.

Os estados bañados polo mar Adriático son Italia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Albania e Grecia. O mar Adriático posúe diversos portos importantes, destacándose Venecia (Mestre) e Trieste, que foi por moito tempo a saída marítima do Imperio austrohúngaro para o mar Mediterráneo.

Marea

O termo marea refírese ao movemento periódico do nivel das augas dos mares e océanos, que soben e baixan alternadamente dúas veces por día, provocado pola interferencia da Lúa e do Sol sobre o campo gravitatorio da Terra. Nun senso xeral, marea pode definirse como os fenómenos experimentados nun corpo debido á perturbación do campo gravitatorio causado pola interferencia dun ou máis corpos externos.

Onda (mar)

As ondas do mar son ondas que se desprazan a través da superficie de mares, océanos, ríos, lagos, canles etc.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Río Mississippi

O río Mississippi (en inglés Mississippi River) é despois do Missouri (afluente deste) o segundo río máis longo dos Estados Unidos de América. Considerados xuntos, forman a maior conca hidrográfica da América do Norte. Discorre entre o norte de Minnesota e o golfo de México e o seu curso ten unha orientación meridiana. O Mississippi ten unha lonxitude de 3.770 km, e só un dos seus afluentes, o Missouri, é máis longo en América do Norte. A lonxitude acumulada destes dous cursos de auga excede os 6.800 km, e a superficie da súa conca hidrográfica fan do Mississippi un dos ríos máis importantes do mundo e do Mississippi-Missouri un dos sistemas fluviais máis longos do planeta. Durante a época precolombiana, o Mississippi xa constituía unha importante vía de navegación, e os amerindios chamábano «Meschacebé», que significa «pai das augas». Hoxe en día, o río constitúe un elemento fundamental da economía e da cultura estadounidense.

O 11 de setembro de 1997 o presidente Bill Clinton designou dúas seccións deste río, o Alto e Baixo Mississippi, como un dos catorce ríos que integran o sistema de ríos do patrimonio estadounidense.

Xeografía

A xeografía (provén do latín geographĭa e este dende o grego «γεωγραφία» xeografía 'descrición da terra', composto de "η γη" (hê gê) a Terra e "γραφειν" [graphein] describir, debuxar) é a ciencia que ten por obxectivo o estudo e a representación gráfica da superficie terrestre así como a distribución espacial de fenómenos significativos na paisaxe. Tamén estuda a relación recíproca entre a superficie terrestre e a Lúa e o Sol (xeografía matemática), e entre os humanos e o ambiente (xeografía humana). Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza. A natureza enténdese aquí como as forzas que xeraron ou contribúen a moldear o espazo xeográfico, é dicir, a dinámica e interaccións que existen entre a atmosfera, litosfera, hidrosfera e biosfera.

O primeiro autor en utilizar a palabra Xeografía foi Eratóstenes (276-194 a. C.) nunha obra hoxe en día perdida. Con todo, a fundación da xeografía atribúeselle ao tamén considerado pai da Historia, Heródoto (484-425 a. C.). Para os gregos é a descrición racional da Terra, e particularmente para Estrabón, é o estudo das distintas rexións humanas como base para a formación do político.

Existen catro tradicións históricas na investigación xeográfica, as cales son: a análise espacial de fenómenos naturais e humanos, os estudos do territorio (do lugar á rexión), o estudo da relación entre o home e a súa contorna, e a investigación das ciencias da Terra.A Xeografía moderna é unha disciplina cuxo obxectivo primordial é a explicación de toda unha serie de fenómenos naturais e sociais e non se refire só á localización deses fenómenos, senón que tamén estuda como son e como cambiaron para chegar a ser o que son. A Xeografía divídese en dúas ramas principais, a saber, xeografía física e xeografía humana.

A xeografía humana ocúpase do estudo das persoas e as súas comunidades, culturas, economía e interaccións co medio ambiente mediante o estudo das súas relacións co espazo e o lugar e a través del.

A xeografía física ocúpase do estudo de procesos e patróns na contorna natural como a atmosfera, a hidrosfera, a biosfera e a xeosfera.

Isto quere dicir que a xeografía é unha ciencia que se cuestiona simultáneamente polas pegadas deixadas polas sociedades (desenvolvemento dos espazos) ou a natureza (oroxénese das montañas, impacto do clima, etc.); así mesmo, a dinámica e organización espacial das sociedades e á súa vez as do medio físico (como o cambio climático ou o aumento do nivel medio do mar). É por iso que a Xeografía interésase nos fundamentos (físicos e humanos) así como nas dinámicas (demográficas, socio-económicas, culturais, climáticas, bioxeográficas, xeomorfolóxicas) que teñen lugar nas distintas rexións. Doutra banda esta disciplina comezou a integrar aos poucos diversos campos culturais, como a pintura paisaxista, a literatura descritiva e inclusive o cine.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.