Niterói

Niterói é unha cidade do estado brasileiro do Río de Xaneiro, situada a 5 km en liña recta da cidade do Río de Xaneiro, capital do estado, á cal está unida por unha ponte de 14 km de lonxitude. Cando a cidade de Río se converteu en municipio neutro e capital do Brasil independente, Niterói pasou a ser capital da entón Provincia do Río de Xaneiro, actualmente estado do Río de Xaneiro. En 1960 a capital do Brasil foi transferida a Brasilia e, 14 anos despois, en 1974, coa fusión entre o estado do Río de Xaneiro e o estado da Guanabara (formado pola cidade do Río de Xaneiro), Niterói perdeu o status de capital.

Niterói bay and contemporary musem
Vista parcial do Museu de Arte Contemporánea e da cidade de Niterói.

Posúe como actividades económicas o comercio e os servizos, a industria (destacando a industria naval) e en menor escala o turismo. Nela sitúase o Museo de Arte Contemporánea, proxecto do arquitecto Oscar Niemeyer, con vistas á baía de Guanabara.

Niterói
Flag of Niterói Brasão de Niterói, RJ
Estado Río de Xaneiro
Superficie 130 km²
Poboación
Densidade
476 669 (2006)
3 684 hab/km²
Altitude 5 msnm
Distancia de Río de Xaneiro 5 km (por mar)
14 km (Ponte Rio-Niterói])
Código Postal (CEP) 24000-000
Situación xeográfica 22° 53' 00" S
43° 06' 13" W
Goberno local Prefeitura Municipal de Niterói - Rua Visconde de Sepetiba, 987 - Centro
Internet Sitio oficial
Prefecto Godofredo Pinto
Mapa de localización
RiodeJaneiro Municip Niteroi

Véxase tamén

Ligazóns externas

4 de marzo

O 4 de marzo é o 63º día do ano do calendario gregoriano e o 64º nos anos bisestos. Quedan (302) días para finalizar o ano.

Antón Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, ou Antonio Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e Cronista Xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. A súa figura foi recoñecida en vida co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba, o Premio Otero Pedrayo, o Premio das Artes e das Letras de Galicia e o Premio San Martiño de normalización lingüística. O 7 de xullo de 2018 a Real Academia Galega, decidiu, en sesión plenaria, que Fraguas sería o escritor homenaxeado o Día das Letras Galegas do ano 2019, coincidindo co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Arquidiocese católica latina do Río de Xaneiro

A arquidiocese do Río de Xaneiro é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina no Brasil. En 2010 tiña 3 737 000 bautizados sobre unha poboación total de 6 158 000 habitantes. Actualmente o seu ordinario é Orani João Tempesta.

Arquieparquía católica ucraína de Curitiba

A arquieparquía de San Xoán Bautista de Curitiba dos ucraínos (en latín: Archieparchia Sancti Ioannis Baptistae Curitibensis Ucrainorum) é unha sé metropolitana da Igrexa católica bizantina ucraína no Brasil. En 2014 tiña 85.000 fieis bautizados.

Baía de Guanabara

A baía de Guanabara é unha baía do Océano Atlántico localizada na costa brasileira, con 412 km² de superficie. Considerada a máis importante do país, no seu interior atópase o porto da cidade do Río de Xaneiro. Non é a máis grande do país, senón a segunda, despois da Baía de Todos Os Santos, no estado de Baía.

A baía orixinouse por unha depresión tectónica ocorrida durante o cenozoico entre dous conxuntos de bloques de falla da serra dos Órgãos e pequenos macizos costeiros.

A súa área é de aproximadamente 412 km² e esténdese entre as puntas de Copacabana e Itaipu, en Niterói. A súa costa sofre un estreitamento entre a punta de São João no Río de Xaneiro e a punta de Fortaleza en Niterói, cunha largura de 1,6 km.

No medio desta estreita pasaxe atópase unha zona rochosa que foi utilizada durante moitos anos como forte auxiliar para a defensa da baía.

A súa profundidade media é duns 3 m, alcanzando os 8,3 m á altura da Ponte Río-Niterói e de 17 m na canle de entrada ao porto. No seu interior hai un total de 130 illas e illotes. A máis grande destas illas é a Ilha do Governador (Illa do Gobernador), onde foi construído o aeroporto internacional da cidade de Río de Xaneiro, chamado Aeroporto Internacional Tom Jobim e tamén Aeroporto Internacional do Galeão.

Foi encontrada pola primeira vez polos portugueses Gaspar de Lemos e Gonçalo Coelho o día 1 de xaneiro de 1502. Segundo algúns historiadores o nome dado polo equipo de exploradores á rexión foi Ría (co mesmo significado en galego) de Xaneiro, que co tempo mudouse para Río de Xaneiro e pasou a designar a rexión. Despois a baía recibiu o nome de Guanabara, modificación das palabras en lingua tupí goanã (baía) e pará ou mbará (mar).

A baía de Guanabara é a máis contaminada de Brasil, sendo o binomio urbanización/industrialización o principal causante desta polución, agravada pola falta ata o ano 1990 dunha política de saneamento e recuperación ambiental.

Diocese católica latina de Sobral

A diocese de Sobral é unha sede da Igrexa Católica Latina sufragánea da arquidiocese de Fortaleza pertencente á rexión eclesiástica Nordeste 1 do Brasil. Comprende a cidade de Sobral, constituíuse o 10 de novembro de 1915. O seu bispo dende 2010 é Odelir José Magri.Segundo datos de 2004 a diocese conta con 731.554 bautizados sobre unha poboación total de 863.713, o 84.7% da poboación. Comprende 26 parroquias e ten 54 sacerdotes e 125 relixiosos.

Emílio Garrastazu Médici

Emílio Garrastazu Médici, nado en Bagé o 4 de decembro de 1905 e finado no Río de Xaneiro o 9 de outubro de 1985, foi un militar brasileiro, presidente do Brasil entre 1969 e 1974.

Estado do Río de Xaneiro

O Estado do Río de Xaneiro, localizado na Rexión Sueste do Brasil ten como capital a cidade do Río de Xaneiro. Ten como límites o estado de São Paulo ao suroeste, o Océano Atlántico ao sur e leste, o Espírito Santo ao norte e nordeste e Minas Xerais ao oeste e noroeste.

Gérson

Gérson de Oliveira Nunes, coñecido simplemente como Gérson, nado o 11 de xaneiro de 1941 en Niterói, é un futbolista brasileiro. Xogaba como mediocampista. O seu alcume era "O Canhotinha de Ouro". Está considerado coma un dos mellores pasadores da historia do fútbol brasileiro.

Murilo Benício

Murilo Benício Ribeiro, nado en Niterói o 13 de xullo de 1972, é un actor brasileiro.

Museo de Arte Contemporánea de Niterói

O Museo de Arte Contemporánea de Niterói (en portugués: Museu de Arte Contemporânea de Niterói) ou MAC, é un museo localizado na cidade de Niterói, en Río de Xaneiro, no Brasil. Foi deseñado polo arquitecto brasileiro Oscar Niemeyer coa axuda do enxeñeiro estructural Bruno Contarini, sendo unha das últimas obras realizadas polo arquitecto.

Posúe unha colección de 1.217 obras procedentes da Coleção João Sattamini, un conxunto reunido dende a década de 1950 por este coleccionista. Conta tamén cun pequeno conxunto de 369 obras da Coleção MAC Niterói, formado a partir de doazóns de artistas que realizaron exposicións no museo.

Narf

Francisco Xavier Pérez Vázquez, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, máis coñecido como Narf, nos inicios –como integrante da banda Os Quinindiolas e máis de Nicho Varullo, na compañía teatral Chévere e posteriormente en Psicofónica de Conxo– coñecido unicamente como Fran Pérez, foi un cantante e compositor galego recoñecido pola forte personalidade e orixinalidade da súa obra, que procurou incorporar ás estruturas do rock distintas influencias sonoras. Sobresaíu como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais. Colaborou con moitos outros artistas e levou a súa música arredor do mundo, amosou o seu compromiso coa cultura galega e sentiu asemade unha fonda afinidade pola música africana.

Natália Lage

Natália Lage Vianna Soares, nada en Niterói o 30 de outubro de 1978, é unha actriz brasileira.

Oscar Niemeyer

Oscar Niemeyer Ribeiro Soares Filho, nado en Río de Xaneiro o 15 de decembro de 1907 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 2012, foi un arquitecto brasileiro considerado un dos nomes máis influentes na Arquitectura Moderna internacional.

Pão de Açúcar

O Pão de Açúcar é un complexo de montículos localizado no barrio de Urca, na cidade do Río de Xaneiro, no Brasil. Está composto por tres montículos; o Pão de Açúcar (que dá nome ao complexo), o Morro da Urca e o Morro da Babilônia. Xunto coa estatua do Cristo Redentor, é unha das imaxes máis recoñecidas da cidade do Río de Xaneiro e do Brasil. Polas súas características únicas, á beira da baía de Guanabara, constitúe unha referencia turística internacional para a cidade.

Revista Galega de Filoloxía

A Revista Galega de Filoloxía (RGF) é unha publicación científica galega dedicada á investigación filolóxica e, en especial, aos estudos lingüísticos no ámbito galego e portugués.

Río de Xaneiro

Para o estado homónimo véxase: Estado do Río de Xaneiro.O Río de Xaneiro, (en portugués: Rio de Janeiro), ás veces coñecida simplemente como Río e fundada como São Sebastião do Rio de Janeiro, é a capital do estado do Río de Xaneiro, a segunda cidade máis grande do Brasil e a terceira área metropolitana de América do Sur, con aproximadamente 6,5 millóns de habitantes (2017) na súa área municipal e 12,3 millóns na área metropolitana, converténdoa na sexta cidade de América e a vixésimo sexta do mundo. É o principal destino turístico internacional no Brasil, de América Latina e de todo o hemisferio sur. A capital fluminense é a cidade brasileira máis coñecida no exterior, funcionando como un "espello", ou "retrato" nacional, ora positiva ora negativamente. Parte da cidade está considerada como lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO dende o 1 de xullo de 2012 na categoría de paisaxes culturais coa denominación Río de Xaneiro: paisaxes cariocas entre a montaña e o mar. O himno da cidade leva por nome Cidade Maravilhosa e os seus habitantes chámanse cariocas (tamén son fluminenses, aínda que este xentilicio é máis amplo e refírese aos habitantes do Estado do Río de Xaneiro).

Fundada en 1565 polos portugueses, a cidade foi inicialmente a sede da Capitanía do Río de Xaneiro, unhas das distintas capitanías do Imperio. Máis tarde, en 1793, converteuse na capital do Estado do Brasil, un dos múltiplos territorios coloniais portugueses. Uns anos máis tarde, en 1808, cando a casa real portuguesa se trasladou ao Brasil, Río converteuse na sede da corte de María I que, posteriormente en 1815, baixo o a dirección do seu fillo o Principe rexente e futuro Rei Xoán VI, elevou o Brasil á categoría de Reino dentro do Reino Unido de Portugal, Brasil e o Algarve. Así, Río converteuse na capital da pluricontinental monarquía portuguesa até 1822, cando comezou a guerra da Independencia brasileira. Despois serviría como capital do independizado Imperio do Brasil até 1889, e posteriormente capital republicana até 1960, cando a sede do goberno foi trasladada para a entón recentemente construída Brasilia.

É un dos principais centros económicos, culturais e financeiros do país, sendo internacionalmente coñecida por diversas iconas culturais e paisaxísticas, coma o Pão de Açúcar, o cerro do Corcovado coa estatua do Cristo Redentor, as praias dos barrios de Copacabana, Ipanema e Barra da Tijuca (entre outras), o Estádio do Maracanã, o Estádio Nilton Santos, o barrio bohemio da Lapa e seus arcos, o Teatro Municipal do Rio de Janeiro, os bosques da Tijuca e da Pedra Branca, a Quinta da Boa Vista, a Biblioteca Nacional, a ilha de Paquetá, o Aninovo de Copacabana, o carnaval carioca, a Bossa nova e a samba.

Representa o segundo maior PIB do país (e o trixésimo maior do mundo), e é sede das dúas maiores empresas brasileiras - a Petrobras e a Vale, e das principais compañías de petróleo e telefonía do Brasil, alén do maior conglomerado de empresas de medios de comunicación de América Latina, o Grupo Globo. É a sede de gran número de universidades e institutos, é o segundo maior polo de investigación e desenvolvemento do Brasil, responsábel do 19% da produción científica nacional, segundo datos de 2005. Destaca para a Universidade Federal do Rio de Janeiro que publicou 5.952 artigos entre 1998 e 2002. Río de Xaneiro está considerada unha cidade global beta polo inventario de 2008 Globalization and World Cities Research Network (GaWC) da Universidade de Loughborough.

A súa rexión metropolitana (Grande Río) concentra moitas industrias químicas e de metalurxia. Está a 430 km da cidade de São Paulo, a máis grande do país, a cal é ligada pola estrada Rodovia Presidente Dutra. Ten dous importantes aeroportos: o Aeroporto Internacional Tom Jobim, moi utilizado para voos internacionais e domésticos, e o segundo en movemento do país; e máis o Aeroporto Santos Dumont, próximo ó centro da cidade, que é usado só por voos cara a São Paulo, Belo Horizonte e Brasilia.

Ángel Sobral

Ángel García Sobral, coñecido como Ángel Sobral ou O León de Xeve, nado en Xeve (Pontevedra) en 1908 e falecido o 2 de agosto de 1986 na Piolla (tamén Pontevedra), foi un boxeador galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.