Nigrán

Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 17.715 habitantes (8.684 homes e 9.031 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nigranés.

Coordenadas: 42°8′30″N 8°48′24″O / 42.14167, -8.80667

Nigrán
Bandeira de Nigrán
---
Escudo de Nigrán
Casa do Concello de Nigrán, parte vella
Casa do concello.
Situacion Nigrán
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación17.723 hab. (2018)
Área34,8 km²
Densidade509,28 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloVilameán
Política (2019[2])
AlcaldeJuan Antonio González Pérez (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 13
Eleccións municipais en Nigrán
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes23,27%
Na rede
www.nigran.org

Xeografía

Ten unha superficie de 34,8 km², e abrangue sete parroquias. Está situado no Val Miñor, e limita ao norte con Vigo, ao sueste con Gondomar, ao suroeste con Baiona e ao oeste co océano Atlántico. É un concello costeiro, contando con areais como praia América ou praia de Patos e penínsulas como Monteferro.

Demografía

Censo total 2014 17.715 habitantes
Menores de 15 anos 2.526 (14.26 %)
Entre 15 e 64 anos 11.825 (66.75 %)
Maiores de 65 anos 3.364 (18.99 %)
Evolución da poboación de Nigrán   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.180 6.974 7.968 12.336 16.894 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

Toponimia

As atestacións documentais máis antigas deste topónimo son serodias, do século XIII, e nelas aparece coma nome dunha freguesía pertencente ao arciprestado e xurisdición de Miñor, diocese de Tui.

Segundo o estudo realizado polo catedrático da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza, o topónimo Nigrán vén do termo latino "niger" (negro en galego) máis a terminación patronímica -án.[5]

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

O concello de Nigrán conta con sete pazos:

Economía

Nigrán foi tradicionalmente un municipio adicado á pesca de baixura, pero actualmente débese máis ao turismo.

Deporte

O Nigrán Club de Fútbol, formado no ano 2000, xoga no grupo sur da 1ª Preferente.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Nigrán.
Templo votivo mar panxon

Templo Votivo do Mar de Panxón.

Panxón, Nigrán. Galiza

Praia América ou de Area Loura, Panxón.

Nigran church

Capela das Angustias de Nigrán.

Lugares de Nigrán

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de vexa: Lugares de Nigrán.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Nigrán". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Navaza, Gonzalo. Homenaxe á profesora Camiño Noia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
AG-57

A autoestrada do Val Miñor, denominada oficialmente AG-57, é unha autoestrada de peaxe que vai desde a autovía urbana de Vigo (VG-20) até a estrada PO-552, no lugar de Rocamar (Baredo). Conta cuns 22,6 km, se ben orixinalmente estaban proxectados 25. Ten un ramal a Nigrán denominado AG-57N, duns 3,3 km.

A Ramallosa, Nigrán

San Pedro da Ramallosa é unha parroquia do concello de Nigrán. Segundo o IGE en 2013 tiña 4 817 habitantes (2 380 homes e 2 437 mulleres), distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4 129 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello, e está situada no sur do municipio.

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Camos, Nigrán

Santa Baia de Camos é unha parroquia rural que se localiza no concello de Nigrán. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.435 habitantes (700 homes e 735 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.354 habitantes.

No lugar do Carballal desta parroquia naceu e morreu Carmela Figueiró, a galega máis lonxeva da historia.

Chandebrito, Nigrán

San Xosé de Chandebrito é unha das sete parroquias do concello pontevedrés de Nigrán. Segundo o IGE, no 2015 tiña 495 habitantes (249 mulleres e 246 homes), distribuídos en catro entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 503 habitantes. É a menos poboada do concello e a segunda menos poboada das vinte e dúas do Val Miñor por detrás de Couso (Gondomar).

É rural e interior, e limita coas parroquias de Camos, Vincios (Gondomar), Coruxo e Valadares (Vigo).

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia

Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras.

Gondomar

Gondomar é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca histórica do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). Dende o ano 1992 está administrativamente ligada á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo , á comarca de Vigo e integra a Área Metropolitana de Vigo. Segundo o IGE, en 2018 tiña 14 236 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é gondomarés

ou gondomarense.

Illas Estelas

Non confundir coa Ilhas Estelas, do arquipélago portugués das Berlengas.As Illas Estelas, ou As Estelas, son un arquipélago pontevedrés situado fronte á península de Monteferro, Panxón, en Nigrán. O arquipélago é pequeno pero ten uns fondos mariños ben conservados e é un punto de parada de aves con interese de conservación polo que foi declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez

Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez, nado na parroquia compostelá de Sar o 5 de febreiro de 1862 e finado en Nigrán o 14 de agosto de 1918, foi un mestre galego, membro numerario da Real Academia da Lingua.

Nigrán, Nigrán

San Fiz de Nigrán é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Nigrán. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 3.879 habitantes (1.895 homes e 1.984 mulleres), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.987 habitantes.

Nigrán Club de Fútbol

O Nigrán Club de Fútbol é un club galego de fútbol de Nigrán. Xoga no grupo V da Primeira Autonómica.

O Monte Lourido, A Ramallosa, Nigrán

A península de Monte Lourido atópase na parroquia de San Pedro da Ramallosa, no concello de pontevedrés de Nigrán.

Panxón, Nigrán

San Xoán de Panxón é unha parroquia do concello de Nigrán, pertencente á comarca do Val Miñor. Panxón é unha parroquia de tradición mariñeira, cun porto propio dependente da Xunta de Galicia. Segundo o IGE en 2011 tiña 3.901 habitantes (1.946 homes e 1.955 mulleres).

Parada, Nigrán

Santiago de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Nigrán. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.172 habitantes (567 homes e 605 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.050 habitantes.

Praia América

Praia América é un lugar da parroquia de San Pedro, no concello de Nigrán, e tamén é o nome común que recibe a Praia de Area Loura, praia situada diante deste barrio. O nome orixinal da praia era Praia de Area Loura (nome que lle vén pola cor das súas areas), pero por mor de que a primeira "urbanización" do lugar, foi feita por indianos retornados da América, foi este último (Praia América), o nome que acadou máis popularidade.

Cunha extensión total de 1.700 metros, limita coa praia de Panxón (da que está separada polo río Muíños), río que tamén fai de estrema entre os lugares de Vilameán (Capital do concello de Nigrán) e Area (barrio que linda co de Praia América), das parroquias de Nigrán (San Fiz) e San Pedro respectivamente.

Segundo o IGE, no 2015 tiña 195 habitantes (107 homes e 88 mulleres).

Priegue, Nigrán

San Mamede de Priegue é unha parroquia que se localiza no concello de Nigrán. Segundo o IGE de 2013 tiña 2.227 habitantes (1.146 mulleres e 1.081 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.997 habitantes.

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Val Miñor

O Val Miñor é unha bisbarra natural, formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar. Conforman unha mancomunidade que presta diversos servizos, como a piscina ou os bombeiros.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.