Nicolas Poussin

Nicolas Poussin, pintor francés, principal autor clásico do período barroco, traballou case exclusivamente en Roma. Naceu en Les Andelys, Normandía, Francia, o 15 de xuño do 1594 e morreu en Roma o 19 de novembro de 1665.

Poussin pintou un lenzo que foi famoso na súa época. A pintura retrata un túmulo cunha lápida enorme, onde se le " Et in Arcadia Ego". Este túmulo, anos despois da súa morte, foi encontrado nos arredores do castelo de Rennes.

The shepherds of arcadia

Os pastores de Arcadia.

Colonna - san Lorenzo in Lucina - tomba di Poussin 01014

Tumba de Nicolas Poussin en Roma, homenaxe de Chateaubriand.

The plague of ashdod 1630

"A peste" no museo do Louvre

Nicolas Poussin
Nicolas Poussin 079
Nicolas Poussin
Nacementoxuño de 1594 e 15 de xuño de 1594
 Les Andelys
Falecemento19 de novembro de 1665
 Roma
SoterradoSan Lorenzo in Lucina
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpintor
Movementobarroco
Coñecido/a porEt in Arcadia ego, The Inspiration of the Poet, Landscape during a Thunderstorm with Pyramus and Thisbe, As Quatro Estações (Poussin), Seven Sacraments e The Victory of Joshua over the Amorites
Poussin autograph
Nicolas Poussin 078
Auto-retrat0 (1650) no Museo do Louvre
15 de xuño

O 15 de xuño é o 166º día do ano do calendario gregoriano e o 167º nos anos bisestos. Quedan 199 días para finalizar o ano.

Apolo e Dafne (homónimos)

Hai numerosas obras de arte que fan referencia ao mito de Apolo e Dafne.

Década de 1640

A década de 1640 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1640 e remata o 31 de decembro de 1649.

Edgar Degas

Edgar Hilaire Germain de Gas ou Edgar Degas (París, 19 de xullo de 1834 — París, 27 de setembro de 1917) foi un pintor e escultor francés coñecido pola súas pinturas, de carácter impresionista, é igualmente lembrado polos seus traballos en gravado. Moitos dos seus traballos consérvanse na actualidade no Museo de Orsay, na cidade de París, onde o artista naceu e faleceu.

Filipe IV de España

Filipe IV de España, tamén coñecido como Filipe IV de Habsburgo, nado en Valladolid o 8 de abril de 1605 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665, denominado O Grande ou O Rei Planeta, foi rei de España desde o 31 de marzo de 1621 até o seu falecemento; así mesmo foi rei de Portugal, como Filipe III até o 1 de decembro de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da casa dos Austria e o terceiro da historia española, sendo superado só por Filipe V e Afonso XIII, aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo rexencia.

Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como Luis Méndez de Haro, sobriño de Olivares, e o duque de Medina das Torres.

Os exitosos primeiros anos do seu reinado auguraron a restauración da preeminencia universal dos Habsburgo, pero a guerra constante da Europa protestante e a católica Francia contra España conduciron ao declive e ruína da Monarquía Hispánica, que tivo de ceder a hexemonía en Europa á puxante Francia de Luís XIV, así como recoñecer a independencia de Portugal e das Provincias Unidas.

François Duquesnoy

Para outros personaxes co mesmo apelido, ver a páxina de homónimos Duquesnoy.François Duquesnoy (en neerlandés: Frans Duquesnoy), nado na cidade belga de Bruxelas o 12 de xaneiro de 1597 e finado na cidade toscana de Livorno, Italia, o 18 de xullo de 1643, foi un salientable escultor flamengo do Barroco que desenvolveu a súa actividade artística en Roma.As súas representacións máis idealizadas adoitan contrastar co carácter emocional da obra de Bernini, mentres que o seu estilo amosa unha maior afinidade coas esculturas de Alessandro Algardi.

Museo do Louvre

O Museo do Louvre (en francés: Musée du Louvre) é un dos museos máis importantes do mundo. Está situado en París, Francia, no palacio do Louvre. As súas coleccións son o resultado dun esforzo histórico: por unha banda, as coleccións reais, por outra, o esforzo dos homes da Ilustración e o labor desamortizador da Revolución francesa. A creación do museo do Louvre significou, dentro da historia dos museos, o paso das coleccións privadas ás públicas, para goce do conxunto da sociedade. Constitúe o precedente de todos os grandes museos nacionais europeos e norteamericanos. Con 8,3 millóns de visitantes en 2006 é, con moita diferenza, o museo de arte máis visitado do mundo.

Narciso

Narciso pode referirse a:

Narciso, personaxe da mitoloxía grega;

Narciso, plantas de flor pertencente ao xénero botánico Narcissus (tamén chamada amarelle);

Nicolai Abraham Abildgaard

Nicolai Abraham Abildgaard, nado en Copenhaguen en 1743 e finado na mesma cidade en 1809, foi un pintor danés.

Números

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

O Parnaso (Poussin)

O Parnaso (en francés: Le Parnasse), chamado tamén Apolo e as musas (en francés: Apollon et les muses), é un cadro realizado polo pintor francés do Clasicismo Nicolas Poussin. Mide 145 cm de alto e 197 cm de ancho, e está pintado ó óleo sobre lenzo. Data dos anos 1631-1633. Actualmente exhíbese no Museo do Prado de Madrid, España.

Realizou este cadro inspirado polo Parnaso de Rafael que puido ver na Sala da Signatura (Stanza della Segnatura). Crese que procedía da colección Meyers e en España é mencionado por vez primeira no inventario do palacio de La Granja de San Ildefonso no ano 1746.

Orión (mitoloxía)

Orión é un xigante mitolóxico procedente da mitoloxía grega, grego antigo: Ὠρίων ou Ωαρίων; latín: Orión ou máis raramente Oarion.

Pietà

A Pietà, ou Virxe de Piedade, é un tema artístico da iconografía cristiá que representa á Virxe María en Mater Dolorosa , nai que chora o seu fillo que ten sobre os seus xeonllos, neste caso Cristo baixado morto da cruz antes da súa posta na tumba, acontecemento antes da súa Resurrección, precedendo a Ascensión. A escena da Deposición de Cristo trata de xeito máis amplo de todos personaxes que estaban ao pé da cruz por demais do Cristo e da súa Nai.

Pintura barroca

A pintura barroca é a pintura relacionada co movemento cultural barroco. Este movemento, a miúdo, é identificado co absolutismo, a Contrarreforma e o renacemento católico, mais a existencia dunha importante arte e arquitectura barroca en países non absolutistas e protestantes por toda Europa Occidental evidencian a súa ampla popularidade. A pintura adquiriu un papel prioritario dentro das manifestacións artísticas, e chegou a ser a expresión máis característica do peso da relixión nos países católicos e do gusto burgués nos países protestantes.

De xeito xenérico, a arte barroca caracterízase polo realismo superficial, as cores ricas e intensas, e os fortes contrastes de luces e sombras. En oposición á arte renacentista, que normalmente mostraba o momento anterior a ocorrer calquera acontecemento, os artistas barrocos elixían o punto máis dramático, o momento en que a acción estaba a ocorrer: Miguel Anxo, que traballou durante o Alto Renacemento, mostra o seu David composto e quieto antes de loitar contra Goliat; en troques, o David barroco de Bernini foi captado no acto de lanzar a pedra contra o soldado. Como valores principais, a arte barroca pretendía evocar a emoción e a paixón en lugar da tranquila racionalidade que fora apreciada durante o Renacemento.

A pintura barroca abrangue un amplo períodos que comeza ao redor do ano 1600 e continúa ao longo de todo o século XVII, e a principios do século XVIII. Entre os máis grandes pintores do período barroco atópanse Caravaggio, Rembrandt, Rubens, Velázquez, Poussin e Vermeer. Caravaggio foi herdeiro da pintura humanista do Alto Renacemento. O seu enfoque realista da figura humana, pintada directamente do natural e iluminada dramaticamente contra un fondo escuro, sorprendeu aos seus contemporáneos e abriu un novo capítulo na historia da pintura. A pintura barroca a miúdo dramatiza as escenas usando os efectos lumínicos do claroscuro; isto pode verse en obras de Rembrandt, Vermeer, Le Nain e La Tour. O pintor flamengo Anton Van Dyck desenvolveu un estilo de retrato cortesán, con graza, que influíu moito, especialmente en Inglaterra.

A prosperidade da Holanda do século XVII levou a unha enorme produción artística cun gran número de pintores con gran destreza que se especializaron en xéneros determinados: obras de xénero, paisaxes, bodegóns, retratos ou pintura de historia. Os estándares técnicos eran moi altos, e a Idade de Ouro holandesa estableceu un novo repertorio de temas que foron moi influentes até a chegada do Modernismo.

Pompeo Batoni

Pompeo Girolamo Batoni, nado en Lucca o 25 de xaneiro de 1708 e finado en Roma o 4 de febreiro de 1787, foi un pintor italiano.

Zenobia de Armenia

Zenobia de Armenia ou Zenobia a Íbera (xeorxiano: ზენობია) (fl. século I) foi unha princesa real da dinastía Pharnavaziana do reino de Iberia que foi raíña de Armenia do 51 ao 53 e do 54 ao 55 durante o reinado do seu home, o rei Radamisto.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.