Nicaragua

A República de Nicaragua é un pequeno estado de Centroamérica que limita ao noroeste con Honduras, ao sur con Costa Rica, ao oeste co océano Pacífico e ao leste co mar Caribe. Nicaragua defínese como un Estado independente, libre, soberano, unitario e indivisible.

Coordenadas: 13°8′N 85°7′O / 13.133, -85.117

República de Nicaragua
Bandeira de Nicaragua
Escudo de Nicaragua
BandeiraEscudo
Nicaragua (orthographic projection)
Lema: En Dios Confiamos (En Deus confiamos)
Himno: Salve a ti
Capital
 • Poboación
Managua
1 380 100 (2005)
Cidade máis poboadaManagua
Lingua oficialcastelán 1
Forma de gobernoRepública
Presidente
Vicepresidenta
Daniel Ortega
Rosario Murillo
Independencia de España15 de setembro de 1821
SuperficiePosto 97º
 • Total129 494 km²
 • % auga7,7
Fronteiras1 231 km
Costas910 km
PoboaciónPosto 107º
 • Total (2005 est.)5 465 100 hab.
 • Densidade39 hab./km²
PIB (nominal)Posto 136º
 • Total (2006)5 301 millóns US$
 • per cápita958,6 US$
PIB (PPA)Posto 108º
 • Total (2005)22 284 millóns US$
 • per cápita3 770 US$
MoedaCórdoba (C$, NIO)
IDH (2007)0,710 (110º) – medio
XentilicioNicaraguano/a[1]
Fuso horarioUTC-6
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ni
Prefixo telefónico+505
Prefixo radiofónicoYNA-YNZ, HTA-HTZ, H6A-H7Z
Código ISO558 / NIC / NI
Membro de: ONU, OEA, ALBA, CIN, OEI, Grupo de Río, AEC, SICA.
1 O inglés e idiomas indíxenas tamén se falan na costa do Caribe.

Historia

HuellasdeAcahualinca
As pisadelas de Acahualinca son marcas humanas de hai uns 2120 anos, preservadas en lama volcánica cerca do lago de Managua.

Época precolombiana

Coñécense asentamentos indíxenas na rexión que datan de polo menos 6.000 anos de antigüidade. O asentamento de Acahualinca confirma estes datos xunto con outras evidencias arqueolóxicas, principalmente artigos cerámicos e estatuarios de pedra volcánica como os atopados na illa de Zapatera.

Colonización española

En 1524 Granada e León foron fundadas por Francisco Hernández de Córdoba no que hoxe en día é Nicaragua. En 1528 a Coroa española creou a Provincia de Nicaragua, que posteriormente pasou a depender da Audiencia e Capitanía Xeneral de Guatemala, dependente do Vicerreinado da Nova España até 1812.

A mediados do século XVI desenvolveuse no nordeste da actual Honduras a nación dos zambos mosquitos, xurdida da mestura entre os indíxenas que a habitaban e os escravos sobreviventes do naufraxio dun barco negreiro que afundira na costa. Os británicos estabeleceron amistosas relacións con eles e naceu así a reserva Misquita ou "Mosquitia", unha especie de "protectorado" británico que durou até finais do século XIX. En 1803, por intermedio da Real Orde do 20 de novembro, o rei de España ordenou segregar da antiga Capitanía Xeneral de Guatemala, a Costa de Mosquitos, coas illas de San Andrés, e agregalas ao Vicerreinado de Nova Granada. En 1894, tropas nicaraguanas ao mando de Rigoberto Cabezas ocuparon a rexión, que foi organizada como O Departamento de Zelaya, dividido a finais do século XVII en dúas rexións (Rexión Autónoma do Atlántico Norte e a Rexión Autónoma do Atlántico Sur).

En 1812 as Cortes de Cádiz erixiron a Provincia de Nicaragua e Costa Rica (separada da Provincia de Guatemala), e con cabeceira na cidade de León. Esta provincia durou até 1814, ano no que se restabeleceu o reino de Guatemala. En 1820, ao retomarse o réxime constitucional, apareceu a Provincia de Nicaragua e Costa Rica, que estaba dividida en sete partidos: Costa Rica, El Realejo, Granada, León, Nicaragua (Rivas), Nicoya e Nova Segovia.

Independencia de España

O 11 de outubro de 1821, a Deputación Provincial de Nicaragua e Costa Rica, reunida en León, proclamou a independencia absoluta de España e a unión ao Primeiro Imperio Mexicano, aínda que Granada e Costa Rica separáronse da provincia, constituíndo gobernos propios. En 1823, ao producirse a caída de Agustín I, Nicaragua uniuse á Unión Centroamericana, pouco despois transformada na República Federal de Centroamérica (1824). A Federación non sobreviviu moito tempo, e Nicaragua foi o primeiro Estado en separarse dela de xeito definitivo, en 1838. Durante o século XIX aconteceron diversos intentos de reunificar América Central, mais sen éxito.

06.Plaza de la Independencia de Granada
Praza da independencia da cidade de Granada.

Nicaragua tivo unha convulsa vida política durante a primeira metade do século XIX. Ao ser a ponte entre os dous océanos, foi utilizada para o desprazamento de pasaxeiros da rota do tránsito propiedade de Cornelius Vanderbilt, pola que circulaban os aventureiros, comerciantes e emigrantes que viaxaban desde o atlántico de EEUU, até California, onde por 1848-49 se descubrira ouro, converténdoa nun punto máis ou menos estratéxico e importante. En 1854 Los Grales. Liberales Castellon y Jérez contratan a través de Vanderbilt os servizos de Byron Cole, en calidade de mercenario, posteriormente Cole cédelle o contrato a William Walker; Walker amparado baixo a doutrina Monroe, proclámase presidente de Nicaragua e intenta facer desta un novo membro dos EEUU. Os "filibusteiros" foron derrotados nunha campaña que contou coa participación de todos os países centroamericanos, e con respecto aos nicaraguanos, tivo o seu episodio máis soado na batalla de San Jacinto. Ao concluír o conflito, Nicaragua atopábase gravemente debilitada economicamente, a cidade de Granada fora case totalmente incendiada e mantíñase a rivalidade entre os liberais de León e os conservadores granadinos. Entre as tantas batallas sostidas entre os liberais e os conservadores destaca a batalla do 4 de outubro de 1912 onde as forzas liberais de Masaya, xa sitiadas e derrotadas polos forzas conservadoras e norteamericanas, foron socorridas polo Xeneral Benjamín Zeledón xunto co seu estado maior, os Xenerais Marcelo Castañeda e Horacio Portocarrero. Non obstante, a partir de 1858 iniciouse unha etapa de recuperación non só económica senón sobre todo institucional, que constitúe un dos períodos máis sobresaíntes da historia de Nicaragua que se coñece como a época dos trinta anos ou de predominio conservador. A economía, a cultura e tamén, en menor medida, o social pola desigualdade de clases, converteron ao país no máis estable e rico de toda a América Central e nunha das mellores economías do continente, cun sólido réxime constitucional e unha administración proba e austera das finanzas públicas. Todo isto provocou unha nova chegada de inmigrantes provenientes de Europa, principalmente de Alemaña e Italia, o que beneficiou a economía, mentres que no Salvador, Honduras e Guatemala se vivían conflitos armados e en Costa Rica se daba unha época de golpes militares. Durante esta época ocuparon o poder: Tomás Martínez Guerrero (1858-1867), Fernando Guzmán y Solórzano (1867-1871), Vicente Cuadra y Ruy Lugo (1871-1875), Pedro Joaquín Chamorro y Alfaro (1875-1879), Joaquín Zavala Solís (1879-1883), Adán Cárdenas del Castillo (1883-1887), Evaristo Carazo Aranda (1887-1889) e Roberto Sacasa y Sarria (1889-1893). En 1885, Nicaragua uniuse a Costa Rica e ao Salvador nunha alianza militar para facer fronte ás pretensións do Presidente de Guatemala Justo Rufino Barrios, apoiadas polo Presidente de Honduras Luis Bográn, de restablecer pola forza a unidade política centroamericana; aínda que as tropas de Nicaragua non tiveron ocasión de entrar en combate, xa que Barrios morreu na batalla de Chalchuapa, pouco despois de ter invadido O Salvador.

O período dos trinta anos concluíu en 1893, cando foi derrocado o Presidente Roberto Sacasa y Sarria e ascenderon ao poder os liberais encabezados por José Santos Zelaya López. Aínda que Zelaya implantou un réxime ditatorial e se perpetuou no poder até 1909, reprimindo aos seus adversarios e iniciando unha etapa de inestabilidade política; o seu goberno continuou co desenvolvemento do país sufragado pola ampla solvencia e os excedentes económicos existentes no país.

Primeiras décadas do século XX

Durante o principio do século XX o país caracterizouse pola inestabilidade política e polas intervencións armadas dos Estados Unidos. Ademais, durante este tempo, nacen algunhas discrepancias con Honduras por problemas territoriais, xa que con ese país non se definiran claramente os dereitos sobre a Costa de Mosquitos. O diferendo solucionouse o 24 de marzo de 1928 co tratado Esguerra-Bárcenas, no cal, Colombia, recoñeceu a propiedade e soberanía de Nicaragua sobre as illas Mangle e a Costa de Mosquitos desde o cabo Gracias a Dios e agora até o río San Juan (como consecuencia da segregación de Panamá) e Nicaragua recoñeceu á súa vez a soberanía e propiedade de Colombia sobre o Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina e todas as demais illas, illotes e caios que forman parte do Arquipélago de San Andrés e Providencia. En 1930 precisou na Acta de Canxe do Tratado o alcance do seu contido, e determinouse por suxestión do goberno nicaraguano un límite marítimo a partir do meridiano 82 de Greenwich sobre a base de que o Arquipélago de San Andrés e Providencia non se estende ao occidente do referido meridiano. O 4 de febreiro de 1980, a daquela Xunta de reconstrución de Nicaragua declarou unilateralmente a nulidade do Tratado Esguerra-Bárcenas, demandándoo ante a xustiza co resultado da validación plena do tratado e a reiteración da soberanía colombiana sobre as illas o 13 de decembro de 2007. Pero non sobre as 200 millas náuticas de zona económica exclusiva de Nicaragua.

Un dos personaxes importantes da primeira metade do século XX foi Augusto Nicolás Calderón Sandino, máis coñecido como Augusto C. Sandino, xeneral de orixe labrega, que cando liberais e conservadores chegaron ao pacto do "Espino Negro", continuou a loita contra a intervención norteamericana. A última entrevista que deu o Xeneral Sandino foi o 3 de febreiro de 1933 ao periodista de LA PRENSA Adolfo Calero Orozco (1899-1980), un día despois de subscribir co presidente Juan B. Sacasa os “Convenios de Paz”, os cales implicaron a disolución do seu Exército e, na práctica, a sinatura da súa sentenza de morte. A morte de Augusto C. Sandino ordenouse ás sete da noite na oficina do Xefe Director da Garda Nacional e executouse aproximadamente ás 23.00 nun predio de barrio Larreynaga, daquela periférico da Vella Managua, o 21 de febreiro de 1934. Desde 1934 a 1979, Nicaragua vive unha era marcada pola sucesión no poder de distintos ditadores, pertencentes á familia Somoza.

Desde a súa Independencia, até a Revolución de 1979, Nicaragua estivo moi influenciada por tres poderosas familias: Os Chamorros, Sacasas e Somozas.

A revolución e a guerra civil

De novo o auxe económico aterra no país entre as décadas do 50 e 60, e a pesar de existir unha baixa estabilidade política, ese auxe causou que a capital Managua se desenvolvese extensamente; aínda que un terremoto provocou a destrución da cidade e a morte de máis de 10,000 persoas en 1972. Os gobernos da familia Somoza, apoiados militarmente por Estados Unidos, gobernaron o país durante varias décadas, até que estala a Revolución Sandinista en 1979. Pese a a curta duración que tivo o conflito armado, os continuos bombardeos nas cidades provocaron a morte de máis de 50,000 persoas. O FSLN logra derrocar a Somoza o 19 de xullo de 1979, a Fronte Sandinista de Liberación Nacional, apoiado económica e militarmente por Cuba e a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), realizou cambios sociais, expropiando á clase alta do país en xeral. Non obstante, a etapa sandinista foi unha continuación do conflito leste - oeste entre as dúas potencias da guerra fría. Formáronse os contras armados e financiados polo Goberno dos Estados Unidos, incluso trala vitoria electoral do sandinismo en 1984. Moitos nicaraguanos emigraron a Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Costa Rica, Honduras, Canadá, México, países occidentais de Europa e Australia durante a guerra civil escapando da persecución política, o servizo militar obrigatorio e o mal estado económico do país.

Nicaragua desde 1990

En febreiro de 1990 celebráronse eleccións xerais baixo a supervisión de varios observadores internacionais. Violeta Chamorro, candidata antisandinista da Unión Nacional Opositora, gañou as eleccións. Esta iniciou un programa de reconstrución no que estabeleceu a reforma monetaria, a redución do exército e a desmobilización da contra. A altísima taxa de inflación diminuíu; o crecemento económico comezou a ser positivo, as exportacións creceron e o país comezou a rexurdir, aínda que o desemprego agudizouse polos miles de combatentes que se reintegraron na vida civil. Privatizáronse a Banca, as Minas, o transporte, a sanidade, a educación, dando en empobrecemento da poboación, aumento dos índices de analfabetismo, corrupción...

En 1996 celebráronse novas eleccións nas que gañou Arnoldo Alemán, candidato do Partido Liberal Constitucionalista. Durante os meses de setembro e outubro de 1998 transcenderon, a través de distintos medios de comunicación e da oposición, tanto sandinista como liberal disidente, as presuntas prácticas de nepotismo nas altas instancias do Estado por parte de familiares e achegados ao presidente da República.

Todas as acusacións pasaron a segundo plano cando a finais de outubro de 1998 se produciu o paso do Furacán Mitch polo territorio nicaraguano. Só en Nicaragua morreron case 4 000 persoas, 5 000 resultaron desaparecidas e máis dun millón resultaron damnificadas. A todo isto uníronselle cuantiosos danos materiais e económicos que devastaron a xa de por si pobre economía nicaraguana.

Posteriormente ao desastre, o estado tivo que facer fronte a unha grave crise política e social en 1999. Isto produciuse pola depuración, iniciada polo goberno de Alemán, dos sectores vinculados ao sandinismo no Exército de Nicaragua. A isto uníronselle protestas de estudantes e traballadores en demanda das súas reivindicacións, que, dado o carácter violento que adoptaron en ocasións e á dura resposta das forzas da orde, colocaron ao país no bordo da guerra civil.

Nas eleccións lexislativas e presidenciais celebradas o 4 de novembro de 2001, a vitoria foi para Enrique Bolaños do Partido Liberal Constitucionalista.

No 2006 celebráronse novas eleccións, as cales foron gañadas polo candidato do Frente Sandinista de Liberación Nacional, Daniel Ortega.

En novembro de 2008 celebráronse eleccións municipais, que produciron no país outra profunda crise política. A oposición rexeitou os resultados dos comicios, realizados sen observadores internacionais, que deron un balance oficial de 105 concellos para os sandinistas, fronte a 41 para os dous partidos opositores (ALN e PLC). A raíz das acusacións de fraude; os Estados Unidos de América e a Unión Europea conxeláronlle as axudas a Nicaragua.

Goberno e Política

Nicaragua é unha república democrática, con separación de poderes. O poder executivo é desenvolvido polo presidente, elixido para un período de 5 anos. O Lexislativo está constituído pola Asemblea Nacional (unicameral), composta por 90 escanos elixidos para un período de 5 anos. Existe tamén unha Corte Suprema de Justicia e un Consejo Supremo Electoral.

As últimas eleccións de Nicaragua foron o 5 de novembro de 2006. Foron observadas por un só organismo internacional, o CEELA. Os principais partidos políticos son:

  1. Partido Liberal Constitucionalista (PLC).
  2. Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSLN).
  3. Alianza Liberal Nicaragüense (ALN).
  4. Partido Conservador (PC).
  5. Movimiento Renovador Sandinista (MRS).
  6. Partido Liberal Independiente (PLI).

O candidato sandinista, Daniel Ortega, resultou vencedor co 38% dos votos.

Xeografía

A República de Nicaragua é un país situado no centro xeográfico do istmo centroamericano. Limita ao norte con Honduras, ao sur con Costa Rica, ao oeste co océano Pacífico e ao leste co Mar Caribe. Por razóns administrativas, Nicaragua divídese en 15 departamentos e dúas rexións autónomas. Estes, á vez, divídense en municipios, que actualmente son 153.

Mombacho isle
Volcan Mombacho

En Nicaragua atópanse desde sabanas, ata montañas virxes con especies autóctonas, e goza de ter un dos lagos máis grandes e belos do mundo, con especies exóticas como o quenlla de auga doce; mesetas aínda despoboadas con clima primaveral todo o ano no centro e pacífico do país, incluíndo zonas frías; praias aínda virxes e impresionantes, onde actualmente se está asentando unha onda de novos turistas provenientes principalmente de Europa e Canadá, aproveitando ademais os baixos custos dos terreos; volcáns activos; illas impresionantes e tamén pouco exploradas aínda como Ometepe, Zapatera, os Illotes de Granada ou Corn Island, entre outras.

A Zona do Pacífico do país caracterízase por ser a rexión volcánica e lacustre de Nicaragua, nela esténdense a Cordilleira Centroamericana e a máis elevada e ríspida Cordilleira Volcánica. O primeiro volcán é o Cosigüina, situado na península homónima, dentro do golfo de Fonseca (moi popular entre turistas e autóctonos por ser en realidade unha caldeira mergullada dun gran cráter). Séguelle a cadea volcánica dos Marrabios ou Maribios, que termina co Momotombito; un illote no lago Xolotlán. Hai tamén outros volcáns, como o Masaya ou o Maderas e Concepción, formando estes dous últimos a illa de Ometepe no Lago Cocibolca (tamén coñecido como o Lago de Nicaragua). Esta zona goza da presenza doutro gran lago: o Lago de Managua.

A Zona Central do país dá fonte a outro gran río: o Escondido, que se alimenta da unión dos ríos Siquia, Mico e Rama. Ao longo desta rexión desprázase a cordilleira de Amerrisque ou Chontaleña. O anterior probablemente deu orixe ao nome de América, segundo novos estudos feitos por historiadores e expertos. No norte desta, presenta rexións secas como Nova Segovia e montañosas e húmidas como Jinotega e Matagalpa. Estas zonas serven de fonte a dous grandes ríos: o Segovia ou Coco e o Grande de Matagalpa. Nova Segovia presenta as cordilleiras de Dipilto e Jalapa, que serven de fronteira con Honduras, mentres que Jinotega á cordilleira de Isabelia e Matagalpa á cordilleira Dariense.

A Zona do Caribe do país é unha gran planicie cuberta de grandes bosques e enormes ríos corren polas súas terras. Entre os principais ríos desta rexión que desembocan no mar das Antillas están: o Segovia ou Coco, o Wawa, o Kukalaya, o Prinzapolka, o Bambana, o Grande de Matagalpa, o Kurinwás, o Escondido (e os seus afluentes Siquia, Mico e Rama), o Punta Gorda e o San Juan. Na parte norte desta zona atópase parte da cordilleira Isabelia e Dariense e cara ao sur un ramal da do Amerrisque ou Chontaleña.

Clima

O inverno dura desde maio a outubro, e o verán, de novembro a abril. A época de choivas esténdese desde xuño até novembro. O clima deste país cambia moito dunha costa a outra, e pódense estabelecer tres tipoloxías climáticas bastante diferenciadas segundo a rexión do país de que se trate.

A zona situada entre os lagos Nicaragua e Managua e o océano Pacífico adoita ser moi seca, con pouca choiva, e temperaturas que oscilan entre os 27 °C e 32 °C en inverno e os 35 °C e 40 °C durante o verán. A zona central e montañosa de Nicaragua ten un clima máis frío e húmido, sobre todo no leste, e pola costa caribeña o clima é moi húmido e tropical, con altas temperaturas e fortes precipitacións.

Organización político-administrativa

NicaraguaDepartmentsNumbered
Departamentos (cabeceiras):
1 Boaco (Boaco)
2 Carazo (Jinotepe)
3 Chinandega (Chinandega)
4 Chontales (Juigalpa)
5 Estelí (Estelí)
6 Granada (Granada)
7 Jinotega (Jinotega)
8 León (León)
9 Madriz (Somoto)
10 Managua (Managua)
11 Masaya (Masaya)
12 Matagalpa (Matagalpa)
13 Nueva Segovia (Ocotal)
14 Rivas (Rivas)
15 Río San Juan (San Carlos)
Rexións Autónomas
16 Atlántico Norte (Bilwi)
17 Atlántico Sur (Bluefields)

Está conformado por 15 Departamentos (entre paréntese as súas cabeceiras):

  • Nueva Segovia (Ocotal),
  • Madriz (Somoto),
  • Estelí (Estelí),
  • Jinotega (Jinotega),
  • Chinandega (Chinandega),
  • Granada (Granada),
  • León (León),
  • Managua (Managua),
  • Masaya (Masaya),
  • Carazo (Jinotepe),
  • Rivas (Rivas),
  • Chontales (Juigalpa),
  • Boaco (Boaco),
  • Matagalpa (Matagalpa),
  • Río San Juan (San Carlos);

tamén hai 2 Rexións Autónomas: Atlántico Norte (Bilwi) e Atlántico Sur (Bluefields).

Á súa vez, departamentos e rexións autónomas divídense en concellos (152).

Economía

Artigo principal: Economía de Nicaragua.
FruitColors
O café é unha das exportacións máis importantes de Nicaragua.

A agricultura é unha das principais actividades económicas. Destacan os cultivos de algodón, café, cana de azucre, banana, maínzo e sésamo. A gandaría é unha actividade puxante. Os principais recursos mineiros son o ouro, o cobre, a prata e o chumbo. Os principais núcleos industriais están situados na zona occidental do país. Segundo o Banco Mundial, Nicaragua está aliñada como a 62 mellor economía para comezar un negocio, facéndoa a mellor posíbel en América Central, despois de Panamá.

A economía agraria nicaraguana baseouse historicamente na exportación das colleitas, tales como plátanos, café, azucre, gando e tabaco. A agricultura constitúe actualmente o 60% das súas exportacións totais que anualmente proporcionan aproximadamente 300 US$ millóns (2007). O ron Flor de Caña de Nicaragua é un dos mellores de América Latina.

Durante a guerra entre os contras e sandinistas nos anos 80, moita da infraestrutura do país foi danada ou destruída. A inflación estivo nunha media do 30% nos anos 80. Despois de que os Estados Unidos impuxeran un embargo comercial no 1985, a taxa de inflación de Nicaragua disparouse. O índice de 1985 segundo publicacións anuais era do 220%, triplicado ao ano seguinte e elevouse subitamente ao 13.000% en 1988, a tarifa máis alta para calquera país no hemisferio occidental nese ano. Despois do final da guerra, máis de 350 empresas do estado foron privatizadas, reducindo a inflación a partir de 13.500% a 9.6%, e reducindo a débeda externa.

Exportacións a Importacións de
País Porcentaxe País Porcentaxe
Estados Unidos de América Estados Unidos 34.1 % Estados Unidos de América Estados Unidos 20.1 %
Flag of Honduras.svg Honduras 7.9 % Flag of Venezuela.svg Venezuela 9.9 %
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica 6.1 % Flag of Costa Rica.svg Costa Rica 8.9 %
Alemaña Alemaña 5.3 % Flag of Guatemala.svg Guatemala 7.9 %
Outros 46.6 % Outros 53.2 %

Nos comezos do século Nicaragua convertíase nun dos países coa economía de máis veloz crecemento en América Central e unha das que lideraba o crecemento en América Latina. Mais a inflación elevouse e o crecemento dende o 2006 volveuse estancar. Segundo o Libro Mundial de Datos da CIA, a inflación fixo unha media global dun 8.1% entre 2000 a 2006. O Banco Mundial tamén indica un desenvolvemento económico moderado do 5% de media entre o ano 1995 e 2004. No 2005 a economía creceu ao 4,0%.

Durante o 2007 a economía creceu un 3.2% e cunha inflación do 11.1% , a economía nicaraguana converteuse na que peor comportamento tivo de todas cantas hai na rexión centroamericana. A redución da inflación, o crecemento económico e a privatización no resolveron os grandes problemas sociais de Nicaragua. O 48% da poboación en Nicaragua vive en pobreza extrema (menos de 1$ diario), outro 28% vive en pobreza relativa (menos de 2$ ao día), o 4.8% está desempregada e máis do 46% encóntrase subempregada, segundo o Libro Mundial de Datos.

Nicaragua Zona Marginal.jpeg
Zonas marxinais de Nicaragua.

A moeda nicaraguana é o córdoba.

Demografía

A zona máis poboada é a do Pacífico, normalmente habitada por mestizos e brancos, situándose aló as máis importantes cidades como a capital Managua, con máis dun millón de habitantes, León, Chinandega, Masaya e Granada. Na zona norte concéntrase a maioría da poboación de orixe europea, en cidades como: Estelí, Matagalpa e Jinotega. 47% brancos e 44% mestizos facer poboación de Nicaragua.

Só o 9% da poboación vive no Atlántico, habitada por completo por negros e mulatos (descendentes de europeos e africanos), esta rexión caracterízase por tropical e selvática, e os seus habitantes falan inglés.

Cultura

Música

Artigo principal: Música Nicaraguana.

Relixión e crenzas

O catolicismo romano é a relixión dominante en Nicaragua, profesada por máis de 70 por cento, o que seguramente se reflicte en case todas as tradicións e costumes do país. Outras tradicións cristiás non-católicas e tamén están ocorrendo na nación, son xeralmente chamados protestantes (antes pertencía á Igrexa Católica) de 24 por cento. A Nicaragua tamén ten algunhas outras tradicións xudías, islamitas, Maia e afro-caribeña.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nicaraguano.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.ni

.ni é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Nicaragua, administrado pola Universidade Nacional de Enxeñería dende a súa introdución en 1989. O dominio .ni foi o quinto ccTLD delegado en Latinoamerica. Antes houbo Arxentina (1987) (.ar), Chile (1988) (.cl), e nese mesmo ano 1989 México (.mx) e o Brasil (.br).

17 de setembro

O 17 de setembro é o 260º día do ano do calendario gregoriano e o 261º nos anos bisestos. Quedan 105 días para finalizar o ano.

2018

2018 (MMXVIII) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

Anastasio Somoza Debayle

Anastasio Somoza Debayle, nado en León (Nicaragua) o 5 de decembro de 1925 e finado en (Asunción) Paraguai, o 17 de setembro de 1980, foi un político e militar nicaraguano, presidente do seu país entre 1967 e 1972, e entre 1974 e 1979. Como xefe da Garda Nacional, mantivo o poder efectivo durante o período intermedio. Foi o último membro da familia Somoza que exerceu o poder, tras o seu pai e o seu irmán, unha dinastía de ditadores que comezou en 1934.

Bandeira de Nicaragua

A bandeira de Nicaragua foi adoptada o 5 de setembro de 1908 e na súa forma actual, foi establecida o 27 de agosto de 1971. A súa composición é de tres franxas horizontais do mesmo tamaño, de ton azul as exteriores, e de cor branco a central, en cuxo centro, figura o Escudo Nacional.

Costa Rica

Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo Mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo Océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no Océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés. O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%. A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.

Daniel Ortega

José Daniel Ortega Saavedra, nado en La Libertad (Chontales) o 11 de novembro de 1945, é un ex-guerrilleiro e político nicaraguano, presidente electo do seu país.

Golfo de Fonseca

O golfo de Fonseca, é un entrante protexido do océano Pacífico, ao oeste de América Central, que limita ao noroeste co Salvador, ao nordeste e ao leste, por Honduras, e ao sur por Nicaragua.

Un dos mellores portos naturais do mundo, cunha extensión duns 3.200 km². Entre os portos importantes atópanse La Unión, no Salvador; San Lorenzo, en Honduras; e Puerto Morazán, en Nicaragua.

Honduras

Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo Mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa.

A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista. Debúllase en dezaoito departamentos, formando, constitucionalmente, as cidades de Tegucigalpa e Comayagüela, conxuntamente, a capital da república.

Máis do 80% do territorio hondureño é montañoso, abundante en fauna e flora, con numerosos tipos de bosques e ríos. As montañas poden chegar a ter unha altura de 2.827 msnm, con vales e chairas por todo o territorio. Os vales máis importantes encóntranse próximos aos dous océanos, nas zonas norte e sur do país. Na zona central do país tamén nos atopamos con vales como o de Comayagua e o de Catacamas. A Cordilleira Centroamericana divide ao territorio entre as cordilleiras Oriental, Occidental e Central.

A poboación de Honduras é de aproximadamente 7,8 millóns de habitantes.

Lingua castelá

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.

Managua

Managua é a capital do estado de Nicaragua e así mesmo do departamento do mesmo nome, situado relativamente preto do Océano Pacífico, a 12° 09' de latitude norte e 86°16' de lonxitude oeste. Calcúlase que ten unha poboación de 1 680 100 habitantes (2006), composta predominantemente de crioulos (caucásicos puros), brancos e mestizos.

Mar Caribe

O mar Caribe é un mar tropical situado entre as costas orientais de América central e as setentrionais de América do Sur. Tamén é chamado mar das Antillas por seren estas illas os seus límites polo norte (Grandes Antillas) e polo leste (Pequenas Antillas de Barlovento). Ao noroeste comunica co golfo de México a través da canle do Iucatán, e co Océano Atlántico polas numerosas canles que se abren entre a grilanda que forman as Antillas. Ten unha área aproximada de 2 754 000 km² e alberga máis de 7 000 illas, illotes e arrecifes, moitos dos cales son moi pequenos e están deshabitados, que conforman a chamada rexión do Caribe. As illas cobren aproximadamente 235 688 km²; sendo Cuba a máis grande de todas.O seu fondo elévase na parte media formando un gran relevo desde as costas de Honduras e Nicaragua ata a illa de Xamaica. As maiores profundidades acádanse ao NO deste promontorio submarino, sendo o punto máis profundo a fosa das Illas Caimán, entre Cuba e Xamaica, con 7 686 metros de profundidade. O resto do mar Caribe ten unha profundidade máis uniforme que raramente supera os 5 500 metros. A profundidade media é de 2 200 metros.Tódolos países da zona -especialmente os das illas- son coñecidos como Caribe. Os principais países e territorios caribeños son:

En América Central: México (península do Iucatán), Belize, Guatemala, Honduras, Costa Rica e Panamá.

En América do Sur: Colombia (Rexión Caribe) e Venezuela.

Grandes Antillas: Cuba, Xamaica, Haití e a República Dominicana na illa da Española e Porto Rico.

Pequenas Antillas: Illas Virxes, divididas en británicas e estadounidenses, Antiga e Barbuda, Saint Kitts e Nevis, Guadalupe (departamento francés de ultramar), Dominica, Martinica (departamento francés de ultramar), Santa Lucía, Barbados, San Vicente e as Granadinas, Granada, Trinidad e Tobago, e as holandesas de Aruba, Curaçao e Bonaire (as dúas últimas forman parte das Antillas Neerlandesas).

Prefixo radiofónico

Os prefixos radiofónicos son prefixos utilizados pola IARU (International Amateur Radio Union) para designar os distintos países e territorios, e aos radioafeccionados que transmiten desde eles. Seguen as asignacións establecidas pola ITU (International Telecomunications Union), a axencia das Nacións Unidas que coordina o espazo radioeléctrico mundial que usan todas as estacións emisoras.

Sandinismo

O sandinismo é unha corrente política nicaraguana pertencente ao espectro ideolóxico da esquerda, con tendencia socialdemócrata e nacionalista que promove a integración da rexión latinoamericana. Está baseada no ideario de Augusto Nicolás Calderón Sandino, o denominado Xeral de homes libres, de quen toma o nome. Aos partidarios e simpatizantes desta corrente denomínaselles sandinistas.

Xogos Olímpicos de 1988

Os Xogos Olímpicos de 1988, oficialmente chamados Xogos da XXIV Olimpíada, foron realizados en Seúl, capital da Corea do Sur, entre o 17 de setembro e o 2 de outubro de 1988, coa participación récord de 159 países e 8.465 atletas, entre eles 2.194 mulleres.

Após os boicots ocorridos nos xogos anteriores en Montreal, Moscova e Os Ánxeles, estes Xogos tiveron a presenza de estados de todo o planeta, a excepción de Corea do Norte, a súa veciña comunista, que non tivo atendido o seu pedido para unha co-participación como sede olímpica e de Cuba.

Países como Etiopía, Illas Seychelles e Nicaragua tampouco participaron debido a dificultades económicas para enviaren os seus equipos.

Os Xogos de Seúl lémbranse polo seu suceso máis escandaloso: o dopaxe do velocista canadense Ben Johnson, que conseguira unha medalla de ouro e unha marca mundial na proba dos 100 metros lisos.

Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.