Nepotismo

Nepotismo (do latín nepos, neto ou descendente) é o termo utilizado para designar o favorecemento de parentes en detrimento de persoas máis cualificadas, especialmente en relación á nomeamento ou elevación de cargos.[1]

Orixinalmente a palabra aplicábase exclusivamente ao ámbito das relacións do papa cos seus parentes, mais actualmente é utilizado como sinónimo da concesión de privilexios ou cargos a parentes no funcionariado público.[2] Distínguese do favoritismo simple, que non implica relacións familiares co favorecido.

O nepotismo ocorre cando, por exemplo, un funcionario é promovido por ter relacións de parentesco con aquel que o promove, habendo persoas máis cualificadas e máis merecedoras da promoción. Algúns biólogos sustentan que o nepotismo pode ser instintivo, unha maneira de selección familiar. Os parentes próximos posúen xenes compartidos e protexelos sería unha forma de garantir que os xenes do propio individuo teñan unha oportunidade de máis de sobrevivir.

Un grande nepotista foi Napoleón Bonaparte. En 1809, 3 dos seus irmáns eran reis de países ocupados polo seu exército.

Notas

  1. Rodrigo Tena Arregui (1-4-2014). "¿Nepotismo en el Tribunal Supremo? La importancia de tener buenos contactos en España". Hay Derecho (en castelán). Consultado o 20-3-2018.
  2. José Antonio Hernández (15-3-2017). "Condena de 38.000 euros al Tribunal de Cuentas por el enchufe del hermano de un jefe". El País (en castelán). Consultado o 20-3-2018.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Activismo

O activismo e a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.

O termo apareceu pola primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Alexandre VII, papa

Alexandre VII, nado en Siena (Gran Ducado de Toscana) o 13 de febreiro de 1599 e finado en Roma o 22 de maio de 1667, foi o 237º papa da Igrexa católica e bispo de Roma dende 1655 até a súa morte.

Anarquía

A anarquía é unha doutrina política que se opón a calquera clase de xerarquía ou poder político que goberne á sociedade, tanto como se se consolidou de forma democrática ou se se estableceu de forma ditatorial.

Os anarquistas cren que o maior logro da humanidade é a liberdade do individuo para poder expresarse e actuar sen que llo impida ningunha forma de poder, sexa terreal ou sobrenatural, polo que o seu principal principio é o de abolir calquera tipo de goberno e loitar contra todo tipo de relixións ou seitas xa que isto representa un desprezo pola autonomía dos homes (e mulleres) e a escravitude económica.

Cleptocracia

Cleptocracia (do grego. clepto: quitar; e cracia: forza = dominio dos ladróns) é o establecemento e desenvolvemento do poder baseado no roubo de capital, institucionalizando a corrupción e os seus derivados coma o nepotismo, o clientelismo político, o peculado, de forma que estas accións delictivas quedan impunes, debido a que todos os sectores do poder están corrompidos, desde a xustiza, funcionarios da lei e todo o sistema político e económico.É un termo de recente acuñación, e adóitase usar despectivamente para dicir que un goberno é corrupto e ladrón.

Corrupción política

A corrupción consiste nun acordo inmoral entre un corruptor e un corrupto, ou entre corruptos aliados en prexuízo doutros, que beneficia a algúns nos seus propósitos particulares, por encima da lei no plano político. A corrupción consiste no uso e o poder público para o logro de beneficios particulares ou sectoriais, que non se identifican nin comungan co ben común.

2. Sayed e Bruce (1998) en: “el mal uso o el abuso del poder público para beneficio personal y privado”, entendendo que este fenómeno non se limita aos funcionarios públicos.

3. Conxunto de actitudes e actividades mediante as cales unha persoa transgride compromisos adquiridos con outras persoas, utilizando os privilexios outorgados, eses acordos tomados, co obxectivo de obter un beneficio alleo ao ben común.

Polo xeral apúntase aos gobernantes ou os funcionarios elixidos ou nomeados, que se dedican a aproveitar os recursos do Estado para enriquecerse.

A corrupción tivo raíces antigas e evolucionou para manterse vixente ao longo de moitos anos, gobernos e países.

Foi tal o aumento que hai iniciativas a nivel de organismos multilaterais como a Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Organización de Estados Americanos (OEA) que promoven actividades para lograr comprometer aos gobernos a unha loita contra a corrupción.

Hexemonía

Hexemonía é a supremacía que unha poboación, unha nación ou bloque de nacións pode ter, grazas ó seu maior potencial económico, militar ou político, e que exerce sobre outras poboacións, aínda que estas non a desexen. Por hexemonía mundial enténdese o dominio do mundo por parte dunha soa nación ou un grupo de nacións.

Fálase de hexemonía política ou de grupo hexemónico para referirse a aquel grupo as propostas do cal gozan dun nivel de aceptación preeminente entre as clases dirixentes, o tema da hexemonía política e cultural é a base do pensamento de Antonio Gramsci un dos pais do Partido Comunista de Italia (PCI).

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Leymah Gbowee

Leymah Roberta Gbowee, nada en Liberia o 1 de febreiro 1972 é unha activista liberiana encargada de organizar o movemento de paz que puxo fin á segunda guerra civil do país en 2003. Isto conduciu á elección de Ellen Johnson Sirleaf en Liberia, a primeira nación africana que tivo como presidenta unha muller. O venres 7 de outubro de 2011 Gbowee recibiu o Premio Nobel da Paz xunto á súa compatriota Sirleaf e á iemení Tawakkul Karman. En outubro de 2012, renegou de Sirleaf, acusándoa de nepotismo e de facer pouco polos máis pobres.

Maria Goeppert-Mayer

Maria Goeppert-Mayer, nada en Katowice o 28 de xuño de 1906 e finada en San Diego (California) o 2 de febreiro de 1972, foi unha física estadounidense de orixe alemá que recibiu o Premio Nobel de Física en 1963 pola proposta do modelo nuclear de capas do núcleo atómico. Foi a segunda muller en recibir este premio, tras Marie Curie.

Graduada pola Universidade de Gotinga, escribiu o seu doutoramento sobre a teoría da posible absorción de dous fotóns dos átomos. Nesa época as posibilidades de verificar de forma experimental esa tese eran remotas, pero grazas o desenvolvemento posterior do láser esta teoría puido ser verificada. Por isto, a unidade de medida para a sección cruzada de absorción de dous fotóns coñécese co nome de unidade Goeppert Mayer (GM).

En 1930 casou con Joseph Edward Mayer e trasladouse ós Estados Unidos de América, onde traballou como profesora asociada da Universidade Johns Hopkins. As estritas normas en contra do nepotismo da universidade non lle permitían ser membro da facultade, pero traballou como asistenta e publicou un estudo sobre o decaemento beta dobre no ano 1935. En 1937 mudouse á Universidade de Columbia onde traballou sen recibir un xornal. Durante a Segunda Guerra Mundial colaborou no Proxecto Manhattan desde a universidade investigando a separación de isótopos, así como no Laboratorio Nacional de Los Álamos xunto a Edward Teller no desenvolvemento do deseño Teller–Ulam de bombas atómicas.

Ó finalizar a guerra, Goeppert-Mayer traballou como profesora asociada voluntaria na Universidade de Chicago e como investigadora sénior no Laboratorio Nacional Argonne. Desenvolveu un modelo matemático para a estrutura das capas nucleares, polo que recibiu o Premio Nobel de Física en 1963, compartido con J. Hans D. Jensen e Eugene Wigner. No ano 1971 sufriu un infarto que a deixou nun estado de coma, e faleceu o 20 de febreiro de 1972 en San Diego (California).

Nicolao III, papa

Nicolao III (Giovanni Gaetano Orsini) naceu en Roma entre 1210 e 1220; faleceu en Soriano, cerca de Viterbo, o 22 de agosto de 1280, probablemente dun ataque de apoplexía.

Foi papa entre 1277 e 1280. Era membro da poderosa familia dos Orsini. Foi o primeiro papa que viviu regularmente en Roma, onde estableceu a residencia pontifical. Ténselle reprochado o seu nepotismo.

Nicolao V, papa

Tommaso Parentucelli, nado cara a 1398 en Sarzana (Italia) e finado en Roma en marzo 1455, baiso o nome Nicolao V, foi o papa n.º 208 da Igrexa católica de 1447 a 1455.

Puxo fin ao cisma do antipapa Fiz V. Libre de todo nepotismo, era pequeno e de frouxa constitución física. A súa mirada aguda non xeraba a obediencia; era máis un home de letras que home de acción. A súa gran xenerosidade, o seu gusto pola arte e as súas eleccións políticas difíciles válenlle non obstante de ser considerado como un dos papas máis brillantes.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Presidencialismo

O presidencialismo é un sistema de goberno no que o líder do poder executivo é escollido polo pobo para mandatos regulares acumulando a función de xefe de Estado e xefe de goberno. Este sistema de goberno foi creado polos norte-americanos no século XVIII. A monarquía inglesa actuava como xefe de Estado sobre as trece colonias. O descontento coa actuación do monarca e as influencias de autores que se opoñían ó sistema absolutista, principalmente Locke e Montesquieu, foron determinantes para que os americanos adoptasen un sistema onde houbesen mecanismos que impedisen a concentración de poder.

Xuridicamente o presidencialismo caracterízase pola separación de poderes. O presidente é o xefe de Estado, e é el quen escolle os xefes dos grandes departamentos (ministerios). O lexislativo, o xudicial e o executivo son independentes entre si.

Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Represión

Represión política é a acción de conter, deter ou castigar actuacións políticas ou sociais dende o poder por parte das autoridades públicas, negando ou impedindo o exercicio dos dereitos e liberdades (expresión, reunión, manifestación, asociación, sindicación) que adoitan considerarse propias dos sistemas democráticos.

Decotea vai acompañada de violencia, tanto legal como informal. A forza do exemplo de quen sofre esa violencia fai que, por temor, o resto da sociedade se reprima a si mesma no exercicio da liberdade, que queda así anulada para todos, agás para o poder e para aqueles no beneficio dos cales se realiza a represión.

Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.

A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Socialdemocracia

A socialdemocracia é unha ideoloxía política que xurdíu a finais do século XIX e principios do XX do seo do marxismo, crían que a transición a unha sociedade socialista podería lograrse mellor mediante unha evolución dentro da democracia representativa que mitigara os efectos do capitalismo antes que por algún outro método. Os socialdemócratas pretenden reformar o capitalismo democráticamente mediante a regulación estatal e a creación de programas e organizacións patrocinados polo Estado para aliviar ou quitar as inxustizas que eles pensan son inflixidas polo sistema capitalista de mercado.

Con anterioridade, describirase aos socialdemócratas como socialistas reformistas (dado que avogaban polo desenvolvemento do socialismo a través de reformas parlamentarias graduais) en contraste cos socialistas revolucionarios, que pretendían acadar o socialismo mediante unha revolución obreira ou caso contrario por medio dunha evolución extraparlamentaria non estatal. A socialdemocracia tamén aborda os temas valóricos desde un prisma progresista. É o sector da esquerda partidista máis importante do mundo contemporáneo.

Con frecuencia, utilízanse os termos "socialismo" ou "socialista" en referencia á socialdemocracia e aos socialdemócratas, aínda que o concepto "socialismo" é máis amplo, xa que en diferentes países poden incluír a socialistas democráticos, marxistas, comunistas e anarquistas. Mentres algúns consideran á socialdemocracia unha forma moderada do socialismo, outros, definindo o socialismo no significado tradicional ou marxista, rexeitan esta designación

Sociocracia

Sociocracia, é, en suma, o goberno social. Forma de goberno teórica onde a sociedade como un todo sería detentora do poder.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.