Neotrobadorismo

O neotrobadorismo é unha vangarda poética xurdida ao redor de 1930[1]. debida á difusión en Galiza da lírica medieval galaico-portuguesa, a través da edición comentada de José Joaquim Nunes (1928), o que fixo posíbel a aparición dun novo discurso poético. Nesta nova vangarda recréanse temas amorosos similares ás cantigas de amigo e de amor, con recursos formais (paralelismo, refrán, leixaprén...) e ambientes (paisaxes primaverais, fontes, mar, ríos...). Sobre todo inflúe a cantiga de amigo.

Álvaro Cunqueiro 1928
Álvaro Cunqueiro, poeta neotrobadoresco.

Hai dous autores significativos do neotrobadorismo:

Historia e características

Aínda que é certo que algúns analistas da historia da literatura galega sitúan o neotrobadorismo entre os movementos de vangarda, o certo é que na opinión doutros autores -tal é o caso de Xosé Ramón Pena- só nunha pequena medida é posíbel manter este posicionamento, de acordo cos textos que se poden incluír nesta tendencia. Así, acontece que os primeiros textos neotrobadorescos xorden como un simple afán de recreación da lírica medieval galego-portuguesa -mellor dito, de certos elementos dese lirismo- ou aínda como unha homenaxe a ese pasado excepcional na historia cultural de Galiza.

Foi xa no contexto das vangardas históricas cando algún autor concreto, tal é o caso de Álvaro Cunqueiro, incorporou elementos do lirismo medieval co afán de construír textos vangardistas. Neste sentido, o neotrobadorismo cunqueiriano participa na mesma dirección e perspectivas que o neopopularismo presente nas páxinas, por exemplo, dos autores españois da Xeración do 27; é dicir, na loita por crear unha linguaxe nova, bótase man de recursos populares ou popularizantes e aínda desoutra tradición medieval -ao cabo, tamén se pensaba que as cantigas de amigo representaban unha "popularización" do mundo trobadoresco- en axuda desa procura. Así abrollan, daquela, os textos de Cantiga nova que se chama ribeira que conforman un "netrobadorismo vangardista".

Non obstante, semellante proxección non cadra nin coas intencións nin cos versos de Fermín Bouza-Brey, moito máis apegados a unha concepción formal, academicista da poesía e, desde logo, afastados de calquera afán de vangarda. E desde logo, tampouco non vai cadrar coas perspectivas nin cos resultados do neotrobadorismo de posguerra -ao cabo, o momento no que aparecen máis textos encadrábeis dentro desa estética-, convertido nunha "forma inmóbil". En resumo, observamos unha representación dunha tendencia -que tamén atopa equivalentes no espazo da arquitectura, por exemplo- plenamente historicista, isto é, de recreación da historia e verdadeiro antídoto diante de novos horizontes. Por tanto, poderiamos dicir que o neotrobadorismo é unha tendencia poética non estritamente vangardista.

Este movemento neotrobadoresco tería continuación na posguerra onde entra a formar parte da "tradición inmóbil"; é dicir, dunha "estética rexional tolerable" -a arquitectura historicista da época sería o seu equivalente no dominio das artes- á beira do paisaxismo costumista e do neovirxilianismo. Nese sentido, o neotrobadorismo acabou nun puro manierismo que só mantivo o seu prestixio con base nesoutro da propia lírica medieval.

Notas

  1. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Bocarribeira

Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar é un libro de poesía en lingua galega escrito por Ramón Otero Pedrayo, e publicado polo Grupo Brais Pinto en 1958. Conta con ilustracións de Reimundo Patiño.

Cantiga nova que se chama Riveira

Cantiga nova que se chama Riveira é un libro de poesía de Álvaro Cunqueiro publicado en 1933 por Resol. Reeditado nunha edición ampliada en 1957 por Editorial Monterrey. Premio Gil Vicente. Tamén reeditado pola Editorial Galaxia na Obra en galego Completa I (1980).

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Foille adicado o Día das Letras Galegas de 1989.

Cómaros verdes

Cómaros verdes é un libro de poesía en lingua galega escrito por Aquilino Iglesia Alvariño, e publicado por en 1947. A portada está deseñada por Carlos Maside.

Fermín Bouza-Brey

Fermín Bouza-Brey Trillo, nado en Ponteareas o 31 de marzo de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 11 de xuño de 1973, foi un escritor galego. En 1992 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Gondomar

Gondomar é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca histórica do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). Dende o ano 1992 está administrativamente ligada á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo , á comarca de Vigo e integra a Área Metropolitana de Vigo. Segundo o IGE, en 2018 tiña 14 236 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é gondomarés

ou gondomarense.

Historia da literatura galega (Xerais)

A Historia da literatura galega é unha obra en catro tomos escrita por Xosé Ramón Pena e publicada por Edicións Xerais de Galicia en 2013, 2014, 2016 e 2019, respectivamente. O tomo IV chega ata 1975 e está prevista a continuación. A edición correu a cargo de Anaír Rodríguez. Os libros, que non levan ilustración interior ningunha, carecen, tamén, de índice onomástico, a diferenza dalgún dos outros títulos da mesma temática, que si o teñen. A obra recibiu un Premio Fervenzas Literarias (2014), un Premio da Crítica Galicia (2015) e un Premio Antón Losada Diéguez (2017).

Literatura galega do período intersecular

A literatura galega do período intersecular refírese á creación literaria producida durante o ocaso do século XIX e os albores do XX.

Longa noite de pedra

Longa noite de pedra é unha obra poética de Celso Emilio Ferreiro, publicada en 1962 por Editorial Galaxia dentro da Colección Salnés. É a obra máis coñecida e representativa da lírica galega de posguerra, constituíndo un libro chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.

Na Lúa

Na Lúa é un grupo musical galego que podemos situar no folk, con algúns elementos do pop e o jazz.

Poesía de vangarda

Coñécese coma poesía de vangarda aquela que se deu no primeiro terzo do século XX, e que se caracteriza por unha ruptura formal e temática co estilo precedente. Insírese nun contexto de renovación artística en todos os eidos, e de fondas transformacións sociais, políticas e económicas.

Teresa López

María Teresa López Fernández, nada na Coruña en 1964, é unha filóloga e profesora galega.

Trobadorismo

O trobadorismo é a primeira manifestación literaria da lingua galega. O seu xurdimento ocorre no século XII. As súas orixes danse na Provenza, de onde se vai espallar por practicamente toda a Europa, por mor da cruzada contra a herexía albixense, que obriga a un éxodo masivo das xentes da Provenza ou Occitania. Malia iso, a lírica medieval galego-portuguesa posúe características propias e unha gran produtividade e número considerábel de autores conservados.

Vangardas

No seu sentido literal, vangarda (que ven do francés Avant Garde, "garda avante") fai referencia ao batallón militar que precede as tropas en ataque durante unha batalla. De aí dedúcese que vangarda é aquilo que "está á fronte".

Desta dedución xorde a definición adoptada por unha serie de movementos artísticos e políticos do fin do século XIX e inicio do século XX. Os movementos europeos de vangarda eran aqueles que, segundo os seus propios autores, guiaban a cultura dos seus tempos, estando de certa forma á fronte deles. Moitos destes movementos acabaron por asumir un comportamento próximo ao dos partidos políticos: posuían militantes, lanzaban manifestos e consideraban que a verdade se atopaba con eles.

Xosé Díaz Jácome

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo o 19 de abril de 1910 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1998, foi un xornalista e escritor galego.

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Álvaro Cunqueiro

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos, Filón o Mozo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.