Neopaganismo celta

O neopaganismo celta refírese ó movemento pagán contemporáneo baseado no politeísmo celta.[2] Este movemento apareceu a finais do século XIX, máis emerxeu con forza nos anos setenta do século XX. O neopaganismo celta recolle a antiga relixión celta[3] praticada nas antigas Galia, Irlanda e Britannia antes da chegada do cristianismo. Trátase dun sistema relixioso panteísta, animista e politeísta. Coa aparición e difusión do mistericismo entre os anos 1970 e 1980, o neopaganismo influíu na filosofía New Age e na Wicca, ás cales transmitiulles particularmente a súa doutrina druidista. Entre os primeiros grupos estaban os de orientación puramente celta [4], e só moi recentemente a relixión celta foi sometida a unha sistematización e institucionalización gradual, cuxo proceso aínda está en curso.

En Galicia existen varios grupos de paganismo celta, entre eles a "Irmandade druídica galega" e o grupo "Brigante".

Triskele-Symbol1
O tríscele é un dos símbolos principais do Reconstrucionismo celta[1]

Notas

  1. Bonewits, Isaac (2006) Bonewits's Essential Guide to Druidism. New York, Kensington Publishing Group ISBN 0-8065-2710-2. p.132: [Among Celtic Reconstructionists] "...An Thríbhís Mhòr (the great triple spiral) came into common use to refer to the three realms." Also p. 134: [On CRs] "Using Celtic symbols such as triskeles and spirals"
  2. NicDhàna, Kathryn Price; Erynn Rowan Laurie; C. Lee Vermeers; Kym Lambert ní Dhoireann (agosto de 2007). The CR FAQ — An Introduction to Celtic Reconstructionist Paganism. River House Publishing. pp. 134–6. ISBN 978-0-615-15800-6.
  3. Patricia Telesco. Which Witch is Which?. New Page Books - The Career Press, 2005. ISBN 1-56414-754-1
  4. Margot Adler. Drawing Down the Moon: Witches, Druids, Goddess-Worshipers, and Other Pagans in America Today. Beacon Press, 1979. ISBN 0-8070-3237-9

Véxase tamén

Bibliografía

  • Adler, Margot (1979) Drawing Down the Moon: Witches, Druids, Goddess-Worshippers, and Other Pagans in America Today.
  • Bonewits, Isaac (2006) Bonewits's Essential Guide to Druidism. New York, Kensington Publishing Group ISBN 0-8065-2710-2 Chapter 9: "Celtic Reconstructionists and other Nondruidic Druids".
  • Kondratiev, Alexei (1998) The Apple Branch: A Path to Celtic Ritual. San Francisco, Collins. ISBN 1-898256-42-X (1st edition), ISBN 0-8065-2502-9 (2nd edition) [also reprinted without revision under the title Celtic Rituals].
  • McColman, Carl (2003) The Complete Idiot's Guide to Celtic Wisdom. Alpha Press ISBN 0-02-864417-4.
  • NicDhàna, Kathryn Price; Erynn Rowan Laurie, C. Lee Vermeers, Kym Lambert ní Dhoireann, et al. (2007) The CR FAQ – An Introduction to Celtic Reconstructionist Paganism. River House Publishing. ISBN 978-0-615-15800-6.
Neodruidismo

O neodruidismo é unha forma moderna de espiritualidade ou relixión que proclama a reverencia e a harmonía coa natureza, o repecto a todos os seres vivos e o ambiente. Moitas formas de neodruidismo son relixións neopagás, mais outras son simplemente filosofías de vida non necesariamente de natureza relixiosa. Orixinouse en Gran Bretaña durante o século XVIII, no comezo como un movemento cultural, adquirindo connotacións relixiosas ou espirituais a partir do século XIX.

O principio fundamental do druidismo (ou druidaria) é o respecto e a reverencia da natureza, e isto implica a participación activa en movementos medioambientais. Outra crenza entre os druídas modernos é a veneración dos antergos, particularmente os das sociedades prehistóricas.

Xurdindo no século XVIII durante o movemento romanticista, que glorificaron ós antigos pobos "celtas" da Idade de Ferro británica, os druídas modernos comezaron a imitar os sacerdotes doutrora. Porén, pouca información exacta se coñece sobre eses antigos sacerdotes, polo que o movemento druídico moderno non ten relación directa cos ritos do pasado.Na primeira metade do século XX, os druídas modernos desenvolveron organizacións fraternais semellantes ós da masonería que empregaron a figura romántica dos druídas e bardos británicos como símbolo de espiritualidade indíxena. Algúns deses grupos eran puramente fraternais e culturais, creando tradicións a partir da imaxinación nacional británica. Outros fusionáronse con movementos como os da cultura do corpo e o naturismo. Dende os anos 1980 algúns grupos de druídas modernos adoptaron a mesma metodoloxía para a reconstrución do neopaganismo celta nun esforzo de crear unha práctica máis exacta historicamente. Porén, existe unha grande controversia sobre canto hai de semellante entre os druídas modernos e os da Idade de Ferro.En Galiza existe a Irmandade Druídica Galaica (IDG) desde 2011, que estende a súa presenza polo territorio da vella Gallaecia. Este grupo procura a recuperación da druidaria deste territorio (entendida como a súa relixión nativa) e o seu recoñecemento como relixión oficial, conseguido de feito en xullo de 2015 coa súa incorporación ó rexistro de entidades relixiosas do Ministerio de Xustiza .

Politeísmo

O politeísmo (do grego πολύς "moito" e θεός "deus") consiste en crer e/ou adorar moitos deuses e divindades. Politeísmo é toda aquela doutrina relixiosa que cre na existencia de múltiples deuses ou divindades organizadas nunha xerarquía ou panteón máis ou menos independentes.O politeísmo, pois, é unha construción relixiosa e un tipo de teísmo que contrasta co monoteísmo, a crenza nun deus singular. Os politeístas non sempre renden culto a todos os deuses por igual, pois poden ser henoteísta, que se especializan na adoración dunha deidade en particular. Outros poden ser politeístas kathenoteistas, que poden adorar deidades diferentes en momentos diferentes. Algúns cultos henoteísta terminaron sendo monoteístas co paso do tempo. Os deuses principais de cada panteón adoitan estar emparentados con relacións de parentesco.

A gran maioría das relixións son politeístas, aínda que o total de adherentes das tres grandes relixións monoteístas -chamadas abrahámicas: Islam, cristianismo e xudaísmo -, as que afirman que só hai un só Deus, actualmente supera o daquelas debido á forte expansión das relixións monoteístas, mediante o proselitismo e en bastantes ocasións a violencia, especialmente durante a Idade media. As divindades politeístas adoitan ter unha vinculación moi directa coa natureza, as actividades da vida cotiá ou os ciclos vitais (xeralmente as divindades relacionadas coa morte, o máis aló ou os defuntos teñen unha gran relevancia), que contrastan coa dimensión eminentemente trascendente do monoteísmo.O politeísmo era a forma típica de relixión durante a Idade de Bronce e a Idade de Ferro ata a Era Axial (período que transcorre entre o 800 a. C. e o 200 a. C.) e nalgúns casos sufriron un desenvolvemento gradual cara ao monoteísmo ou panteísmo e, en épocas máis recentes, o ateísmo racionalista. Está ben documentado nas relixións históricas da antigüidade clásica, especialmente o politeísmo grego e o politeísmo romano, e logo da decadencia do politeísmo grecorromano, nas relixións tribais como o paganismo xermánico ou a mitoloxía eslava. A propagación do concepto aparece ante a existencia das relixións monoteístas. De feito, as relixións antigas tiveron un compoñente moi político, e existían grandes panteóns de deidades asociadas coas tradicións de cada lugar. A maioría de relixións antigas eran politeístas e tiñan panteóns de deuses tradicionais, a miúdo acumulados durante os séculos de intercambios culturais e de experiencias locais.

As relixións politeístas actuais inclúen o hinduísmo, o xintoísmo, algunhas formas da wicca (unha relixión neopagá fundada por Gerald Gardner o 1930), o vodú, a relixión popular chinesa, o druidismo, o taoísmo, o candomblé, thelema e a ásatrú. O budismo, o hinduísmo, e algunhas relixións neopagás son politeístas na medida que se trata dunha filosofía teolóxica que mantén a adoración de diversos aspectos da divindade. Algúns estudosos xudeus e islámicos ven a doutrina cristiá da trindade relacionada co politeísmo, un concepto que os cristiáns, en xeral, rexeitan enerxicamente.

Politeísmo celta

O politeísmo celta, tamén coñecido como paganismo celta, comprende as prácticas e crenzas relixiosas atribuídas ós pobos celtas que habitaron no oeste de Europa durante a Idade de Ferro, entre os anos -500 e 500, abranguendo dende a cultura de La Tène ata a era romana. No caso dos celtas insulares correspóndese coa Idade de Ferro británica e a Irlanda celta.

O politeísmo celta foi unha das meirandes relixións durante a Idade de Ferro dentro da familia indoeuropea. Isto débese a que comprende unha gran cantidade de variacións xeográficas e cronolóxicas. Malia a súa variedade, poden ser detectadas semellanzas estruturais permitindo detectar unha "homoxeneidade relixiosa básica" entre os diferentes pobos celtas.O panteón celta componse de numerosos teónimos que foron recollidos pola epigrafía e etnografía grecorromana. Entre eles, os máis prominente son Teutates, Taranis e Lugh.

Figuras medievais da mitoloxía irlandesa foron aducidas por mitoloxía comparada, interpretadas como versións evémeras de deidades precristiás insulares.

Unha característica salientable da relixión celta, segundo se reflicte na historiografía romana, é a súa estendida práctica do sacrificio humano.

Segundo as fontes gregas e romanas, na Galia, Britania e Irlanda existía unha caste de "sabios máxico-relixiosos" cuxos membros se coñecían como druídas, pero é moi pouco o que se coñece deles.Coa conquista da Galia (entre o -58 e o -51) e o sur de Britania (43) polo Imperio romano, as prácticas relixiosas celtas adoptaron elementos dos conquistadores produto da romanización, dando lugar a cultos sincréticos coas súas tradicións e deidades, como Cernunnos, Artio, Telesforo etc.

Nos séculos V e VI, o cristianismo converteuse na fe dominante na área celta, suplantando as súas prácticas relixiosas. Porén, o politeísmo celta deixou a súa pegada nas Nacións celtas, influenciando unha mitoloxía posterior, e servindo de base para novos movementos relixiosos, como neopaganismo celta, xurdido no século XX.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.