Neoliberalismo

O neoliberalismo[1] é unha corrente de pensamento que fai referencia a unha política económica con énfase tecnocrático e macroeconómico que pretende reducir ao mínimo a intervención estatal en materia económica e social, defendendo o libre mercado capitalista como mellor garante do equilibrio institucional e o crecemento económico dun país, salvo ante a presenza dos denominados fallos do mercado.

Portrait of Milton Friedman
No ámbito económico, é habitual identificar a Milton Friedman (na imaxe) e a Friedrich von Hayek como principais expoñentes do chamado neoliberalismo, namentres que dende un punto de vista político adoitan ser citados os nomes do presidente dos Estados Unidos de América Ronald Reagan eda ex-primeira ministra británica Margaret Thatcher.

Historia

O neoliberalismo en canto que corrente de pensamento económico e político de relevancia dende os comezos da década de 1970, consolidaríase durante as seguintes dúas décadas da século XX, mantendo a vixencia durante o XXI. Se ben a súa orixe se atopa na Segunda guerra mundial, ao ser herdeir de teorías neoclásicas de finais do século XIX, só nos anos 70 acadou uin eco internacional. Tras a citada guerra, a economía de Europa presentou un crecemento, e entre 1969 e 1971 apareceu un fenómeno denominado estanflación, o cal provocou unha grave crise de especial transcendencia nos países capitalistas dependentes (Terceiro mundo) e que afectoyu seriamente os socialistas. Dende principios dos anos 80, o liberalismo volveu ocupar un lugar preponderante como forma de goberno. Adopta entón o nome de neoliberalismo. Os gobernos de Margaret Thatcher en Gran Bretaña e de Ronald Reagan nos Estados Unidos de América trouxeron de volta as vellas ideas económicas para aplicalas sobre a economía doméstica. Thatcher xustificou o seu programa cun acrónimo, TINA: There is no Alternative (Non hai alternativa). A súa doutrina, e o neoliberalismo en si mesmo, baséase na competencias entre nacions, rexións, empresas e individuos.

En América do Norte, Europa e o Xapón dan comezo diferentes procesos de estabilización económica a través da diminuación das cargas fiscais e recortes no gasto social; isto estimula o comercio exterior e afonda na división internacional do traballo: considerouse que estas medidas eran a plataforma para comezar un ciclo de crecemente económico.

Macroeconomía

As políticas macroeconómicas recomendadas polos teóricos ou ideólogos neoliberais inclúen:

  • Políticas monetarias restritivas. Aumento das taxas de xuro ou redución da oferta de diñeiro até lograr unha inflación próxima a cero e evitar o risco de devaluación da moeda. Os partidarios do neoliberalismo cren que estas medidas evitan os chamados ciclos de mercado.
  • Políticas fiscales restrictivas. Redución dos impostos sobre a produción, a renda e os beneficios empresariaiss. Proponse tamén a eliminación de réximes especiais e a diminución do gasto público.
  • Liberalización/desregulación. Defenden as liberalización ou desregulación para o comercio e os investimentos, por consideralos positivos para o crecemento económico. Tamén ve postivia a eliminación de regras e normativas até o mínimo imprescindible. Promóvese a mobilidade de capitais e a flexibilidade laboral.
  • Privatización. Considérase que os axentes privados tenden a ser máis produtivos e eficientes ca os públicos e que o Estado debe minguar para permitir que o sector privado sexa o encargado da creación de riqueza.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Neoliberalismo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Activismo

O activismo e a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.

O termo apareceu pola primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Anarquía

A anarquía é unha doutrina política que se opón a calquera clase de xerarquía ou poder político que goberne á sociedade, tanto como se se consolidou de forma democrática ou se se estableceu de forma ditatorial.

Os anarquistas cren que o maior logro da humanidade é a liberdade do individuo para poder expresarse e actuar sen que llo impida ningunha forma de poder, sexa terreal ou sobrenatural, polo que o seu principal principio é o de abolir calquera tipo de goberno e loitar contra todo tipo de relixións ou seitas xa que isto representa un desprezo pola autonomía dos homes (e mulleres) e a escravitude económica.

Coronelismo

O Coronelismo era o sistema político de Brasil baixo a Vella República, de 1889-1930. O poder local era confiado aos "coroneis", os terratenentes fideis ao goberno.

Hexemonía

Hexemonía é a supremacía que unha poboación, unha nación ou bloque de nacións pode ter, grazas ó seu maior potencial económico, militar ou político, e que exerce sobre outras poboacións, aínda que estas non a desexen. Por hexemonía mundial enténdese o dominio do mundo por parte dunha soa nación ou un grupo de nacións.

Fálase de hexemonía política ou de grupo hexemónico para referirse a aquel grupo as propostas do cal gozan dun nivel de aceptación preeminente entre as clases dirixentes, o tema da hexemonía política e cultural é a base do pensamento de Antonio Gramsci un dos pais do Partido Comunista de Italia (PCI).

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Metapolítica

A metapolítica é a ciencia da relación do fundamento último da política e as funcións nas cales a política debe actuar.

Enténdese que o fundamento metapolítico, sexa el a liberdade, a igualdade, a relixión ou a raza, é máis importante do que o sistema en si e que por tanto debe definir e sempre estar por enriba dos medios políticos específicos.

Plutocracia

Unha plutocracia (πλουτοκρατία, do grego ploutos 'riqueza' e cracia 'goberno') é unha forma de estado no que existen influencias desequilibradas na toma de decisións a favor dos que ostentan as fontes de riqueza.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Presidencia

A presidencia é un cargo que ostentan as/os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentarse'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.

Nunha república, a xefatura de Estado recibe o nome de presidenta/e desa república. Nalgúns países con goberno presidencialista a presidencia é tamén da xefatura de goberno (ex: Arxentina, Estados Unidos), namentres, noutros con réxime parlamentario (ex: Italia) o xefatura de goberno é do Primeiro Ministro.

Presidencialismo

O presidencialismo é un sistema de goberno no que o líder do poder executivo é escollido polo pobo para mandatos regulares acumulando a función de xefe de Estado e xefe de goberno. Este sistema de goberno foi creado polos norte-americanos no século XVIII. A monarquía inglesa actuava como xefe de Estado sobre as trece colonias. O descontento coa actuación do monarca e as influencias de autores que se opoñían ó sistema absolutista, principalmente Locke e Montesquieu, foron determinantes para que os americanos adoptasen un sistema onde houbesen mecanismos que impedisen a concentración de poder.

Xuridicamente o presidencialismo caracterízase pola separación de poderes. O presidente é o xefe de Estado, e é el quen escolle os xefes dos grandes departamentos (ministerios). O lexislativo, o xudicial e o executivo son independentes entre si.

Primeiro ministro

O primeiro ministro é un político que serve como xefe da póla executiva. É xeralmente o xefe do goberno no sistema parlamentario. Para o feminino úsase "a primeira ministra".

A míudo, un primeiro ministro traballa cun presidente ou un monarca que é o xefe do estado. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido político que ten a maioría no parlamento. As súas principais responsabilidades inclúen coordina-lo goberno , designar ós oficiais do goberno, e á representación do goberno do seu país no mundo.

Os primeiros ministros poden recibir diferentes nomes dependendo do país no que gobernen: así o primeiro ministro de España recibe o nome de Presidente do Goberno, o de Italia, Presidente do Consello, o de Irlanda Taoiseach, e o do Perú, Premier.

Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Redes Escarlata

As Redes Escarlata son un colectivo de intervención sociocultural xurdido en Santiago de Compostela no mes de maio de 2001. No seu primeiro manifesto público preséntanse como organización de esquerdas pola independencia de Galicia e contra o neoliberalismo. O colectivo toma o seu nome do libro Bretaña, Esmeraldina, de Xosé Luís Méndez Ferrín

Represión

Represión política é a acción de conter, deter ou castigar actuacións políticas ou sociais dende o poder por parte das autoridades públicas, negando ou impedindo o exercicio dos dereitos e liberdades (expresión, reunión, manifestación, asociación, sindicación) que adoitan considerarse propias dos sistemas democráticos.

Decotea vai acompañada de violencia, tanto legal como informal. A forza do exemplo de quen sofre esa violencia fai que, por temor, o resto da sociedade se reprima a si mesma no exercicio da liberdade, que queda así anulada para todos, agás para o poder e para aqueles no beneficio dos cales se realiza a represión.

Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.

A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Senado

O Senado é a cámara alta do corpo lexislativo (Congreso, Asemblea Nacional, Parlamento, entre outros) daqueles países nos que o Parlamento está formado por dúas asembleas de representantes. Existe principalmente en países cunha forma de goberno federal, nos que a Cámara Alta da lexislatura representa ás divisións territoriais (Estados, cantóns ou provincias).

Na maioría dos países democráticos, os senadores -nome que reciben os membros dun senado- son elixidos polos cidadáns. Porén, nalgúns países, como Alemaña, os membros do senado (Bundesrat) non son elixidos directamente polos cidadáns, senón polos gobernos dos respectivos Estados (Länder).

Socialdemocracia

A socialdemocracia é unha ideoloxía política que xurdíu a finais do século XIX e principios do XX do seo do marxismo, crían que a transición a unha sociedade socialista podería lograrse mellor mediante unha evolución dentro da democracia representativa que mitigara os efectos do capitalismo antes que por algún outro método. Os socialdemócratas pretenden reformar o capitalismo democráticamente mediante a regulación estatal e a creación de programas e organizacións patrocinados polo Estado para aliviar ou quitar as inxustizas que eles pensan son inflixidas polo sistema capitalista de mercado.

Con anterioridade, describirase aos socialdemócratas como socialistas reformistas (dado que avogaban polo desenvolvemento do socialismo a través de reformas parlamentarias graduais) en contraste cos socialistas revolucionarios, que pretendían acadar o socialismo mediante unha revolución obreira ou caso contrario por medio dunha evolución extraparlamentaria non estatal. A socialdemocracia tamén aborda os temas valóricos desde un prisma progresista. É o sector da esquerda partidista máis importante do mundo contemporáneo.

Con frecuencia, utilízanse os termos "socialismo" ou "socialista" en referencia á socialdemocracia e aos socialdemócratas, aínda que o concepto "socialismo" é máis amplo, xa que en diferentes países poden incluír a socialistas democráticos, marxistas, comunistas e anarquistas. Mentres algúns consideran á socialdemocracia unha forma moderada do socialismo, outros, definindo o socialismo no significado tradicional ou marxista, rexeitan esta designación

Sociocracia

Sociocracia, é, en suma, o goberno social. Forma de goberno teórica onde a sociedade como un todo sería detentora do poder.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.