Negueira de Muñiz

Negueira de Muñiz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada. Segundo o IGE no 2018 tiña 218 habitantes, sendo o concello menos poboado de Galicia.

Coordenadas: 43°8′0″N 6°54′0″O / 43.13333, -6.90000

Negueira de Muñiz
Escudo de Negueira de Muñiz
Concello negueira munhiz
Antiga casa do concello de Negueira de Muñiz.
Situacion Negueira de Muñiz
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Fonsagrada
Poboación218 hab. (2018)
Área72,3 km²
Densidade3,02 hab./km²
Entidades de poboación30 lugares
Capital do concelloNegueira
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Manuel Braña (PSdeG-PSOE)
Concelleiros

PSdeG-PSOE: 3
Outros: Negueira Viva 2
Eleccións municipais en Negueira de Muñiz
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes55,66%
Na rede
http://www.negueira.es

Xeografía

O concello ten unha superficie de 72,3 km², e está situado no extremo oriental da provincia de Lugo, limitando ao leste con Asturias. É un terreo moi accidentado, dominando as altas montañas con cumios como os montes dos Chaos (1.033 m), Penas das Chocas (845 m), A Curula (694 m) ou o Pico Rondel (605 m). A rede fluvial está canalizada polo río Navia e os seus afluentes, como o Couso ou o Ibias.

Ten un clima de montaña, con invernos fríos e frecuentes choivas e precipitacións de neve. Nas zonas máis baixas dos vales predominan os castiñeiros.

Historia

O concello de Negueira foi creado por Real Decreto do 22 de xullo de 1928, pasando a chamarse Concello Constitucional de Negueira, por iniciativa de Antonio Muñiz Álvarez, co apoio e traballo dos catro concelleiros contemporáneos que representaban a zona de Negueira no antigo concello da Fonsagrada. Até entón, xunto coas parroquias da Fonsagrada, formaba parte do concello da Pobra de Burón, creado en 1833.

Antonio Muñiz Álvarez, nado en Vilar (parroquia de San Pedro de Ernes), tras volver da emigración en Cuba, loitou por mellorar as condicións da economía da zona mediante a creación de sociedades agrarias. Os motivos para promover e crear un concello de seu foron entre outras a distancia á capital municipal e o illamento nos meses de inverno pola ausencia de boas vías de comunicación. En 1928, en parte como agradecemento á súa persoa, e en menor medida para evitar confusións con outras entidades locais maiores, o concello solicitou pasar a chamarse Negueira de Muñiz, o que foi aprobado pola Real Orde do 22 de novembro de 1929[4].

A historia recente de Negueira está marcada pola construción do encoro de Salime e a creación da comuna de El Foxo en 1977. Coa construción na década de 1960 do encoro de Grandas de Salime todos os núcleos de poboación das parroquias de Barcela e Ernes quedaron illados do resto do concello pola ausencia dunha ponte. Amais, moitos dos veciños perderon as súas terras e vivendas, que quedaron asolagadas, polo que creceu a emigración cara á Terra Chá, onde formaron as colonias de Arneiro e Veiga de Pumar. En 1977 xente procedente de diversas partes fundou no lugar de El Foxo unha comuna. Na actualidade, malia non persistir a organización comunal, os seus habitantes aínda defenden unha forma de vida libre, afastada do consumismo capitalista.

Patrimonio

Consérvanse restos prehistóricos, como as medorras de El Foxo e Vilauxín e a Pena dos Encantos en Ouviaño. Da época castrexa consérvase o castro de El Carballín, Castro e Castrín da Gamalleira.

A igrexa parroquial de Negueira é de finais do século XV ou principios do XVI, e forma un conxunto arquitectónico xunto coa casa reitoral. O templo ten a fachada con espadana e porta adintelada, e un pórtico de pequenas arcadas con piares. A nave, de planta de cruz latina, ten tellado a dúas augas. A capela maior ten un retablo barroco do século XVIII no que destaca a imaxe do Salvador. O presbiterio está cuberto por unha bóveda de aresta. Na capela lateral norte hai dous retablos dun só corpo, un deles cun Sagrario co Agnus Dei do século XVIII. A capela lateral sur ten tamén dous retablos, o da esquerdo barroco de finais do século XVIII cunha imaxe do Salvador sedente, románico. No templo consérvase boa ourivaría, como unha cruz de prata do século XIX.

A igrexa de Santiago de Ouviaño é un templo rural de nave rectangular con tellado a dúas augas. No lateral sur hai un pórtico rústico cun banco que serve de lugar de encontro. No interior hai un retablo de finais do século XIX.

No concello hai outras capelas, a maioría coa típica entrada con pórtico, como as de Pelou, Seira, Vilaseca, San Sebastián, Santa Baia e San Ildefonso.

A ponte da barca de Buadil, de principios do século XX, estaba formada en orixe por un só arco central e nove de apoio, pero coa construción do encoro de Salime foi necesario elevalo, superpoñéndolle outro cara a arriba para que tivese máis altura.

As casas da comarca responden a unha tipoloxía peculiar condicionada pola climatoloxía da zona, con grosos muros de pedra, tellados de lousa a catro augas e amplo interior. Algunhas delas conservan o antigo porte señorial.

Os hórreos nesta zona coexisten cos cortíns, construcións circulares de pedra que defendían as explotacións apícolas, e coas ouriceira, construcións de planta circular e muros de cachotería nas que secar os ourizos das castañas.

Poboación

A sangría demográfica de Negueira de Muñiz dende 1950, transformouse nun continuo descenso da poboación, dende os 1424 habitantes dos anos 50 ata os actuais 218 censados. Deste xeito, Negueira de Muñiz perdeu aproximadamente un 85% da súa poboación dende 1950. Na actualidade é o concello menos poboado de Galicia, a distancia do segundo menos poboado da comunidade.

En 1930, cando se fixo o primeiro censo de poboación, tiña 1.534 habitantes. No descenso da poboación cómpre sinalar dúas etapas: entre 1930 e 1960, a perda demográfica está dentro dos parámetros dos concellos pouco desenvolvidos de Galiza, que se corresponde cun baixo crecemento vexetativo e cun movemento migratorio. Desde 1960 rexistrouse un brusco descenso por mor do crecemento vexetativo negativo e a masiva emigración, debida principalmente á construción do encoro de Salime.

Censo Total 218 (2018)
Menores de 15 anos 20 (9.17 %)
Entre 15 e 64 anos 137 (62.84 %)
Maiores de 65 anos 61 (27.98 %)
Evolución da poboación de Negueira de Muñiz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
sd 1534 1424 286 230 207 224 213 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Economía

Rio Navia
O río Navia ó seu paso polo concello

A base económica do concello é a gandaría e a explotación madeireira, pois a superficie dedicada a agricultura é moi escasa e orientada ao autoconsumo. A gandaría está orientada á produción cárnica, predominando o gando vacún, coa raza rubia galega, a pardo alpina e un pequeno número de holandesas. A cabana porcina duplica en número ás cabezas de bovino. En xeral, o sector primario concentra o 85% da poboación activa, mentres que apenas hai poboación dedicada á industria ou á construción. A posta en marcha da Fundación para o Desenvolvemento da Comarca, dentro do Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galiza, supón un apoio eficaz ás novas iniciativas locais para revalorizar e potenciar os propios recursos. O sector terciario dá traballo a case o 15% da poboación activa, experimentando na última década un importante desenvolvemento, reflectido no aumento dos servizos administrativos, financeiros e comerciais, así como educativos, sanitarios e de lecer.

Até hai ben pouco celebrábase en Negueira a feira cada segundo domingo de mes. En outubro celébrase a feira do viño. O 15 de agosto celébrase a romaría da Nosa Señora da Veiga. En Vilaseca celébrase o Santo Antón o 17 de xaneiro.

Administración

Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 96 52.46 % 4
BNG 81 44.26 % 1
Eleccións municipais, 22 de maio de 2011
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 90 49.45 % 4
PP 59 32.42 % 1
BNG 27 14.84 % 0
Eleccións municipais, 24 de maio de 2015
Partido Votos % Concelleiros
PSOE 82 54.67 % 4
PP 46 30.67 % 1
BNG 20 13.33 % 0

Lugares de Negueira de Muñiz

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Negueira de Muñiz, vexa: Lugares de Negueira de Muñiz.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Xosé Fariña Jamardo, Os concellos galegos, A Coruña, 1990, páx. 219
Barcela, Barcela, Negueira de Muñiz

Barcela é un lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo.

No ano 2009 tiña 3 habitantes, dous homes e unha muller, o que supón que este sexa o ano con maior poboación da década, xa que dende o 2000 ao 2003 o lugar estivo despoboado.

Barcela, Negueira de Muñiz

San Miguel de Barcela é unha parroquia do concello de Negueira de Muñiz, na provincia de Lugo. No ano 2009 tiña 33 habitantes, deles 14 eran homes e 19 eran mulleres.

Bustarvelle, Ouviaño, Negueira de Muñiz

Bustarvelle é un lugar da parroquia de Ouviaño, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña dous habitantes (dous homes), a mesma cantidade ca en 2006.

Bustelo de Murias, Negueira, Negueira de Muñiz

Bustelo de Murias é un lugar da parroquia de Negueira, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 10 habitantes, 5 homes e 5 mulleres; o que supón un mantemento no número de efectivos en relación ao ano 2006.

Castelo, Barcela, Negueira de Muñiz

Castelo é un lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2009 tiña 0 habitantes. O padrón de habitantes do ano 2003 foi o último no que se dá conta da presenza de poboación neste núcleo.

Comarca da Fonsagrada

A comarca da Fonsagrada é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é A Fonsagrada. A esta comarca pertencen os concellos de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz. No ano 2014 tiña 5.563 habitantes (IGE) e unha superficie é de 679,6 quilómetros cadrados. O concello da Fonsagrada é o de maior poboación da comarca.

El Carballín, Ouviaño, Negueira de Muñiz

El Carballín é un lugar da parroquia de Ouviaño, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 2 habitantes (dúas mulleres), menos ca en 2006.

El Foxo, Barcela, Negueira de Muñiz

El Foxo é un lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo.

No ano 2009 tiña 13 habitantes, 5 homes e 8 mulleres, o que supón un aumento en catro persoas en relación ao ano 2000. É o lugar de Barcela con máis veciños.

Ernes, San Pedro de Ernes, Negueira de Muñiz

Ernes é un lugar da parroquia de San Pedro de Ernes, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo.

No ano 2008 tiña 10 habitantes, 7 homes e 3 mulleres; o que supón un aumento no número de efectivos en relación ao ano 2006.

Grandas de Salime

Grandas de Salime é un concello de Asturias. Limita ao norte co Santalla de Ozcos, San Martín de Ozcos e Pezós, ao leste con Allande e polo sur con Negueira de Muñiz e A Fonsagrada. O concello cobre unha superficie de 181 km² e contaba cun total 1.186 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 6,55 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Lugares de Negueira de Muñiz

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Negueira de Muñiz

Marentes, Negueira de Muñiz

Santa María Madanela de Marentes é unha parroquia do concello de Negueira de Muñiz, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 31 habitantes (15 homes e 16 mulleres), catro máis ca en 2007.

Negueira, Negueira de Muñiz

San Salvador de Negueira é unha parroquia do concello de Negueira de Muñiz, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 84 habitantes (39 homes e 45 mulleres), vinte menos ca no ano 2000.

Ouviaño, Negueira de Muñiz

Santiago de Ouviaño é unha parroquia do concello de Negueira de Muñiz, na provincia de Lugo. Tiña 29 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 18 homes e 11 mulleres. O que supón unha diminución de 13 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 42 habitantes (24 homes e 18 mulleres).

Rozadas, Barcela, Negueira de Muñiz

Rozadas é un lugar da parroquia de Barcela, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2009 tiña 0 veciños, despois de que no 2006 marchara, segundo o padrón de habitantes do Instituto Nacional de Estadística, a única persoa, un home, que habitaba o núcleo.

Río de Porto, Negueira de Muñiz

San Brais da Barqueiría de Río de Porto é unha parroquia do concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2010 tiña 15 habitantes (9 homes e 6 mulleres), dous menos ca no ano 2000.

San Pedro de Ernes, Negueira de Muñiz

San Pedro de Ernes é unha parroquia do concello de Negueira de Muñiz, na provincia de Lugo. Tiña 36 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 22 homes e 14 mulleres. O que supón un aumento de 16 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 20 habitantes (14 homes e 6 mulleres).

Tallobre, Ouviaño, Negueira de Muñiz

Tallobre é un lugar da parroquia de Ouviaño, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo.

No ano 2008 tiña 8 habitantes, 3 homes e 5 mulleres; o que supón un mantemento no número de efectivos en relación ao ano 2006.

Vilaseca, Negueira, Negueira de Muñiz

Vilaseca é un lugar da parroquia de Negueira, no concello de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo. No ano 2008 tiña 7 habitantes (2 homes e 5 mulleres); o que supón un mantemento no número de efectivos en relación ao ano 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.