Negreira

Negreira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala.

Segundo o IGE, en 2014 tiña 7.009 habitantes (7.079 no 2012, 7.077 no 2011, 7.029 no 2010).

O seu xentilicio é negreirés ou nicrariense.

Coordenadas: 42°54′35″N 8°44′9.55″O / 42.90972, -8.7359861

Negreira
Escudo de Negreira
Concellonegreira8
Casa do Concello.
Situacion Negreira
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Barcala
Poboación6.877 hab. (2018)
Área115,1 km²
Densidade59,75 hab./km²
Entidades de poboación18 parroquias
Capital do concelloNegreira
Política (2019[2][3])
AlcaldeManuel Ángel Leis Míguez (PSdeG)
ConcelleirosBNG: 0
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Negreira
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes73,04%
Na rede
www.concellodenegreira.gal
concello@negreira.com

Xeografía

Situación

Linda ó norte co concello da Baña e Santa Comba, ó sur con Brión, Noia e Outes, ó leste con Ames e ó oeste con Outes e Mazaricos. Está comunicado con Santiago de Compostela a través da estrada AC-543 (Santiago-Bertamiráns) e a AC-544, que chega á vila de Negreira e segue até Muxía pola Pereira.

A vila de Negreira está situada á beira do río Tambre.

Demografía

Censo total 2014 7.009 habitantes
Menores de 15 anos 920 (13.12 %)
Entre 15 e 64 anos 4.352 (62.09 %)
Maiores de 65 anos 1.737 (24.78 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011

Evolución da poboación de Negreira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.847 6.958 8.440 7.771 6.497 6.941 7.077 7.079 7.091 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

No monte Corzán consérvanse megálitos. En Espiñaredo hai un conxunto de mámoas, con 32 pedras cunhas medidas de 32 metros de diámetro e 5 de altura. En Logrosa atopáronse dúas esculturas antropomorfas en posición hierática, con brazos e mans ben definidos, que se conservan nun museo compostelán[Cómpre referencia]. Hai restos de poboados castrexos en Broño, Logrosa, Vilachán e Xallas.

O asentamento de Nicraria Tamara (por estar situada á beira do Tambre) ten a súa orixe na idade antiga, vinculado a unha explotación de minas de prata. No ano 876 o rei Afonso III o Magno concedeu o feudo de Negreira ó bispo compostelán Sisando. No ano 979 houbo unha incursión normanda que arrasou a vila, reconstruída no ano 1113.

Os Reis Católicos declararon a vila Foro Real, o que supón a súa independencia do mando episcopal. Esta concesión foi renovada por Carlos I no ano 1520.

Cultura

Patrimonio

O Pazo do Cotón, situado ó pé do Camiño Real, é unha construción dos séculos XVII-XVIII, se ben está documentado xa desde moito tempo antes. Ten claustro e tripla arcada na porta da capela. Balaustrada barroca, piso superior cunha galería de grandes piares.

Economía

Fundamentalmente baseada no sector primario: agricultura e gandería. No concello cultívase principalmente millo, pataca e outros cultivos forraxeiros. Unha importante superficie fértil reservase á herba campía para pasto do gando (maioritariamente vacún). Na gandería explótanse principalmente o gando bovino, e na parte do vacún predominan as frisoas leiteiras. A produción de leite ten certa importancia: as cooperativas da bisbarra fundaron Feiraco, que hoxe é unha das maiores empresas leiteiras de capital galego.

Durante a guerra civil e a segunda guerra mundial houbo unha explotación mineira de tungsteno, se ben actualmente esas minas están pechadas.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Negreira.
Negreira Bosque 1

Bosque á beira de Negreira

Pazo de Coton.Negreira.Galiza

Pazo do Cotón

Pazo de Cotón.Negreira.Galiza

Pazo do Cotón

Negreira 01-05

Monumento á vaca (autor: M. Castelo)

Lugares de Negreira

Para unha lista completa de tódolos lugares do concello de Negreira vexa: Lugares de Negreira.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. El alcalde de Negreira mantendrá Urbanismo y Mar García asume el área social
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Afonso Eanes do Coton

Afonso Eanes do Coton foi un trobador galego, activo nas cortes de Fernando III e Afonso X; o seu trazo máis acusado é o realismo. Suponse que naceu a finais do século XII en Negreira, onde está o pazo do Cotón.

Consérvanse del catorce cantigas de escarnio e maldicir, dúas cantigas de amigo e dúas tenzóns, as dúas con Pero da Ponte, o seu discípulo e futuro asasino. Amais, hai dúbidas respecto á autoría de dúas pezas de escarnio e maldicir (quizais escritas por el ou por Pero Viviães), unha cantiga de amor (escrita por el ou por Airas Engeitado) e outra de amigo (escrita quizais por Paio Soares de Taveirós).

Para os seus contemporáneos era un vividor de moi má reputación, abarregado cunha tal María Pérez Balteira de fama aínda peor que a súa.

Alvite, Negreira

San Tomé de Alvite é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 273 habitantes (127 homes e 143 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 388 habitantes.

Aro, Negreira

San Vicenzo de Aro é unha parroquia situada ao leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 270 habitantes (125 homes e 145 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 364 habitantes.

Broño, Negreira

San Martiño de Broño é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 224 habitantes (111 homes e 113 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 328 habitantes.

Bugallido, Negreira

San Pedro de Bugallido é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 213 habitantes (95 homes e 128 mulleres) -94 menos ca en 1999-, distribuídos en 9 entidades de poboación.

No lugar do Cornado hai os restos dun campamento romano.

Campelo, Negreira

San Fins de Campelo é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 89 habitantes (39 homes e 50 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Campolongo, Negreira

Santa Cruz de Campolongo é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2014 tiña 199 habitantes (97 homes e 102 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 279 habitantes.

Carlos Negreira

Carlos Negreira Souto, nado no Río de Xaneiro o 16 de xullo de 1960, é un político galego militante do PPdeG.

Comarca da Barcala

A comarca da Barcala é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a ela os concellos da Baña e Negreira.

O nome desta comarca provén do río Barcala, que atravesa a demarcación e forma un val (Val de Barcala) dende o seu nacemento en terras do concello da Baña até a súa desembocadura no río Albariña, que acabará morrendo no Tambre, xusto despois do seu paso pola zona baixa da vila de Negreira.

Covas, Negreira

Santa María de Covas é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 151 habitantes (77 homes e 74 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 224 habitantes.

Fortaleza de Barcala

A Fortaleza de Barcala é unha fortaleza sita na parroquia de Broño, en Negreira, da que só quedan restos de tres muros de pedra concéntricos. Foi edificada sobre un antigo castro e no século XIV foi arrasada polos irmandiños.

Landeira, Negreira

Santo Estevo de Landeira é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 245 habitantes (112 homes e 136 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 322 habitantes.

Liñaio, Negreira

San Martiño de Liñaio é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 219 habitantes (104 homes e 115 mulleres), 114 menos ca en 1999. Ten nove entidades de poboación.

Logrosa, Negreira

Santa Baia de Logrosa é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE) en 2014 tiña 375 habitantes (180 homes e 195 mulleres), 99 menos ca en 1999. Ten 5 entidades de poboación.

Negreira, Negreira

San Xián de Negreira é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala; nela está situada a vila de Negreira, capital do concello. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.788 habitantes (1.860 homes e 1.928 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.086 habitantes.

Portor, Negreira

Santa María de Portor é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2014 tiña 262 habitantes (138 homes e 124 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 353 habitantes.

Torre de Broño

A torre de Broño era unha construción defensiva altomedieval que complementaba a fortaleza da Barcala. Está sita a 285 m de altitude nun outeiro denominado Monte do Castelo de San Martiño de Broño, próximo ás aldeas de Redemuíños, San Martiño, Camiño Real e Feáns, na parroquia de San Martiño de Broño, concello de Negreira. Na actualidade a torre está en ruínas e so quedan a mota e algún muro esborrallado.

O castro de Guimaráns, a fortaleza da Barcala e a torre de Broño están practicamente aliñados, e dominan tres tramos consecutivos do río Barcala.

Xallas, Negreira

San Pedro de Xallas é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 201 habitantes (95 homes e 106 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 276 habitantes.

Zas, Negreira

San Mamede de Zas é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE 2013) tiña 91 habitantes (39 homes e 52 mulleres) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 127 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.