Necrópole

Unha necrópole é un cemiterio ou lugar destinado a enterramentos. Etimoloxicamente significa cidade dos mortos, pois provén do idioma grego: (necro:morte, e polis:cidade). O termo emprégase tanto para designar cemiterios pertencentes a grandes urbes como para as zonas de enterramento que se atoparon preto de cidades de antigas civilizacións.

ErmitaRupestreSanVicente CerveraPisuerga 009
Tumbas antropomorfas en Cervera de Pisuerga (Palencia)

Historia

As necrópoles foron construídas por varias razóns, ás veces eminentemente relixiosas, como a Necrópole de Giza, en Exipto. O chamado Val dos Reis xorde durante o Imperio Novo, fronte a Menfis, co propósito de evitar os periódicos roubos dos ricos enxovais funerarios de faraóns e nobres exipcios, configurando os enterramentos como luxosas galerías subterráneas, pero ocultando e selando os seus accesos. A gran maioría foron saqueadas poucos anos despois.

Moitas culturas fundaron necrópoles en resposta á prohibición de practicar enterramentos dentro dos límites urbanos[Cómpre referencia]. Os camiños que partían das cidades foron ornados con monumentos funerarios, especialmente no Imperio romano. Aínda poden verse na Vía Apia de Roma, en Italia.

Durante o século XIX as necrópoles monumentais gozaron dun rexurdimento, alentado pola moda vitoriana, con grandes e elaborados sepulcros.

Alba, Vilalba

San Xoán de Alba é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE, en 2015 tiña 336 habitantes (167 mulleres e 169 homes), distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 478 habitantes.

Biblos

Biblos foi unha antiga cidade fenicia situada nun outeiro chamada Gubla nos textos cuneiformes e Gebal na Biblia. Actualmente é unha cidade do Líbano denominada Djubayl, trinta quilómetros ao norte de Beirut.

A súa etimoloxía provén do outeiro no que estaba situada (Gablu, montaña en lingua hebrea) que derivou no seu nome orixinal hebreo Gebal, pasando de aquí á forma grega Byblos e de alí a palabra Biblion "libro", que tamén orixinará o termo Biblia.

Foi unha activa cidade mercantil, mercado de papiros, madeira de cedro, e cobre do Cáucaso, convertida no centro comercial do Mediterráneo oriental. Mantivo vasalaxe cos faraóns do antigo Exipto; posteriormente foi cidade tributaria de asirios e persas.

Da antiga Biblos se conserva unha muralla de comezos da Idade de Bronce, o templo Baalat Gebal, unha necrópole e numerosos restos da época romana e medieval.

Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1984

Capela e necrópole de San Vítor de Barxacova

A capela e necrópole de San Vítor de Barxacova é un conxunto arqueolóxico situada no concello de Parada de Sil, formado polos restos dunha capela medieval e unha necrópole con tumbas antropomorfas escavada en pedra.

Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes é un poboado castrexo situado na ribeira dos Ancares, na parroquia do Castro, a 12 km da capital do concello de Cervantes, na provincia de Lugo.

Celtas en Transilvania

Os celtas en Transilvania apareceron no período tardío da Cultura de La Tène (século -IV).

A escavación da gran necrópole de Apahida, Condado de Cluj, por S. Kovacs a comezos do século XX, revelou as primeiras evidencias da cultura celta en Romanía. O asentamento, que data entre o século -III e -II, é notable polos seus enterramentos de cremación e, sobre todo polos os vasos funerais.

A historia cronolóxica dos celtas de Transilvania pode ser investigada a partir dos achados arqueolóxicos de La Tène, pero case non hai rexistros antigos que permiten a reconstrución dos acontecementos políticos na zona. Os celtas exerceron goberno político-militar sobre Transilvania entre o século -IV e -II, e trouxeron con eles unha tecnoloxía máis avanzada, o ferro. Eles foron os responsables da difusión do roda de oleiro nunha área moito máis ampla da que ocupaban.

Centro Arqueolóxico San Roque

O Centro Arqueolóxico San Roque é un museo situado na cidade de Lugo, Galicia, que amosa in situ os restos dunha necrópole da antiga Roma.

Drassanes Reials de Barcelona

As Drassanes Reials de Barcelona (Estaleiros Reais de Barcelona en catalán) son un edificio militar de estilo gótico que se atopa na fachada marítima de Barcelona. Comezaron a construirse a finais do século XIII durante o reinado de Pedro o Grande de Aragón e dende a súa orixe destináronse á construción das galeras da armada do rei de Aragón.

As escavacións realizadas no ano 2012 evidenciaron que a finais do século XVI, sobre os antigos estaleiros medievais, construíronse uns novos que corresponden ó edificio actual. O edificio militar estivo baixo a administración da Deputación do Xeneral de Cataluña durante toda a idade moderna até 1714. No ano 1935, os estaleiros foron cedidos ó Concello de Barcelona, que os converteu en sede do Museo Marítimo de Barcelona no ano 1941; o edificio foi declarado Monumento Histórico Artístico por decreto do Consello de Ministros de España o 5 de maio de 1976.Durante os traballos de adecuación que se fixeron no edificio, fixéronse tamén intervencións arqueolóxicas que achegaron datos relevantes sobre a historia do edificio. Por unha banda, atopáronse restos dunha necrópole romana. Tamén se determinou que, malia que o monumento comezouse a construír no século XIII, gran parte do que se conserva hoxe en día non é medieval como se coidaba, senón de época moderna (século XVI), pero mantendo o estilo gótico orixinal.

Fuentidueña

Fuentidueña é un concello español da provincia de Segovia, en Castela e León. Tiña en 2015 unha poboación de 144 habitantes.

Situada no extremo norte da provincia, a vila de Fuentidueña álzase sobre un estreito val formado polo río Duratón, situación xeográfica única que explica a importancia da vila durante a Idade Media. Entre os seus lugares de interese destacan as ruínas do castelo de Fuentidueña, as igrexas de San Martín, San Miguel e Santa María, o Hospital da Magdalena, a Capela do Pilar e a necrópole medieval.

Gizeh

Gizeh ou Xizá (en copto: ⲅⲓⲍⲁ, e en árabe exipcio: الجيزة) é unha cidade próxima ao Cairo, no suroeste da cidade, a poucos quilómetros na ribeira do Nilo. É capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah e a terceira maior cidade do Exipto, con 2 443 490 habitantes (2005).

Na actualidade é un importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo, cunha produción diversificada como a maquinaria, a industria química ou o tabaco.

A cidade posúe barrios musulmáns tradicionais así como luxosas urbanizacións ao longo do río e moitas embaixadas estranxeiras e sedes de órganos do goberno. As institucións educativas inclúen a Academia da Lingua Árabe, un Instituto de estudos de oftalmoloxía ou a Universidade do Cairo xa dende 1924.

Nela atópase a Meseta de Giza, na que se sitúa a famosa Necrópole de Gizeh, utilizada durante o Antigo Exipto, principalmente durante o Imperio Antigo.

Illa de Santa Comba

A Illa de Santa Comba tamén coñecida como "Illa do Medio" é unha illa galega, situada na provincia da Coruña, na costa norte do concello de Ferrol (parroquia de Covas). É unha illa alargada, de 5 hectáreas de superficie e completamente chaira. En realidade é unha antiga península que a erosión mariña, producida pola forza das ondas, separou da terra firme. Cando baixa a marea únese a terra por un estreito tómbolo de area, e cando esta sobe a illa queda dividida en tres porcións por angostas e profundas canles. Existe unha ermida consagrada a Santa Comba, cuxas orixes remóntanse ao século XII, é propiedade da Igrexa, e ao seu redor levouse a cabo unha importante escavación arqueolóxica onde se descubriu un antigo asentamento castrexo con forno de fundición de metal e unha necrópole altomedieval.

Lista de megálitos de Galicia

Esta é unha lista parcial de monumentos megalíticos de Galicia, ordenados por provincias.

Monte Iroite

O Iroite é un monte galego, altura máxima da serra do Barbanza, entre as rías de Muros e Noia e Arousa. Ten unha altura de 687 metros e o seu cume o comparten os concellos de Porto do Son, Boiro e Lousame.

No seu cume ten a súa sede o Escuadrón de Vixilancia Aérea número 10 (EVA 10), unha base aérea militar do Exército Español creada en 1980. O primeiro continxente de tropas chegou ao centro en 1981, se ben non comezou a estar operativo até o 1 de decembro de 1984. Foi inaugurado oficialmente o 6 de novembro de 1985 polo baionés José Santos Peralba Giráldez, xeneral xefe do Estado Maior do Exército do Aire, coa asistencia do presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor. Ten realizado misións operativas en colaboración co Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Universidade de Santiago de Compostela.

Ó seu pé, cara ó sur e ó poñente, esténdense as Chans do Iroite, unha penichaira a monte baixo moi coñecida pola súa necrópole megalítica, na que destacan as mámoas con cámara da Casota do Páramo e a Arca de Barbanza.

Muíños

Muíños é un concello do sur da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. Limita ao norte con Lobeira, Bande e Porqueira, ao leste con Calvos de Randín, ao sur con Portugal e ao oeste con Lobios. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.622 habitantes (1.821 en 2011, 2.012 en 2003).

Necrópole de Gizeh

A Necrópole de Gizeh é unha parte dunha das principais necrópoles do Antigo Exipto, a necrópole da cidade de Menfis. Situada na chaira de Gizeh, ao oeste da poboación homónima, a uns vinte quilómetros do Cairo. Comezou a empregarse durante a segunda dinastía, téndose atopado cerámica datada no reinado de Nynecher. Nela atópanse as famosas pirámides construídas polos faraóns da cuarta dinastía. Foi utilizada principalmente durante o Imperio Antigo.

A súa superficie xeolóxica é de pedra calcaria e é coñecida como formación Muqqatam. Presenta unha suave pendente con dirección noroeste a sueste e divídese en tres capas primarias nas que se alternan a pedra dura e branda. Cando ocorría a crecida anual do Nilo, a auga estendíase por toda a beira da meseta.

Está conformada principalmente por un grupo de complexos piramidais da cuarta dinastía (2613 a 2494 a.C.) os dos faraóns Queops, Quefrén e Micerinos (Khufu, Khafra e Menkaura). Gran parte da pedra empregada para a realización destes monumentos provén das canteiras locais, coma a da próxima Tura.

Na actualidade, as construcións de Gizeh xa non se ven como o resultado da ardua tarefa dos escravos, senón máis ben coma proxectos públicos de grande envergadura, motivados pola relixión e levados a cabo ata a súa finalización por e para o beneficio de toda a nación. Para o exipcio medio a pirámide era moito máis ca morada do faraón. A enorme necrópole de Menfis non se salvou da reutilización masiva das súas pedras, durante máis dun século abasteceu a cidade do Cairo para a construción de moitos dos seus barrios. En 1882, W. Flinders Petrie denunciou a desaparición progresiva do monumento que estaba sendo despoxado da súa pedra a un ritmo de trescentos camelos ao día.

O Grove

O Grove é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 758 habitantes. Forma unha península situada na beira sur da ría de Arousa. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «groveiro», «grovense» ou popularmente «meco».

Saint-Denis

Saint-Denis é unha comuna francesa situada no departamento de Seine Saint-Denis na rexión de Illa de Francia. Saint-Denis localízase nos suburbios de París, a 9,4 km ao norte de devandita cidade. Nesta localidade atópanse a necrópole real da Basílica de Saint-Denis e o estadio nacional de Francia, o Stade de France, construído para albergar a Copa Mundial de Fútbol de 1998.

Inicialmente un suburbio industrial, Saint-Denis converteuse nos últimos tempos nunha localidade residencial, habitada en gran parte por inmigración musulmá provenientes das antigas colonias francesas.

Santa Margalida

Santa Margalida é un concello das Illas Baleares. Esténdese por unha área de 86.51 km² onde no ano 2007 vivían 10.608 habitantes. Encóntrase na illa de Mallorca.

Saqqara

Saqqara é o emprazamento da necrópole principal da cidade de Menfis, a uns 17 quilómetros da periferia de Giza, na cidade do Cairo. Estivo en uso dende a Dinastía I (aproximadamente 3100 a.C.) ata época cristián (ano 540).

Siracusa

Siracusa (/ˈsɪrəˌkjuːs, -ˌkjuːz/; italiano: Siracusa, siciliano: Sarausa/Seragusa; latín: Syrācūsae, grego antigo: Συράκουσαι, Syrakousai, grego medieval: Συρακοῦσαι) é unha cidade histórica na illa de Sicilia, é a capital da provincia italiana de Siracusa. A cidade é notable pola súa rica cultura grega, o anfiteatro, a arquitectura e como lugar de nacemento e morte do preeminente matemático, físico e enxeñeiro Arquímedes. Esta cidade de 2.700 anos de antigúidade desempeñou un papel fundamental nos tempos antigos, cando foi unha das grandes potencias do mundo Mediterráneo. Siracusa está situada no canto sueste da illa de Sicilia, ao lado do Golfo de Siracusa xunto ao Mar Xónico.

A cidade foi fundada polos antigos corintos gregos e teneos e converteuse nunha cidade estado moi poderosa. Siracusa aliouse con Esparta e Corinto e exerceu influencia sobre a totalidade de Magna Grecia, da que foi a cidade máis importante. Descrita por Cicero como "a maior cidade grega e a máis fermosa de todas", igualou a Atenas en tamaño durante o século V a. C. Máis tarde converteuse en parte da República Romana e do Imperio Bizantino. Co emperador Constante II foi a capital do Imperio Romano (663-669). Logo Palermo a superou en importancia, como capital do Reino de Sicilia. Eventualmente o reino uniríase co Reino de Nápoles para formar as Dúas Sicilias ata a unificación italiana de 1860.

O centro histórico da cidade está desde o ano 2005 na lista da UNESCO de Patrimonio da Humanidade xunto coa Necrópole de Pantalica. Na zona central, a propia cidade ten unha poboación de 121.318 habitantes (31-08-2018), sendo a cuarta cidade en número de habitantes de Sicilia. As festas locais celébranse o 13 de decembro en honor a Santa Lucía.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.