Nazón de Breogán

A expresión Nazón de Breogán procede do final da sexta estrofa do poema Os Pinos de Eduardo Pondal, que constitúe a letra do himno galego.

Dentro da mitoloxía celtista de Pondal, inspirada no Libro das invasións de Irlanda, Breogán tería sido un rei celta de Galiza en tempos prehistóricos. No poema, Fogar de Breogán, Nazón de Breogán, Rexión de Breogán e Eidos de Breogán representan a Galiza.

Esta expresión, de fondo contido nacionalista, motivou que a "segunda parte" do himno (estrofas terceira e cuarta) estivese prohibida durante o franquismo.

Véxase tamén

Outros artigos

Gallaecian metal compilation

O Gallaecian metal compilation é un CD duplo lanzado no ano 2006 por Falcatruada. Reúne a 26 grupos do panorama musical galego de diversos estilos (Hard-Rock, Metal, Heavy, Gothic, Black...).

Lebor Gabála Érenn

O Lebor Gabála Érenn (en irlandés medio, Leabhar Gabhála na hÉireann en irlandés moderno - Libro das conquistas de Irlanda, sería a tradución ó galego) é un conxunto de manuscritos que relatan a construción nacional irlandesa coma o sumatorio das distintas invasións dende a súa creación ata o século XI, data na que está escrito.

Nacionalismo galego

O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:

É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade. A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.