Naxos

Naxos (en grego Νάξος) é unha illa grega do mar Exeo, que pertence ao arquipélago das Cícladas. Ten 429 km² e 19.000 habitantes, o que a fai a máis grande das illas das Cícladas no mar Exeo. foi o centro da arcaica cultura das Cícladas. A illa é famosa por ser unha fonte de esmeril, unha rocha rica en corindón, que ata a época moderna foi un dos mellores abrasivos dispoñibles.

A cidade máis grande e capital da illa é Chora ou Naxos, con 6.533 habitantes (censo 2001). Os principais pobos son Filoti, Apiranthos, Vivlos, Agios Arsenios, Koronos e Glinado.

Naxos
Νάξος
GR Naxos
Localización da illa
Naxos towns
Mapa da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
Periferias de GreciaExeo Meridional
ArquipélagoCícladas
MarMar Exeo
Coordenadas37°05′N 25°28′L / 37.083, -25.467Coordenadas: 37°05′N 25°28′L / 37.083, -25.467
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie429´785 km²
Longura máxima32´5 km.
Largura máxima21´7 km.
Punto máis alto1.004 m Monte Zeus
Demografía
CapitalNaxos (Chora)
Poboación18.904 hab. (2011)
Densidade44 hab./km²
Lingua propiaGrego

Mitoloxía

Naxos Gate
Vestixios dun templo arcaico (dedicado a Apolo).
GR-Naxos-MtZas 2 View East 1
Paisaxe da illa
Portara Naxos 26
Entrada ao templo de Apolo (Portara)
Naxos2
Chora

De acordo coa mitoloxía grega, o mozo Zeus criouse nunha cova no monte Zas ("Zas", que significa "Zeus"). Homero menciona "Día"; literalmente, a illa sagrada "da deusa". Karl Kerényi explica (falando coma se fose un grego antigo):

Unha lenda conta que na época heroica antes da Guerra de Troia, Teseo abandonou á princesa Ariadna de Creta filla do rei Minos, nesta illa despois de que ela axudáralle a matar ao Minotauro e escapar do labirinto. Dioniso (deus do viño, festas, e a enerxía primordial da vida) que era o protector da illa, rescatou a Ariadna e namorouse dela. Pero co tempo Ariadna, incapaz de soportar a súa separación de Teseo, ou ben se matou (segundo os atenienses), ou ascendeu ao ceo (segundo versións anteriores). A parte do mito de Naxos de Ariadna tamén se conta na ópera de Richard Strauss Ariadne auf Naxos.

Noutra versión da lenda, relatada brevemente por Homero na Odisea (XI, 321-325), Artemisa mata á Ariadna en «Día, a illa bañada por ríos», que Diodoro Sículo asimila a Naxos, pero é máis probable que sexa a actual Día, ao longo da costa norte de Creta. O que si é certo é que a illa rendía culto a Dioniso, patrón das viñas, que eran o seu principal cultivo.

Os irmáns xigantes Oto e Efialtes figuran en polo menos dous mitos Naxos: nun, Ártemis comprou o abandono do asedio que puxeron en contra dos deuses, ofrecendose a vivir en Naxos como amante de Otus; noutro, os irmáns asentaronse en realidade en Naxos.

Historia

Naxos Venetian Tower
Fortaleza veneciana de Naxos.

Naxos foi habitada antes do final do primeiro período cicládico (antes do 2000 a. C.). Foi colonizada polos xonios en época arcaica. Rapidamente fíxose próspera. Acadou o apoxeo da súa gloria nos séculos VII e VI a. C., nos que domina, entón, a todas as Cícladas.

Ofrece a esfinxe chamada dos naxios en Delfos e os soados leóns de Naxos en Delos. En 500 a. C., os persas fracasan diante da illa, o que marca o fin de sur expansión en Xonia. En 527 a. C., unha nova expedición persa é organizada contra as Cícladas, con Aristágoras, gobernador de Mileto, á cabeza. De novo, o asedio fracasa. A finais do século VI a.C., alcanza o seu apoxeo baixo o tirano Ligdamis, instalado alí segundo Herodoto, por Pisístrato. O historiador di que nesta época, ela «excede a todas as outras illas en prosperidade» (Historia, V, 28).

En 491 a. C., durante a primeira guerra médica, ten lugar a vinganza persa: Naxos é tomada polo xeneral Datis, os habitantes que non puideron fuxir son reducidos á escravitude, a cidade e os templos son incendiados. Os naxios fan logo defección e na batalla de Salamina achegan catro trirremes aos gregos.

Tras a vitoria, forma parte da confederación de Delos. Moi rapidamente, sublévase contra o imperialismo ateniense: en 468 a. C., Naxos fai defección coa súa frota, e entón é asediada e sometida por Atenas, «contrariamente á norma», segundo Tucídides (I, 98, 4). Os atenienses enviaron clerucos (colonos) á illa, 500 tras o exilio de Tucídides, o adversario de Pericles, en 443 a. C.. En 338 a. C., é conquistada polos macedonios, e en 166 a. C. polos romanos.

Na Idade Media, como o resto das Cícladas, a illa foi conquistade polos venecianos como resultado da Cuarta Cruzada, en 1207. O veneciano Marco Sanudo convértese en Duque de Naxos. Constrúe o forte rodea a cidade vella. Naxos pasa logo aos otománs de 1579 a 1821.

Escavacións e restos arqueolóxicos

Naxos, florecente nos séculos VII e VI a. C., foi explorada con particular éxito por Kondoleon. na rexión interior, ao sur da aldea de Sangri, existía un templo arcaico de Deméter e Core (tiña planta cadrada con 13 m de lado), que resultou posteriormente integrado nunha basílica do século V.

A antiga cidade de Naxos coincidía en nome e emprazamento coa pequena cidade actual. Da época arcaica consérvanse, no illote anterior a Palati, os restos un grandiosos portalón, entre eles dun templo xónico do século VI a. C. Xa identificado en 1924 por G. Welter como un hekatompedon (a cella ten 30,50 m) e posteriormente escavado e estudado por G. Gruben a partir de 1968. O templo, presuntamente dedicado a Apolo, era in antis en ambas as frontes, mentres a cella dividíase en tres naves.

Nos anos 60, Zaphiropoulos ocupouse dunha necrópole xunto ao poboado de Tsikalario, que permanecera en uso desde a época xeométrica ata o século VII.

Kondoleon, en 1971, estudou a antiga cidade de Naxos e a necrópole de Aplomata, rica en esculturas cicládicas.

Entre os varios materiais recuperados nos estratos arcaicos de Naxos e Paros merecen especial atención os numerosos documentos que testemuñan a habilidade dos escultores destas illas.

Notas

  1. Kerenyi, Karl (1951). The Gods of the Greeks. pp. 271–272.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aeroporto de Atenas-Eleftherios Venizelos

O aeroporto de Atenas-Eleftherios Venizelos (IATA: ATH, ICAO: LGAV) é o principal aeroporto internacional da cidade de Atenas e da rexión de Ática. É o aeroporto máis concorrido de Grecia e serve de centro de conexións e base principal para Aegean Airlines ademais de outras aeroliñas gregas. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 20 017 530 pasaxeiros, sendo o 28º aeroporto máis concorrido de Europa.

Aeroporto de Míconos

O aeroporto internacional de Míconos (IATA: JMK, ICAO: LGMK) é un aeroporto situado a 4 km da cidade de Míconos, en Grecia. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 999 026 pasaxeiros.

Aeroporto de Santorini (Thira)

O aeroporto internacional de Santorini (Thira) (IATA: JTR, ICAO: LGSR) é un aeroporto en Santorini/Thira, Grecia, situado ao norte da vila de Kamari. O aeroporto ten tanto un uso militar como civil. Santorini é unha das poucas illas Cícladas cun grande aeroporto. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 1 685 695 pasaxeiros.

Amorgos

Amorgos (en grego Αμοργóς) é unha illa grega do Mar Exeo, a máis occidental do grupo das Cícladas e a máis próxima ao arquipélago veciño do Dodecaneso, situada ao sueste de Naxos, a 138 millas mariñas do porto do Pireo. Ten unha superficie de 126´346 km² e 112 km de costa. A súa poboación era de 1.973 habitantes en 2011. Ten dous portos, ambos na costa enfronte de Naxos: Katàpola ao oeste e Egiali ao leste. O punto máis alto está no extremo leste da illa, na cima do Kríkelo (821 m). A capital da illa é Amorgos, ou Khora, situada no interior, a 320 m por encima de Katàpola.

O Monte Krikellos ao leste de Egiali culmina a 821 m.

Amorgos foi sempre considerada como unha «illa estéril». Homero dicía dela que era unha «illa espida».

O lugar máis coñecido da illa é o pequeno mosteiro de Khozoviótissa, fundado no século XI, que colga no medio dun cantil a 300 m sobre o mar na costa este, e que aparece na película O grande azul de Luc Besson.

Apolo

Apolo é un deus da mitoloxía grega, deus do Sol e de tódalas artes en xeral. Fillo de Zeus e de Latona, naceu na illa de Delos. Asentouse no santuario de Delfos, tras dar morte a serpe Pitón, e estableceu alí o seu principal oráculo como deus da adiviñación e a mántica. É tamén o deus da música, a medicina e a poesía e como tal preside o coro das nove Musas, que viven no monte Helicón. A súa beleza era extraordinaria, aínda que ningún mortal o vira nunca, xa que a luz que desprendía deixaba cego a quen o mirara. É tamén o nome que recibiu a misión da NASA que levou ó home á Lúa (Apollo program).

Ariadne auf Naxos

Ariadne auf Naxos (en galego Ariadna en Naxos) é unha ópera en dúas partes (prólogo e un único acto) con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal, baseada en Le Bourgeois Gentilhomme de Molière e o mito grego de Ariadna e Baco. O 25 de outubro de 1912 estreouse a súa primeira versión no Kleinen Haus des Hoftheaters de Stuttgart, e a versión definitiva, o 4 de outubro de 1916 na Hofoper de Viena. Trátase da ópera máis famosa de Richard Strauss logo de Der Rosenkavalier. Durante a vida do compositor, a ópera foi producida apenas unha vez, en 1926, cando se fixeron tres presentacións, unha delas dirixida polo propio Strauss. Só tres décadas despois volveu Ariadne auf Naxos aos escenarios, sendo presentada no Salzburg Festival cun grande éxito con Karl Böhm en 1954. O seu número de opus é o 60.

Aristágoras de Mileto

Aristágoras de Mileto (en grego antigo: Ἀρισταγόρας ὁ Μιλήσιος Aristagórās ho milēsios) foi un tirano da cidade xonia de Mileto a finais do século -VI e principios do século -V.

Cícladas

As Cícladas ou Cíclades, do grego Κυκλάδες, que significa "circular", é un arquipélago no sur do mar Exeo. O seu nome indica as illas que forman un círculo arredor da illa sagrada de Delos, (patria dos deuses Apolo e Ártemis), en contraposición ao resto das illas do Exeo ás que chamaron Espóradas (do grego: Σποράδες, dispersas).

Delos

Delos, (grego Δήλος, Dhilos) estable e visible, é unha das máis pequenas illas das Cícladas, no mar Exeo tamén chamada Lagia, illa das lebres; Ortigia, illa dos paspallás; Cintera, tamén Clamidia, Cintos, Pirpile e Pelasgia.

Donoussa

Dhenoúsa (grego: Δονούσα, tamén Δενούσα - Denousa) é unha illa das Cícladas, próxima a Naxos. Atópase ao leste de Amorgos e ao leste de Naxos. Ten unha superficie de 13 km² e soamente 167 habitantes. A altura máxima da illa a alcanza no monte Papas (Πάπας, 383 m) e no Vardia (Βάρδια, 386 m).

Ducado de Naxos

O ducado de Naxos (italiano: Ducato di Nasso, grego: Δουκάτον Νάξου Dukáton Náksu ) ou tamén ducado do Arquipélago (en italiano: Ducato dell'arcipelago, grego: Δουκάτον Αρχιπελάγους Dukáton Arkhipelágus) ou ducado do Exeo (en italiano: Ducato dell’ Egeopelagi, en grego: Δουκάτον Αιγαίου Dukáton Egeu) foi un estado cruzado fundado despois da Cuarta Cruzada nos territorios bizantinos. Estableceuse en varias das illas Cícladas do mar Exeo en Grecia. A súa capital foi Naxos, conquistada por Marco Sanudo. O ducado, fundado polos venecianos mantívose firme baixo a soberanía do emperador latino de Constantinopla. O sistema feudal occidental superpúxose sobre o sistema bizantino. Tanto o cristianismo católico como o ortodoxo convivían xuntos.

O ducado foi gobernado primeiro pola dinastía dos Sanudo (séculos XIII e XIV), e logo pola dos Crispo (séculos XV e XVI). En 1537, o ataque de Hayr al-Din Barbarroxa someteu ao ducado á soberanía otomá co duque sendo un tributario do sultán. En 1566, o último duque italiano, foi oficialmente substituído por Selim II que nomeou a Xosé Nasi. Xosé Nasi gobernou o ducado até 1579. Despois dun período transitorio no que se asignou o título a varios personaxes, o ducado disolveuse cara a 1617.

Felice Gimondi

Felice Gimondi, nado en Sedrina o 29 de setembro de 1942 e finado en Giardini-Naxos o 16 de agosto de 2019, foi un ciclista italiano, coñecido por ser un dos poucos que gañou as tres Grandes Voltas e o que máis veces subiu ao podio no Giro de Italia.

Igrexa católica bizantina grega

A Igrexa católica bizantina grega é unha Igrexa particular da Igrexa católica, estabelecida no século XIX.

Irakleia

Irakleia ou Heraklia (grego: Ηρακλειά) é unha illa e comunidade que pertence ás Cícladas en Grecia. Desde a reforma do goberno local de 2011 forma parte da municipalidade de Naxos e Cícladas menores, da que é unha unidade municipal. A súa poboación era oficialmente 141 habitantes no censo de 2011, e a súa superficie é de 17´795 km². É unha illa pequena pero fermosa entre as illas de Naxos e Ios. Nas proximidades das illas de Schoinoussa, Koufonisi, Donoussa, e Keros, xuntas forman as Cícladas menores. O porto chámase Agios Georgios, mentres que a "capital" (chora) na parte superior da illa chámase Panagia (Madonna). As covas máis grandes das Cícladas atópanse en Irakleia. A Irakleia pódese chegar en grandes barcos desde Atenas, Naxos e Paros.

Martiño I, papa

Martiño I, nado en Todi (Umbría) e finado no Quersoneso (Crimea) o 16 de setembro de 655, foi o papa nº 74 da Igrexa católica de 649 a 655.

Míconos

Míconos (en grego: Μύκονος) é unha illa de Grecia pertencente ás Cícladas, situada entre Tinos (ao noroeste), Siros (ao oeste), Paros (ao sueste) e Naxos (ao sur). Ten unha superficie de 86 Km² e unha altitude máxima de 364 m. A illa ten un chan maioritariamente granítico e unha importante escaseza de auga que fai imprescindible a súa obtención mediante desalación. Conta con 6.200 habitantes. A poboación principal é Miconos (Chora), situada na parte occidental da illa.

Paros

Paros (grego Πάρος, latín Parus) é unha pequena illa grega situada no mar Exeo, ao sur de Delos e ao oeste de Naxos, da que está separada por unha canle. Pertencente ao conxunto das Cícladas, é a terceira en tamaño con 207 Km² de extensión e 118 km de praias. É unha illa sen apenas vexetación, montañosa e con grandes extensións chairas aptas para o cultivo. Posúe dous grandes golfos naturais, o de Naussa e o de Parikia. Ten unha poboación de 15.000 habitantes, coñecidos polo xentilicio de parios.

Richard Strauss

Richard Strauss, nado en Múnic o 11 de xuño de 1864 e finado en Garmisch-Partenkirchen, Baviera, o 8 de setembro de 1949, foi un director de orquestra e compositor alemán de música clásica, particularmente salientable polos seus poemas sinfónicos, óperas e lieder. A súa longa traxectoria abrangue dende o romanticismo serodio até a metade do século XX. Membro dunha familia de grandes intérpretes e compositores vieneses, Richard Strauss, o polifonista moderno máis importante, é un caso sobranceiro na historia da música, tanto pola influencia exercida sobre os seus contemporáneos, como pola autonomía dunha obra sen fendas nin descontinuidades. Strauss tivo sobre todo dous referentes musicais, Wolfgang Amadeus Mozart e Richard Wagner, e no seu traballo ámbalas dúas figuras loitaron pola posesión da súa ánima artística. Declarouse de conviccións ateas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.