Navia de Suarna

Navia de Suarna é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.211 habitantes (1.615 no 2006, 1.680 no 2005, 1.732 no 2004, 1.807 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «naviego».

Coordenadas: 42°57′54″N 7°0′16″O / 42.96500, -7.00444

Navia de Suarna
Escudo de Navia de Suarna
Ponte da Proba
Ponte medieval da Proba
Situacion Navia de Suarna
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca dos Ancares
Poboación1.103 hab. (2018)
Área242,6 km²
Densidade4,55 hab./km²
Entidades de poboación19 parroquias
Capital do concelloNavia de Suarna
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Fernández Fernández (PSdeG-PSOE [3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Navia de Suarna
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes90,45%
Na rede
concellonaviadesuarna.es
concello.naviadesuarna@eidolocal.es

Xeografía

O concello, de 242 km², está situado ao leste da provincia de Lugo, no norte dos Ancares. Limita ao noroeste coa Fonsagrada, ao nordeste con Ibias (Asturias), ao suroeste con Cervantes e ao leste con Candín (provincia de León).

Está atravesado polo Río Navia, e polos seus afluentes Ser, Rao, Moia e Bullán. O cumio máis alto é o porto de Ancares (1680 m). Nas Penas de Frou existen unhas covas.

Poboación

Censo total 1.211 (2015)
Menores de 15 anos 41 (3.38 %)
Entre 15 e 64 anos 598 (49.38 %)
Maiores de 65 anos 572 (47.23 %)
Evolución da poboación de Navia de Suarna   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
6.670 6.633 6.546 3.773 1.732 1.441 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Hai restos megalíticos, como as mámoas e dolmens de Ferreirúa e Vilarpandín. Da cultura castrexa hai restos de até 25 castros, como os de Monterrío, O Coedo, Larxentes, Cantón e Cabanela (unidos por un corredor de 300 m), Cruz de Liñares, Casa do Río, Sevane, Vilela ou Galegos. Na parroquia de Rao está o Campamento romano da Recacha. En Moia, Quintá, Muñís e Ribón consérvanse pallozas.

Da idade media son as sepulturas de Abrente e Molmeán. O castelo de Navia ten a súa orixe no século XI. Pasou a mans dos Osorio e da casa de Altamira, e foi destruído durante a Gran Guerra Irmandiña, e rehabilitado posteriormente para vivendas. A ponte da Proba, sobre o río Navia, é de orixe romana. Ten un só arco apuntado, con muros altos e calzada empenada.

Patrimonio

A igrexa de san Miguel de Barcia conserva a ábsida románica, do século XIII. O templo de santa María de Rao é de nave rectangular, presbiterio con bóveda redonda sobre catro arcos, retablo maior do século XVIII e un retablo lateral renacentista, do século XVI. A igrexa de san Salvador de Mosteiro conserva a nave románica con armadura de madeira. A ábsida está formado por un tramo recto con bóveda de canón e o testeiro semicircular, con bóveda en cuarto de laranxa. Ten un retablo salomónico de tres fornelos no corpo principal. O templo de santo Estevo de Vilarpandín ten tres naves, con presbiterio na cabeceira e dúas sancristías nos laterais. Conserva tallas dos séculos XV e XVI.

En san Xosé de Muñís hai unha capela con retablo barroco, de tres fornelos e catro columnas salomónicas. outras capelas de importancia son as de Abrente, Marcelín e Molmeán.

Dentro da arquitectura civil, amais das pallozas e piornos, existen diversos muíños, pombais e cortíns, en Pan do Zarco e Vispeiro.

Gastronomía

Nesta zona faise o queixo do Cebreiro. Outros produtos da zona son produtos de caza e pesca e as androllas, produto derivado do porco do que o domingo de entroido se celebra a festa da androlla.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Navia de Suarna.
Mapa parroquias Navia de Suarna

Mapa das parroquias do concello de Navia de Suarna

A Proba

A Proba de Navia, vista desde Freixís.

Reserva de la Biosfera de Os Ancares Valle del rio Ser

Val do río Ser.

Ponte, Navia de Suarna

Ponte da Proba.

Lugares de Navia de Suarna

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Navia de Suarna vexa: Lugares de Navia de Suarna.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Navia de Suarna". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
A Proba de Navia, Navia de Suarna

Santa María Madanela da Proba de Navia é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 273 habitantes (146 homes e 127 mulleres), o que supón unha diminución de 42 habitantes en relación co ano 2011.

Barcia, Navia de Suarna

San Miguel de Barcia é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 60 habitantes, deles 31 eran homes e 29 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Cabanela, Navia de Suarna

Santa María de Cabanela é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 73 habitantes, deles 39 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Castañedo, Navia de Suarna

Santiago de Castañedo é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 104 habitantes, deles 52 eran homes e 52 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Castelo de Navia

O castelo de Navia é unha fortaleza medieval situado no centro urbano de Navia de Suarna.

Comarca dos Ancares

Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Folgueiras, Navia de Suarna

Santa Eufemia de Folgueiras é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 57 habitantes, deles 26 eran homes e 31 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Moia, Navia de Suarna

Santiago de Moia é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 54 habitantes, deles 30 eran homes e 24 eran mulleres, o que supón unha diminución de 4 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Muñís, Navia de Suarna

San Xosé de Muñís é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 45 habitantes, deles 24 eran homes e 21 eran mulleres, o que supón unha diminución de 6 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Queizán, Navia de Suarna

Santiago de Queizán é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 71 habitantes, deles 35 eran homes e 36 eran mulleres, o que supón un aumento de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Rao, Navia de Suarna

Santa María de Rao é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 152 habitantes, deles 85 eran homes e 67 eran mulleres, o que supón unha diminución de 9 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Ribón, Navia de Suarna

Santa Mariña de Ribón é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 27 habitantes, deles 20 eran homes e 7 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Serra de Barreiro

A serra de Barreiro é unhas das serras orientais de Galiza, ten orientación NO-SE e está situada no limite do concello de Navia de Suarna co Principado de Asturias. Na súa vertente sur nacen algúns afluentes do río Rao.

O punta de maior altitude da serra é o Dangoleo, con 1.181 metros sobre o nivel do mar.

Serra de Louxas

A serra de Louxas é unhas das serras orientais de Galiza, ten orientación Leste-Oeste e está localizadas en terra da Fonsagrada e de Navia de Suarna. Ten un relevo suave e achairado, que é aproveitado en boa parte para pasteiros e cultivos.

O punto de maior altitude é A Louriña, con 912 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Piornal

A serra do Piornal é unhas das serras orientais de Galiza, con orientación NO-SE. Limita ao norte co concello de Pedrafita do Cebreiro e ao nordeste con Navia de Suarna.

O monte máis alto é o monte Carballeda, con 1.392 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Surcio

A serra do Surcio é unha das serras orientais de Galiza, con orientación NO-SE e localizada no límite de Navia de Suarna con Asturias. Na súa vertente sur nace o río Rao (tamén coñecido como río Balouta), un afluente do río Navia.

O punto de maior altitude da serra é o Pico de Surcio, con 1.456 metros sore o nivel do mar.

Serra dos Ancares

A serra dos Ancares é unha cordilleira administrativamente dividida entre Galicia e Castela e León, no extremo suroeste da cordilleira Cantábrica. Encóntrase situada na parte máis oriental da provincia de Lugo e na parte máis occidental da provincia de León.

Son, Navia de Suarna

Santa María de Son é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 105 habitantes, deles 60 eran homes e 45 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Vallo, Navia de Suarna

Santa Mariña de Vallo é unha parroquia do concello de Navia de Suarna na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 55 habitantes, deles 29 eran homes e 26 eran mulleres, o que supón unha diminución de 0 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.