Navia, Asturias

Navia é un concello de Asturias. Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Villaión, ao leste con Valdés e ao oeste con Coaña. O concello cobre unha superficie de 63 km² e contaba cun total 9.058 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 143,78 hab/km².

Ten varias industrias importantes: a papeleira do grupo ENCE (que exporta a súa pasta de papel polo porto de Ribadeo), Astilleros Armón ou a láctea Reny Picot.

Coordenadas: 43°32′21.14″N 06°43′25.01″O / 43.5392056, -6.7236139

Navia, Asturias
Bandeira de Navia, Asturias Escudo de Navia, Asturias
Ayuntamiento de Navia
Casa do Concello.
Situación
Navia
Xeografía
Provincia Provincia de Asturias
Comarca Eo-Navia
Poboación 9.015 hab. (2011)
Área 63,12 km²
Densidade 142,82 hab./km²
Entidades de poboación 8 parroquias
Capital do concello Navia
Política (2011)
Alcalde Ignacio García Palacios (PSOE)
Concelleiros PP: 5
PSOE: 7
Outros: FAC 1
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes %
Páxina web oficial
www.ayto-navia.es

Historia

Os primeiros asentamentos de homínidos atopados en Navia son do paleolítico inferior como o proban os restos de diferentes ferramentas de pedra. Tamén habitaron o territorio os neandertais, dos que apareceron restos tumularios ao longo do concello, en lugares coma Andés, Anlleo, Tox (Villapedre) ou Villanclán entre outros.

Hai 2600 anos apareceron no chan naviego os primeiros pobos celtas procedentes de Europa central, que asimilarían culturalmente aos habitantes previos do territorio. Aparecen nesta época as agrupacións humanas nos castros que teñen gran valor arquitectónico e os cales representan nos nosos días importantes monumentos. Durante a coexistencia na zona da tribo celta-galaica dos Albións e da astur dos Pésicos é cando se ten referencia do primeiro asentamento humano na marxe dereita da ría de Navia. O nome do pobo e a ría vén da admiración, relación e tributo que os antigos habitantes tiñan pola auga.

Idade Media

Dende a romanización ata a Baixa Idade Media non hai moitas referencias históricas e gráficas. A partir do século X a organización de feudos e clases nobres e a creación de igrexas e o labor administrativo da igrexa, levan á fundación de mosteiros (Santa Marina de Vega, San Salvador de Piñera, San Martín de Siloyo).

No século XII o concello de Navia comprendía os territorios de Villayón, La Montaña e a propia Navia, situación esta que se mantivo ata o século XIX. A primeira noticia documentada de Navia data do século X, e refírese a unha doazón feita ao bispo de Oviedo dunhas terras en Andés. Durante os séculos XI e XII ten lugar unha mellora económica na zona debida a unha grande acumulación de terras, gando e cartos por parte dos señoríos.

No século XIII Navia non é allea á política de desenvolvemento e repoboación que se dá en todo o territorio, concedéndolle o Rei Afonso X a "carta de puebla" en 1270. Os séculos XIV e XV son etapas de gran recesión en tódolos sentidos debido en gran medida ás catástrofes climatolóxicas que acaban coas colleitas e o gando, e polas incesantes loitas dinásticas, facendo medrar a bandidaxe e o terror.

Os séculos seguintes (XVI e XVII) estiveron marcados aínda pola gran miseria económica herdada do século anterior, aínda que tamén apareceron novos problemas para a sociedade como foi a loita contra os piratas e corsarios ingleses e franceses.

Século XVIII

O século XVIII trae unha mellora na situación económica do concello debido á expansión dos cultivos e plantacións, o incremento da produción de carne e a diversificación de oficios e artesanías.

A invasión Francesa do século XIX altera a vida social en toda Navia, axudando a xente do concello a botar do territorio aos invasores. Entramos nunha grande época de prosperidade económica da man dos burgueses con cartos e aos emigrantes de ultramar, indianos. A eles débense a mellora das comunicacións e das infraestruturas e, en xeral, do nivel de vida das xentes do concello durante o final do XIX e comezos do XX.

A finais do século XIX cando se emancipan os territorios de Villaión e La Montaña deixando o concello de Navia como é hoxe en día.

Skyline de Navia
Vista panorámica de Navia dende El Espín, concello de Coaña. Á dereita a nova ponte da autoestrada A-8.

Poboación

Gráfica da poboación de Navia, (Asturias)
(*) En 1877 emancípase Villaión
Fonte: Instituto Nacional de Estadística de España - Adaptación da gráfica Wikipedia ES

Goberno e política

Dende 1979, o partido que máis tempo leva no gobernado do concello é o PP (véxase lista de alcaldes de Navia). O actual alcalde é do Socialista Ignacio García Palacios.

Eleccións municipais
Partido 1979 1983 1987[3] 1991[3] 1995[3] 1999[3] 2003[3] 2007[3] 2011[4]
PSOE 1 4 5 5 3 4 5 6 7
CD / AP / PP 4 3 8 7 3 7 6 6 5
FAC 1
PCE / IU / IU-BA / IU-Los Verdes 2 0 0 1 0 1 1 1 0
UCD / CDS 6 1 0
CICN 7
CINA 1
URAS / URAS-PAS 1 0 0
Independentes 5
Total 13 13 13 13 13 13 13 13 13

Cultura

Festas

As principais festas son:

  • O 29 de xuño son as festas de San Pedro Apóstolo, en Andés.
  • O 25 de xullo as festas de Santiago o Maior, en Villapedre.
  • O 15 de agosto, A Virxe da Barca na localidade de Navia; tamén neste mes é o Descenso a Nado da Ría de Navia.
  • Do 7 ao 10 de setembro, son as festas de La Atalaia, na localidade de Veiga.
  • O 29 de setembro, as festas de San Miguel Arcánxo, en Anlleo.

Asociacións culturais

  • Asociación Amigos de Campoamor.
  • Sociedad Amigos Casino de Puerto de Vega.
  • Asociación Cultural Sedna.
  • Asociación Amigos de la Historia.
  • Asociación de Mujeres "La Romanela".
  • Asociación Fotográfica Occidente de Asturias (AFOA).
  • Asociación de Mujeres "Noega".
  • Asociación Padres de Alumnos Colegio Sto. Domingo.
  • Asociación Juvenil de Navia (AJUNA)
  • A.VV. La Barca de Navia y las Aceñas.
  • A.VV. Campoamor de Puerto de Vega.
  • A.VV. San Martín de Cabanella y la Mabona.
  • A.VV. San Pedro de Andés
  • A.VV. Santiago de Villapedre.
  • Asociación Cultural - Deportiva Atalaya.
  • Banda de Gaitas "La Reina del Truébano"
  • Casino de Navia. Avda. J.Antonio.
  • Centro Social de la Tercera Edad "El Encuentro".
  • Comisión de Fiestas Ntra. Sra. de la Atalaya.
  • Coro Ecos de Mar de Puerto de Vega.
  • Coro Villa de Navia.
  • Federación A.A.VV. Noroccidente de Asturias.
  • Grupo folclórico Ramón de Campoamor.
  • Grupo de Teatro Baluarte.
  • Sociedad de Fiestas de Navia (SOFINAVIA).
  • Peña La Sardina.

Deporte

Clubs deportivos

As principais asociacións deportivas de Navia son:

  • Andés Club de Fútbol
  • Asociación Amigos de la Ría de Navia.
  • Asociación Amigos del Fútbol Sala.
  • Asociación Fútbol Occidente Asturiano (AFO).
  • Autos Navia Fútbol Sala.
  • Club Atletismo Occidente (CAO).
  • Club Baloncesto Navia.
  • Club de Caza La Patirroja.
  • Club Karate Navia.
  • Club Natación Villa de Navia.
  • Club Náutico Remeros del Navia.
  • Club de Pesca Occidente.
  • Club de Piragüismo Los Albiones.
  • Club Rítmica Ría de Navia.
  • Club de Tenis 1190.
  • Escudería Navia Motor Club.
  • Grupo de Montaña y Aire Libre Peña Furada.
  • Navia Club de Fútbol
  • Peña Ciclista Navia.
  • Puerto de Vega C.F.
  • Club de vela Aguas del Navia.

Praias de Navia

Playa de Frejulfe(Asturias)
Praia de Frexulfe
  • Navia
  • El Mouro
  • Coedo
  • Fabal
  • Frexulfe

Cidades irmandadas

España Móstoles

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Dirección General de Política Interior
  4. Elecciones Locales 2011

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alejandro Antúñez Vázquez

Alejandro Antúñez Vázquez, nado en Navia (Asturias) en 1933, é un escritor asturiano en lingua galega.

As Portelas

As Portelas ou Alta Seabra (Alta Senabria en leonés e Alta Sanabria en castelán) é unha rexión ou subcomarca non oficial da comarca de Seabra, ao noroeste da provincia de Zamora, en Castela e León, que testa con Galicia e con Portugal, e na que historicamente se fala o galego, aínda que legalmente non está recoñecido como oficial. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «portelao/á» .

Comprende os concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende. Ademais, no lugar de Calabor, en Pedralba de la Pradería tamén se fala o galego. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e a Terra Eo-Navia en Asturias considérase a este territorio como parte da Galicia estremeira.

En 2018, a área galegofalante da provincia de Zamora tiña 938 habitantes repartidos da seguinte maneira:

concello de Lubián - 302 hab. (2 no mapa)

concello de Hermisende - 247 hab. (4 no mapa)

concello de Porto - 165 hab. (1 no mapa)

concello de Pías - 123 hab. (3 no mapa)

lugar de Calabor no concello de Pedralba de la Pradería - 101 hab. (5 no mapa)

Cultura de Galicia

A cultura de Galicia ten a súa orixe na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa.

Ence

Ence Enerxía e Celulosa (BME: ENCE) é unha empresa española dedicada á transformación de madeira procedente de cultivos forestais para uso industrial. A produción de pasta de papel -pasta de celulosa- das súas fábricas de Pontevedra (Galicia) e Navia (Asturias) convértea en líder europeo en fabricación de celulosa de eucalipto. Ademais, é a primeira empresa española en produción de enerxía renovable con biomasa agroforestal. Xera esta enerxía desde as súas plantas de Huelva, Mérida, Cidade Real, Xaén e Lucena. Ence tamén é o principal xestor forestal privado de EspañaEntre os anos 1950 e a súa saída a Bolsa en 1990, foi unha compañía de carácter público e vinculada ao antigo Instituto Nacional de Industria (INI). Denominábase Empresa Nacional de Celulosa. Cambia o seu nome a Grupo Ence tras a súa saída a bolsa en 1990. Privatizouse primeiro o 49%, e en 2001 o 51% restante. En decembro de 2018 a empresa regresou ao IBEX 35 tras 21 anos fóra del.A sede central da compañía atópase en Madrid. En conxunto, a súa produción anual de celulosa é de 957.000 toneladas anuais de pasta de celulosa, das que en 2017 preto do 85% exportáronse a países do norte de Europa. A empresa xera, ademais, 1.671.000 millóns de kWh/ano (en 2017). Esta enerxía eléctrica procede da combustión da biomasa, non de combustibles fósiles. Desde o ano 2006, Juan Luis Arregui é presidente da compañía, e Ignacio de Colmenares e Brunet ocupa o cargo de vicepresidente e conselleiro delegado desde o ano 2010.

As instalacións industriais de Ence en Pontevedra xeraron graves impactos ambientais por verteduras ilegais realizadas á ría ata o ano 1994, dos que a práctica totalidade da súa Xunta Directiva resultou condenada por Delito ecolóxico. Entre 2010 e 2014, Ence Enerxía e Celulosa destinou máis de 40 millóns de euros tan só a melloras ambientais nas súas fábricas de celulosa de Pontevedra e Navia, aínda que a día de hoxe a súa planta de Lourizán atópase entre as industrias máis contaminantes de Galicia causando grandes emisións de Óxido de nitróxeno e Óxido sulfúrico á atmosfera e de fósforo, cobre, mercurio e zinc na ría4​ e aínda en 2017 a planta de Navia resultou investigada por non advertir ás autoridades das súas verteduras.

A partir de 2006 e ata a data, tras a entrada dun novo accionariado na compañía, Ence Enerxía e Celulosa realizou un gran esforzo investidor para acometer distintos proxectos de mellora ambiental, para o que destinou máis de 40 millóns de euros tan só a este fin nas súas fábricas de celulosa de Pontevedra e Navia. Os fortes investimentos postos en marcha pola compañía lograron que os parámetros ambientais de ambas as plantas superen amplamente as esixencias da súa Autorización Ambiental Integrada (AAI), así como as recomendacións ambientais de mellores prácticas BREF da Unión Europea do sector da celulosa​, como se pode consultar nas Declaracións Ambientais de ambos os centros revisadas e certificadas por AENOR, e que se publican cada ano na páxina web da empresaAdemais, un estudo comparativo dos efluentes líquidos de 15 fábricas europeas do sector da celulosa realizado en 2015 pola empresa a partir dos indicadores publicados nas páxinas web de cada unha das compañías, reflicte que a fábrica de Ence en Pontevedra é a fábrica líder do sector en canto a respecto polo medioambiente, cunha Demanda química de osíxeno en 2014 —indicador máis importante a ter en conta á hora de analizar un efluente líquido — de 4.47 quilos por tonelada, cando a normativa europea permite que sexa de ata 20 quilogramos por toneladaEntre os proxectos máis destacados neste programa de investimentos ambientais están o denominado “Cheiro Cero”, que persegue a erradicación de calquera impacto oloroso nas dúas factorías. Tamén se inaugurou en 2013, na fábrica de Navia, unha nova planta depuradora que modificou radicalmente a composición do efluente líquido da factoría. En setembro de 2015, Ence anunciou o proxecto denominado “Novo Ciclo da auga” para a súa fábrica de Pontevedra. O obxectivo da compañía, de acordo ao exposto pola empresa, é poder depurar a súa reutilización a auga que consome reducindo nun 90% tanto a súa demanda de auga como o volume do seu efluente líquido.

Ence Enerxía e Celulosa tivo unha terceira fábrica de celulosa en Huelva ata outubro de 2014. A empresa anunciou en setembro de 2014 que se vía obrigada a cesar a produción de celulosa en Huelva, entre outros motivos polo impacto da reforma das enerxías renovables que impulsara nese ano o Goberno. Tamén se sinalaron entre as causas a escaseza do volume de madeira para a trasformación existente na contorna da factoría, unha circunstancia que afectaba á súa competitividade. O cesamento da produción de celulosa supuxo a supresión de preto de 2.500 empregos, entre directos e indirectos.

Ence proxectou nos primeiros anos do século XXI, cando Caixa Galicia era o seu accionista de referencia, a instalación dunha nova planta de produción de celulosa na marxe oriental do río Uruguai, nas proximidades das cidades de Frai Bentos en Uruguai e Gualeguaychú en Arxentina, xunto cunha similar da finlandesa Botnia. Defendidas por Uruguai, as plantas foron causas dun conflito diplomático que se desenvolveu entre os gobernos de Arxentina e Uruguai. Con todo, a empresa despois de anunciar a relocalización da planta de celulosa na localidade de Conchillas, próxima ás cidades de Nova Palmira e Colonia do Sacramento, coa aprobación do goberno arxentino, terminou vendendo o proxecto en 2009. Foi unha decisión estratéxica que lle permitiu fortalecer os seus plans de investimento e crecemento en España. Tanto o proxecto de Ence como o de Botnia propoñían a utilización do sistema de branqueo libre de cloro elemental (ECF) e esta foi unha das causas do malestar popular, que reclamaba a utilización do branqueo totalmente libre de cloro (TCF),13​ que a diferenza do anterior non produce dioxinas, furanos nin subprodutos contaminantes

España

España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.

España atópase no suroeste do continente europeo, e comparte fronteiras terrestres con Francia e co principado de Andorra ao norte, con Portugal ao oeste e co territorio británico de Xibraltar ao sur. Nos seus territorios africanos, comparte fronteiras terrestres e marítimas con Marrocos. Comparte con Francia a soberanía sobre a illa dos Faisáns na desembocadura do río Bidasoa e cinco facerías pirenaicas.

Ten unha extensión de 504.645 km², sendo o cuarto país cunha maior extensión do continente, despois de Rusia, Ucraína e Francia. Cunha altitude media de 650 metros sobre o nivel do mar, é un dos países máis montañosos de Europa. A súa poboación é de 47 190 493 habitantes, segundo datos do padrón municipal de 2011.

De acordo a Constitución Española, o castelán ou español é a lingua oficial do Estado. Outras linguas son recoñecidas como cooficiais nas súas respectivas comunidades autónomas conforme os seus Estatutos de autonomía. As modalidades lingüísticas de España son un dos seus patrimonios culturais, obxecto de especial respecto e protección.

A economía española é a 14ª economía mundial en términos de PIB, por diante de Indonesia e de Turquía, e segundo Eurostat, o PIB per cápita español situouse, en 2011, no 99% da media da Unión Europea, por diante de Chipre.Ademais, segundo o informe de 2010 da ONU, ten un índice de desenvolvemento humano de 0.878, o 23º maior do mundo, por diante doutros grandes países europeos, como Grecia, Italia ou Reino Unido.

Frexulfe

O topónimo galego Frexulfe pode referirse a:

Frexulfe, parroquia do concello do Valadouro;

Frexulfe, lugar da parroquia de San Cristovo de Lóuzara, no concello de Samos;

O río Frexulfe, no concello de Navia (Asturias).

Galego exterior

Utilízase a expresión galego exterior para referirse ás falas galegas de zonas do Estado español que non fan parte da comunidade autónoma de Galiza. Estas zonas de lingua e cultura galegas non foron incluídas nas catro provincias galegas na reforma de Javier de Burgos en 1833 (aínda que algunhas xa levaban tempo separadas do reino de Galiza) e, polo tanto, non están incluídas no territorio da comunidade autónoma. As falas destes lugares pertencen na súa maioría ao grupo do galego oriental, coa Fala de Estremadura sendo unha póla separada do tronco galego-portugués.

Estas falas situadas ao oriente da Galiza administrativa tamén reciben outros nomes como “galego estremeiro” ou “galego da franxa exterior”.

Estas falas organízanse xeograficamente en:

Terra Eo-Navia (Asturias), arredor de 40.000 persoas

O Bierzo baixo (León) arredor de 30.000 a 35.000 persoas

As Portelas (Zamora), arredor de 1.000 persoas

Val de Xálima (Cáceres), arredor de 4.500 persoas

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Joaquín Campoamor

Joaquín Campoamor Rodríguez, nado en Navia (Asturias) o 7 de xaneiro de 1928, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Liga Galega de Traiñeiras 2006

A edición do ano 2006 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a primeira tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 14 clubs, entre os que hai que destacar a presenza do club do Eo Navia Club de Mar Castropol da localidade galego falante de Castropol (Asturias), sendo tódolos demais clubs galegos. O campión desta edición foi o Samertolameu de Meira (Moaña), aínda que non conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 16 de xuño coa disputa da XX Bandeira Concello de Redondela en Chapela (Redondela), e o 27 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a XVI Bandeira de Oleiros en Oleiros.

Liga Galega de Traiñeiras 2007

A edición do ano 2007 da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) foi a segunda tempada disputada da segunda categoría de clubs de remo xunto coa Liga ARC e xusto por debaixo da Liga ACT. Esta edición estivo formada por 13 clubs, un menos que a tempada inaugural ao non tomar parte na competición o Club de Remo Vila de Cangas. O campión desta edición foi a Sociedade Deportiva Tirán de Tirán (Moaña), que conseguiu o ascenso á máxima categoría do remo en banco fixo, a Liga ACT. A Liga constou de 15 regatas que se disputaron entre o 16 de xuño coa disputa da XXI Bandeira de Redondela en Chapela (Redondela), e o 26 de agosto coa disputa da última regata da Liga, a IV Bandeira Concello de Ferrol na Praia de S. Xurxo, Ferrol.

Lingua galega

O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

O galego moderno forma parte do grupo de linguas ibero-occidentais, unha familia de linguas románicas que inclúen o portugués, e que se desenvolveu dende o latín vulgar falado na provincia de Gallaecia, e evolucionou ao que os lingüistas chaman galaico-portugués, falado no Reino de Galicia. As diverxencias dialectais son observables entre as formas do norte e do sur do galaico-portugués en textos do século XIII, mais as dúas variedades eran semellantes abondo para manter un alto grao de unidade até mediados do século XIV, coa literatura galego-portuguesa medieval. A diverxencia continuou até o presente, producindo as modernas linguas galega e portuguesa.O léxico do galego é predominantemente de orixe latina, malia que tamén contén un certo número de palabras de orixe celta e xermánica, entre outros substratos e adstratos. Tamén incorporou certo número de palabras do árabe de Al-Andalus, principalmente a través do castelán.

A Real Academia Galega é consonte a Lei de Normalización Lingüística vixente, a entidade competente para a fixación das normas da lingua galega, non obstante as actuais normas elaboráronse na súa orixe conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, teñen tamén un papel destacado o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e o Consello da Cultura Galega.

O Bierzo

O Bierzo (en castelán e oficialmente: El Bierzo, en leonés: El Bierzu/Bierciu) é unha comarca do oeste da provincia de León, limítrofe con Galicia, que ocupa unha área de 2.828 km², dividida entre 38 concellos. A súa capital é Ponferrada. É a única comarca recoñecida por lei en Castela e León, creada polas peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade.

A comarca é parcialmente galegofalante e polo tanto con representación na Real Academia Galega. Xunto coa Terra Eo-Navia en Asturias e As Portelas na provincia de Zamora considerase á zona occidental deste territorio como parte da Galicia irredenta.

Pesca

A pesca é a extracción de organismos acuáticos do medio onde se desenvolveron para diversos fins, tales como a alimentación, a recreación (pesca recreativa ou pesca deportiva), a ornamentación (captura de especies ornamentais) ou a industria, incluíndo a fabricación de comida para o alimento de animais en crianza e a produción de substancias con interese para a saúde -como o "famoso" aceite de fígado de bacallau.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Río Navia

O río Navia é un curso fluvial que nace en Vilanova do Padornelo (Pedrafita do Cebreiro), e desemboca no mar Cantábrico, en Navia (Asturias), entre o cabo de San Agustín e Peñafurada. Mide 99,4 km.

O afluente máis importante é o Ibias, que ten unha lonxitude de 60,5 km. e unha superficie vertente de máis de 300 km². Parte da conca alta deste río está incluída no Parque Natural das Fontes de Narcea e do Ibias. Outros afluentes son o Carbonel, o Llouredo, o d'Or e o Augüeira, cos seus afluentes d'Ío e Soutelo.

Pasa polas localidades das Nogais e Navia de Suarna na provincia de Lugo, e por Ibias, Grandas de Salime, Allande, Pezós, Eilao, Boal, Villayón, Coaña e Navia.

O importante desnivel que salva ata a súa desembocadura foi aproveitado para a construción de varias centrais hidroeléctricas, como nos encoros de Salime, Doiras e Arbón.

Terra Eo-Navia

A Terra Eo-Navia (en castelán e oficialmente Eo-Navia) é unha rexión que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe). Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia estremeira.

Val de Xálima

O Val de Xálima, coñecido tamén como Val do río Ellas ou Val dos Tres Lugares (na fala Vali de Xálima, Vali do riu Ellas ou Os Tres Lugaris e en español e oficialmente Valle de Jálama), é unha rexión da provincia de Cáceres en Estremadura, situada na fronteira con Portugal e Salamanca. Nela consérvase e utilízase a Fala de Estremadura, considerada unha variante do galego, se ben non ten calidade de lingua oficial. Comprende os concellos de San Martiño de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno.

Parcialmente galegofalantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.