Navegación marítima

A navegación marítima é a arte e a ciencia de conducir unha embarcación do punto de partida ao punto de arribo, eficientemente e con responsabilidade. É ciencia no sentido de basearse en coñecementos físicos, matemáticos, oceanográficos, cartográficos, astronómicos etc. A navegación pode ser superficial ou submarina.

Boia de sinalización
Boia de sinalización.

Técnicas de navegación marítima

Son os métodos que se utilizan en navegación marítima principalmente para:

  1. Determinar a súa posición.
  2. Determinar o rumbo.
  3. Determinar o tempo, a velocidade e distancia, mentres dure a viaxe.
  4. Coñecer a "profundidade" na que se esta navegando para non encallar.

Navegación costeira

Navegación e situación do buque, por técnicas de posicionamento baseadas na observación de demoras ou distancias a puntos notables da costa por medios visuais (faros, cabos, aboias,...) ou métodos electrónicos (demoras de radar a racons, transpondedores, ...).

Navegación por estima

Navegación e situación do buque por medios analíticos, unha vez tidos en conta os seguintes elementos: situación inicial, Rumbo(s) levados, Velocidade e así como os factores externos que influíron durante todo ou unha parte da derrota, por exemplo o Vento (Abatemento) e/ou a Corrente (Dirección da Corrente e Intensidade Horaria da Corrente). O punto resultante dos cálculos denomínase Situación de Estima, coa súa latitude e Lonxitude de Estima.

A navegación por estima ten en conta unha superficie moi pequena do globo terrestre e asume unha aproximación ao supor a superficie plana, por iso é só axeitada para distancias curtas.

Navegación loxodrómica

Loxodrome
Loxodromia.

Navegación loxodrómica é a que se efectúa seguindo un mesmo rumbo, é dicir, cortando todos os meridianos co mesmo ángulo. No gráfico R. Na proxección Mercator, que é coa que están construídas todas as cartas náuticas, unha loxodromia represéntase por unha recta. Este tipo de navegación é útil para distancias medias, xa que ofrece a conveniencia de manter un rumbo constante, pero non indica a distancia máis curta, polo que non adoita ser adecuado para grandes distancias.

Navegación ortodrómica

É a que segue a distancia máis curta entre dous puntos é dicir, é a que segue un circulo máximo. Para facer os cálculos de rumbo e distancia entre dous puntos é necesario resolver un triángulo esférico cuxos vértices son a orixe, o destino e o polo.

Navegación astronómica

É a navegación e situación do buque, por técnicas de posicionamento baseadas na observación das estrelas e demais corpos celestes. As variables medidas para achar a situación, son, a altura angular observada dos astros sobre o horizonte, medida co sextante (antigamente co astrolabio ou outro instrumento) e o tempo medido co cronómetro.

Conceptualmente o proceso non é complexo de entender. Sabendo o momento da observación e cos datos contidos no almanaque náutico, é posible determinar as coordenadas astronómicas do astro observado. Sabendo as coordenadas do astro observado e a altura sobre o horizonte con que foi observado podemos deducir que a posición do observador está situada nun círculo cuxo centro está situado no punto xeográfico situado directamente baixo o astro. Calquera observador situado en calquera punto dese círculo observará o astro coa mesma altura sobre o horizonte. O observador pode saber xa que logo que a súa posición é nalgún punto deste círculo.

Na práctica, o proceso matemático de "redución" da observación pode resultar complexo para os non iniciados. Á altura observada co sextante é necesario aplicarlle unha serie de correccións para compensar a refracción atmosférica, paralaje e outros erros. Unha vez feito isto é necesario resolver por métodos matemáticos e trigonométricos un triángulo esférico. Hai moitos métodos para facer isto. Os métodos manuais utilizan táboas (trigonométricas, logaritmos etc.) para facilitar os cálculos. A aparición a finais do século XX das calculadoras e computadoras electrónicas facilitou grandemente o cálculo pero a aparición do GPS pouco despois converteu axiña a navegación astronómica en algo obsoleto.

Navegación electrónica

É a navegación e situación do buque, por técnicas de posicionamento baseadas nas axudas obtidas polos sistemas de posicionamento Global como o GPS, GLONASS ou o posible futuro sistema espacial Europeo GALILEO. É o sistema máis estendido e de maior facilidade de uso, a pesar dos erros que poden derivarse.

Navegación inercial

É a navegación e situación do buque, por medio da integración dos datos ofrecidos por acelerómetros e/ou xiróscopos situados a bordo, que integran en complexos sistemas electrónicos as aceleracións sufridas, que convertidas en velocidades (nos 3 eixos posibles de desprazamento) e en función dos Rumbos observados, posibilitan a obtención a posición.

Véxase tamén

Outros artigos

1 de xullo

O 1 de xullo é o 182º día do ano do calendario gregoriano e o 183º nos anos bisestos. Quedan 183 días para finalizar o ano.

Aviación

A aviación consiste no deseño, desenvolvemento, fabricación, produción, operación, e utilización para fins privados ou comerciais, como o transporte de materiais ou persoas, de aeronaves, especialmente as máis pesadas que o ar. O voo en si é a parte da operación que inclúe o desprazamento controlado, a través do ar, de aparatos que usan para desenvolver o seu voo a forza sustentadora de superficies fixas ou móbiles, impulsados polo seus propios motores, como avións e helicópteros, ou sen motor, como os planadores.

Os dirixibles e os globos aerostáticos non se inclúen neste concepto, por tratarse de enxeños cunha capacidade de voo baseada no principio de Arquímedes, sendo anteriores no tempo aos aerodinos, cun sistema de voo fundamentado no uso de superficies sustentantes.

Tamén se entende por aviación todo aquilo que comprende as infraestruturas, industria, o persoal e en xeral calquera organización, privada ou pública, nacional ou supranacional, reguladora e de inspección cuxa actividade principal é todo o que implica a operación aeronáutica. Neste sentido, pode efectuarse unha primera diferenciación entre aviación civil e aviación militar, en función do carácter da súa activadade.

Bandeira

Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se pendura dunha driza, e que se emprega para identificar unha persoa (guión, estandarte, bandeira persoal, bandeira de rango etc.), ou grupo de persoas (bandeira nacional, Nacións Unidas, a Unión Europea, a OTAN e a Cruz Vermella, por citar uns exemplos).

Tamén se emprega para transmitir sinais (como un semáforo), especialmente na navegación marítima. O estudo das bandeiras coñécese como vexiloloxía.

Barco

Un barco ou embarcación é calquera construción destinada a desprazarse sobre a auga, impulsada polo vento, por remos ou por rodas ou hélices movidas por un motor. Xeralmente de construción cóncava a base de madeira, metal, plástico ou outro material; debido á súa forma e ao principio de Arquimedes, aboia na auga, e é utilizado tanto no mar, coma en lagos e ríos para o transporte de bens ou persoas. Dedicado á navegación marítima ou a funcións militares .

Conferencia de Berlín

A Conferencia de Berlín, celebrada entre o 15 de novembro de 1884 e o 26 de febreiro de 1885 na cidade de Berlín, foi convocada por Portugal e organizada polo Chanceler de Alemaña, Otto von Bismarck, coa fin de resolver os problemas que suscitaban a expansión colonial en África e resolver a súa repartición.

Código internacional de navegación marítima

O código internacional de navegación marítima utiliza bandeiras para transmitir mensaxes, ora entre dous ou máis barcos, ora entre un barco e a terra ou o porto. Existen bandeiras de diferentes formas e cores, de maneira que cada unha representa unha letra do alfabeto internacional, así como os números do 1 ao 0.

Cando un barco necesita transmitir unha mensaxe consistente en unha ou varias palabras ou números, iza no mastro dianteiro as bandeiras que representan as letras e números da mensaxe, aliñadas de arriba para abaixo. Se a mensaxe é máis longa, repetirase a operación con novas bandeiras.

Tamén se utilizan as bandeiras individualmente ou en combinacións de dúas, e neste caso teñen un significado determinado segundo un código internacionalmente vixente.

Desde que existe a radio, o uso das bandeiras de sinais para transmitir mensaxes diminuíu notabelmente. No entanto, séguense utilizando de forma xeneralizada as bandeiras individuais ou en combinacións de dúas ou máis, para sinalizar un aviso determinado. Deste xeito na Armada española segue a existir a figura do sinaleiro, que realiza os seus labores en contacto directo coa ponte de mando do navío. Determinadas sinalizacións son neste corpo de obrigado cumprimento, como por exemplo o aviso de práctico a bordo.

Tamén acostuman ser usadas para engalanar ao navío na celebración de actos festivos. Nese suposto as bandeiras adoitan ser izadas desde a proa ata a popa.

Esfera celeste

A esfera celeste e unha esfera ideal, sen radio definido, concéntrica no globo terrestre, na cal se moven aparentemente os astros.

Faro

Un faro é unha construción dotada dun foco de luz para axudar á navegación marítima. Como topónimo pode referirse a:

Faro, parroquia do concello de Viveiro;

Faro, lugar de dita parroquia;

O Faro, lugar da parroquia de Iñás, no concello de Oleiros;

O Faro, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira;

O Faro, lugar da parroquia de Corrubedo, no concello de Ribeira;

O Faro, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Rois;

O Faro da Estaca de Bares, lugar da parroquia de Bares, no concello de Mañón.

Serra do Faro, cadea montañosa que separa a comarca do Deza da de Chantada;

Faro de Avión, monte da serra do Suído;

Monte Faro, monte da serra do Courel;

Faro de Domaio, monte da serra de Domaio.

Monte Faro, monte da serra do Faro;En Portugal

Faro, cidade da rexión do Algarve;

Distrito de Faro, con capital en dita rexión;

Faro do Alentejo, freguesía do concello de Cuba;No Brasil

Faro, cidade do Pará;

Faro (construción)

Un faro é unha torre dotada modernamente dun foco potente, cun facho de luz visible a quilómetros de distancia, co obxecto de axudar á navegación marítima.

Utilizados desde a antigüidade, cando se acendían fogueiras ou grandes luces de aceite (de oliva ou de balea), os faros foron concibidos para avisar aos navegantes que se estaban a aproximar á terra, ou de porcións de terra que irrompen mar adentro.

Iceberg

Un iceberg é unha illa de xeo procedente da fragmentación de xeo polar, que sempre procede dos continentes e que é arrastrada cara a latitudes máis baixas, ás veces axudadas polas correntes mariñas frías de orixe ártica, como é o caso da Corrente do Labrador ou de Groenlandia. Dun iceberg sobresae da auga só unha oitava parte o seu volume total, polo que estas masas xélidas constitúen un perigo para a navegación marítima, xa que poden acadar dimensións enormes.

Mapa

Un mapa é unha representación que ilustra a xeografía dun lugar. Trátase dunha representación bidimensional dun territorio no que se aprecia a deformación terrestre. A ciencia da elaboración e fabricación de mapas denomínase cartografía. Dentro desta disciplina salienta o proceso de planificación, que consiste en proxectar unha superficie curva (como é a Terra) sobre outra de natureza plana.

Mar da China Oriental

O mar da China Oriental (chinés tradicional: 東海, chinés simplificado: 东海, pinyin: Dōnghǎi, "mar do Leste" ou "mar do Oriente") é unha parte do océano Pacífico rodeada pola China (República Popular da China), o Xapón, Corea do Sur e Taiwán (República da China). A súa superficie é duns 752.000 km², aínda que ás veces menciónanse 1 200 000 km² ao incluír ao mar Amarelo.

A súa parte setentrional, entre a China e a península de Corea coñécese como mar Amarelo. En realidade, o mar da China Oriental é a parte norte do mar da China, que estaría dividido pola illa de Taiwán: a parte norte denomínase mar da China Oriental e a parte sur mar da China Meridional ou simplemente mar da China.

Mar de Flores

O mar de Flores (en indonesio, Laut Flores) é un pequeno mar do océano Índico localizado no interior do arquipélago indonesio, este mar é nomeado así pola illa de Flores, cuxas augas pertencen a Indonesia e Timor Oriental. Comprende unha superficie de 240.000 km².

Mar de Timor

O mar de Timor (en indonesio: Laut Timor) é un mar do límite do océano Índico situado entre a illa de Timor (hoxe dividida entre os estados de Indonesia e Timor Leste) e Australia.

Navegación

O termo navegación pode ser utilizado para designar diferentes actividades:

Navegación marítima, é dicir, a circulación das embarcacións a través de medios navegables e as técnicas necesarias propias desta actividade.

O termo navegación aérea pode ser utilizado ao referirse á circulación de aeronaves como avións ou helicópteros a través do espazo aéreo.

En internet, utilízase navegación para describir o acceso a páxinas web utilizando un navegador web.

RMS Queen Mary 2

O Royal Mail Ship Queen Mary 2 é un transatlántico pertencente á compañía Cunard Line. Foi construído no estaleiro galo "Chantiers de l'Atlantique" en Saint-Nazaire en 2003, daquela propiedade de Alstom, cun custo superior a 800 millóns de dólares estadounidenses (550 millóns de libras esterlinas). É tamén o transatlántico máis grande, máis luxoso e caro construído na historia marítima.

O Queen Mary 2 está destinado para a ruta do Atlántico Norte, mais tamén é parcialmente utilizado para cruceiros. Botouse ao mar o 12 de xaneiro de 2004. Daquela era o barco de pasaxeiros maior do mundo, até o ano 2006, cando a empresa naval Royal Caribbean International lanzou ao mar o Freedom of the Seas, que malia ser 6 metros máis curto ca o Queen Mary 2, ten 15 metros máis de manga. Dende setembro de 2009, cando o Oasis of the Seas (tamén da empresa Royal Caribbean International) terminou de ser construído, o Queen Mary 2 pasou a ser o terceiro barco de pasaxeiros máis grande do mundo, aínda que segue a ser o transatlántico máis grande do mundo xa que os dous anteriores non son transatlánticos.

Hoxe en día, a rivalidade entre as empresas navais de pasaxeiros non é contar co buque máis rápido, xa que estes non son usados máis coma un medio de transporte, senón contar co máis grande e luxoso. O Queen Mary 2 deu este título á Cunard en 2004, e foi o primeiro transatlántico que se construíu dende o Queen Elizabeth 2 de 1969.

Digno sucesor de grandes mitos da historia marítima, coma os primeiros transatlánticos de luxo alemáns de antes da I Guerra Mundial, que introduciron o concepto de hotel de luxo na navegación marítima, e transatlánticos famosos como o Titanic, o Mauretania, o Queen Mary, o Queen Elizabeth e mailo Queen Elizabeth 2; o Queen Mary 2 é 44,8 metros máis longo ca a Torre Eiffel e tres veces e medio máis ca a torre de Westminster (Big Ben). Ademais, é só 35,7 metros máis curto ca o edificio Empire State de Nova York.

En decembro de 2011 cambiou o se porto de rexistro a Hamilton, nas Bermudas.

Dende os seus comezos o Queen Mary 2 abarloou en numerosas ocasión no Porto de Vigo.

Sinal

Un sinal ( pronunciación ) é un símbolo, un xesto ou outro tipo de signo que informa ou avisa de algo. O sinal substitúe polo tanto á palabra escrita ou á linguaxe. Os sinais obedecen a convencións, polo que son facilmente interpretados.

Cando se trata de símbolos, os sinais están colocados en lugares visibles e están realizados normalmente en diversas cores e formas. No caso dos xestos, os sinais son feitos polas persoas mediante as mans e os brazos. Tamén hai sinais consistentes en bandeiras, empregadas sobre todo na navegación marítima, e sinais luminosos, como os dos faros nas costas.

Así mesmo, un sinal pode ser tamén a variación dunha corrente eléctrica ou outra magnitude que se emprega para transmitir información. Por exemplo, en telefonía, existen diferentes sinais, que consisten nun ton continuo ou intermitente, nunha frecuencia característica que permite coñecer ó usuario en qué situacion se atopa a chamada.

Velocidade

A velocidade é unha magnitude física de carácter vectorial que expresa a distancia percorrida por un obxecto na unidade de tempo. Represéntase por ou . Na análise dimensional as súas dimensións son [L]/[T]. A súa unidade no Sistema Internacional de Unidades é o metro por segundo (símbolo, m/s). Tamén é habitual empregar como unidade o km/h (quilómetro/hora).

A velocidade é un vector, é dicir, ten módulo (magnitude), dirección e sentido. A magnitude da velocidade coñécese como celeridade ou rapidez.

Zodíaco

O Zodíaco, termo procedente do grego ζῳδιακός (zōidiakos, círculo de animais), trátase dunha banda circular de ceo por onde, aparentemente, transitan o Sol e os planetas. En realidade é a proxección do noso plano orbital arredor do Sol (na astronomía xeocéntrica era visto á inversa) no fondo de estrelas "fixas"; o nome más antigo que se coñece desa banda é o de Camiño do Sol e da Lúa. O progresivo avance da astronomía foi fixando eses camiños nunha liña dentro desa banda, que hoxe coñecemos como eclíptica, ou liña de eclipses, que é onde se "cruza" o camiño do Sol e da Lúa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.