Navantia

Navantia é unha sociedade pública de construción naval militar creada en 2005 como resultado da segregación da rama militar da antiga Izar.

Navantia
Logo Navantia
Tecnología para el mar a la medida del cliente
Astilleros de Navantia
TipoSociedade Anónima
Fundación2005
MatrizSEPI
LocalizaciónMadrid, España España
FundadorMinisterio de Industria
Persoas claveSusana Sarriá (directora)
IndustriaNaval, enxeñería
ProdutosBuques, Submarinos, motores, turbinas
Número de empregados5.500 (2012)
Páxina webnavantia.es
Estaleiro Navantia Fene
Estaleiro da ría de Ferrol en Fene
Ships in Ría de Vigo
Manobra de carga do casco do buque HMAS Adelaide (LHD 01) na Ría de Vigo. Construído parcialmente en Navantia Ferrol envíase aos estaleiros BAE Systems Australia para a súa finalización.

Historia

As orixes da empresa están en 1730 coa creación dos arsenais para a Armada Española en Ferrol, Cartagena e La Carraca. En 1908 creouse a Sociedad Española de Construcción Naval (La Naval). Rematada a Guerra Civil foron nacionalizados e en 1947 baixo o nome de Bazán e xunto co INI en AESA (Astilleros Españoles Sociedad Anónima). No ano 2000 créase Izar e no 2005 trocan o nome por Navantia.

Centros de traballo

En Galicia, os seus dous únicos estaleiros e centros de actividade localízanse na comarca de Ferrolterra. As plantas, asentadas en Ferrol e Fene, correspóndense respectivamente coas antigas Empresa Nacional Bazán-Ferrol e Astano, agora unidas baixo un mesmo organigrama directivo. Na baía de Cádiz están, Puerto Real e San Fernando. En Murcia os de Cartagena.

Construción navais

Navantia ademais de traballar para a Armada Española fai construcións para outros países, xeralmente despois de ter que participar e gañar en concursos internacionais.

  • España Armada Española
    • Xeira de 5 fragatas da serie F-100 construídas en Ferrol (proxecto inicialmente iniciado sendo Izar)
    • Buque LHD Juan Carlos I (L-61)
    • Buque de aprovisionamento loxístico Cantabria (A-15)
    • 4 patrulleiros clase BAM
    • 12 lanchas de desembarco LCM-1E
    • 4 Submarinos serie 80 (en construción)
    • 5 fragatas Clase F-110 en proxecto
  • España Acciona Transmediterránea
    • 2 buques Ro-Ro (carga rodante)
  • Flag of Norway.svg Real Armada Norueguesa
    • 5 fragatas da Clase Fridtjof Nansen (F-300), construídas en Ferrol
  • Flag of Venezuela.svg Armada de Venezuela
    • 4 Corvetas Tipo Povzee
    • 3 Patrulleiros Tipo BVL
  • Flag of Chile.svg Armada de Chile
    • 2 submarinos Clase Scorpène (50%, xunto cos estaleiros franceses DCNS)
  • Flag of Malaysia.svg Armada Real Malaya
    • 2 submarinos Clase Scorpène (50%, xunto aos estaleiros franceses DCNS)
  • Australia Real Armada de Australia
    • 2 LHD Clase Canberra baseados no deseño do Juan Carlos I (L-61) (a construír 80% en Ferrol, 20% en Australia) que toman o nome de Adelaide e Camberra.
    • 3 Destrutores AWD Clase Hobart derivados das fragatas Clase Álvaro de Bazán, deseño, enxeñería.
    • 12 lanchas de desembarco LCM-1E (a construír en San Fernando (Cádiz).
    • 2 buques tipo Cantabria (A-15) en construción en Ferrol.
  • Flag of Turkey.svg Armada turca
    • 1 LHD Tipo L61, enxeñería. Construído en Turquía.
  • Flag of Saudi Arabia.svg Armada Saudí
    • 5 Corvetas construídas en Navantia Cádiz[1]

Véxase tamén

Outros artigos

  1. Arabia firma el contrato con Navantia para la construcción de las cinco corbetas
ASTANO

ASTANO (acrónimo de Astilleros y talleres del noroeste) foi unha empresa do sector naval situada en Fene, actualmente integrada en Navantia. Foi fundada en 1941 por José María González-Llanos tamén fundador de FENYA, enxeñeiro e antigo director de Bazán, cun capital social de 1 600 000 pesetas e 33 empregados. O concello de Fene puxo o nome de Astano á avenida principal do Polígono industrial Vilar do Colo. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a chamarse Navantia Fene, propiedade da SEPI. Para Astano traballaron empresas locais como Fenya ou Imenosa.

Bath Iron Works

Bath Iron Works (BIW) é o maior estaleiro dos Estados Unidos localizado no río Kennebec en Bath, Maine. Dende a súa fundación en 1884 (como Bath Iron Works, Limited), BIW foi factoría privada, comercial e de buques militares, a maioría peticións da Armada dos Estados Unidos de América. A factoría constrúe e deseña buques de guerra, fragatas, cruceiros e destrutores, incluíndo a clase Arleigh Burke, que actualmente se encontra entre as naves de guerra de superficie máis avanzada do mundo.

Dende 1995, Bath Iron Works pasou a ser subsidiaria de General Dynamics, o maior contratista de defensa no mundo dende 2008.

Navantia e a Armada Española son socios tecnolóxicos e deseño con BIW. Nos anos 80 a FFG Oliver Hazard Perry foi usada como base para o deseño das fragatas da clase Santa María da Armada Española. A serie Álvaro de Bazán (F-100) tamén empregan deseños de BIW. En 2017 Navantia e General Dynamics Bath Iron Works asinaron un acordo conxunto para colaborar no programa FFG (X), novo deseño das fragatas americanas.

Bazán

A Empresa Nacional Bazán foi unha sociedade estatal española creada en 1947 a partir da Sociedad Española de Construcción Naval. Tiña estaleiros para á construción naval militar. O seu maior fito foi a entrega en 1988 á Armada Española do portaaeronaves Príncipe de Asturias.

No ano 2000 Bazán e Estaleiros Españois (AESA) fusionáronse formando o grupo IZAR. En 2005 IZAR mudou en Navantia.

Bon Xesús, Barallobre, Fene

Bon Xesús é un lugar da parroquia de Barallobre no concello coruñés de Fene na Comarca de Ferrol. Tiña 84 habitantes no ano 2014 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 42 homes e 42 mulleres.

O lugar está situado nunha zona elevada da parroquia, desde onde se pode ver a ría de Ferrol e os estaleiros de Navantia en Ferrol.

Cantabria (A-15)

Cantabria (A-15) é un buque de aprovisionamento da Armada Española. O buque foi construído nos estaleiros de Navantia en Cádiz cun custo de 183 millóns de euros. Actualmente[cando?] estanse a construír en Ferrol dous buques máis para a Royal Australian Navy.

Déixaas

Déixaas é o quinto disco da cantante galega Mercedes Peón. O álbum publicouse o 27 de abril de 2018. A revista británica Songlines escolleu Deixaas como un dos 15 mellores álbums europeos do ano 2018.Neste traballo, realizado con Mónica de Nut e Ana Fernández, a maquinaria pesada convértese en instrumento e nos temas inclúense sons gravados en estaleiros navais. O son, a contorna, a roupa e mais o traballo de arte do videoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao punk, a angustia e a ira na contracultura. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que Navantia pasase de ser un espazo laboral convencional, adicado á construción naval, para converterse nun lugar para compor música industrial:

O director do vídeoclip, gravado en Navantia, é Alberto Castaño.

Fene

Fene é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra. Segundo o IGE en 2014 tiña 13.498 habitantes (14.165 no 2009, 14.346 no 2006, 14.355 no 2005, 14.485 no 2004, 14.530 en 2003). O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) «fenés, fenesa».

Está situado á beira da ría de Ferrol. Ten unha superficie de 26,3 km² e conta con 8 parroquias.

Fridtjof Nansen (F-300)

Fridtjof Nansen (F-300) é unha serie de cinco buques construídos por Izar (actual Navantia) en Ferrol para a Armada Real de Noruega con denominación F-300. Deseño baseado na Álvaro de Bazán (F-101) da Armada Española.

HMAS Stalwart (AOR2)

O HMAS Stalwart (AOR2) é un buque militar de apoio loxístico da RAN (Royal Australian Navy) construído na ría de Ferrol por Navantia.O HMAS Stalwart será o terceiro buque da RAN en utilizar ese nome, tras dous destrutores.O buque está baseado no deseño do Cantabria (A-15) de Navantia para a Armada Española. A RAN contratou a construción de dous buques loxísticos: HMAS Supply (AOR1) e HMAS Stalwart (AOR2). A construción da serie iniciouse o 19 de xuño de de 2017 en Navantia Fene (Astano) co corte en chapa para o HMAS Supply (AOR1), sendo a posta en grella do HMAS Stalwart o 24 de novembro de 2018 en Navantia Ferrol. O custe dos dous buques foi de 417 millóns de euros.

HMAS Supply (AOR1)

O HMAS Supply (A195) é un buque militar de apoio loxístico da RAN (Royal Australian Navy) construído na ría de Ferrol por Navantia.O HMAS Supply ven sendo o segundo buque na RAN que leva este nome, o anterior era o HMAS Supply (AO 195). A orixe está no nome dun dos once buques que formaban a primeira frota da colonia europea que en 1787 partiu de Inglaterra cara Nova Gales do Sur, actual Australia, con 1.487 persoas (dos cales 778 eran presos).O buque está baseado no deseño do Cantabria (A-15) de Navantia para a Armada Española. A RAN contratou a construción de dous buques loxísticos: HMAS Supply (AOR1) e HMAS Stalwart (AOR2). A construción iniciouse o 19 de xuño de de 2017 en Navantia Fene (Astano), sendo botado o 23 de novembro de 2018 en Navantia Ferrol. O custe dos dous buques foi de 417 millóns de euros.

IZAR

Izar construcciones navales foi constituída como sociedade en xullo de 2000, situándose como noveno grupo naval do mundo e segundo de Europa, sendo resultado da fusión entre Estaleiros Españois (AESA), sociedade que aglutinaba os estaleiros públicos civís:

Astilleros de Cádiz

Juliana Constructora Xixonesa

Manises Diesel Engine Company

Astilleros y Talleres del Noroeste (ASTANO)

Astilleros de Puerto Real

Astilleros de Sestao

Astilleros de Sevillae os estaleiros públicos militares Bazán:

Ferrol

Cartagena

San FernandoEn decembro de 2004 a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), accionista e xestora do grupo, decide a segregación da rama militar de Izar, creando en marzo de 2005 a sociedade Navantia, formada polos estaleiros de:

Izar Ferrol

Izar Fene (anteriormente ASTANO)

Izar Puerto Real

Izar San Fernando

Izar Cádiz

Izar Cartagenaestando a produción civil dos mesmos limitada a un 20% da actividade total do grupo. En abril de 2005 a SEPI comeza o proceso de liquidación de Izar, que desde entón non pode conseguir novos contratos.

Juan Carlos I (L-61)

O Juan Carlos I (L-61), catalogado inicialmente como Buque de Proxección Estratéxica, é un novedoso buque de asalto anfibio da Armada Española botado o 10 de marzo de 2008 pola empresa española Navantia (Ferrol) que recibe o seu nome en honor ao xefe do Estado, o rei Xoán Carlos I de España. Este buque é o de maior tamaño e tonelaxe que tivo a Armada Española en toda a súa historia.

KNM Fridtjof Nansen (F310)

KNM Fridtjof Nansen (F310) é un buque de guerra da Armada Real de Noruega. Foi construída en Ferrol por Navantia baseada na serie F-100 da Armada Española. A serie Fridtjof Nansen (F-300) está formada por cinco fragatas:

KNM Fridtjof Nansen (F310)

KNM Roald Amundsen (F311)

KNM Otto Sverdrup (F312)

KNM Helge Ingstad (F313)

KNM Thor Heyerdahl (F314)

KNM Helge Ingstad (F313)

KNM Helge Ingstad (F313) é un buque de guerra da Armada Real de Noruega. Foi construída en Ferrol por Navantia baseada na serie F-100 da Armada Española. A serie Fridtjof Nansen (F-300) está formada por cinco fragatas:

KNM Fridtjof Nansen (F310)

KNM Roald Amundsen (F311)

KNM Otto Sverdrup (F312)

KNM Helge Ingstad (F313)

KNM Thor Heyerdahl (F314)

KNM Otto Sverdrup (F312)

KNM Otto Sverdrup (F312) é un buque de guerra da Armada Real de Noruega. Foi construída en Ferrol por Navantia baseada na serie F-100 da Armada Española. A serie Fridtjof Nansen (F-300) está formada por cinco fragatas:

KNM Fridtjof Nansen (F310)

KNM Roald Amundsen (F311)

KNM Otto Sverdrup (F312)

KNM Helge Ingstad (F313)

KNM Thor Heyerdahl (F314)

KNM Roald Amundsen (F311)

KNM Roald Amundsen (F311) é un buque de guerra da Armada Real de Noruega. Foi construída en Ferrol por Navantia baseada na serie F-100 da Armada Española. A serie Fridtjof Nansen (F-300) está formada por cinco fragatas:

KNM Fridtjof Nansen (F310)

KNM Roald Amundsen (F311)

KNM Otto Sverdrup (F312)

KNM Helge Ingstad (F313)

KNM Thor Heyerdahl (F314)

KNM Thor Heyerdahl (F314)

KNM Thor Heyerdahl (F314) é un buque de guerra da Armada Real de Noruega. Foi construída en Ferrol por Navantia baseada na serie F-100 da Armada Española. A serie Fridtjof Nansen (F-300) está formada por cinco fragatas:

KNM Fridtjof Nansen (F310)

KNM Roald Amundsen (F311)

KNM Otto Sverdrup (F312)

KNM Helge Ingstad (F313)

KNM Thor Heyerdahl (F314)

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Álvaro de Bazán (F-101)

Álvaro de Bazán (F-101) é unha fragata da Armada Española, primeira da serie F-100 á que dá nome. A Armada Española ten cinco fragatas da serie F-100 operativas, cada unha cun custo dus 600 millóns de euros. O deseño está baseado no destrutor norteamericano da Clase Arleigh Burke deseño de Bath Iron Works e o Sistema de combate Aegis. Navantia fabricou en Ferrol cinco fragatas baseadas no deseño das F-100 para a Mariña norueguesa, Clase Fridtjof Nansen. Outros tres destrutores deseñados co asesoramento de Navantia estanse a construír en Australia, Clase Hobart.

A seguinte xeración de buques denominada Clase F-110 está a ser definida pola Armada Española para o ano 2022.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.