Naucalpan de Juárez

Naucalpan de Juárez é un concello do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Tlalnepantla de Baz, Huixquilucan, Jilotzingo, Lerma, Xonacatlán, Atizapán de Zaragoza e coas delegacións Azcapotzalco e Miguel Hidalgo da Cidade de México. A súa área é de 155,70 km², e a súa poboación era de 872.320 habitantes no ano 2011.[1] A cabeceira municipal é Naucalpan de Juárez, a segunda poboación é Cidade Satélite.[2]

Naucalpan de Juárez
Im-Cn-topo
Escudo
Mapa
Mexico Estado de Mexico Naucalpan location map
Información xeral
País Flag of Mexico.svg México
Estado Estado de México
Rexión Rexión de Naucalpan
Cabeceira municipal Naucalpan de Juárez
Superficie 155,70 km2
Altitude 2200-3500 msnm
Poboación 872.320 (2011)
Densidade /km²
Xentilicio Naucalpense
Fundación
Alcalde Edgar Armando Olvera Higuera
Código 15057 (INEGI)
Páxina web www.naucalpan.gob.mx

Topónimo

Naucalpan identifícase co nome na lingua náhuatl de Nauhcalpan (cfr. náhuatl actual Nahui (catro), callli (casa), e o sufixo de lugar -pan). O seu actual nome provén do náhuatl que significa "lugar de catro casas". O apelido é en honor a Benito Juárez, ex-presidente de México.

Xeografía

O concello atópase no centro do Estado de México, a 8 quilómetros ao noroeste da Cidade de México e 80 quilómetros da cidade de Toluca de Lerdo (capital do estado).[2]

Política e goberno

O concello está formado por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexedores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.

Alcaldes

Alcalde Período
PAN logo (Mexico).svg Eduardo Alfredo Contreras y Fernández 2000-2003
PAN logo (Mexico).svg Ángelica Moya Marín 2003-2006
PAN logo (Mexico).svg José Luis Durán Reveles 2006-2009
PRI logo (Mexico).svg Otilia María Olivares Villagomez 2009-2012
PRI logo (Mexico).svg David Ricardo Sánchez Guevara 2012-2015
PAN logo (Mexico).svg Edgar Armando Olvera Higuera 2015-2018

Demografía

O concello de Naucalpan de Juárez ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais parroquias.

Localidades Poboación
Total do concello 833 779
Naucalpan de Juárez
San Francisco Chimalpa
Santiago Tepetlaxco
San José Tejamanil

Cultura

Torres de Satélite - 2
Torres de Satélite.

Conta cun bo número de monumentos patrimoniais e unha grande historia. Cóntase neste concello con algúns vestixios arqueolóxicos e arquitectónicos do seu pasado precolombiano e colonial español, sendo os recintos máis importantes as igrexas, edificios barrocos que conservan as súas características de deseño orixinal.

As torres de Satélite son estruturas de formigón pintadas en cores, azul, vermella, amarela e branca, é un símbolo de modernidade de finais do século XX, de estilo minimalista e o seu arquitecto foi Luis Barragán.

Notas

  1. Concello de Naucalpan de Juárez, SEDESOL, 29 de novembro de 2016.
  2. 2,0 2,1 Monografia municipal de Naucalpan de Juárez (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Atizapán de Zaragoza

Atizapán de Zaragoza é un concello que se atopa ao noroeste do Estado de México, en México. Limita coas municipalidades de Naucalpan de Juárez, Nicolás Romero, Cuautitlán Izcalli e Jilotzingo. A súa área é de 91.07 km² e a súa poboación no ano 2010 era de 489 937 habitantes. A cabeceira municipal é Ciudad López Mateos.

Edith González

Edith González Fuentes, nada en Monterrey o 10 de decembro de 1966 e finada na Cidade de México o 13 de xuño de 2019, foi unha actriz e bailarina mexicana. Comezou a actuar de nena e participou en numerosas telenovelas, obras de teatro e películas.

Estado de México

O estado de México, é un dos 32 estados do México, localizado no centro do país. Fai fronteira polo norte cos estados de Hidalgo e Querétaro, polo sur cos estados de Morelos e Guerrero, polo oeste co estado de Michoacán, e polo leste cos estados de Tlaxcala e Puebla, e tamén rodea á Cidade de México. A súa área é de 22.499,95 km² e a súa poboación é de 16 187 608 habitantes (2015). A capital do estado é a cidade de Toluca de Lerdo. A súa principal fonte de renda é a industria (o estado posúe unha das maiores zonas industriais do país) tamén conta co turismo e agricultura.

Concellos do Estado de México

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.