Naturalista

Naturalista é a denominación coa que se coñeceu aos investigadores que realizaron estudos sobre ciencias naturais ou historia natural desde os séculos XVII ao XIX, aínda que o interese pola descrición da natureza e o seu estudo estímase que se remonta á Grecia clásica.

Desde o século XX é a denominación coa que se designa aos científicos de campo dedicados á investigación e estudo da natureza e protección do ambiente.

Naturalistas destacados

12 de febreiro

O 12 de febreiro é o 43º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 322 días para finalizar o ano, 323 nos anos bisestos.

14 de marzo

O 14 de marzo é o 73º día do ano do calendario gregoriano e o 74º nos anos bisestos. Quedan 292 días para rematar o ano.

1900

1900 foi o último ano do século XIX e o primeiro da década de 1900.

7 de novembro

O 7 de novembro é o 311º día do ano do calendario gregoriano e 312º nos anos bisestos. Quedan 54 días para rematar o ano.

Renacemento

O concepto Renacemento aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).

Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home"..

De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que cualifica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.

O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara ó resto de Italia e despois cara a practicamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.

Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.

(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)

Systema Naturae

O libro Systema naturae (abreviado Syst. Nat.) foi unha das principais obras do médico, botánico e naturalista sueco Linneo.

O seu título completo é "Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis" ("Sistema natural, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares"). Co seu sistema, Linneo, profundo crente, pensaba que estaba clasificando a creación de Deus.

A décima edición deste libro (1758) está considerada como o punto de partida formal da nomenclatura zoolóxica.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.