Narciso de Gabriel

Narciso de Gabriel Fernández, nado no Cádavo (Baleira) o 25 de maio de 1955,[1] é un pedagogo e ensaísta galego.

Narciso de Gabriel
Nacemento25 de maio de 1955
 O Cádavo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónescritor e catedrático de universidade

Traxectoria

É catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña,[2] exerceu como decano da Facultade de Ciencias da Educación.

Liñas de investigación (Historia da Educación): Escolarización e alfabetización, cultura escolar popular, escolarización e práctica lingüística en Galicia.[1]

Obra en galego

Ensaio

Obras colectivas

  • O contexto sociopedagóxico da acción instructiva en Galicia, 1984, Universidade de Santiago.
  • IIª Xornadas da lingua galega no ensino, 1985, Xunta de Galicia.
  • Sociedade e movemento obreiro en Galicia, 1986, Deputación de Ourense.
  • Mentalidades colectivas e ideoloxías, 1991, Deputación de Ourense.
  • Arximiro Rico, luz dos humildes, 2001, Gesto Fora, Santiago. Con Xosé Manuel Sarille.
  • Nova organización educativo-social (Primeiras Xornadas Socioeducativas Galegas), 2003, Vagalume Valdeorras, O Barco.
  • Lingua e futuro, 2010, Laiovento.

Obra en castelán

Ensaio

Obras colectivas

  • Escolarización y sociedad en la España contemporánea, 1983, Universidade de Valencia.
  • Educación y sociedad plural, 1984, Universidade de Santiago.
  • Iglesia y educación en España. Perspectiva histórica, 1986, Universitat de les Illes Balears.
  • Historia de las relaciones educativas entre España y América, 1988, Universidade de Sevilla.
  • Mujer y educación en España, 1868-1975, 1990, Universidade de Santiago.
  • Leer y escribir en España. Doscientos años de alfabetización, 1992, Pirámide.
  • "Historia de la profesión docente en España", en A história da educação em Espanha e Portugal, 1993, Sociedade Portuguesa de Ciencias da Educação.
  • Historia de la educación en la España contemporánea. Diez años de investigación, 1994, Ministerio de Educación.
  • El currículum. Historia de una mediación cultural, 1996, Universidade de Granada.
  • La investigación histórico-educativa. Tendencias actuales, 1997, Ronsel.
  • Historia ilustrada del libro escolar en España. De la posguerra a la reforma educativa, 1998, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
  • La Universidad en el siglo XX (España e Iberoamérica), 1998, Universidade de Murcia.
  • La educación en España a examen (1898-1998), 1999, Ministerio de Educación.
  • El republicanismo coruñés en la historia, 2001, Concello da Coruña.
  • Modernidade, Educação e Estatísticas na Ibero-América dos séculos XIX e XX, 2005, EDUCA.
  • Repensar la historia de la educación. Nuevos desafíos, nuevas propuestas, 2005, Biblioteca Nueva.
  • Historia ilustrada de la escuela en España, 2006, Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
  • La escuela y sus escenarios, 2007, El Puerto de Santa María (Cádiz).

Premios

  • Premio de Investigación María Barbeito da Universidade de Santiago no 2001, por Escolantes e escolas de ferrado.
  • Premio de Investigación Losada Diéguez no 2002, por Escolantes e escolas de ferrado.
  • Premio de Investigación Concepción Arenal no 2006, por Ler e escribir en Galicia.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Narciso de Gabriel Fernández". udc. Consultado o 17/03/2019.
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-03-17.
  3. "TREA". www.trea.es. Consultado o 2019-03-17.
  4. Coromines i Julián, Jordi. "Rescatando una historia única: “Elisa y Marcela”, de Narciso de Gabriel. Revista de Letras" (en castelán). Consultado o 2019-03-17.
  5. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-03-17.
  6. "Xosé María Álvarez Blázquez. Mestre republicano". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-19.

Véxase tamén

Ligazóns externas

25 de maio

O 25 de maio é o 145º día do ano do calendario gregoriano e o 146º nos anos bisestos. Quedan (220) días para finalizar o ano.

Elisa y Marcela

Elisa y Marcela é un filme biográfico e romántico dirixido por Isabel Coixet. Está protagonizado por Natalia de Molina e Greta Fernández, e conta a historia de Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga, dúas mestras galegas que casaron no ano 1901, sendo o primeiro matrimonio homosexual rexistrado na historia de España. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na 69ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín. Estreouse nalgúns cinemas escollidos de España o 24 de maio de 2019, e o 7 de xuño de 2019 a través de Netflix.

Escola de ferrado

As escolas de ferrado foron un sistema de ensino que realizaban os denominados escolantes, mestres non titulados que habitualmente tiñan unha escasa formación e que daban clases aos nenos do rural galego desde o século XVIII. Andando o tempo, e conforme a economía rural galega se incorpora ao mercado, tamén as escolas comezan a pagarse en cartos, aínda que nalgunhas bisbarras persistirá o pago en especie ata a década de 1960.

Recibían o nome de escolas de ferrado porque os pais pagaban, para a escolarización dos seus fillos, un ferrado, ben fose de centeo, trigo ou millo; este pago equivalía aproximadamente a 12-18 quilos por rapaz.. O espazo da casa que se escollía, acostumaba ser a lareira ou o comedor, aínda que tamén se podían empregar palleiros e cortes. Dispoñían dun mobiliario e material rudimentario e limitábanse normalmente ao ensino do básico: ler, escribir e contar, seguindo procedementos didácticos tradicionais como o ditado.

Os escolantes podían ser labregos que completaban os seus ingresos dando clases aos nenos do seu lugar, cregos, vellos ou ben xente sen oficio nin recursos que subsistía grazas a darlles clases aos nenos.. Os estudantes tiñan que compaxinar o ir á escola co traballo, xa que na maioría dos casos os rapaces eran imprescindibles nas casas para traballar.

Cara o comezo do século XX comezouse a pagar en diñeiro o que sería o valor dun ferrado de trigo. Coa suba dos prezos do trigo, aló polos anos 40 do século XX, houbo unha proliferación de mestres e mestras de ferrado.

Ademais deste pago, os mestres tamén recibían a mantenza e mais o lugar onde durmir durante o mes que estaban na escola, o cal remataba cun día de festa. Malia a súa escasa preparación pedagóxica e o limitado da súa cultura, os escolantes ensinaban a ler, escribir e contar aos nenos da zona rural que doutra maneira dificilmente terían a oportunidade de aprender. As escolas de ferrado eran temporais, xa que só funcionaban no inverno -época en que o traballo no campo era menos intenso- e normalmente establecíanse nas cortes, choupanas e ás veces ía o escolante de casa en casa. Os horarios eran de luns ata o sábado e dende as primeiras horas da mañá ata ben entrada a noite. Malia todas estas carencias, subliñadas pola administración escolar e a pedagoxía, as escolas de ferrado cumpriron unha importante función, pois nelas aprendeu a ler e a escribir unha boa parte da poboación rural galega. Este sistema persistía sobre todo nas zonas rurais de Lugo e Ourense.

Os materiais educativos eran escasos e o mestre adoitaba levalos de aldea en aldea. Eran textos escritos á man, que ás veces o propio escolante convertía nun pequeno libro, até que xa no século XX se foron incorporando os libros de texto, fundamentalmente as enciclopedias, as de Álvarez e a de Dalmau; en ocasións tamén empregaban mapas. O alumnado empregaba unha pequena lousa para facer as contas e os primeiros ensaios de escritura e posteriormente escribíase xa en papel.

O ensino era moi básico: contas (para medir e contar o número de leiras), as letras para ler ou escribir os contratos de compra e venda, ditados, e nalgún caso nocións de xeografía. A técnica que usaban para o ensino era moi simple: a repetición; saía un neno ao encerado e os demais copiaban o que el escribía.

Gonzalo Canedo

Gonzalo Canedo Ríos, nado no Campo da Feira (Cerceda) en 1955 e falecido en Barcelona o 14 de xaneiro de 2013, foi un editor galego.

Manuel Sarille Lanceiro

Manuel Sarille Lanceiro, nado en Montecubeiro (Castroverde) o 8 de maio de 1923 e finado no mesmo lugar o 25 de maio de 2008, foi un político galego.

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo de España do que hai constancia. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, as sete da mañá na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina.

A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos. Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida á Arxentina.

A súa unión matrimonial realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, co que este feito pode considerarse un precedente do matrimonio homosexual en España.

Narciso

Narciso pode referirse a:

Narciso, personaxe da mitoloxía grega;

Narciso, plantas de flor pertencente ao xénero botánico Narcissus (tamén chamada amarelle);

Premio Antón Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.

Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación,

Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.

Semana Galega de Filosofía

A Semana Galega de Filosofía é un encontro organizado en Pontevedra dende 1984.

Xosé Manuel Sarille

Xosé Manuel Sarille Candeia, nado en Lugo en 1956, é un activista e escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.