Nanjing

Nanjing (chinés: 南京; pinyin: Nánjīng; romanización Wade-Giles: Nan-ching; sistema postal: Nanking) é unha cidade da China, capital da provincia de Xiangsu. Ten preto de 10 millóns de habitantes e é un grande centro industrial, comercial e cultural. Ten universidade, academia militar, instituto superior e unha importante biblioteca. Foi por diversas veces capital da China: do século III ao VI, de 1368 a 1421 e de 1928 a 1937. Foi ocupada polos xaponeses entre 1937 e 1945.

Coordenadas: 32°03′N 118°46′L / 32.050, -118.767

Nanjing
南京 - Nánjīng
Nanjing montage
Vista da cidade
Localización
ChinaJiangsuNanjing
PaísFlag of the People's Republic of China.svg República Popular da China
ProvinciaJiangsu
Número de condado11
Número de vila129
Xeografía
Altitude20 msnm
Superficie6.598 km²
Demografía
Poboación8.161.800 hab. (2011)
Densidade1.237 hab/km²
Outros datos
Código postal210000–211300
AlcaldeJi Jianye
Páxina oficial da Nanjing

Vista panorámica

南京全景

南京全景

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

13 de decembro

O 13 de decembro é o 347º día do ano do calendario gregoriano e o 348º nos anos bisestos. Quedan 18 días para finalizar o ano.

2014

2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

Aeroporto Internacional de Pequín-Capital

O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital (IATA: PEK, ICAO: ZBAA) é o principal aeroporto internacional que serve a Pequín. Está situado a 32 km ao nordés do centro da cidade, nun enclave do distrito de Chaoyang rodeado polo distrito de Shunyi. O aeroporto pertence á Beijing Capital International Airport Company Limited, unha compañía controlada polo estado que tamén se encarga de operalo.

O aeroporto é o principal centro de conexións de Air China, a aeroliña nacional do país, que voa a uns 120 destinos (sen contar os de carga), dende Pequín. China Eastern Airlines, Hainan Airlines e China Southern Airlines tamén usan o aeroporto como centro de conexións.

Pequín-Capital inaugurou a súa Terminal 3 en 2008, xusto a tempo para os Xogos Olímpicos de 2008, converténdose na segunda terminal máis grande do mundo tras a terminal 3 do Aeroporto Internacional de Dubai e no sexto edificio máis grande en superficie. O Aeroporto Internacional de Pequín-Capital cobre unha área de 1 480 hectáreas de terra.

Pequín-Capital ascendeu rapidamente nos ránkings de aeroportos máis concorridos do mundo na pasada década. En 2009 converteuse no aeroporto con máis número de pasaxeiros e de movementos de avións de Asia. Ven sendo o segundo aeroporto máis concorrido do mundo en tráfico de pasaxeiros dende o ano 2010. En 2012 rexistrou 557 167 movementos de avións, chegando ao sexto posto mundial. En termos de carga o aeroporto de Pequín-Capital tamén conseguiu un rápido crecemento. No ano 2012 converteuse no 13º máis concorrido do mundo en tráfico de mercadorías, rexistrando 1 787 027 toneladas.

Aeroporto de Cantón-Baiyun

O aeroporto internacional de Cantón-Baiyun (IATA: CAN, OACI: ZGGG) é o principal aeroporto de Cantón, a capital da provincia de Guangdong, en China. Os seus códigos están heredados do antigo aeroporto da cidade. O aeroporto de Baiyun serve como centro de conexións para China Southern Airlines, FedEx Express, 9 Air, Hainan Airlines e Shenzhen Airlines.

No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido da China e o décimo quinto do mundo en termos de pasaxeiros, cun total de 59 732 147 viaxeiros ese ano. En termos de tráfico de carga é o terceiro máis concorrio do país e o décimo noveno do mundo.

Aeroporto de Changsha-Huanghua

O aeroporto internacional de Changsha-Huanghua (IATA: CSX, OACI: ZGHA) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Changsha, na provincia de Hunan, ademais de cidades próximas como Zhuzhou e Xiangtan. No ano 2016 foi o 13º aeroporto máis concorrido do país. Está situado a uha 25 quilómetros do centro de Changsha. Está operado pola Hunan Airport Authority, unha corporación de propiedade pública que operaos cinco aeroportos da provincia de Hunan Province. O aeroporto de Changsha-Datuopu é o segundo aeroporto que serve a Changsha e é usado principalmente para propósitos militares.

Aeroporto de Chengdu-Shuangliu

O aeroporto de Chengdu-Shuangliu (IATA: CTU, OACI: ZUUU) é o principal aeroporto que serve a Chengdu, a capital da provincia chinesa de Sichuan. Está situado a uns 16 quilómetros ao suroeste do centro da cidade, ao norte do distrito de Shuangliu District. O aeroporto é un importante centro de conexións no oeste de China. É un dos dous principais centros de conexións para Air China, xunto con Pequín-Capital, ademais da sede de Sichuan Airlines e Chengdu Airlines. China Eastern Airlines, Shenzhen Airlines, Lucky Air e Tibet Airlines tamén teñen bases no aeroporto.

No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 46 039 037 pasaxeiros. Nese ano foi o 27º aeroporto máis concorrido do mundo e o 4º da China, ademais de ser o máis concorrido do oeste e centro do país.

Aeroporto de Chongqing-Jiangbei

O aeroporto internacional de Chongqing-Jiangbei (IATA: CKG, OACI: ZUCK) é un aeroporto chinés situado no distrito de Yubei da cidade de Chongqing. O aeroporto instalacións de tránsto para 72 horas de visa gratuíta para certas nacionalidades. No ano 2014 quedou no terceiro posto na categoría do "Mellor aeroporto de entre 25 e 40 millóns de pasaxeiros" de Airports Council International.Situado a 19 quilómetros ao norte do centro de Chongqing, o aeroporto é un gran centro de conexións para as aeroliñas no oeste de China, como China Express Airlines, China Southern Airlines, Chongqing Airlines, Sichuan Airlines, Shandong Airlines e China West Air. Chongqing é unha cidade focal para Air China e Hainan Airlines.

O aeroporto ten tres terminais: a Terminal 2 serve voos domésticos e a Terminal 3A tanto domésticos como internacionais, mentres a Terminal 1 atópase pechada a día de hoxe. A primeira, segunda e terceira fase do aeroporto comezaron a operar en xaneiro de 1990, decembro de 2004 e decembro de 2010, respectivamente. A Terminal 2 é capaz de manexar 30 millóns de pasaxeiros e a 3A 70 cada ano.

En termos de tráfico de pasaxeiros, O aeroporto de Jiangbei Airport foi o noveno máis concorrido do país en 2016, sendo usado por 35 888 819 pasaxeiros cun aumento dun 10,8% con respecto ao ano anterior. En movementos de avións foi o 8º máis concorrido do país e o 10º en termos de carga.

Aeroporto de Fuzhou-Changle

O aeroporto internacional de Fuzhou-Changle (IATA: FOC, OACI: ZSFZ) é un aeroporto internacional que serve a Fuzhou, a capital da provincia chinesa de Fujian. Inaugurouse o 23 de xuño de 1997, despois de que a súa construcións se aprobase no ano 1992. O aeroporto atópase preto da ribeira do estreito de Taiwán no distrito de Changle, a uns 50 quilómetros ao leste do centro de Fuzhou.

No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 11 606 446 pasaxeiros, sendo o 26º aeroporto máis concorrido da China. Ademais, foi o 23º máis concorrido en termos de carga e o 28º en amovementos de avións.

Aeroporto de Kunming-Changshui

O aeroporto internacional de Kunming-Changshui (IATA: KMG, OACI: ZPPP) é o principal aeroporto que serve a Kunming, a capital da provincia chinesa de Yunnan. Está situado a 24,5 quilómetros ao nordés do centro da cidade nunha área montañosa a 2 100 metros sobre o nivel do mar. Inaugurouse o día 28 de xuño de 2012, substituíndo ao vello aeroporto de Kunming-Wujiaba que será demolido. Como porta de entrada cara o sueste e sur de Asia, o aeroporto de Changshui é un centro de conexións para China Eastern Airlines, Kunming Airlines, Lucky Air, Sichuan Airlines e Ruili Airlines. No ano 2016 foi usado por un total de 41 980 339 pasaxeiros, sendo un dos 50 aeroportos máis concorridos do mundo e o 5º da China.

Aeroporto de Nanjing-Lukou

O aeroporto internacional de Nanjing-Lukou (IATA: NKG, OACI: ZSNJ) é o principal aeroporto que serve a Nanjing, a capital da provincia chinesa de Jiangsu, e á conurbación do delta do Yangtzé. Está situado no distrito suburbano de Jiangning, a uns 35 quilómetros ao sur do centro da cidade.

Nanjing é o centro de conexións para China Eastern Airlines, e é unha cidade focal para Shenzhen Airlines. China Southern Airlines e Xiamen Airlines tamén operan un considerable número de voos no aeroporto. Nanjing é a principal base para China Postal Airlines, con servizos de carga a todas as grandes cidades de China, manexando correo urxente e carga para China Post.

Aeroporto de Sanya-Phoenix

O aeroporto internacional de Sanya-Phoenix (IATA: SYX, OACI: ZJSY) é un aeroporto que serve á cidade de Sanya en Hainan, a provincia máis meridional de China. Está situado a uns 15 quilómetros ao noroeste do centro da cidade. No ano 2015 foi usado por 16 191 930 pasaxeiros, converténdoo no 18º aeroporto máis concorrido do país en termos de pasaxe.

Aeroporto de Shenyang-Taoxian

O aeroporto internacional de Shenyang-Taoxian (IATA: SHE, OACI: ZYTX) é un aeroporto chinés que serve á cidade de Shenyang, capital da provincia de Liaoning no nordés do país. Está situado a uns 20 quilómetros ao sur do centro da cidade e é unha cidade focal para China Southern Airlines.

Aeroporto de Shijiazhuang-Zhengding

O aeroporto de Shijiazhuang-Zhengding (IATA: SJW, OACI: ZBSJ) é o principal aeroporto que serve a Shijiazhuang, a capital da provincia chinesa de Hebei. É o centro de conexións para Hebei Airlines e unha cidade focal para China United Airlines e Spring Airlines.

Aeroporto de Xi'an-Xianyang

O aeroporto internacional de Xi'an-Xianyang (IATA: XIY, OACI: ZLXY) é o principal aeroporto que serve a Xi'an, a capital da provincia chinesa de Shaanxi, ademais de a toda a área de Guanzhong. É o aeroporto máis grande do noroeste de China e o segundo máis grande do norte do país. Foi o centro de conexións para China Northwest Airlines ata que a aeroliña se fusionou con China Eastern Airlines en 2002. A aeroporto de Xi'an tamén é centro de conexións para Joy Air e unha cidade focal para Hainan Airlines.

Aeroporto de Xiamen-Gaoqi

O aeroporto internacional de Xiamen-Gaoqi (IATA: XMN, OACI: ZSAM) é un aeroporto que serve á cidade chinesa de Xiamen, na provincia de Fujian. É a base principal de XiamenAir e TAECO, unha compañía de mantemento de avións. O aeroporto está situado na cara norte da illa de Xiamen. En outubro de 2011 iniciouse a construción dunha nova terminal, a terminal 4, que foi completada no ano 2014. No ano 2017 foi o 12º aeroporto máis concorrido da China en termos de pasaxe, con 24 485 239 pasaxeiros.

Masacre de Nanjing

O Masacre de Nanjing, tamén coñecida como Violación de Nanjing, foi un episodio durante a Segunda guerra sino-xaponesa de asasinatos en masa e violacións levado a cabo polas tropas xaponesas contra a poboación de Nanjing, daquela capital da República da China. O masacre ocorreu durante seis semanas que comezaron o 13 de decembro de 1937, o día no que os xaponeses capturaron Nanjing. Durante este período, os soldados do Exército Imperial Xaponés asasinaron civís chineses desarmados, en cantidades que roldan dende as 40 000 até as 300 000 persoas, e levaron a cabo violacións e saqueos masivos.

Pequín

Pequín, Beijing ou Beixín (北京; pinyin Beijing), nome que significa Capital do Norte, é a cidade capital da República Popular da China. Durante séculos, foi a maior cidade do mundo. Hoxe ten preto de 10,3 millóns de habitantes. Sitúase no norte do país.

Pequín é famosa pola Cidade Prohibida, o palacio dos emperadores chineses desde o século XV. Foi capital do Imperio Chinés de 1421 a 1911. En 1912 a capital foi transferida para Nanquín e a cidade tomou o nome de Beiping ou Peiping (Paz do Norte). Ocupada polos xaponeses entre 1937 e 1945. Tornouse a capital da república en 1949 co nome actual.

Shanghai

Shanghai, ás veces escrito como Xangai (chinés:上海 Shànghǎi 'sobre o mar'), é a maior cidade da República Popular da China e a maior cidade do mundo por poboación. É un dos catro municipios directamente controlados da China, cunha poboación total de 23 millóns de persoas. É un importante centro financeiro, e un centro do transporte por abeirar o meirande porto de contedores do mundo.. Está situada no litoral do océano Pacífico, na boca do delta do , a beira dun brazo deste, o río Huangpu.

Localizada no delta do río Yangtzé na China oriental, Shanghai sitúase na boca do río Yangtzé na parte media da costa chinesa. O concello fai fronteira coas provincias de Jiangsu e Zhejiang polo norte, sur e oeste, e polo leste limita co mar da China Oriental.Durante séculos, foi unha vila administrativa, de pesca e de comercio. A súa importancia medrou no século XIX debido ó recoñecemento europeo do seu potencial económico e da localización estratéxica do seu porto. A cidade foi aberta en numerosas ocasións ó comercio cos estranxeiros após da vitoria británica na Primeira Guerra do Opio e o subsecuente Tratado de Nanjing de 1842, que permitiu o establecemento da "Concesión Internacional de Shanghai". A cidade floreceu como centro do comercio entre oriente e occidente, e converteuse o indiscutible motor financeiro da Asia do pacífico durante os anos 1930. Porén, coa chegada ó poder do Partido Comunista en 1949, o comercio foi reorientado cara os países socialista, e influencia global da cidade minguou. Na década de 1990, as reformas económicas introducidas por Deng Xiaoping deviron nun intenso crecemento da cidade, que permitiu o retorno de investimentos foráneos á cidade.Shanghai é un popular destino turístico, famoso polo seu patrimonio histórico como o Bund, o Templo Cidade de Deus e o Xardín Yu, así como a arquitectura de Lujiazui, o Museo de Shanghai e o Museo de Arte da China. Foi descrita como a "obra mestra" da puxante economía da China.

Universidade Johns Hopkins

A Universidade Johns Hopkins, comunmente chamada Johns Hopkins, JHU ou, sinxelamente, Hopkins, é unha universidade privada situada en Baltimore, Maryland (Estados Unidos). Foi fundada o 22 de febreiro de 1876, sendo a primeira universidade dedicada á investigación nos Estados Unidos.

A Johns Hopkins ofrece programas de grao e posgrao no seu campus principal, o campus de Homewood, en Baltimore. Ademais, a universidade ten campus, ente outro lugares, en Rockville (capital do condado de Montgomery), Washington, D.C., Boloña (Italia) e Nanjing (China).

A Johns Hopkins está considerada como unha das institucións académicas e de investigación máis importantes do mundo e está entre as universidades máis prestixiosas dos Estados Unidos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.