Nacionalismo castelán

O nacionalismo castelán (tamén chamado castelanismo) é unha ideoloxía orientada a preservar e promover os valores propios e distintivos do que se considera Castela: tradicións, cultura, recursos naturais e humanos, integridade territorial, e o cuestionamento das políticas centralistas de índole identificadora entre o español e o castelán.

Esisten diversos movementos que poden cualificarse de nacionalistas casteláns: xa sexan de índole rexionalista ou nacionalista, á marxe da súa orientación política (esquerdas, socialdemócrata, dereitista...). Remontan as súas raigumes políticas ao Pacto Federal Castelán de 1869, asinado polos representantes e delegados do partido procedentes de 17 provincias castelás. Propúgnase desde entón a unificación deses territorios, considerados de raíz milenaria ou de evolución secular castelá, que estarían compostos por un total de cinco comunidades autónomas actuais: as dúas autonomías nominalmente castelás (Castela e León e Castela-A Mancha), máis Cantabria, Madrid e A Rioxa, ademais diversas comarcas que non pertencen a devanditas comunidades autónomas, pero que formaron parte historicamente do Reino de Castela, situadas ao sueste e suroeste dese mapa pretendido.

Mural castellanista en Villalar de los Comuneros
Mural nacionalista en Villalar de los Comuneros
Castilla nación
Adhesivo nacionalista castelán

Territorialidade

A territorialidade que reivindican os movementos castelanistas depende do sector ao que pertenzan. Unha parte do rexionalismo castelán fai unha distinción amigable entre o norte e o sur de Castela (considerando a separación natural do Sistema Central). Por outra banda, as teses de Anselmo Carretero fan unha lectura moito máis concisa de Castela, restrinxindo esta á denominada "Castela condal" (os territorios do primixenio condado de Castela). Finalmente, o nacionalismo castelán, considera coma unha mesma entidade a área sociocultural que se correspondería co mapa de linguas, dialectos e falas de España que definen como de cultura propiamente castelá. Aí inclúen territorios como a bisbarra de Requena e Utiel, que, trala organización territorial de 1833, ficaron integradas no que hoxe é a Comunidade Valenciana. A meirande parte do castelanismo, a excepción de Izquierda Castellana e o Movimiento Popular Castellano, non renuncia ao enclave burgalés de Treviño, que se encontra arrodiado polo territorio da provincia vasca de Áraba.

En canto a ordenamento territorial, o castelanismo defende a comarcalización da rexión, suprimindo en última instancia as provincias ideadas en 1833.

Provincias-castellanas
Territorio reclamado polo nacionalismo castelán

Historia

Historicamente, o castelanismo toma como punto de referencia a Guerra das Comunidades de Castela, así como a figura de Juan Martín Díez "O Empecinado", como base do federalismo castelán do século XIX e o posterior Pacto Federal Castelán de 1869. A síntese dos movementos, se adscriben aos ideais expostos na revolución comuneira de 1521. Pódese tomar como referencia os escritos do hispanista francés Joseph Pérez, como medio de estudo daqueles feitos. Entre outros moitos, tamén se consideran pensadores castelanistas (ou precursores, nalgúns casos, do castelanismo) a:

  • Julio Senador Gómez (1872-1962), escritor rexeneracionista e notario
  • Narciso Alonso Cortés (1875-1972), escritor, catedrático e activista cultural
  • Gregorio Fernández Díez (1891-1954), economista e editor. Autor de O Valor de Castela (1926) e a Asociación de Escritores Regionalistas Castellanos (1936)

Normalmente existen tres correntes ideolóxicas dentro do castelanismo: o rexionalismo, o nacionalismo e o independentismo:

  • O rexionalismo procura o recoñecemento de Castela como comunidade autónoma no conxunto de España e pide un trato igual ao dado a outras rexións españolas, así como o máximo respecto ás súas tradicións e cultura. Foron ou son consideradas rexionalistas castelás agrupacións normalmente de centro dereita como Unidad Castellana, La Unión ou Comunidad Castellana. Actualmente, o movemento rexionalista máis forte en Castela é o Partido Castellano, unha formación de centro.
  • O nacionalismo, ademais do anterior, pide que Castela sexa recoñecida como nacionalidade histórica e que ocupe o seu lugar como nación nunha España federal. Son ou foron deste parecer partidos de centro ou centro esquerda como Tierra Comunera, Unidad Comunera Castellana ou Unión Castellanista.
  • Finalmente o independentismo busca a plena soberanía de Castela por medio da súa autodeterminación como estado libre e soberano. A esta corrente adoitan adscribirse agrupacións de esquerda, como por exemplo Izquierda Castellana, Comuner@s, Comunistas de Castilla ou a organización xuvenil Yesca.

Simboloxía

O castelanismo en xeral identifícase co pendón tradicional carmesí do Reino de Castela. A bandeira sobre campo de goles, un castelo de ouro ameado de tres ameas, mamposteado de cor sable negro e clarado de azul. Aínda Que os movementos reivindicativos en maior medida o que tradicional aínda que erróneamente[1] se veu identificando cun pendón comuneiro, de cor morada, actualmente representada de cor anil. A esquerda castelanista utiliza o pendón morado comuneiro cunha estrela vermella detrás do castelo, en ocasións a estrela é de cor negra en representación aos castelanistas libertarios, autónomos ou anarcoindependentistas.

Se ben esisten outros símbolos como a cruz de Fernán González e o broquel castelán, así como os distintivos propios de cada colectivo.

Bandera de Castilla y León (heráldica)
Bandeira de Castela e León
Flag of Castile
Bandeira de Castela en cor carmesí.
Flag of Castile (purple)
Bandeira comuneira de Castela.
Flag of Castile (with star)
Bandeira comuneira de Castela con estrela vermella.

Celebracións

A data clave dos movementos reinvidicativos casteláns é o 23 de abril, aniversario da Batalla de Villalar, reivindicada e celebrada como Día nacional de Castela. Tamén existen outras datas significativas:

Pendón gigante en la Plaza Mayor de Villalar
Celebración de Villalar

Autores de referencia

Diversos escritores formularon teses sobre a identidade castelá, as cales foron adoptadas como formulacións de base do castelanismo actual:

Colectivos castelanistas

Poden considerarse movementos castelanistas os seguintes partidos e asociacións:

Notas

  1. La Tricolor. Breve historia da bandeira republicana
Alternativa por Castilla y León

Alternativa por Castilla y León (ACAL) (Alternativa por Castela e León en galego) foi unha coalición electoral española xurdida a finais de 2006 e constituída legalmente en marzo de 2007 e que agrupaba partidos nacionalistas, rexionalistas e independentes de Castela e León. Os seus promotores foron a formación nacionalista castelá Tierra Comunera, o Partido de El Bierzo e o Partido del Progreso de las Ciudades y las Comarcas de Castilla y León. O Partido de El Bierzo formou parte da coalición só para as eleccións autonómicas, non para as municipais nas que se presentou en solitario.

Aspiraban a conseguir 100.000 votos en Castela e León e obter representación no parlamento rexional. O seu obxectivo era rematar co bipartidismo de PP e PSOE.

Presentáronse en candidatura conxunta para as eleccións Autonómicas de Castela e León de 2007: Ademais de Tierra Comunera, forman parte de Alternativa de Castilla y León, Independientes de Palencia, Tiétar, Laguna, Riaza, o Partido de El Bierzo, Partido del Progreso de las Ciudades y Comarcas de Castilla y León, Iniciativa por Soria, de las Merindades, de Guardo, os Verdes de Segovia e previsiblemente os Verdes de Laciana, Agrupación de Segovia e Unión del Pueblo Zamorano.En 2008 ao termo das eleccións Xerais sáese da coalición Tierra Comunera e o resto de partidos seguen formando Alternativa por Castela e León. En 2009 Tierra Comunera e Alternativa por Castilla y León forman xunto a outros partidos castelanitas-rexionais de Castela e león: o Partido de Castilla y León (PCAL), para concorrer nunha candidatura única ás Eleccións Autonómicas de Castela e León de 2011 e às Xenerais de 2012. Nas municipais o de concorrer unidos ou non terá que verse concello a concello chegado o momento.

Candidatura Independiente

Candidatura Independiente-El Partido de Castilla y León (Candidatura Independente-O Partido de Castela e León en galego) (PCAL-CI) é un partido político español fundamentalmente activo en Valladolid. Defínese como un partido de centro e progresista, pero tamén é de ideoloxía rexionalista castelanista. A súa actividade política limítase à Comunidade autónoma de Castela e León. En 2009 o partido anunciou a súa integración no Partido de Castilla y León, denominación do Partido Castellano na devandita Comunidade autónoma.

Castela Unida (concepto político)

Castela Unida ou Gran Castela son termos utilizados polo nacionalismo castelán[Cómpre referencia] para definiren o seu ámbito de actuación. Con eles apélase ao desexo da unificación das actuais Comunidades autónomas castelás (Comunidade de Madrid, Castela-A Mancha, Castela e León, A Rioxa e Cantabria) nun único ente administrativo (reclamada polos nacionalistas casteláns como a súa patria nacional, e que consideran erroneamente dividida) baixo o título de Nacionalidade Histórica, tendo Madrid como o seu capital.

Dentro desta proposta, existen dúas correntes diferenciadas:[Cómpre referencia]- A corrente rexionalista (e predominante[Cómpre referencia]), que reclama unha Gran Castela dentro do actual marco autonómico español e mantendo o título de rexionalidade.

- A vía nacionalista (a minoritaria[Cómpre referencia]) que reclama un Estado federal onde se contemple unha Gran Castela como nación diferenciada dentro dunha España plural e democrática. Dentro deste movemento adóitase facer referencia a unha "reconstrución da patria" reclamando enclaves historicamente pertencentes a Castela e, actualmente, noutras Comunidades autónomas como é o caso da bisbarra de Requena-Utiel na provincia de Valencia entre outros.[Cómpre referencia]Recentemente desenvolvéronse movementos nacionalistas étnicos e identitarios de corte castelanista,[Cómpre referencia] se ben, estes son moi marxinais e sen un líder común.[Cómpre referencia]

Castilla Joven

Castilla Joven (Castela Nova en galego e ata finais de 2008 Juventudes Comuneras) constitúe o movemento xuvenil do partido político español, de ideoloxía castelanista do PCAS.

Xurdida co nome de Juventudes Comuneras (Mocidade Comuneira en galego), foron a rama xuvenil de Tierra Comunera ata que este partido pasou a formar parte do PCAS, momento no cal esta organización pasou a chamarse Castilla Joven. Está estruturada en agrupacións presentes nalgúns dos territorios reclamados como casteláns: Castela e León, Castela-A Mancha e Comunidade de Madrid. As agrupacións están coordinadas por unha secretaría nacional, que coincide coa área de mocidade de Tierra Comunera.

Castilla Unida

Castilla Unida (CUn) (Castela Unida en galego) é un partido rexionalista castelanista rexistrado o 18 de outubro de 2010 con sede na cidade de Burgos. O seu presidente e fundador é Luis Vivar Nebreda, profesor da Universidade de Valladolid e antigo cofundador do desaparecido Partido Nacionalista de Castela e León (PANCAL).O ideario de Castela Unida, que segue a liña doutras formacións afíns como La Unión en Cantabria ou Unidad Castellana, define ao partido como social, liberal, humanista, laico, profundamente democrático e popular, progresista, hispanista e europeísta. O seu ámbito de actuación esténdese ás comunidades autónomas de Cantabria, A Rioxa, Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha.

Comarca de Requena-Utiel

A comarca de Requena-Utiel (Plana d'Utiel en valenciano) é unha bisbarra que pertence administrativamente a Comunidade Valenciana, España. É un altiplano castelán que na división provincial de Javier de Burgos de 1833, se incluíu na provincia de Cuenca. Non obstante, foi incorporada á provincia de Valencia en 1851, constituíndo (trala división en dúas provincias das Illas Canarias) a modificación máis importante que sufriu a división provincial de Javier de Burgos con posterioridade ao seu establecemento.

Comuner@s

Comuner@s é un partido político nacionalista castelán de esquerda e soberanista que foi inscrito no 17 de xaneiro de 2008. Apenas conta cuns poucos militantes e con escasos recursos económicos e materiais.

Cobrou relevancia por ser un dos integrantes da candidatura Iniciativa Internacionalista-A Solidaridade entre os Pobos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2009.

Comunistas de Castilla

Comunistas de Castilla (Comunistas de Castela en galego) é un partido político de España, de ideoloxía comunista e castelanista, creado en 2011 trala escisión de varias células do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) en Castela e León. Mantén estreitas relacións co colectivo Rede Vermella, escisión á súa vez de Corrente Vermella, o que provocou a inspiración trotskista desta última.

O seu ámbito de actuación é o territorio histórico de Castela, nación que estaría composta segundo os estándares do castelanismo polas actuais comunidades autónomas de Castela e León, Castela-A Mancha, a Comunidade de Madrid, A Rioxa e Cantabria.

Condado de Treviño

Condado de Treviño é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). Xunto co municipio de La Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba. A capital do municipio é a localidade de Treviño.

Día de Castela e León

Cada 23 de abril celébrase na localidade valisoletana de Villalar de los Comuneros o Día de Castela e León, data na que conmemórase o aniversario da batalla de Villalar, decisiva batalla da Guerra das Comunidades de Castela.

Editorial Riodelaire

Editorial Riodelaire é unha editorial castelá, que editou libros de temática literaria e ideoloxía castelanista, a cal foi moi influente no xurdimento deste movemento durante a Transición española.

Iniciativa Merindades de Castilla

Iniciativa Merindades de Castilla (IMC) é un partido político castelanista da bisbarra das Merindades no norte de Burgos fundado no 2006. O seu obxectivo principal é defender os intereses dos habitantes desa bisbarra de Burgos.

Izquierda Castellana

Izquierda Castellana (IzCa) é un movemento político radical nacionalista de esquerdas de Castela, constituído definitivamente en 2002 en Madrid, coa incorporación de Izquierda Comunera a unha organización na que se atopaban Unidad Popular Castellana, Yesca, Mujeres Castellanas e o Círculo Castellano de Toledo. O Partido Comunista del Pueblo Castellano (sección do Partido Comunista de los Pueblos de España na comunidade autónoma de Castela e León) entrou en Izquierda Castellana, pero despois abandonou a organización.

Izquierda Castellana é internacionalista, razón pola cal apoia diversos movementos de construción nacional no País Vasco, Palestina ou Irlanda. Tal apoio faise sempre dende unha perspectiva democrática e de soberanía das clases traballadoras.

O obxectivo de Izquierda Castellana é conseguir unha Castela unida, superando a división da nación castelá entre cinco comunidades autónomas (consideran que Castela está formada por Cantabria, Castela e León, Madrid, A Rioxa e Castela-A Mancha), socialista, soberana e republicana, facendo propia a tradición comunera, que reivindica anualmente, cada 23 de abril, nas concentracións de Villalar de los Comuneros. Este día é considerado por organizacións nacionalistas castelás, como Izquierda Castellana e Tierra Comunera como o Día Nacional de Castela, pero oficialmente é o día da comunidade de Castela e León.

Partido Castellano

O Partido Castellano ou PCAS (Partido Castelán en galego) é un partido político español froito da unión de varias formacións castelanistas de índole rexionalista ou nacionalista, de provincialistas, de agrupacións electorais de ámbito local e provincial e de independentes das comunidades autónomas de Castela e León, Comunidade de Madrid e Castela A Mancha, entre as que destacan Tierra Comunera e Candidatura Independiente, se ben este último finalmente se integrou só en parte.

Partido Comunista del Pueblo Castellano

O Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC) foi a organización territorial do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) na comunidade autónoma de Castela e León, con presenza nas cidades de Valladolid e Segovia, principalmente, aínda que tamén contaba cunha célula en Guardo, na provincia de Palencia. Eran de tendencia marxista-leninista e estaban a favor do dereito de autodeterminación dos pobos.

Durante un breve período formou parte da coalición Izquierda Castellana, asumindo un ideario de carácter máis soberanista sobre o territorio histórico de Castela.En 2011, debido às disputas entre o PCPC e a dirección central do PCPE, unha boa parte dos militantes casteláns abandonaron o proxecto do PCPE e crearon en Segovia unha nova organización: Comunistas de Castilla, cunha orientación máis enfocada ao castelanismo.

Partido Regionalista Castellano

O Partido Regionalista Castellano (PREC) (Partido Rexionalista Castelán en galego) foi un partido castelanista fundando no ano 1989 na cidade de Burgos. Os seus fundadores foron o escritor Juan Carlos García Hoyuelos, José María Rupérez e Lesmes Peña, quen fundaría o actual partido político de Ciudadanos de Burgos por Castilla la Vieja (CIBU) no ano 2006, do cal é o seu presidente.

O partido baseaba a súa ideoloxía nas teses do escritor segoviano Anselmo Carretero de xeito parcial, asemade no pensamento e obras de José María Cordón e a agrupación Junta PRO Burgos Cabeza de Castilla. O PREC xurdiu coma consecuencia do descontento de moitos burgaleses, que vían na cidade de Valladolid un serio competidor para Burgos pola capitalidade de Castela e León, sobre todo despois de perderen a condición de capital en favor de Valladolid. Este partido defendía a creación dunha Comunidade Autónoma Castelá formada polas provincias, que constituían a rexión histórica de Castela a Vella, excluíndo as provincias de Valladolid e Palencia.

O partido participou nas eleccións municipais na cidade de Burgos e nas elecciónns autónómicas de Castela e León en 1991, conseguindo poucos votos. Caracterizouse, entre outras cousas, pola defensa da rexión histórica de Castela a Vella e polo seu apoio à causa leonesista, considerando Valladolid e Palencia coma leonesas.

Debido às diferenzas entre os seus membros polos aspectos ideolóxicos e territoriais, varios deles en 1989-entre eles incluíase o escritor García Hoyuelos, nacionalista de esquerdas e partidario de incluír Valladolid e Palencia en Castela-abandonaron o partido e crearon outro novo chamado Unión Castellanista, o cal debilitou bastante ao PREC. Hoxe en día este partido non ten actividade.

Tierra Comunera

Tierra Comunera (TC) foi un partido político español de tendencia castelanista.

Unión Castellanista

Unión Castellanista (UC) (Unión Castelanista en galego) é un partido político nacionalista castelán rexistrado o 18 de agosto de 1989. Se ben foi fundado en Madrid, tiña a súa sede no despoboado soriano de Escobosa de Catalatañazor.

Xurdiu tras certas discrepancias entre algúns membros do Partido Regionalista Castellano (PREC) en cuestións territoriais, pois o PREC loitaba soamente pola autonomía dunha Castela a Vella sen Palencia nin Valladolid, mentres que UC loitaba por unha Castela que inclúese esas dúas provincias; amais de ideolóxicas, pois UC se definía coma federalista e de esquerdas, e pola contra o PREC coma rexionalista conservador. Isto provocou que a mediados de 1989 varios membros do PREC se escindisen do partido e fundasen Unión Castellanista.

Así, UC sería a alternativa nacionalista e esquerdista ao castelanismo que representaba o PREC. A súa Xunta de Promotores, da que formaban parte entre outros José Miguel Camazón García, Enrique Francisco García Gómez, o poeta Juan Carlos García Hoyuelos, Pedro Andrés Núñez, Felisa García, Domingo Casas Ubiedo, o xornalista Antonio Ruiz Vega e Santiago Pacheco Almazán, estaba formada por persoas orixinarias de Cantabria, Segovia, Burgos, Cuenca e Madrid e especialmente por intelectuais vencellados a certos círculos culturais de Soria, entre eles algúns escritores desta provincia como os propios Pacheco Almazán e Ruiz Vega. Resulta curioso que fose precisamente en Madrid onde xurdiu este partido e non en Segovia, principal marco de acción da asociación carreterista Comunidad Castellana, ou en Burgos, onde o carreterismo sempre tivo unha boa aceptación.

Definíase como federalista e progresista, e defendía as teses castelanistas do segoviano Anselmo Carretero e da asociación cultural Comunidade Castelá. E ao igual có PREC, recoñecía ao País Leonés coma unha comunidade non castelá, agás por incluíren nesa nacionalidade ás provincias de Valladolid e Palencia, se ben a UC acabou considerando que estas provincias eran castelás e non leonesas. Isto fíxolles gañar bastante apoio nesas dúas provincias, pero fíxolles perder moito máis en Burgos e en menor medida en Segovia.

Presentouse ás eleccións ás Cortes de Castela e León de 1991 conseguindo escasos votos, e ás eleccións municipais dese mesmo ano conseguindo as alcaldías de Arenillas (provincia de Soria) e Villaescusa de Roa (provincia de Burgos). Editaba a revista Tierras castellanas dende xaneiro de 1990 con periodicidade trimestral.

Tras entrar nunha gran fase de letargo, iniciada en 1991, soamente se presentaba ás eleccións municipais nalgunhas localidades sorianas. A inactividade de Unión Castelanista determinou que os últimos restos deste partido acabasen sendo absorbidos por Tierra Comunera.

Yesca

Yesca é unha organización xuvenil castelanista creada en Burgos no 1992 baixo o nome de Juventudes Castellanas Revolucionarias, que cambiarían o 23 de abril do 2006 ao que teñen hoxe en día.

Conta con diversas asembleas en Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha. A súa loita está centrada na autodeterminación do [[pobo castelán]], o socialismo, a solidariedade internacionalista, o feminismo, o ecoloxismo e o antifascismo, entre outras moitas causas. Yesca forma parte da coalición Izquierda Castellana, como tamén moitas organizacións castelanistas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.