Nacionalismo

O nacionalismo é unha doutrina ou filosofía política que propugna como valores fundamentais o benestar, a preservación dos trazos identitarios, a independencia e a supervivencia da nación propia.

O nacionalismo é un concepto de identidade experimentado colectivamente por membros dun goberno, unha nación, unha sociedade ou un territorio en particular. Os nacionalistas alicerzan o seu ideario na procura imprescindible da lexitimación política. Moitas ideoloxías nacionalistas derivan o seu desenvolvemento da teoría romántica da identidade cultural, mentres que outras se basean no argumento liberal de que a lexitimidade política deriva do consenso da poboación dun territorio.

O nacionalismo é un termo malinterpretado interesadamente con frecuencia, xa que a súa definición máis xeral enfróntao polo regular cun estado poderoso e homoxeneizador. O nacionalismo non implica que unha nación sexa superior a outra, senón que sostén que certas nacións poderían atoparse en mellor situación se se lles permitir gobernarse de seu, acadando así a súa independencia política, económica ou cultural.

Evolución do nacionalismo

O Estado-nación é un tipo concreto de Estado: a maioría dos estados conteñen varias nacións no seu interior, e a nación pode existir sen autonomía política. O seu concepto xurdiu en Europa co tratado de Westfalia (1648). O nacionalismo continuou sendo un fenómeno elitista durante unha parte de séculos tras o tratado, pero foi durante o século XIX cando se propagou amplamente por toda Europa e gañou popularidade. Desde entón o nacionalismo ten dominado as políticas europeas e mundiais. Nalgúns casos o nacionalismo tomou unha ideoloxía liberal e contra a monarquía, mentres que noutros os movementos nacionalistas foron apoiados por réximes monárquicos conservadores. Durante dito século, os vellos estados plurinacionais (como o Imperio Austrohúngaro) comezaron gradualmente a gretarse, e varios estados localizados foron absorbidos por entidades nacionais maiores, como Alemaña e Italia.

A finais do século XIX as ideas nacionalistas comezaran a expandirse por toda Asia. Na India o nacionalismo incentivou a fin do dominio británico. En China o nacionalismo deu unha xustificación para o estado chinés, que se atopaba enemistado coa idea dun imperio universal. No Xapón o nacionalismo foi combinado co excepcionalismo nipón.

A primeira guerra mundial marcou a destrución definitiva dalgúns estados multinacionais (o Imperio Otomán, o Imperio Austrohúngaro e, en certa medida, o ruso). O tratado de Versalles foi establecido como un intento por recoñecer o principio de nacionalismo, xa que parte de Europa foi dividida en nacións-estado nun intento por manter a paz. Así a todo, moitos estados multinacionais e imperios sobreviviron. O século XX foi tamén marcado pola lenta adopción do nacionalismo por todo o mundo coa destrución parcial dos imperios coloniais europeos, a Unión Soviética e outros estados multinacionais menores.

Simultaneamente, particularmente na segunda metade do século, fortes tendencias antinacionalistas tiveron lugar, sendo en xeral destacables as manexadas por elites. A actual Unión Europea está actualmente transferindo poder do nivel estatal a entidades locais e continentais. Acordos de comercio, tales como NAFTA e GATT, e a crecente internacionalizazón de mercados de comercio debilitan tamén a soberanía dos estados.

A pesar disto, o nacionalismo continúa sosténdose en oposición a estas tendencias. A globalización é rexeitada masivamente en manifestacións na rúa, os partidos nacionalistas continúan gañando eleccións, e a maioría da xente mantén fortes vínculos coa súa nación.

Formas de nacionalismo

Nacionalismo de Estado e nacionalismo das minorías

Unha simple ollada á realidade internacional permítenos intuír que son múltiplas as formas de Nacionalismo pero de complicadísima delimitación conceptual xa non só porque o termo se aplique a múltiplas realidades (estados consolidados, etnias sen estado, autonomías en progreso,...), senón que ademais se emprega para designar moi diferentes xeitos que os diferentes individuos ou colectividades teñen de vivenciar a comunidade ou nación. Obsérvese que por nacionalismo se pode entender:

  • A afección, inclinación ou cariño dos cidadáns á nación -recoñecida ou non como tal na lexislación- á que pertencen.
  • Unha doutrina que enxalza a idiosincrasia, a singularidade da entidade colectiva nacional.
  • A aspiración e/ou pretensión dun pobo ou raza a constituírse nunha entidade parcial ou totalmente autónoma.
  • O Dereito dun pobo ou raza á propia autodeterminación.

En contraposición con outras etapas históricas próximas (como a etapa franquista en España), ou afastadas, como por exemplo aquela en que os grandes reinos europeos tiñan arelas imperialistas baseadas no nacionalismo de Estado, hoxe en día, as Ciencias sociais preocúpanse maiormente polo nacionalismo das minorías. No congreso Nationalism, Identity and Minority Rights celebrado en Bristol en 1999, só un 10% dos 210 relatorios realizados fixeron referencia ó nacionalismo de Estado.

Fernando Vizcaíno Guerra, no seu artigo Nacionalismo, Estado y nación expresa que ata a década de 1970 predominou a idea de que a condición esencial do nacionalismo era o Estado. Foi ó final desa década cando se deu en considerar a nación como a condición fundamental do nacionalismo ata podermos falar na actualidade de nacionalismo étnico, de nacionalismo das minorías ou de Estado multinacional.

Frecuentemente, os nacionalismos das minorías, por suporen a presenza de movementos en oposición ó Estado, semellan estar tamén en oposición co nacionalismo de Estado, cando ámbolos dous nacionalismos son unha mesma realidade en distintas fases. Ben é certo que o nacionalismo pode ser ó mesmo tempo un sentimento, unha doutrina e mesmo unha tendencia política, pero a diferenza real entre o nacionalismo das minorías e o nacionalismo de Estado radica no grao de recoñecemento lexislativo e internacional que un nacionalismo ten.

Nacionalismo cívico versus nacionalismo étnico

O nacionalismo étnico define a nación en termos de etnicidade, o cal sempre inclúe algúns elementos descendentes das xeracións previas. Tamén inclúe ideas dunha conexión cultural entre os membros da nación e os seus antepasados, e frecuentemente unha linguaxe común. A nacionalidade é hereditaria. O Estado deriva a lexitimidade política do seu status como fogar do grupo étnico, e da súa función de protección do grupo nacional e a facilitación dunha vida social e cultural para o grupo. As ideas sobre etnicidade son moi antigas, pero o nacionalismo étnico moderno está fortemente influído por Johann Gottfried von Herder, quen promoveu o concepto de Volk, e Johann Gottlieb Fichte.

Sumamente expresivas e controvertidas son as palaras do político Aleix Vidal-Quadras (Los intelectuales orgánicos del nacionalismo): o concepto étnico de nación implica, segundo el, un colectivo humano esencial e primixenio definido selectiva e arbitrariamente pola raza, a lingua, a relixión, determinadas tradicións ou costumes, en que o sentimento nacionalista identitario de substrato étnico é un feixe de instintos primitivos e preracionais que potencian o odio ó estraño, a identidade individual indistinguible da grupal, ou a incapacidade de compartir derivada da loita pola subsistencia nun medio natural hostil.

En contraposición ó nacionalismo étnico, o nacionalismo cívico -di Aleix Vidal-Quadras- pacifica, harmoniza e integra as diferenzas baixo o manto de valores morais superiores como a liberdade, a igualdade, a solidariedade e a xustiza

O nacionalismo cívico (tamén chamado Nacionalismo Civil ou Nacionalismo político) é a forma do nacionalismo segundo a cal o estado deriva a súa lexitimidade política da participación activa dos seus cidadáns, a "vontade do pobo"; representación política. Un individuo en tal nación debe crer que as accións do estado, en maior ou menor medida, reflicten a súa vontade, ata cando certas accións van en contra dos seus propios principios. Jean-Jacques Rousseau, quen desenvolveu esta teoría por primeira vez, ideou o concepto de Vontade Xeral para explicar como podería funcionar. Rousseau anotou as súas teorías en varios dos seus escritos, particularmente en "Sobre o Contrato Social".

O nacionalismo cívico xace dentro das tradicións de racionalismo e liberalismo. É a teoría en que se basean as democracias constitucionais.

Elementos en común de tódalas formas de nacionalismo

Algúns teóricos políticos sosteñen que calquera discriminación de formas de nacionalismo é falsa. Tódalas formas de nacionalismo contan cunha poboación formando unha nación; o cal significa que tódolos membros dunha poboación cren que forman parte dalgún tipo de cultura común e a cultura non pode ser completamente separada da etnicidade. Incluso as supostas "culturas cívicas" etnicamente neutrais nos Estados Unidos, por exemplo, inscriben a palabra Deus na súa moeda e no seu xuramento de lealdade e designan festivos oficiais, o cal promove un prexuízo cultural.

Causas polas que o nacionalismo se fai atraente

Unha razón pola cal o nacionalismo ten mantido o seu atractivo a través dos séculos pode ser o feito de que pertencer a unha nación cultural, económica, ou politicamente forte, dá á persoa unha agradable sensación de pertenza, sen importar a súa propia contribución á súa forza.

Outra posibilidade defende que as persoas son seres sociais, e ó formar parte dun grupo sociopolítico como a nación, contribúe ó seu desenvolvemento.

En ocasións pode xurdir un sentimento nacionalista cando os membros dunha comunidade se senten ameazados ou atacados por outra comunidade ou estado. Xorde como resposta a outro nacionalismo.

Nacionalismo histórico

Eventos históricos nos cales o nacionalismo desempeñou un papel esencial:

Nacionalismos actuais

España

Xosé Manuel Beiras
Xosé Manuel Beiras, político nacionalista galego.

Estados Unidos

  • Independentismo portorriqueño

Canadá

China

  • Nacionalismo chinés

Francia

Reino Unido

Rusia

  • Nacionalismo checheno
  • Nacionalismo ruso

Nacionalismos étnicos

Véxase tamén

  • Anacionalismo
  • Cosmopolitismo
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Nosa Terra (1977)

A Nosa Terra é un xornal que primeiro se editou en papel, para posteriormente pasar a ser electrónico, que opera en Galicia dende 1977. Encadrado na órbita do nacionalismo, e escrito integramente en galego, estivo dirixido por Margarita Ledo, Xosefina López Corral, Xosé Currás, Afonso Eiré e Manuel Veiga Taboada. Tivo un parón en 2012, reanudando a edición electrónica en 2018.

Abrente-Esquerda Democrática Galega

Abrente-Esquerda Democrática Galega, ou Abrente-EDG, é unha corrente de ideoloxía socialdemócrata nacida en 2012 e integrada no seo do Bloque Nacionalista Galego.

Afroamericano

Afroamericano, negroamericano ou afrodescendente. Termo que designa aos descendentes dos negros africanos levados á forza polos europeos a América para dedicalos ao traballo escravo. Moitos afroamericanos teñen tamén sangue europeo ou amerindio.

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas (AEGA) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu na Universidade de Vigo de 1998 a 2001.

Catalanismo

O catalanismo ou nacionalismo catalán é o movemento que propugna o recoñecemento da personalidade política e cultural da Cataluña ou dos Países Cataláns.

Segundo o valenciano e catalanista Joan Fuster, hai catalanistas porque hai españolistas. De feito, o catalanismo xorde como reacción a políticas centralizadoras no Estado Español (como os Decretos de Nueva Planta), avatares históricos (Tratado dos Pireneos) ou imposicións político-culturais (prohibición do catalán na vida pública).

No entanto, o catalanismo non se circunscribe ao ámbito político peninsular, pois nos últimos anos aumentou a súa presenza nas antigas comarcas catalás da Cerdanya Nord, Conflent, Vallespir e Rosselló (actualmente integradas no departamento Francés dos Pireneos Orientais), reivindicando precisamente un maior achegamento coas terras do sur.

Xeralmente, os partidos políticos, entidades ou individuos que se declaran catalanistas ou nacionalistas cataláns, adoitan considerar ben a Cataluña, ben os Países Cataláns, como unha nación. Ese grao de recoñecemento e de defensa dos seus intereses pode abranguer desde un tímido autonomismo á petición da plena independencia (véxase: independentismo).

A nacenza do catalanismo político acostuma datarse nas Bases de Manresa de 1898, momento que é considerado a entrada de Cataluña na Historia Contemporánea.

Na actualidade os partidos ou individuos que se declaran catalanistas consideran que Cataluña, ou os Países Cataláns, son unha nación e que, en consecuencia, teñen dereito a un grao elevado de autogoberno. Porén, as diverxencias aparecen sobre a organización xurídica e territorial que lle convén a Cataluña. Así, mentres unha parte opta pola chegada á soberanía do pobo catalán a través do dereito de autodeterminación, outros optan por unha ampliación do autogoberno no marco autonómico actual ou ben decántanse pola creación dun novo marco federal.

Central Unitaria de Traballadores

A Central Unitaria de Traballadores/as, CUT, é un sindicato galego creado o 4 de decembro de 1998. O Congreso fundacional celebrouse en Vigo o 19 de abril de 1999. Defínese como un sindicato de clase, que ten como obxectivo a defensa dos intereses de clase de todos os traballadores e traballadoras de Galicia. Conta con locais en Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Ribeira e Cangas.

Comités Abertos de Estudantes

Os Comités Abertos de Estudantes foi unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, formada por estudantes de ensino medio, bacharelato e formación profesional e, tal e como indican os seus estatutos, podía pertencer aos CAE calquera estudante. O 10 de maio de 2008 disolveuse para formar cos CAF unha nova organización estudantil, Comités.

Fundáronse no ano 1990 como extensión ao ensino medio do proxecto dos CAF, coincidindo coas eleccións ao Consello Escolar Galego.

Comités Abertos de Faculdade

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF-CAEF) foi unha organización estudantil universitaria galega, que defendía un ensino galego, público, democrático e de calidade. O 10 de maio de 2008 disolveuse para formar cos CAE unha nova organización, Comités. No ano 2011 constituise a Liga Estudantil Galega que tamén recolle o legado dos CAF e CAE. A organización que cumpría o papel dos CAF no ensino medio eran os Comités Abertos de Estudantes (CAE).

Erguer - Estudantes da Galiza

Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana.

Estudantes Independentistas

Estudantes Independentistas (EI) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu en Galiza de 1995 a 2001.

Estudantes Revolucionarios Galegos

Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) foi unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, activa entre 1972 e 1988.

Fundouse a iniciativa da UPG, nun clima de tensión tras folgas na Universidade de Santiago e a morte dun estudante pola policía, en decembro de 1972, encargouselle a Manuel Mera, que acababa de chegar da Arxentina e alí tivera experiencia na organización universitaria do grupo maoísta Vanguardia Comunista, artellar unha organización que agrupase aos universitarios e estudantes de secundaria. En Santiago de Compostela, coa axuda de simpatizantes da UPG, logra captar a un feixe de universitarios procedentes de todo o país e consegue a incorporación dalgúns militantes do Movemento Comunista da Coruña, entre eles Elvira Souto. Aos poucos meses chega aos 40 militantes, entre eles Anselmo López Carreira, Alfredo Suárez Canal e Chus Pato. En 1976 celebrou a súa primeira asemblea e en 1977 a segunda. En xaneiro de 1978 organizouse o I Congreso ao que asistiron 1.000 delegados e elíxese unha dirección da que formaban parte Xulio Ríos ou Xosé Miranda. Cando se formou o BNG en 1982, ERGA integrouse nel.

ERGA tiña como órgano de expresión o boletín Lume que editou o seu primeiro número en febreiro de 1973. ERGA constituíu a primeira organización de masas do nacionalismo tras a guerra civil, conseguiu unha ampla presenza na Universidade e nos institutos galegos e forneceu á UPG dirixentes e cadros.

Federación Rural Galega

A Federación Rural Galega, FRUGA, é un sindicato agrario galego creado en 2009 coma unha escisión do Sindicato Labrego Galego.

Federaçom Estudantil Revolucionária

Assembleia de Estudantes Galeg@s Antifascistas (AEGA) foi unha organización estudantil de ideoloxía independentista e socialista que existiu en Galiza, especialmente na Universidade de Santiago de Compostela de 1999 a 2001.

Herri Batasuna

Herri Batasuna (HB) (Unidade Popular en éuscaro) foi unha coalición política independentista vasca de esquerdas fundada en 1978 e que desapareceu ó crearse Batasuna (2000) no cal se integraron a maioría dos seus membros agás o grupo que deu lugar a Aralar.

Defendía como programa político a alternativa KAS para a independencia de País Vasco o que implicaba o rexeitamento á constitución española e ó estatuto de autonomía da comunidade autónoma do País Vasco.

Presentábase ás eleccións pero non adoitaban participaban nos plenos dos parlamentos nos que tiñan representación. Frecuentemente relacionada con ETA a coalición sempre negou calquera vincallo coa banda armada.

Constituída a raíz da Mesa de Alsasua integráronse na coalición Acción Nacionalista Vasca, Euskal Sozialista Biltzarrea, Herriko Alderdi Sozialista Iraultzailea e Langile Abertzaleen Iraultzarako Alderdia ademais de dirixentes destacados e moitos militantes de Euskadiko Ezkerra . Vencellados a HB estaban as Xestoras Pro Amnistía, o sindicato LAB e as mocidades Jarrai

Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931. Coas Irmandades da Fala, o movemento galeguista asumiu por vez primeira o monolingüismo en galego.

Nacionalismo galego

O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:

É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade. A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.

Nacionalismo vasco

O nacionalismo vasco é unha corrente política de carácter nacionalista xurdida a finais do século XIX, trala Terceira guerra carlista e a case total supresión dos foros xerais vascos (leis propias), aínda que afunde as súas raíces no Padre Larramendi (1690-1766) e os seus seguidores, que defendían xa que: O primeiro partido político abertamente nacionalista é o Partido Republicano Navarro, que converxe coa organización biscaíña de Sabino Arana Goiri para formar o Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), no contexto da corrente do Romanticismo.

Vicente Risco

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.