Nacións celtas

O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura[1]. Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.

Celtic countries
As sete nacións celtas, acorde ao celtismo galego histórico:[1][2]      Escocia      Irlanda      Illa de Man      Galiza[3]      País de Gales      Cornualles      Bretaña

Historia e características

Este concepto político-cultural derivou nos séculos XIX e XX, nun movemento reivindicativo e que ten a súa maior expresión naqueles pobos (conformados ou non como estados) que de xeito maioritario se autoproclaman celtas ou de identidade celta e que finalmente se recoñecen a si mesmos como nacións celtas, aludindo a que a súa filiación étnica-cultural repousa especialmente neste pobo/cultura, e que recibe o nome de "celticidade".

Combined flag of the Celtic nations
Bandeira intercéltica.

Os países considerados como "celtas" modernos, varían dependendo do punto de vista e do momento histórico. Así, nos inicios das primeiras reivindicacións celtas, no século XIX, eran cinco as nacións que de xeito maioritario se proclaman como celtas, sendo: Irlanda, País de Gales, Escocia, Bretaña e Illa de Man. A partir de 1920, o Celtic congress tamén aceptará a entrada de Cornualles, e deste xeito quedarían configuradas seis nacións. En Galiza, desde o século XX, e de xeito paralelo ao que se desenvolvía nas Illas británicas, tamén comeza un celtismo de base histórica, arqueolóxica, cultural despois e finalmente política. Con todo, a pesar dos esforzos de achegamento e das incipientes pontes que importantes galeguistas de comezos do século XX van tender cos homónimos irlandeses, bretóns e escoceses, o golpe de estado de 1936, e a imposición dunha ditadura de base fascista, acabará por rachar os contactos entre Galiza e os tradicionais países celtas, non chegando Galiza a pertencer formalmente ás recoñecidas sociedades celtistas do momento. Porén, Galiza atópase incluída en numerosos actos de expresión e reivindicación da cultura celta (como por exemplo o Festival intercéltico de Lorient)[2], igual que Asturias, o que unido a consideracións de carácter histórico e cultural[3][4], así como lingüístico xa que en Gallaecia se falou unha lingua celta[5] que desapareceu coa chegada dos romanos, fan que se tome Galiza e Asturias en ocasións como nacións celtas.

Terminoloxía

George Buchanan by Arnold van Brounckhorst
George Buchanan. Retratado por Arnold Bronckorst, 1581. National Gallery of Scotland.

O termo nacións celtas deriva dos estudos filolóxicos que durante o século XVI levou a cabo o erudito escocés George Buchanan, e que máis tarde tamén empregaría o humanista galés Edward Lhuyd. Como arquiveiro e despois director do Museo Ashmolean, en Oxford (1691-1709), Lhuyd viaxou intensivamente por Gran Bretaña, Irlanda e Bretaña a finais do século XVII e comezos do XVIII, observando a semellanza entre as lingua bretoa, a córnica e o galés, e que faría descender dunha única póla lingüística que el había chamar "celta-P" ou britónica, oposto ás linguas gaélicas de Irlanda, a Illa de Mann e Escocia, que chamou de "celta-Q", ou simplemente Goidélico. Todo isto levou a Lhuyd a publicar no ano 1707 a súa obra Arqueoloxía de Britania un relato das linguas, historias e costumes de Gran Bretaña, a través de estancias no País de Gales, Cornualles, Bretaña, Irlanda e Escocia. Na súa Archaeologia Britannia concluíu que todas aquelas seis linguas derivaban dunha mesma raíz. Lhuyd teorizou que sobre a linguaxe raíz e a relacións destas, coas linguas faladas polas tribos da Idade de Ferro da Galia, e que escritores gregos e romanos chamaron Celtas. Tendo definido as linguas destas áreas como Celtas, as persoas que viven neles e falan estas anteditas linguas, poden recibir tamén a denominación de "Célticos". Aínda que existen controversias arredor da teoría de Lhuyd, o termo "celta" para describir as linguas e os pobos de Bretaña, de Cornualles e do País de Gales, Irlanda, a Illa de Man e Escocia é totalmente aceptada desde o século XVIII, sendo amplamente utilizada hoxe.

O Romanticismo cultural

Celtic congress 1904
Os delegados do Congreso Pan-Celta, Caernarfon, 1904. Fila de atrás: Maggie Jones (harpista de Arfon); deputada Gruffydd Richards (harpista principal de Gwent), David Roberts (harpista cego do Mawddwy), Gwyneth Vaughan. Fila de diante: James Pedwr, Hamonic Émile, Lena Botrel, Théodore Botrel e o profesor Paul Barbier.

Acorde ao romanticismo cultural (dado en Europa arredor do século XVIII, e XIX) que buscaba afondar nas orixes diferenciais dos pobos fronte aos estados imperialistas da época, é nos países máis occidentais, eminentemente rurais e cunha cultura moi similar, onde o termo "Celta" vai ser adoptado como unha etiqueta de auto-identificación na que, por unha banda, reinvindícase unha diferenciación cultural histórica, e por outra banda ponse de manifesto un interese mutuo por aqueles outros pobos que comparten tal sentimento ou cultura.

Paradoxalmente, a exaltación da celticidade en termos políticos, nace no século XIX, da man dos nacionalistas franceses, que trataron de exaltar a heroicidade dos galos contra o Imperio Romano, como primeira manifestación do pobo francés unido ante un inimigo. As loitas de Vercingetorix foron descritas como un predecesor nacional das batallas en defensa do nacionalismo francés, incluíndo as guerras dos dous Napoleóns (Napoleón I e Napoleón III) durante o século XIX. Os libros de historia franceses enfatizaron as formas nas que os galos poderían ser vistos como un exemplo de asimilación cultural, no entanto, a noción que os libros de historia franceses comunmente dan, comezan coa célebre frase "Nos Ancêtres les Gaulois ..." ("Os nosos devanceiros os galos ...") non podendo ser sostida de todo, pois como tal o propio nome de "Francia" significa de feito "terra de francos".

O uso similar de celticidade para o nacionalismo do século XIX foi feita en Suíza, cando os suízos foron vistos como orixinarios da tribo celta dos helvecios, un enlace que aínda se pode atopar na designación latina oficial de Suíza, "Confœderatio Helvetica", a fonte do código CH é o nome usado en selos postais (Helvética).

As linguas celtas actuais

Map of Celtic Nations-flag shades
As nacións celtas que conservan na actualidade linguas celtas, e recoñecidas pola Celtic League:[6]      Escocia      Irlanda      Illa de Man      País de Gales      Cornualles      Bretaña
Nación Nomes propios Linguas Pobo Poboación Falantes nativos competentes Porcentaxe de poboación
Four Provinces Flag.svg Irlanda Éire Gaélico irlandés
(Gaeilge)
Pobo irlandés
(Éireannach)
6,000,000 República: 355,000 (nativos)
1,660,000 (competentes)[7]
República: 42%[7]
Norte: 10.4% (ollar nota [8])
Flag of Wales (1959–present).svg País de Gales Cymru Galés
(Cymraeg)
Pobo galés
(Cymry)
2.958.600 611,000[9] 21.7%[9]
Flag of Brittany.svg Bretaña Breizh, Bertaeyn Lingua bretoa
(Brezhoneg)
Pobo bretón 4,000,000 200,000[10] 3%[11]
Flag of the Isle of Mann.svg Illa de Man Ellan Vannin Manx
(Gaelg)
Pobo manx
(Manninee)
70,000 1,700[12] 2.2%[13]
Flag of Scotland.svg Escocia Alba, Scotland Gaélico escocés

(Gáidhlig)

Pobo escocés 5.116.900 92,400[14] 1.2%[15]
Flag of Cornwall.svg Cornualles Kernow Córnico
(Kernewek)
Pobo córnico
(Kernowyon)
513.527 2000[16] 0.1%[17][18]

Liña cronolóxica do pan-celtismo

Notas

  1. 1,0 1,1 Mapa das "nacións celtas" realizado por National Geographic.
  2. 2,0 2,1 Les nations celtes (en francés).
  3. 3,0 3,1 Celtic Legacy in Galicia, Manuel Alberro (en inglés).
  4. Guy Adams, Celts descended from Spanish fishermen, study finds, The Independent (en inglés).
  5. The Language(s) of the Callaeci, Eugenio R. Luján Martínez (en inglés).
  6. http://www.celticleague.net/ The Celtic League is an inter Celtic organisation that campaigns for the political, language, cultural and social rights of the Celtic nations... We have branches in the six Celtic countries of Alba (Scotland), Breizh (Brittany), Cymru (Wales), Éire (Ireland), Kernow (Cornwall), Mannin (Isle of Man), territorial branches in England, the USA and in Patagonia and an international branch.
  7. 7,0 7,1 2006 Census
  8. The figure for Northern Ireland from the 2001 Census is somewhat ambiguous, as it covers people who have "some knowledge of Irish". Out of the 167,487 people who claimed to have "some knowledge", 36,479 of them could only understand it spoken, but couldn't speak it themselves.
  9. 9,0 9,1 "Publication of the report on the 2004 Welsh Language Use Survey". Welsh Language Board website An increase from the 2001 census results: 582,368 persons age 3 and over were able to speak Welsh – 20.8% of the population.. Welsh Language Board. 8 de maio de 2006. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012. Consultado o 2010-04-04.
  10. The most recent census (2001) shows about 270,000 speakers. The site oui au breton estimates a yearly decline of about 10,000 speakers, suggesting a number of about 200,000 current speakers. Consultado o 24 de setembro de 2008.
  11. Données clés sur breton, Ofis ar Brezhoneg
  12. "2006 Official Census, Isle of Man". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2010.
  13. "Gov.im - Culture". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2006. Consultado o 05 de xuño de 2010.
  14. BBC News: Mixed report on Gaelic language
  15. Kenneth MacKinnon (2003). "Census 2001 Scotland: Gaelic Language – first results". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2006. Consultado o 2007-03-24.
  16. "'South West:TeachingEnglish:British Council:BBC". BBC/British Council website (BBC). 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-02-20.
  17. projects.ex.ac.uk - On being a Cornish ‘Celt’: changing Celtic heritage and traditions
  18. Effectively extinct as a spoken language in 1777. Language revived from 1904, though remains a tiny 0.1% percent being able to hold a limited conversion in Cornish.
  19. "The Royal Celtic Society". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 2010-02-05.
  20. "Celtic Congresses in other countries". Consultado o 2010-02-05.
  21. "The International Celtic Congress Resolutions and Themes". Consultado o 2010-02-05.
  22. http://www.galiciahoxe.com/index_2.php?idEdicion=1019&idMenu=149&idNoticia=346913
  23. "The Pan-Celtic Society". Consultado o 2010-02-05.
  24. "The Capital Scot". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2011. Consultado o 2010-02-05.
  25. "A short history of the Celtic Congress". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 2010-02-05.
  26. "Rhosllanerchrugog". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 2010-02-05.
  27. "Welcome to the 2010 Pan Celtic Festival". Consultado o 2010-02-05.
  28. "Scottish Parliament". Consultado o 2010-02-05.
Beltane

Beltane ou Bealtaine (en irlandés bo lume) é un antigo día festivo irlandés celebrado o 1 de maio. Historicamente esta festividade celebrábase en Irlanda, Escocia e na Illa de Man. Nos outros países celtas coma Gales, Galicia, Bretaña e Cornualles había festividades parecidas o mesmo día. A festividade sobrevive con prácticas folclóricas nas nacións celtas e a diáspora e experimenta un grao de renacemento nas décadas recentes.

Bretaña (rexión histórica)

A Bretaña (en bretón: Breizh, [bʁɛjs] ou [bʁɛχ] (AFI); en galó: Bertaèyn, [bəʁ.taɛɲ] (AFI); en francés: Bretagne, [bʁə.taɲ] (AFI), escoitar), é unha rexión xeográfica e cultural que se atopa nunha península no extremo noroeste de Francia. Nos tempos do Imperio Romano a rexión era coñecida co nome de Armórica, aínda que posteriormente chegou a ser un reino independente e tamén un ducado, antes de pasar a ser unha provincia do Reino de Francia en 1532, gobernada como se fose unha nación separada dentro da coroa. A península limita co canal da Mancha ao norte, o mar Céltico e o océano Atlántico ao oeste, e o golfo de Biscaia ao sur. Ten unha superficie de 34 023 km².

A provincia histórica da Bretaña está hoxe en día dividida en cinco departamentos: Finistère, Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Loira Atlántico e Morbihan. Dende a reorganización de 1956, a actual rexión administrativa da Bretaña só abrangue catro dos cinco departamentos bretóns, mentres que o departamento do Loira Atlántico pertence á rexión dos Países do Loira. A súa reunificación administrativa é obxecto de debate.

Segundo o censo de 2010, a poboación da Bretaña era de 4 475 295 persoas, das que o 71% viven na rexión da Bretaña e o 29% no departamento do Loira Atlántico. No ano 2012, as áreas metropolitanas máis grandes eran a de Nantes (897 713 habitantes), Rennes (690 467 habitantes) e Brest (314 844 habitantes). A Bretaña é a nación tradicional do pobo bretón e está recoñecida pola Celtic League como membro das Nacións celtas. Existen movementos nacionalistas que reclaman máis autonomía e a reunificación dos departamentos bretóns.

Celtismo

O celtismo é un movemento social e cultural que trata de pór en valor a identidade céltiga coma trazo salientábel dentro dun determinado territorio baseándose en estudos científicos e etnografía comparada.

Congreso celta

O Congreso Internacional Celta é unha organización cultural cuxo obxectivo é promocionar as linguas célticas faladas nas nacións de Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña, Cornualles e na Illa de Man. Non se trata dunha organización política, senón cultural, xa que o seu propósito é "... perpetuar a cultura, os ideais e a lingua dos pobos celtas, e manter un contacto intelectual e forte cooperación entre as respectivas comunidades celtas". O Congreso celta non debe ser confundido con outra organización semellante, a Liga Céltica, que trata asuntos políticos.

Cada ano celébrase un Congreso Internacional Celta nunha das nacións celtas, cuxa localización decídese en quendas previamente acordadas. O congreso do ano 2014 celebrouse na cidade galesa de Cardiff.

Festival Intercéltico de Lorient

O Festival Intercéltico de An Oriant (en bretón: Gouelioù Etrekeltiek An Oriant, en francés: Festival Interceltique de Lorient) é un festival de música celta que se celebra na cidade do mesmo nome, en Bretaña. O festival é un punto de encontro das nacións celtas, no que a cultura, música e tradicións dos diferentes países se dan cita. Ten lugar nos primeiros días de agosto e é o maior acontecemento destas características no mundo tendo unha duración de dez días.

Creouse en 1971 para acoller a competición nacional de bagad. Nos anos seguintes, deveu nun festival do interceltismo para diferenciarse doutros festivais semellantes da rexión. A partir de finais da década de 1990 converteuse nun dos festivais de música máis importantes de Francia por número de visitantes, acollendo a máis de 800 000 persoas e con 115 000 entradas vendidas no 2010.

A programación do festival está enfocada a concertos, espectáculos e danzas. Tamén é a sede de competicións musicais, como o campionato nacional de bagad, de bailes como os da federación War 'l leur. Tamén se organizan outros eventos como desfiles e actividades culturais. Ten unha importante influencia no territorio, tanto no eido económico coma no eido dos medios. O festival funciona como un actor cultural, permitindo a creación e a difusión das cultura de Bretaña e das nacións celtas.

As nacións participantes son: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Bretaña (Breizh), Gales (Cymru), illa de Man (Mannin), Cornualles (Kernow), Galicia e Asturias (Asturies). Dende o ano 2000, nomeado Ano do mundo celta vense engadindo representacións de países con forte emigración dos países celtas como EEUU, Australia, Nova Zelandia, Arxentina, México, e até Romanía e Italia.

Unha particularidade do festival é que cada ano está adicado a un país celta do mundo sendo en 2007 o ano de Escocia, o 2006 o de Australia e o 2005 o de Irlanda. No 2008 estivo adicado a Gales, no 2009 a Galicia e no ano 2010 á Bretaña.

O director artístico do festival é dende 2007 Lisardo Lombardía, que substituíu a Jean Pierre Pichard, creador do festival.

Festival Internacional do Mundo Celta

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é un festival de música folk tradicional das nacións celtas que en 2018 cumpriu 40 anos. Celébrase cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila costeira de Ortigueira, situada no norte da provincia da Coruña. O evento está declarado festa de interese turístico internacional.

O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de música celta de gran nivel e fama internacional, coma Alan Stivell ou The Chieftains, entre moitos outros. Así mesmo, ata a edición do ano 2010 nos arredores do porto situábase un escenario menor no que se daban cita grupos noveis, chamado Proxecto Runas, na actualidade o proxecto de novos grupos ten lugar no escenario principal na noite do xoves. Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.

É o maior festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica (con miles de asistentes en cada edición).

Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Illa de Man

A Illa de Man (en inglés: Isle of Man; en manx: Ellan Vannin), tamén coñecida simplemente como Mann (manx Mannin), é unha Dependencia da Coroa británica, localizada no Mar de Irlanda entre as illas de Gran Bretaña e Irlanda. O xefe de Estado é a Raíña Isabel II, que ostenta o título de Señor de Man. O Señor de Man é representado por un Tenente Gobernador, pero as relacións exteriores e a defensa son responsabilidade do Goberno Británico.

A illa está habitada dende o -6500. Como unha das seis nacións celtas, ten grande influencia cultural gaélica dende o século V, e fálase a lingua manx, da familia lingüística goidélica. En 627, Edwin de Northumbria conquistou a Illa de Man xunto con gran parte de Mercia. No século IX, os pobos nórdicos comezaron a asentarse na illa. Posteriormente, os nórdicos de Escocia estableceron o Reino das Illas. O título dos reis levaría dende entón o sufixo "e das Illas". Magnus III, rei de Noruega, era tamén coñecido como "Rei de Mann e das Illas" como parte da civilización das Hébridas entre 1099 e 1103. Xurdiu entón unha cultura nórdico-gaélica e a illa ficou baixo control nórdico. En 1266, a illa converteuse en parte de Escocia, formalizado no Tratado de Perth. Despois dun período no que o control da illa alternouse entre os reis de Escocia e os de Inglaterra, a illa pasou a formar parte do control feudal da Coroa Británica en 1399. O señorío revestiu na Coroa Británica en 1765, pero a illa nunca chegou a formar parte do Gran Bretaña ou o posterior Reino Unido, mantendo o seu status como unha dependencia da Coroa gobernada internamente.

Kilt

O kilt é unha saia masculina confeccionada cun deseño en tartán, típico de Escocia. A cor do kilt, así como o deseño da cuadrícula do tartán, diferenza aos diferentes clans das Highlands.

Lei celta

A lei celta fai referencia a un gran número de códigos de lei que foron usados no pasado nas coñecidas como nacións celtas dende a Idade Media. Malia variar considerablemente nos detalles, existen certos puntos de similitude entre os diferentes códigos.

As Leis Brehon gobernaron a política e o día a día en Irlanda ata a invasión normanda de 1171 (a palabra "Brehon" é un forma inglesa de breitheamh, a palabra irlandesa para "xuíz"). As leis foron escritas no período irlandés antigo (ca. 600–900) e probablemente reflectían as leis tradicionais da Irlanda pre cristiá.

A codificación da lei galesa foille tradicionalmente atribuída a Hywel Dda, rei de Gales dende o 942 ata a súa morte no 950. Esta foi unha adaptación das leis existentes previamente. A lei galesa permaneceu vixente en Gales ata a morte de Llywelyn ap Gruffydd en 1282, o derradeiro príncipe dun Gales independente.

Neses códigos destaca unha especial énfase no pagamento dunha compensación á vítima, ou ós familiares da vítima, polo crime cometido, no canto do castigo polo gobernante. Noutras palabras, as leis eran de responsabilidade civil, como casos de crimes sen vítima ou crimes contra o Estado.

Liga Céltica

A Liga Céltica é unha organización non gobernamental que promove o dereito de autodeterminación e a identidade e cultura celta en Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña, Cornualles e a Illa de Man, as coñecidas como nacións celtas. Tamén fai bastante fincapé na promoción das linguas célticas propias. Está recoñecida polas Nacións Unidas como unha organización non gobernamental con "status consultivo" e é parte do "Consello económico e social".

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Linguas célticas

As linguas célticas son as linguas que descenden do protocéltico, ou "céltico común", unha rama da gran familia lingüística indoeuropea. Durante o primeiro milenio antes de Cristo, faláronse ao longo de toda Europa, dende a baía de Biscaia e o mar do Norte, entre o Rin e o Danubio ata o Mar Negro e a parte alta da península dos Balcáns, e mesmo Asia Menor (Galacia).

Hoxe en día, as linguas célticas ven limitada a súa extensión a algunhas áreas das Illas Británicas, ao leste do Canadá, a Patagonia, algúns grupos nos Estados Unidos e Australia, e na península de Bretaña. Actualmente fálanse en Europa seis linguas célticas, dúas delas "recuperadas" despois de desapareceren completamente. Das seis só o gaélico irlandés é oficial en Irlanda. O gaélico escocés e, máis ca ningún o galés posúen certo status legal e protección. O bretón continental fica desprotexido mentres perde falantes e o córnico e o manés están rexurdindo despois de se daren por extintos.

Lorient

Lorient (en francés Lorient, en bretón An Oriant) é unha cidade portuaria de Francia, situada na rexión de Bretaña. Esténdese por unha área de 17,48 km², com 59.271 habitantes, segundo os censos de 1999, cunha densidade 3.391 hab/km².

Durante a segunda guerra mundial foi unha importante base de U-Boot alemáns. Foi practicamente destruída durante o conflito e foi reconstruída con criterios de urbanismo moderno: Espazos amplos, vías anchas e zonas verdes, aínda que tamén respectando os modelos tradicionais bretóns de arquitectura.

Famosa polo Festival Intercéltico de Lorient, que acolle artistas das nacións celtas modernas. Ten lugar nos primeiros días de agosto e cada ano se dedica a homenaxear unha nación celta determinada.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Politeísmo celta

O politeísmo celta, tamén coñecido como paganismo celta, comprende as prácticas e crenzas relixiosas atribuídas ós pobos celtas que habitaron no oeste de Europa durante a Idade de Ferro, entre os anos -500 e 500, abranguendo dende a cultura de La Tène ata a era romana. No caso dos celtas insulares correspóndese coa Idade de Ferro británica e a Irlanda celta.

O politeísmo celta foi unha das meirandes relixións durante a Idade de Ferro dentro da familia indoeuropea. Isto débese a que comprende unha gran cantidade de variacións xeográficas e cronolóxicas. Malia a súa variedade, poden ser detectadas semellanzas estruturais permitindo detectar unha "homoxeneidade relixiosa básica" entre os diferentes pobos celtas.O panteón celta componse de numerosos teónimos que foron recollidos pola epigrafía e etnografía grecorromana. Entre eles, os máis prominente son Teutates, Taranis e Lugh.

Figuras medievais da mitoloxía irlandesa foron aducidas por mitoloxía comparada, interpretadas como versións evémeras de deidades precristiás insulares.

Unha característica salientable da relixión celta, segundo se reflicte na historiografía romana, é a súa estendida práctica do sacrificio humano.

Segundo as fontes gregas e romanas, na Galia, Britania e Irlanda existía unha caste de "sabios máxico-relixiosos" cuxos membros se coñecían como druídas, pero é moi pouco o que se coñece deles.Coa conquista da Galia (entre o -58 e o -51) e o sur de Britania (43) polo Imperio romano, as prácticas relixiosas celtas adoptaron elementos dos conquistadores produto da romanización, dando lugar a cultos sincréticos coas súas tradicións e deidades, como Cernunnos, Artio, Telesforo etc.

Nos séculos V e VI, o cristianismo converteuse na fe dominante na área celta, suplantando as súas prácticas relixiosas. Porén, o politeísmo celta deixou a súa pegada nas Nacións celtas, influenciando unha mitoloxía posterior, e servindo de base para novos movementos relixiosos, como neopaganismo celta, xurdido no século XX.

Rock celta

O rock celta é un xénero do folk rock e unha forma de fusión que incorpora elementos da música celta, como instrumentación e melodías, no contexto da música rock. Foi un xénero prolífico dende os anos 1970 e foi a peza chave do desenvolvemento de exitosas bandas celtas e de intérpretes de música popular, así como na creación de importantes derivados a través de fusións posteriores. Tivo un papel importante no mantemento e definición das identidades nacionais célticas e da promoción do celtismo. Tamén serviu para comunicar esas culturas a audiencias externas.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.