Nación

O concepto de nación, dependendo do contexto ou da perspectiva política, pode variar na súa significación. Coloquialmente o significado de nación é sinónimo de país e mesmo estado; mais esta concepción é redutora ante aquela que considera unha nación como unha comunidade de persoas que posúen unha cultura, unha lingua, unha historia, unha orixe étnica, un territorio ou unha mentalidade propia, e que posúen ademais consciencia de constituíren un pobo diferenciado. Así a todo, dado que a realidade sempre é sumamente complexa, é posible achar nacións, mesmo en Europa, que non posúen algunha destas características (pénsese en Suíza e na súa realidade lingüística).

O termo nación vén do latín natio. Empregouse orixinalmente na Universidade de París para referirse a un grupo de estudantes dun determinado país, que falaban a mesma lingua e se rexían polas súas propias leis.

O modelo de estado-nación xurdiu durante o Renacemento cando os reis absolutistas de Castela, Inglaterra e Francia homoxeneizaron os territorios dos seus reinos, marxinando as minorías nacionais que había neles. Algunhas nacións coinciden actualmente no modelo estado-nación como pode ser Portugal, algúns estados están formados por varias nacións coma o Reino Unido ou Bélxica, e outras nacións non teñen un estado propio coma o Kurdistán ou o Sáhara Occidental.

Teorías sobre a nación

Hai catro correntes na súa conceptualización, a teoría histórico-materialista, as teorías metafísicas, as teorías psicolóxicas e as teorías empíricas.[1]

Nación en España

A evolución social e política de Europa cara a finais do século XIX nacen en España multitude de movementos nacionalistas, a maioría deles baseados en razóns históricas, culturais e lingüísticas (por exemplo, en contraposición con Suíza). Tal é o caso especialmente do País Vasco, Cataluña, Galicia e en boa medida, a Comunidade Valenciana (denominado País Valenciano polos nacionalistas valencianos) e Andalucía, cuxos movementos nacionalistas xurdiron a fins do século XIX e acrecentáronse especialmente trala ditadura de Francisco Franco co xurdimento da democracia.

Constitución de 1978

Artigo principal: Constitución española de 1978.

Esta Constitución se fundamenta, e así se reflicte no seu artigo 2, na indisoluble unidade da Nación española, patria común e indivisible de todos os españois, e do mesmo xeito recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas, como se amplía a continuación:

  • O País Vasco, especialmente con base no éuscaro, a lingua histórica da rexión (aglutinante e ergativa), máis antiga que as linguas indoeuropeas e ata illada, describe na súa estatuto de autonomía en vigor (aprobado en 1979) ao País Vasco como a unha nacionalidade no Estado español:
  • Cataluña, por exemplo, defínese analogamente no seu estatuto de autonomía do mesmo ano, baixo o cal:

Co éuscaro (lingua prerromana), o catalán, e o galego (linguas romances) como linguas propias oficiais, respectivamente, xunto co castelán, oficial en toda España, como aparece na Constitución española de 1978, que recoñece no Artigo 2 do Título Preliminar a existencia de diversas nacionalidades españolas, parte dunha "Nación española indisoluble":

O concepto de "nación" e "nacionalidade", con todo, non se definen (e desde un principio utilízanse en contraposición co significado dado noutros países, nos cales tanto pertenza a unha nación como nacionalidade utilízanse como equivalentes), aínda que se suscita a Nación española como nación, integrada por diversas nacionalidades e rexións (neste sentido, Nación tamén como pertencente a un territorio). O concepto de nacionalidade atópase de xeito xeral nos estatutos, por exemplo, de Aragón (1982) ou Andalucía (1981):

O significado de nacionalidade atópase especialmente entrelazado coa división política histórica do Reino de España (con excepción especialmente do País Vasco) e o de nación co da raíz latina (sen Portugal), máis enclaves fóra da península Ibérica. O concepto nacionalista baséase ou ben neste e á posible existencia dunha única nación española (con matices), na existencia dunha nación española que se integra por diversas nacións ata chegar á interpretación da existencia posible de só un estado español, plurinacional (afirmando a posible existencia dunha nación española de conxunto ou negándoa por completo), dependendo da postura ideolóxica e política dos diversos partidarios e a onde poñan énfase nas características definitorias do concepto de nación.

En términos xurídicos, na Constitución de 1978, a Nación española (como nación política, na que residen, con carácter exclusivo e excluínte, a soberanía e o poder constituínte) é o suxeito político que se constitúe en Estado social e democrático de Dereito, e a Nacionalidade (equivalente a nación cultural) o suxeito político que se constitúe en Comunidade Autónoma.

Notas

  1. Noguera, Albert. "Los votos de Valls a Colau sí son a cambio de algo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-06-20.

Véxase tamén

Ligazóns externas

EuroMinority - Organización para as Minorias Europeas

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Australia

Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar da Tasmania, ao leste. A través destes mares, ten fronteira marítima coa Indonesia, Timor-Leste e Papúa-Nova Guinea, ao norte, e co territorio francés da Nova Caledonia, ao leste. A súa capital é Canberra.

Bambuco

O bambuco é un xénero musical propio de Colombia. Está considerado un dos máis representativos dese país, tanto é así que chegou a ser recoñecido entre os emblemas nacionais[Cómpre referencia] e como parte do folclore desta nación caribeña.

Bretaña

A Bretaña (en francés Bretagne) é unha rexión administrativa do oeste da Francia cunha longa costa litoral entre o Canal da Mancha e mailo Océano Atlántico. O seu nome en bretón é Breizh e en galó Bertaèyn. Os seus habitantes chámanse bretóns.

Bután

Bután (en dzongkha: འབྲུག་ཡུལ་; Druk Yul), oficialmente o Reino de Bután (en dzongkha: འབྲུག་རྒྱལ་ཁབ་; Druk Gyal Khap), é unha nación pequena e montañosa do sur de Asia, localizada na cordilleira do Himalaia oriental, entre a India e a China. Fai fronteira coa Rexión Autónoma do Tíbet da China polo norte, co estado indio de Sikkim e o val de Chumbi do Tíbet polo oeste, co estado indio de Arunachal Pradesh polo leste, e cos estados de Assam e Bengala Occidental polo sur. Bután atópase xeopoliticamente no sur de Asia e é a segunda nación menos poboada do continente, despois das Maldivas. Thimphu é a capital e a meirande cidade, mentres que Phuntsholing é o centro financeiro.

A independencia de Bután mantívose durante séculos e non foi colonizado nunca ó longo da súa historia.

Cuba

Cuba (oficialmente República de Cuba), é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos Estados Unidos polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898, despois da cal foi brevemente administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de fornecer o seu sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura do presidente Fulgencio Batista en 1952. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista co liderado de Fidel Castro. Dende 1965, o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico, no que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes, incluíndo os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español, a introdución de escravos africanos, a estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría, e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.815 no 2014. Segundo os datos presentados polas Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.

División administrativa

Os termos división administrativa, política administrativa, demarcación administrativa, subdivisión administrativa, entidade subestatal, entidade subnacional e outros similares aplícanse de maneira xenérica para designar as entidades políticas que funcionan como demarcacións ou divisións do territorio de cada estado, realizadas con carácter formal para o seu organización territorial, e as institucións que as administran. Créanse e funcionan a distintos niveis, desde o superior ou rexional ata o inferior ou local, pasando por niveis intermedios (provincial, comarcal, etcétera). As divisións de carácter político-administrativo poden coincidir ou non coas que se realizan para outros fins (militares, eclesiásticos, xudiciais) ou coas que se realizan en estudos xeográficos (geocoras).

A Unión Europea considera tres niveis de divisións administrativas, inferiores aos estados membros e superiores aos concellos, denominadas NUTS (Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas). Tamén existen os conceptos de eurorrexión (transfronteiriza entre estados membros) ou o de rexión ultraperiférica (as xeograficamente afastadas do continente europeo, pero pertencentes a un país membro).

O grao de autogoberno de cada unha destas entidades depende da concepción centralista ou descentralizada do estado. Diferente consideración teñen os territorios dependentes (por exemplo as colonias dun imperio colonial), que non forman parte do núcleo dun estado-nación.

O termo xenérico utilizado para identificar á entidade estatal ou nacional á que tales demarcacións pertencen pode ser moi diverso. Á súa condición de entidade xeográfica ("país") ou política ("estado" ou "nación", conceptos-termos de moi complexa identificación ou diferenciación), engádese a súa forma de estado en canto á relación ou articulación que se establece entre territorio, poboación e poder (Estado unitario, Estado complexo, Estado composto, Estado rexional ou das autonomías, Estado integral, federación, confederación, unión, imperio, mancomunidade e moitas outras).

Estado

O Estado é un concepto político que se refire a unha forma de organización social soberana e coercitiva, formada por un conxunto de institucións involuntarias, que teñen o poder de regulamentar a vida nun territorio determinado.

Etnia

Un grupo étnico é un grupo de persoas que se identifican unhas coas outras, ou son identificadas como tal por terceiros, con base en semellanzas culturais ou biolóxicas, ou ambas, reais ou presumidas. Tal como os conceptos de raza e nación, o de etnicidade desenvolveuse no contexto da expansión colonial europea, cando o mercantilismo e o capitalismo promovían movementos globais de poboacións ao mesmo tempo que as fronteiras dos estados eran definidas máis clara e rixidamente. No século XIX, os estados modernos, en xeral, procuraban lexitimidade reclamando a representación de nacións. Mentres, os estados-nación inclúen sempre poboacións indíxenas que foron excluídas do proxecto de construción da nación, ou recrutan traballadores do exterior das as súas fronteiras. Estas persoas constitúen tipicamente grupos étnicos. Consecuentemente, os membros de grupos étnicos acostuman concibir a súa identidade como algo que está fora da historia do estado-nación – quer como alternativa histórica, quer en termos non-históricos, quer en termos dunha ligazón a outro estado-nación. Esta identidade expresase moitas veces a través de "tradicións" variadas que, aínda que sexan frecuentemente invencións recentes, apelan a unha certa noción de pasado.

Os grupos étnicos ás veces son suxeitos ás actitudes e ás accións preconceituosas por parte do Estado ou polos seus membros. No século XX, os pobos comezaron a discutir que conflitos entre grupos étnicos ou entre membros dun grupo étnico e o estado poden e deben ser resolvidos de dúas maneiras. Algúns, como Jurge Habermas e Bruce Barry, discutiron que a lexitimidade de estados modernos debe ser baseada nunha noción de dereitos políticos para suxeitos individuais autónomos. De acordo con este punto de vista o estado non pode recoñecer a identidade étnica, nacional ou racial e debe preferibelmente reforzar a igualdade política e legal de todos os individuos. Outros, como Charles Taylor e William Kymlicka argumentan que a noción do individuo autónomo é ela propia unha construción cultural, e que non é nin posíbel nin correcto tratar pobos como individuos autónomos. De acordo con esta opinión, os estados deben recoñecer a identidade étnica e desenvolver procesos nos cales as necesidades particulares de grupos étnicos posan ser levadas en conta no contexto dun estado-nación.

Exilio

O exilio é o estado de estar obrigatoriamente lonxe da propia terra (xa sexa cidade ou nación) e pode definirse como a expatriación, voluntaria ou forzada, dun individuo. Algúns autores utilizan o termo "exiliado" co sentido de "refuxiado".

Ademais de persoas no exilio, tamén hai gobernos no exilio, como o do Tíbet ou nacións no exilio, como foi o caso de Armenia de 1078 a 1375, que logo da invasión do seu territorio, exiliouse en Cilicia, formando un novo reino.

Irán

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación máis grande de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo. É o único país que ten costa no Mar Caspio e no Océano Índico.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo, que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión. Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento. O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.

Multiculturalismo

O multiculturalismo, termo suxeito a diversas interpretacións, pode designar a coexistencia e cohesión social de diferentes culturas (étnicas, relixiosas etcétera) no seo dun mesmo conxunto (unha nación, por exemplo) ou aludir á variedade que presentan as culturas das distintas sociedades. A nivel territorial, o multiculturalismo propón a conversión dos estados en comunidades multiculturais, pois comprende a diversidade racial, étnica e, en definitiva, cultural, como un factor positivo con vistas ao desenvolvemento social.

Por outra parte, o multiculturalismo é tamén unha teoría que busca comprender os fundamentos culturais de cada unha das nacións.

Nacionalismo

O nacionalismo é unha doutrina ou filosofía política que propugna como valores fundamentais o benestar, a preservación dos trazos identitarios, a independencia e a supervivencia da nación propia.

O nacionalismo é un concepto de identidade experimentado colectivamente por membros dun goberno, unha nación, unha sociedade ou un territorio en particular. Os nacionalistas alicerzan o seu ideario na procura imprescindible da lexitimación política. Moitas ideoloxías nacionalistas derivan o seu desenvolvemento da teoría romántica da identidade cultural, mentres que outras se basean no argumento liberal de que a lexitimidade política deriva do consenso da poboación dun territorio.

O nacionalismo é un termo malinterpretado interesadamente con frecuencia, xa que a súa definición máis xeral enfróntao polo regular cun estado poderoso e homoxeneizador. O nacionalismo non implica que unha nación sexa superior a outra, senón que sostén que certas nacións poderían atoparse en mellor situación se se lles permitir gobernarse de seu, acadando así a súa independencia política, económica ou cultural.

Paquistán

Paquistán (en urdú پاکستان), e oficialmente República Islámica de Paquistán, (en urdú اسلامی جمہوریۂ پاكستان), é un estado de Asia Meridional. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1046 km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo nordeste. Está separado de Taxiquistán polo territorio afgán do Corredor de Wakhan.

O territorio do moderno Paquistán foi o fogar de varias culturas antigas, incluíndo a neolítica Mehrgarh e a civilización do val do Indo da Idade de Bronce. O territorio tivo varios reinos gobernados por pobos de diferentes crenzas e culturas, como hindús, persas, indogregos, islámicos, turco-mongois, afgáns e sikh. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio Maurya da India, o Imperio Aqueménida persa, Alexandre o Grande, o Califato Omeia árabe, o Imperio mongol, o Imperio mogol, e Imperio Durrani, o Imperio Sikh e o Imperio Británico. Como resultado do Movemento de Paquistán liderado por Muhammad Ali Jinnah e da loita da India pola independencia, Paquistán acadou a independencia en 1947 como unha nación das rexións da India con maioría musulmá. Inicialmente un dominio, Paquistán adoptou unha nova constitución en 1956, converténdose nunha República Islámica. A guerra civil de 1971 debeu na secesión do leste do país nun novo país, Bangladesh.

Paquistán é unha república parlamentaria federal que consta de catro provincias e catro territorios federais. É un país étnica e lingüisticamente diverso, que tamén posúe unha gran diversidade na súa xeografía e fauna. É unha potencial media e rexional, e posúe a sétima maior forza armada do mundo e armas nucleares, sendo a única nación do mundo musulmán, e a segunda de Asia Meridional, con esa clase de armas. A súa historia despois da independencia está caracterizada por períodos de goberno militar, inestabilidade política e conflitos coa veciña India. O país enfróntase a problemas como a sobrepoboación, o terrorismo, a pobreza, o analfabetismo e a corrupción. É un membro fundador da Organización da Conferencia Islámica e é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións, dos Próximos once, da SAARC e da OCE.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Pobo grego

Os gregos, tamén chamados helenos (en grego: Έλληνες), son unha nación e un grupo étnico orixinario de Grecia, Chipre e algunhas outras rexións da contorna do mar Exeo. Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.

Na antigüidade, os gregos organizábanse politicamente en cidades estado, e alí orixinouse o concepto de democracia. Estabelecéronse colonias e comunidades gregas ó longo da historia en moitos recunchos do Mediterráneo, malia que o groso da nación sempre se centrou arredor do mar Exeo, onde se fala a lingua grega dende a Grecia antiga. No século IV a.C, a expansión territorial máis importante dos gregos levou ó helenismo até Asia Central e a India, e despois da caída do Imperio Romano, Bizancio mantivo a cultura grega no Mediterráneo oriental até 1453. Baixo o Imperio Otomán e até o comezo do século XX, os gregos estaban instalados uniformemente entre a actual Grecia, a costa occidental de Anatolia, o Mar Negro, Exipto, Chipre e Constantinopla; en xeral, estas rexións coinciden coas fronteiras do Imperio Bizantino a finais do século XI, e tamén coa zona de colonización grega na antigüidade do Mediterráneo oriental.Despois da Guerra Greco-Turca (1919-1922), un masivo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de Grecia e Chipre (illa daquela integrada no Imperio británico). A nova Grecia constituíuse a partir do 1822 como un estado nación típico da época, liberado do Imperio Otomán. Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o sur de Italia e o sur de Albania até no Cáucaso, e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á Igrexa Ortodoxa Grega.Pódenselles atribuir ós gregos contribucións moi notables en diversos eidos da cultura universal ó longo de toda a Historia (as artes, a literatura, a filosofía, a política, a música, as matemáticas, a ciencia, a arquitectura, a tecnoloxía, as exploracións, a cociña e o deporte).

Soberanía

Enténdese como soberanía ao exercicio da autoridade que, na maioría de sistemas políticos da actualidade, reside no pobo e é exercida a través dos poderes públicos de acordo coa súa propia vontade e sen a influencia de elementos estraños.

Tamén a palabra "soberanía" se conceptualiza como o dereito dunha institución política de exercer o seu poder. Tradicionalmente considerouse que son tres os elementos da soberanía: Territorio, pobo e poder.

No Dereito internacional, a soberanía é un concepto clave, referido ao dereito dun estado para exercer os seus poderes.

Sudán

O Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān), oficialmente República do Sudán (en árabe جمهورية السودان Jumhūrīyat as-Sūdān) é un país do Val do Nilo en Norte de África, que limita con Exipto polo norte, co Mar Vermello, Eritrea e Etiopía polo leste, co Sudán do Sur polo sur, coa República Centroafricana polo suroeste, con Chad polo oeste e con Libia polo noroeste. O río Nilo divide ó país en dúas metades, a leste e a oeste. A relixión predominante é o Islam.O Sudán era o meirande país de África e do mundo árabe ata o ano 2011, cando o Sudán do Sur se converteu nun estado independente despois dun referendo. O Sudán é hoxe o terceiro maior país de África, despois de Alxeria e da República Democrática do Congo.

O país é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Liga Árabe, da Organización da Conferencia Islámica e do Movemento de Países Non Aliñados, así como un observador na Organización Mundial do Comercio. A súa capital é Khartún, o centro político, cultural e comercial da nación. É unha república federal con sistema presidencial e democracia representativa. A política do Sudán é regulada por unha organización parlamentaria chamada Asemblea Nacional. O seu sistema legal está baseado na lei islámica.

Suíza

Suíza (en alemán: Die Schweiz, en francés: Suisse, en italiano: Svizzera, en romanche: Svizra) é un estado federal da Europa central, sen saída cara ao mar, mais con conexións a través do río Rin. Ten fronteiras ao norte con Alemaña, ao leste con Austria e Liechtenstein, ao sur con Italia e ao oeste con Francia. É tamén coñecida como a Confederación Suíza ou de xeito oficial, aínda que menos usual, Confoederatio Helvetica (en latín para Confederación Helvética).

A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar, razón pola cal é a sede de numerosas organizacións internacionais, incluíndo a Cruz Vermella, a Organización Mundial do Comercio ou unha das oficinas das Nacións Unidas. Non forma parte da Unión Europea, mais si forma parte do Acordo de Schengen.

É segundo as propias autoridades suízas unha nación multiétnica, multilingüística e multicultural, froito dunha vontade política, onde conviven catro linguas nacionais: o alemán, o francés, o italiano e o romanche. O estado réxese por unha estrutura confederal dende 1848, que consiste en vinte e seis estados chamados cantóns. A súa capital é Berna.

O seu nome deriva dun dos cantóns fundadores da federación, Schwyz (en alemán estándar: Schweiz, ao parecer variante da tribo dos suevos), en canto ao nome de Confederación Helvética deriva da antiga tribo celta dos helvecios que habitaron a metade oeste e parte do centro deste país durante a antigüidade. Suíza é, dende finais do século XIX, un dos estados máis ricos e desenvolvidos do mundo.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.