Nabo

O nabo (Brassica rapa L.), é unha planta da familia das crucíferas ou brasicáceas (a familia das coles e os repolos) cultivada comunmente como hortaliza nos países de climas temperados de todo o mundo pola súa suculenta raíz napiforme, e tamén para o consumo das súas follas. As variedades de raíz tenra utilízanse para o consumo humano, mentres que as maiores se destinan a forraxe para o gando.

Os nabos son moi populares en Europa, en particular nas rexións máis frías, xa que se poden almacenar durante varios meses despois da colleita. Tamén poden crecer en forma silvestre. En Galiza foi un dos cultivos máis estendidos como indica a microtoponimia; hoxe en día o consumo humano da raíz (chamada comunmente carola[1], cachola ou carocha) non é común, porén si seguen a ser moi populares as nabizas e grelos (follas e rebentos respectivamente da mesma planta).

Nabo
Nabo (Brassica rapa subsp. rapa) in situ.

Nabo (Brassica rapa subsp. rapa) in situ.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Brassicales
Familia: Brassicaceae
Tribo: Brassiceae
Xénero: Brassica
Especie: B. rapa
Nome binomial
Brassica rapa
L., Sp. Pl.¡¡, vol. 2, p. 666, 1753 [1]
Turnip
Nabo (Brassica rapa L.)

Características

Brassica rapa plant
Nabo silvestre.

A variedade máis común comercializada como hortaliza en Europa e Norteamérica é principalmente a de pel e carne branca, a excepción dos 1–3 cm superiores que, ao sobresaír da terra e recibir a luz do sol, son de cor púrpura, avermellada ou verdosa.

Esta parte superior desenvólvese a partir do tecido do caule, pero permanece soldada á raíz, que é practicamente esférica, de ao redor de 5–15 cm de diámetro e carente de radículas laterais. A raíz principal (que se encontra por debaixo da raíz engrosada) é delgada e duns 10 cm de lonxitude.

As follas son de dúas clases: as vexetativas son as nabizas, e as do rebento floral, os grelos. Medran directamente sobre a parte superior sen apenas colo. Son tamén comestíbeis, e moi populares en Galicia e outras zonas do noroeste da península Ibérica (Asturias, o Bierzo, norte de Portugal) e deben consumirse moi frescas.

Os nabos chegan a pesar máis de 1 kg. Porén, pódense *colleitar cando son máis pequenos. O tamaño dos máis pequenos é función da variedade e do tempo que se deixou crecer.

A maior parte son variedades especiais, que só están dispoñíbeis cando se recolleitan, e non se conservan durante moito tempo. Adoitan consumirse (follas incluídas) crus, en ensaladas, como os ravos e, dependendo da variedade, teñen a carne amarela, alaranxada ou avermellada.

Orixe

O nabo cultivábase xa na Antiga Grecia e durante o Imperio romano. Aínda que se descoñece o lugar exacto onde se cultivou por primeira vez, barállanse Afganistán, Paquistán e a rexión do Mediterráneo como principais candidatos.

Antigamente era un alimento básico na cociña europea; porén foi substituído despois da introdución da pataca, importada de Sudamérica polos españois no século XVI.

Hoxe en día volve a ser un apreciado ingrediente en gornicións de asados ou en puré.

Sinonimia galega

Ademais de nabo, a raíz engrosada desta planta coñécese en Galicia tamén como nabo galego, nabo forraxeiro, cabeza de nabo, carola e grela. As follas, como quedou dito, nabizas e grelos. As sementes coñécense como nabiñas ou nabías[2]. A leira onde se cultivan nabos chámase nabal, por iso existen en Galiza moitos topónimos deste tipo: nabal, nabais, nabás etc. Nabo é un dos nomes vulgares do pene.

Chámase nabo caíño, nabo da noula á planta brava rubideira Bryonia dioica, chamada tamén en galego saltasebes, xa que bota unha especie de carola ou nabo baixo o chan[3].

Os nabos na cultura popular galega

Artigo principal: Os nabos na cultura popular galega.

En Galiza xogábase ao arríncate-nabo ou arrinca nabos. A Real Academia Galega no seu Diccionario gallego-castellano de 1913-1928 di que é un xogo de mozos que consiste en sentar todos no chan, e entre as pernas de cada un, senta o que lle segue, ao que o anterior suxeita fortemente cos brazos polo van. Só un xogador queda en pé, e este puxa polo primeiro que está sentado intentando erguelo, cousa difícil, porque o suxeita o anterior, e a este o outro, e así os demais, e, ou se erguen todos ou ningún, rodando, regularmente, polo chan. O que puxa acompaña o esforzo con estas verbas: Arríncate, nabo![4]

  • Cada cousa no seu tempo, e os nabos no advento.
  • Nabo, nabiza e grelo, trindade do galego.
  • Nabos e coles, comer de señores.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carola. Consultado o 24 de febreiro de 2017.
  2. "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  3. Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009. Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  4. Real Academia Galega (1913-1928): Diccionario gallego-castellano a través de Dicionario de dicionarios - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=nabo&tipo_busca=lema

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Abelenda, Avión

Santa Mariña de Abelenda é unha parroquia do concello de Avión. Segundo o IGE en 2017 tiña 483 habitantes, 160 menos ca en 2010 e 234 menos ca en 2005.

Brassica

Brassica é un xénero botánico da familia Brassicaceae, que comprende numerosas especies utilizadas polo ser humano como condimento ou alimento, de grande importancia na horticultura e na agricultura, como os nabos, repolos ou as verzas. O xénero é nativo do oeste de Europa, rexión mediterránea e rexións de clima temperado de Asia. Tamén inclúe plantas bravas. Son plantas importantes na gastronomía galega: repolo, nabo (nabiza, grelo), verzas etc.

Hai máis de 30 especies bravas e híbridos, e numerosos cultivares adicionais e híbridos de orixe cultivada. Moitas son anuais ou bienais, e algunhas son pequenos arbustos.

Hoxe en día o xénero é cultivado mundialmente. Nalgunhas especies, case todas as partes son comestíbeis, incluída a raíz, coma na rutabaga ou no nabo (carola, grelos e nabizas), os talos (col ravo), as follas (repolo, coia de Bruxelas), as flores (coliflor, brócoli), as sementes (mostaza e a colza Brassica napus).

Algunhas formas con follaxe branca ou púrpura ou cabezas florais úsanse para ornamentar.

As especies de Brassica son consumidas polas larvas de varias especies de Lepidoptera (bolboretas e avelaíñas).

Por mor á súa importancia agrícola, as Brassica teñen moito interese científico. As estreitas relacións entre seis especies particularmente importantes (Brassica carinata, B. juncea, B. oleracea, B. napus, B. nigra e B. rapa) descríbense na chamada teoría do Triángulo de U.

Casar

O topónimo galego Casar pode referirse a:

Casar, lugar da parroquia de Furco, no concello de Becerreá;

O Casar, lugar da parroquia de Ver, no concello de Bóveda;

O Casar, lugar da parroquia de Osmo, no concello de Cenlle;

O Casar, lugar da parroquia de Vilar de Rei, no concello de Cenlle;

O Casar, lugar da parroquia de Cangues, no concello do Irixo;

O Casar, lugar da parroquia de Reádigos, no concello do Irixo;

O Casar, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Leiro;

O Casar, lugar da parroquia de Graíces, no concello da Peroxa;

O Casar, lugar da parroquia de Segán, no concello do Saviñao.

Casar de Cima, lugar da parroquia de Lobios, no concello de Sober;

Casar de María, lugar da parroquia de Vales, no concello de San Cristovo de Cea;

Casar de Monín, lugar da parroquia de Penarrubia, no concello de Baralla;

Casar de Seta, lugar da parroquia de Arnego, no concello de Rodeiro;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Esposende, no concello de Cenlle;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Covas, no concello de Montederramo;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Arrabaldo, no concello de Ourense;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Beariz, no concello de San Amaro;

Casar do Mato, lugar da parroquia de Cristosende, no concello da Teixeira;

Casar do Nabo, lugar da parroquia de Abelenda, no concello de Avión.

Casar do Nabo, Abelenda, Avión

Casar do Nabo é un lugar da parroquia de Abelenda no concello ourensán de Avión na comarca do Ribeiro. Tiña 25 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 13 eran homes e 12 mulleres. Iso supón un mantemento da poboación respecto a 2010 cando tiña 25 habitantes (13 homes e 12 mulleres).

Dicotiledóneas

Magnoliopsida é un taxón de plantas que foi empregado en sistemas de clasificación moi populares como o de Cronquist (Cronquist 1981, 1988), os subtaxóns que o conforman coinciden coas dicotiledóneas (chamadas deste xeito por teren durante as primeiras etapas do desenvolvemento dous cotiledóns), que polo tanto é un sinónimo deste taxón. Polo tanto chámaselles dicotiledóneas ás plantas que teñen un embrión con dous cotiledóns que ó desenvolvérense darán lugar a dúas folliñas.

As dicotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é monocotiledóneas.

As dicotiledóneas están formadas por 5 grupos monofiléticos, o maior de eles foi chamado Eudicotyledoneae (eu- quere dicir "verdadeiro"). As eudicotiledóneas comprenden o 75% das especies de anxiospermas[Cómpre referencia], e posúen moitos dos caracteres que antes se atribuíran ás dicotiledóneas, como o pole tricolpado (e os derivados deste).

Engo

O engo ou sabugueiriño, (Sambucus ebulus) é unha especie herbácea das caprifoliáceas, nativas do sur e centro da Europa e do suroeste de Asia, semellante ao sabugueiro (co que comparte xénero: Sambucus) mais coas follas máis estreitas e longas que despiden un cheiro fétido. Aparece en Galiza onde tamén se coñece polo nomes de irgo, nabo naveao ou sabuguiño.

Grelo

O grelo é un sinónimo de xermolo que se aplica en moitas partes de Galicia exclusivamente ao gromo do nabo (Brassica rapa). Porén, ás veces é tratada coma Brassica rapa subsp. rapa, Brassica rapa ruvo, Brassica rapa rapifera, Brassica ruvo, ou Brassica campestris ruvo.

A aparencia é a dun gromo máis ou menos groso do que saen algunhas follas e, no extremo, as flores.

Emprégase para preparar o caldo galego e outros pratos típicos, como o lacón con grelos.

O grelo é comestíbel mentres está tenro. Cando abrocha a flor, o grelo endurécese e xa non é posíbel o seu consumo, pois non amolece por moito que se coza.

Un bo sistema para saber se o grelo é mol ou non consiste en darlle un corte transversal no seu extremo. Se o centro está moi branco (branco neve) o grelo xa non é comestíbel a causa da súa dureza.

Hai que denotar a diferenza do grelo e as nabizas: estas últimas son as primeiras follas, tenras, que produce o nabo.

Do nabo sal a nabiza,

Da nabiza sal o grelo,

son tres persoas distintas

e un solo Dios verdadeiro.No mes de xaneiro de 2008, a Real Academia Galega aceptou o termo greleiro como Persoa ou entidade que se dedica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles, despois de que o grupo Gadisa o propuxese.

Guntín

Guntín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.

Nabiza

A nabiza, tamén chamada rabiza, é a folla tenra do nabo (Brassica rapa L.) planta da familia das crucíferas ou brasicáceas.

As nabizas son as primeiras follas do nabo, antes de que esta planta entre en floración, xa que daquela denomínanse grelos, que teñen características organolépticas diferentes.

En Galicia é a verdura típica do outono para facer o caldo galego, e tamén se utiliza como ingrediente dos primeiros cocidos, e mesmo do Lacón con grelos.

A dicir de Eladio Rodríguez, as nabizas son as

E segundo Emilia Pardo Bazán, falando do caldo galego, di

O Araño, Rianxo

Santa Baia do Araño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.372 habitantes (667 homes e 715 mulleres), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que reflicte unha diminución en relación ao ano 2004, cando tiña 1.512 habitantes, e ao ano 1999, cando tiña 1.655 habitantes.

O burro na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada do burro na cultura popular galega, na fraseoloxía e na tradición oral galega (refráns, cantigas e adiviñas).

Os nabos na cultura popular galega

Os nabos son un dos cultivos máis populares en Galicia polas condicións climáticas axeitadas para o seu crecemento , o que explica a súa presenca na cultura popular galega: no léxico xerado ó seu redor, no refraneiro e no cantigueiro.

O nabo seméntase entre xullo e agosto -tempo que xa recomendaba o refraneiro-, en secaño ou regadío, nas mesmas leiras que o millo, o centeo ou o trigo, e xusto cando se colleitan estes, previo arado e estercado; a semente chámase nabiña. Cómese, toda a planta, durante os meses de novembro a maio, tanto para alimento da xente como para o gando. As nabizas ou os grelos úsanse para facer o caldo, ou ben se cocen con patacas e lacón. A raíz, o nabo propiamente dito, empregábase en cachos para facer o caldo aínda que o máis usual é darllo ós porcos ou a outro gando, cocidos con fariña.

Pasto

En agricultura, pasto é calquera comestible con base vexetal empregado especificamente no lugar onde se medra a planta para a nutrición de gando, como o caso de vacas, ovellas ou porcos.

O pasto por definición é de orixe vexetal, aínda que o produto inxerido polos animais pode ser un derivado procesado ao cal se engadiron minerais ou restos animais. Para acentuar a calidade nutritiva do pasto búscase unha natureza compensada entre leguminosas e gramíneas, de xeito que se produza unha complementación proteica.

Pseudonó

Un pseudonó (pseudoknot, falso nó) é unha estrutura secundaria de ácido nucleico formada por polo menos dúas estruturas en talo-bucle (stem-loop) nas cales a metade dun talo está intercalada entre as dúas metades do outro talo. A estrutura en pseudonó foi primeiro recoñecida no virus do mosaico amarelo do nabo en 1982. Os pseudonós préganse en conformacións tridimensionais con forma de nó pero non son verdadeiros nós topolóxicos. Máis ben o que se observa neles é que parte dun bucle forma parte do talo do bucle adxacente, producíndose unha especie de solapamento (ver a figura).

Refraneiro galego do queixo

A queixo e touciño, grolo de viño.

Do queixo do Cebreiro comer ata o sombreiro.

Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo.

En san Xoán, pouco queixo e moito pan.

En san Xoán, tanto queixo como pan.

En san Xoán, tanto queixo como pan; polo san Pedro, tanto queixo coma un dedo, e polo Santiago, agárraselle ó rabo.

Por san Xoan, tanto queixo como pan.

O pan, con ollos; o queixo, cego; e o viño, anexo.

O pan, con ollos; o queixo, sin ollos; o viño, que salte ós ollos.

Queixo, sin ollos; e pan, con ollos.

O queixo e o barbeito, en abril ou maio sea feito.

O queixo millor é fresco, porque non está tan seco.

O queixo sano é o que dá o avaro.

Queixo cego, pan olludo e viño que chispe no bullo.

Queixo pesado, pan liviano.

Tanto o pan coma o queixo e tanto o queixo coma o pan, cómoo se mo dan.

Tanto pan como queixo, e tanto queixo como pan, ben o como se mo dan.

Tanto queixo como pan non se debe dar.

Uvas con queixo saben a beixo.

Val máis queixo de nabo, que catro de maio.

Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante.

Gando na corte, pouco leite e queixo forte.

No mes de abril fai queixos mil.

O falar lévase dos queixos.

Pan con ollos, queixo cego e viño que salte ós ollos.

Queixo pesado, pan liviano.

Val máis un queixo de nabo que catro de maio.

Viño que salte, queixo que chore e o pan que cante.

Rutabaga

A rutabaga (Brassica napobrassica, o Brassica napus var. napobrassica), é unha raíz comestíbel que se orixinou nun cruzamento ente o repolo (Brassica oleracea var. viridis) e o nabo (Brassica rapa). Cultívase especialmente no norte de Europa e América do Norte, onde forma parte da gastronomía popular. Non é un cultivo popular hoxe en día en Galiza.

Saltasebes

A saltasebes, nabo caíño ou nabo da noula Bryonia dioica é unha planta rubideira da familia Cucurbitaceae (familia dos cogombros e melóns) que medra en Galiza.

Verdura

As verduras son hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta, tal e como poden ser os talos, as follas etc. e que forman parte da alimentación humana. Case todas elas son de baixo contido en graxas e calorías, representando ademais fontes de vitaminas, minerais, fibra e hidratos de carbono. A definición do que é verdura é de uso máis 'popular' que 'científico' e está suxeita a diversas interpretacións culturais. Dende un punto de vista culinario as plantas (ou os seus froitos) que non posúen un sabor doce (agás algunhas excepcións) considéranse verduras. A produción comercial de verduras é unha ponla da horticultura denominada olericultura.

Wasabi

O wasabi (en xaponés 山葵 ou ワサビ) emprégase como condimento xaponés. É extraído dunha raíz da planta de nome homónimo, denominada co seu nome científico Wasabia japonica, Cochlearia wasabi, ou tamén Eutrema japonica, da familia do nabo, a mostaza e o repolo. Ten un sabor extremadamente forte e emprégase principalmente mesturado coa salsa de soia para mollar o suxi. En xeral, é usado para decorar os pratos de peixe ou carne.

A súa forza, máis que no picor, reside nos vapores que se transmiten ao longo das fosas nasais e que producen unha sensación de ardor. Esta sensación non fica demasiado tempo a diferenza do picor producido polos chiles. O wasabi medra de forma natural só no Xapón e a illa de Sakhalín.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.