NSSDC ID

O NSSDC ID, tamén chamado International Designator (designador internacional) e designación COSPAR, é unha convención internacional para nomear satélites. Consiste no ano de lanzamento, un número incremental de lanzamento de tres cifras para ese ano e un código de tres letras que representa o identificador secuencial dunha peza no lanzamento.

Por exemplo, 1957-001A é o vehículo de lanzamento do Sputnik 1 e 1957-001B representa ó propio satélite. O número revela que foi lanzado en 1957 e que foi o primeiro lanzamento de aquel ano. Outro exemplo é 1990-037B, o telescopio espacial Hubble, que foi o lanzamento exitoso número 37 durante 1990. 1990-037A era o transbordador espacial Discovery durante a misión STS-31, que levou ó telescopio cara ao espazo.

Os lanzamentos fallidos non levan identificadores estándar. En cambio catalóganse con designracións arbitrarias, como VAGSL1 para o satélite Vanguard SLV 1.

O sistema de designación coñecíase como sistema COSPAR, denominado así polo Committee on Space Research (comité para a investigación espacial) do Consello Internacional da Ciencia. Este grupo incluía o primeiro sistema de designación, concibido na Universidade Harvard en 1958. O sistema usaba letras minúsculas do alfabeto grego para nomear os satélites. Por exemplo, Sputnik 1 era 1957α. En 1963 o sistema cambiouse para usar números, pero a súa aplicación retroactiva para faliciar o uso de referencias computerizadas non foi inmediato. Por exemplo, a publicación cuadrimestral TRW Space Log de 1969 contiña satélites en órbita de antes de 1963 listados con letras gregas e os posteriores por números.

O catálogo é administrado en Estados Unidos polo National Space Science Data Center, parte da NASA.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Apollo 8

O Apollo 8 foi a segunda misión tripulada do Proxecto Apollo dos Estados Unidos de América, e a primeira en usar o enorme lanzador Saturno V. Foi a primeira viaxe espacial tripulada que escapou do campo gravitatorio terrestre, circunvalou a Lúa e entrou en órbita lunar.

Giotto (nave espacial)

Giotto foi unha sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzada o 2 de xullo de 1985 mediante un foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou para estudar o cometa Halley.

Midcourse Space eXperiment

MSX (acrónimo de Midcourse Space eXperiment) foi un proxecto da BMDO (Ballistic Missile Defense Organization, Organización de Defensa de Mísiles Balísticos) co propósito principal de recoller datos nun amplo intervalo de lonxitudes de onda (desde o ultravioleta ao infravermello) para demostrar a factibilidade de descubrir e seguir mísiles balísticos durante a súa fase de voo de cruceiro. Ademais os instrumentos de a bordo foron utilizados para realizar estudos aeronómicos (estudando as abundancias de ozono, clorofluorocarbonos, dióxido de carbono e metano) e aurorais.

Pioneer 10

Pioneer 10, tamén coñecida como Pioneer F, foi unha sonda espacial lanzada o 3 de marzo de 1972 mediante un foguete Atlas-Centaur desde a base espacial de Cabo Cañaveral cara Xúpiter e o Sistema Solar exterior, converténdose na primera nave en visitar o xigante gaseoso e no primeiro obxecto humano que saiu fora do Sistema Solar cara o espazo interestelar.

Pioneer 8

Pioneer 8, tamén coñecida como Pioneer C, foi unha sonda espacial lanzada o 13 de decembro de 1967 mediante un foguete Delta E1 xunto co satélite TTS 1 desde a base espacial de Cabo Cañaveral para estudar o espazo interplanetario.

Pioneer 9

Pioneer 9, tamén coñecida como Pioneer D, foi unha sonda espacial lanzada o 8 de novembro de 1968 mediante un foguete Delta E1 xunto co satélite TTS 2 desde a base espacial de Cabo Cañaveral para estudar o espazo interplanetario.

Salyut 6

Salyut 6, tamén coñecida como DOS-5, foi a terceira estación espacial civil soviética lanzada con éxito. Partiu cara o espazo o 29 de setembro de 1977 mediante un foguete Proton K desde o cosmódromo de Baikonur.

Snapshot

Snapshot (acrónimo de Space Nuclear Auxiliary Power Shot) foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 3 de abril de 1965 mediante un foguete Atlas Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea, en California.

Soiuz 25

Soiuz 25 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 9 de outubro de 1977 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Soiuz 26

Soiuz 26 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de decembro de 1977 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Soiuz 27

Soiuz 27 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de xaneiro de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Soiuz 28

Soiuz 28 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 2 de marzo de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Soiuz 29

Soiuz 29 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de xuño de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Soiuz 30

Soiuz 30 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 27 de xuño de 1978 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.

Telescopio Espacial Spitzer

O telescopio espacial Spitzer, anteriormente coñecido como Space Infrared Telescope Facility e o seu acrónimo SIRTF, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 25 de agosto de 2003 mediante un foguete Delta 7920H desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.

Telescopio Hubble

O Telescopio espacial Hubble (HST polas súas siglas inglesas) é un telescopio robótico conxunto da NASA e a ESA localizado na beira externa da atmosfera, en órbita circular ó arredor da Terra, a 593 km sobre o nivel do mar, cun período orbital entre 96 e 97 min.

Vostok 1

Vostok 1 foi o nome da primeira misión tripulada da Historia, con Iuri Gagarin a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 12 de abril de 1961 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.

Voyager 1

A sonda espacial Voyager 1 foi lanzada ao espazo o 5 de setembro de 1977 pola NASA. A súa misión era estudar o Sistema Solar e o espazo interestelar. Actualmente atópase nos límites do Sistema Solar e aínda segue recibindo e emitindo datos. Trátase do obxecto inventado polo ser humano que se atopa máis lonxe do planeta Terra.

Voyager 2

A sonda espacial Voyager 2 foi lanzada ao espazo o 20 de agosto de 1977 pola NASA. A súa estrutura é semellante á da sonda Voyager 1.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.