NCG Banco

NCG Banco, S.A. é a primeira entidade financeira de orixe galega xurdida o 14 de setembro de 2011 como resultado do proceso de segregación[1] do negocio bancario de Novacaixagalicia.

Cuns activos por un valor de 70.269 millóns de euros, 5.946 profesionais, 2,7 millóns de clientes e unha estrutura composta por 919 oficinas en todo o territorio español e once países de Europa e América,[2] NCG Banco, S.A. é matriz dun dos principais grupos financeiros do mercado español.

En Galicia, Asturias e León operou baixo a denominación comercial Novagalicia Banco ata o cambio por ABANCA, e no resto de España como EVO Banco.

Completa a súa estrutura organizativa a Unidade de Xestión de Activos Singulares (UGAS), responsable da xestión de activos crediticios con debilidades significativas e activos inmobiliarios, e a banca maiorista para operacións en mercados financeiros.[3]

NCG Banco, S.A. participa ademais no accionariado de máis de 220 sociedades,[4] a través do seu brazo industrial NCG Corporación.

Historia

NCG Banco, S.A. ten a súa orixe na entidade bancaria Novacaixagalicia, nacida da fusión o 1 de decembro de 2010 das caixas de aforro Caixa Galicia e Caixanova. As esixencias formuladas no Real Decreto-lei 2/2011[5] levan á transformación de Novacaixagalicia en banco como vía para facilitar a súa capitalización.

O 14 de setembro de 2011 nace NCG Banco, S.A. Na súa nova etapa, José María Castellano é o presidente executivo da entidade e César González-Bueno Mayer[6] o conselleiro delegado. NCG Banco, S.A. constitúese coma a primeira institución,[7] na historia financeira de Galicia en empregar o galego para outorgar a súa escritura fundacional.[8]

O 10 de outubro de 2011 realiza unha ampliación de capital por 2.465 millóns de euros para dar entrada no seu accionariado ao Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB II).[9] Os novos fondos súmanse aos 1.714 millóns de patrimonio neto aportado por Novacaixagalicia, resultando un patrimonio neto total de 4.180 millóns de euros, un capital principal de 5.275 millóns de euros e un 10,45% de capital sobre os activos ponderados por risco (APR), cun coeficiente de solvencia do 15,67%.[10]

Ourense, novagalicia banco
Sucursal en Ourense, de Novagalicia Banco, marca comercial (ata o cambio por ABANCA) de NCG Banco.

O 19 de outubro, lanza a marca comercial Novagalicia Banco, baixo o lema Un novo banco cos clientes de toda a vida.[11] A partir do 14 de novembro comeza a operar con dúas marcas diferenciadas e dous modelos de negocio especializados:[12] Novagalicia Banco, en Galicia e o mercado internacional, e NGB, no resto de España. O cambio estratéxico inclúe a creación de dúas novas unidades de negocio: unha especializada na banca maiorista; e unha Unidade de Xestión de Activos Singulares (UGAS), especializada en activos non estratéxicos.

O 12 de xaneiro de 2012 entran no capital do banco 17 empresarios galegos, a través da compra ao Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria do 2,59% dos 2.682 millóns de euros do capital. Este queda repartido entre o 90,57% do FROB, o 2,59% dos investidores privados e o 6,84% de Novacaixagalicia.[13]

O 12 de marzo comeza a operar fóra de Galicia baixo a denominación comercial EVO Banco e lanza o seu produto estrela a conta intelixente.[14] Nas súas primeiras catro semanas de lanzamento, a conta intelixente capta 8.290 clientes e 70 millóns de euros.

O 22 de marzo NCG Banco, S.A. convértese na entidade financeira pioneria no sector en utilizar medidas de flexibilidade para optimizar persoal e evitar despedimentos forzosos.[15]

O 12 de xullo de 2012 NCG Banco, S.A. presenta unha campaña de publicidade nos medios de comunicación na que pide perdón[16] aos seus clientes polos erros do pasado.[17]

O 18 de decembro de 2013 culmina o seu proceso de privatización coa venda do  88,33% das súas accións ao Banco Etcheverría/Grupo Banesco.[18]

Marcas bancarias

Sede

NCG Banco, S.A. mantén dúas sedes operativas. A sede social e fiscal localízase na A Coruña e a sede institucional e dirección efectiva do negocio en Vigo.

Cadro de persoal

O cadro de persoal da entidade está integrado por 5.946 profesionais.

Oficinas

NCG Banco, S.A. dispón dunha rede de 919 oficinas operativas,[19] repartidas da seguinte manera:

  • España: 900
    • Rede Novagalicia: 680
    • Rede EVO/NGB: 220
  • Estranxeiro: 10
  • Representación estranxeiro: 9

Ademais dispón de 1.494 caixeiros automáticos e 36.913 terminais en punto de venda.

Resultados económicos

conta resultados 1º semestre
(en millóns de euros)
marxe de intereses 430,1
neto comisións 120,1
marxe básica 550,3
dividendos 14,3
neto operación financeiras 101,1
resultado posta equivalencia (41,0)
resto (11,6)
marxe bruto 613,1
gastos explotación (443,9)
provisións e saneamentos (1.638,4)
resto neto (12,6)
resultado atribuído ao grupo (1.339,6)
magnitudes de negocio
1º semestre 2012
(en millóns de euros)
activo total 70.269
carteira de valores 14.241
renda variable 1.778
crédito sobre clientes 45.169
depósitos de clientes 43.984
emisións institucionais 7.008

Accionariado

accionistas capital
Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) 90,57%
Novacaixagalicia 6,84%
Investidores privados 2,59%

Clientes

A base de clientes de NCG Banco, S.A. está formada por 2,7 millóns de persoas, das que 338.000 son empresas e autónomos (datos actualizados a decembro 2011) e 2.367.051 familias. Durante 2011 incorpóranse 171.271 novos clientes activos. En detalle, a base de clientes repártese do seguinte xeito:

  • Gran empresa: 3.802
  • S. público: 2.597
  • Pemes: 32.098
  • Micropemes e asociacións: 115.698
  • Autónomos: 183.450
  • Familias: 2.367.051

Órganos de goberno

Consello de Administración

conselleiro natureza
José María Castellano presidente executivo
César González-Bueno conselleiro delegado
Roberto Tojeiro independente
Carlos González independente
José Manuel Gabeiras independente
Jaime Trebolle independente
Xabier Alkorta independente
Pilar Cibrán dominical (Novacaixagalicia)
Gonzalo Ortiz dominical (Novacaixagalicia)
FROB dominical
Francisco Serna secretario (non conselleiro)
José Eduardo Álvarez-Naveiro vicesecretario (non conselleiro)

FROB: 1 conselleiro con 2 representantes: José Borrue e José Antonio Portugal

comisións dependentes do consello de administración e presidentes
Comisión executiva José María Castellano
Comisión delegada de riscos Xabier Alkorta
Comisión de nomeamentos e retribucións Jaime Trebolle
Comisión de auditoría e cumprimento Carlos González

Participacións

sector sociedade porcentaxe
Financeiro Banco Gallego 49,84%
Banco Etcheverría 44,73%
Ahorro Corporación 6,38%
Automoción Grupo Copo 21,1%
Seguros Caser 10,31%
Energía CLH 5%
Eólica Galenova 100%
Alimentación Sogevinus 100%
Infraestruturas Itinere 23,76%
Elecnor 5,05%
Téxtil Adolfo Domínguez 5,05%
Grupo Tavex 5%
Turismo NH Hoteles 2,71%
Tecnoloxía Tecnocom 20,05%
Inmobiliaria Quabit 3,19%%
Construción Sacyr Vallehermoso 8,65%
General de Alquiler de Maquinaria 4,95%
Transporte Transmonbús 33,96%
Naval Naviera Elcano 12%

Notas

  1. La Voz de Galicia, ed. (15-09-2011). "Castellano se marca un objetivo inicial de 700 millones de inversión para NCG".
  2. Prensa NCG Banco, ed. (31-08-2012). "NCG Banco acelera a súa adaptación á nova normativa, con saneamentos por 1.638 millóns".
  3. "Informe Goberno Corporativo 2011. Páxina 29" (pdf). NCG Banco.
  4. Expansión, ed. (27-02-2012). "NCG Banco cambia a sus consejeros en 130 empresas participadas".
  5. "Real Decreto-lei 2/2011, de 18 de febreiro, para o reforzamento do sistema financeiro" (pdf). BOE.
  6. NCG Banco (ed.). "Cargo Consejo Administración".
  7. NCG Banco (ed.). "Estatutos NCG Banco".
  8. Prensa NCG Banco (ed.). "NCG Banco, primeiro banco en escriturarse en galego".
  9. "Informe Goberno Corporativo 2011. Páxina57" (pdf). NCG Banco.
  10. Prensa NCG Banco (ed.). "Novacaixagalicia alcanza un patrimonio de 4.150 millóns, tras a suscripción de capital do FROB".
  11. La Voz de Galicia (ed.). "De NCG a Novagalicia Banco".
  12. La Voz de Galicia (ed.). "Novagalicia sacude su estructura, crea dos marcas y separa los activos tóxicos".
  13. La Opinión de A Coruña (ed.). "Los 17 empresarios gallegos formalizan su entrada en el capital del banco".
  14. Cinco Días (ed.). "Novagalicia ya opera fuera de Galicia con la marca EVO Bank".
  15. ABC (ed.). "NCG cierra su primer acuerdo laboral".
  16. Europa Press (ed.). "Castellano (NCG) pide perdón por preferentes y por "lo que se hizo mal en la etapa anterior"".
  17. Web O noso compromiso con Galicia (ed.). "O noso compromiso con Galicia". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2012.
  18. http://www.cnmv.es/Portal/HR/verDoc.axd?t={b86c06db-bed5-46c6-90ff-cfb98fd4ec62}
  19. Prensa NCG Banco (ed.). "NCG Banco acelera a súa adaptación á nova normativa, con saneamentos por 1.638 millóns".

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

2014

2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

Abanca

Abanca é a marca comercial coa que opera o banco galego NCG Banco dende o 27 de xuño de 2014, substituíndo á anterior marca Novagalicia Banco.

Banco Etcheverría

O Banco Etcheverría foi unha entidade bancaria española fundada por Juan Etcheverry en Betanzos en 1717, sendo até a súa desaparición, en 2014, o banco máis antigo de España.

O 18 de decembro de 2013, o Banco Etcheverría, filial de Banesco, comprou o 88,33 % do capital de NCG Banco ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e ao Fondo de Garantía de Depósitos (FGD).O 14 de novembro de 2014 produciuse a súa fusión con NCG Banco. Nunha fin de semana realizouse a fusión tecnolóxica e o cambio de marca nas oficinas de Banco Etcheverría.

Banco Gallego

Banco Gallego é unha entidade financeira de ámbito principalmente galego, aínda que unha parte das 181 sucursais (2007) que posúe están espalladas por toda España.

Begoña Amunarriz

Miren Begoña Amunarriz Olano, nada en Donostia o 21 de xuño de 1948, é unha activista feminista e política vasca de ideoloxía nacionalista vasca.

Foi unha das primeiras mulleres que estivo presente no Parlamento Vasco a comezos da década de 1980, sendo neste senso unha das pioneiras na política vasca. Foi unha declarada activista a prol dos dereitos e a presenza da muller na vida política vasca.

Caixa Tarragona

Caixa Tarragona (nome comercial da Caixa d'Estalvis de Tarragona) foi unha caixa de aforros catalá, con sede na cidade de Tarragona. Fundada en 1949, a súa desaparición produciuse en 2010, cando se fusionou con outras dúas caixas de aforros catalás, Caixa Catalunya e Caixa Manresa, dando lugar a unha nova caixa de aforros denominada Caixa d'Estalvis de Catalunya, Tarragona i Manresa, operada baixo a marca comercial CatalunyaCaixa.

O 13 de outubro de 2009 o consello de administración da entidade aprobou a fusión, permitindo constituír a segunda caixa máis grande de Cataluña en volume de activos, só superada por La Caixa, e a cuarta máis grande de España.CatalunyaCaixa recolleu o negocio bancario, rede de oficinas, activos e carteira de clientes, así como a obra social da extinta Caixa Tarragona, ata que en 2011 a nova caixa cedeu todo o seu negocio bancario a un banco da súa propiedade, Catalunya Banc. En 2011, debido aos problemas de liquidez e financiamento de CatalunyaCaixa, a caixa perdeu o control do banco que xestionaba cando o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria nacionalizou Catalunya Banc.

Carlos González Fernández

Carlos González Fernández, nado en Navia de Suarna en 1949, é un empresario e economista galego.

EVO Banco

EVO Banco é unha entidade financeira española que foi creada por NCG Banco, S.A. o 12 de marzo de 2012 como marca comercial para operar financeiramente en España fóra do ámbito do negocio de NCG Banco.Dende 2014 é propiedade do fondo de investimento estadounidense Apollo Global Management, LLC.

Francisco Botas

Francisco Botas Ratera, nado en Ferrol en 1967, é un banqueiro galego.

Francisco Javier Etcheverría de la Muela

Francisco Javier Etcheverría de la Muela, coñecido usualmente como Javier Etcheverría, nado na Coruña en 1932, é un banqueiro galego.

Fraude das preferentes en Galicia

A estafa das preferentes e subordinadas en Galicia fai referencia á fraude bancar na emisión e venda de accións preferentes por bancos e caixas galegas, que viñan realizando desde os anos 1990 e que se intesificou a partir de 2003, especialmente entre o 2009 e o 2011, período que abrangue a etapa de maior burbulla inmobiliaria e a crise das hipotecas subprime no Estados Unidos.

A fraude das accións preferentes radicaba na venda de accións e outros activos bancarios complexos a clientes de clase socioeconómica media e baixa,[Cómpre referencia] ofertando ditos produtos sen a transparencia debida, xa que non eran quen de comprender o produto por mor da súa complexidade. Miles de clientes foron estafados ao depositaren os seus aforros en produtos bancarios de alto risco, sendo enganados respecto a dito risco na adquisición do produto. En frecuentes casos os produtos eran vendidos coma se fosen produtos con renda fixa.[Cómpre referencia]Un relatorio do Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) elevou a 116.000 persons o total de afectados por preferentes e subordinadas en Galicia, e os cartos estafados ascenden a 1.831 millóns de euros.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Grupo Banesco

Grupo Banesco, tamén coñecido como Banesco Holdig, e un grupo bancario presidido polo banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet —que, á súa vez, é o presidente da entidade bancaria venezolana Banesco— que ten a súa sede en Madrid, España.

Novacaixagalicia

A Novacaixagalicia foi o nome comercial dunha caixa de aforros galega, nacida o 29 de novembro de 2010 como resultado da fusión das entidades Caixa Galicia e Caixanova. O nome co que rexistrou a súa inscrición éfoio de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Novagalicia Banco

Novagalicia Banco foi a marca comercial creada por NCG Banco S.A. o 19 de outubro de 2011 para operar financeiramente en Galicia, Asturias, León e o mercado internacional, do negocio bancario de Novacaixagalicia que, á súa vez, foi o resultado da fusión de dúas caixas de aforros, Caixa Galicia e Caixanova.

Inicialmente, mantén dúas sedes operativas: a sede social e fiscal localízase na Coruña e a sede institucional e dirección efectiva do negocio en Vigo.

Resultado da integración, ao longo de tres décadas, de máis dunha decena de institucións bancarias, Novagalicia Banco constituíu naquel momento o primeiro axente financeiro de Galicia cun 40% de cota de mercado e 680 oficinas operativas en todo o territorio español.Novagalicia Banco desenvolve un modelo de negocio fundamentalmente minorista e multicanal, baseado na capilaridade e a alta densidade de sucursais.

En Galicia, Asturias e a provincia de León opera baixo a denominación comercial Novagalicia Banco e, no resto de España, baixo a marca EVO Banco. Tras da venda desta marca, constituída en banco independente grazas á concesión dunha ficha bancaria por parte do Banco de España, ao fondo de investimento Apollo Global Management, NCG Banco deixará de operar en decembro de 2013 fóra de Galicia, Asturias e León, tal e como se establece no acordo de reestruturación exixido polas institucións europeas a España como parte do rescate financeiro.Pese a iso, NCG Banco está autorizado a manter durante uns meses unha serie de oficinas de representación nas principais cidades españolas coa propia marca NCG para desfacerse dos seus activos, debendo deixar de prestar servizos financeiros fóra da súa zona territorial tradicional. Antes de 2017, deberá centrar o seu modelo empresarial en préstamos por xunto e préstamos ás peme nas súas principais rexións históricas, debendo abandonar as liñas de créditos a favor de promocións inmobiliarias, e limitarán a súa presenza no mercado por xunto.Completa a súa estrutura organizativa a Unidade de Xestión de Activos Singulares (Unidad de Gestión de Activos Singulares, UGAS), responsábel da xestión de activos crediticios con debilidades significativas e activos inmobiliarios, e a banca maiorista para operacións en mercados financeiros.NCG Banco, S.A. participaba en 2012 no accionariado de máis de 220 sociedades, a través do seu brazo industrial, Corporación Novagalicia Banco.

O Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) posuía a maioría do capital de NCG Banco, até que a entidade foi vendida nunha poxa en decembro de 2013.

Proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia

O proceso de fusión de Caixanova e Caixagalicia, habitualmente coñecido como a fusión das caixas galegas, por seren estas dúas as principais caixas de aforros do país, foi un proceso que culminou o 18 de outubro de 2010, cando as asembleas de Caixanova e Caixa Galicia, reunidas en candansúa sede (Vigo e A Coruña respectivamente), acordaron e ratificaron o proxecto co que se constitutía unha caixa de aforros única. O resultado desa fusión foi unha caixa de aforros denominada Novacaixagalicia, valorada en 78.076 millóns en activos.A entidade resultante pasou a chamarse Novacaixagalicia, e posteriormente sufriu unha serie de mudanzas, nacionalizacións e reconversións até se converter na entidade denominada ABANCA.

Xaime Trebolle

Xaime Trebolle Fernández, nado en Ourense en 1946, é un político e empresario galego.

Xavier García de Paredes

Xavier García de Paredes y Moro, nado en Ávila en 1960, é un banqueiro galego, quen foi o último director de Caixa Galicia.

Xosé María Castellano

Xosé María Castellano Ríos, nado na Coruña en 1947, é un empresario galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.