N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

N 640 coa antiga liña de ferrocarril Ribadeo Vilaoudriz
Sobre o km 25, co muro da antiga liña Ribadeo-Vilaoudriz

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

N-640
Estrada Vegadeo - Porto de Vilagarcía de Arousa
MonterrosoConcelloIgrexa

Igrexa e Casa do Concello de Monterroso, ao pé da N-640
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude228 km
Localización
InicioBarres (Castropol, Asturias)
FinVilagarcía de Arousa
A-54

A A-54 ou Autovía de Santiago a Lugo é unha autovía dependente do Ministerio de Fomento que se atopa en fase de construción, que conectará Santiago coa A-6 á altura de Nadela, en Lugo.

A-6

A A-6 ou autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.

AC-10

A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12.

Unha parte da vía recibe o nome de Rolda de Camilo José Cela.

AP-9

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

A Pontenova

A Pontenova é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o padrón municipal (INE 2015) conta con 2.470 habitantes (1.196 homes e 1.274 mulleres) (3.016 no 2006, 3.063 no 2005, 3.125 no 2004, 3.199 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontenovés».

Autoestrada Central Galega

A Autoestrada Central Galega ou Autoestrada Santiago - Ourense é unha vía de altas prestacións que interconecta estas dúas cidades, enlazando a AP-9 coa A-52 respectivamente. A vía divídese en dous treitos, dende Santiago de Compostela ata o Alto de Santo Domingo (Dozón) é coñecida como AP-53, de peaxe e dependente do Ministerio de Fomento, mentres que dende Dozón ata o enlace coa A-52 preto de Ourense é coñecida como AG-53, dependente da Xunta de Galicia e ceibe de pago.

A finalidade da autoestrada é desconxestionar a saturada N-525. Entre xullo e agosto do 2008 a AP-53 acadou unha media de 6.000 vehículos diarios, mentres que a AG-53 acadou os 9.000 vehículos diarios ós oito meses da súa posta en servizo.

Chapa, Silleda

San Cibrao de Chapa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 159 habitantes (73 mulleres e 86 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 171 habitantes.

Nesta parroquia conflúen as estradas N-525 (Ourense-Santiago de Compostela) e N-640 (Lugo-Vilagarcía de Arousa). Amais está atravesada pola autoestrada AP-53.

LU-021

A LU-021 ou Rolda Leste de Lugo, é unha autovía da Xunta de Galicia, circunvala a cidade polo leste, seguindo un trazado case paralelo ao da A-6.

Está subdivida en 2 tramos (N-640 - LU-530, e LU-530 - LU-11) e, a data de decembro do 2009, só o primeiro tramo estaba aberto para a circulación.

Nun futuro continuarase desde o cruzamento coa LU-530 até A Tolda, onde tamén conflúe a LU-11, chegando a acadar os 6 km de lonxitude.

A súa limitación de velocidade é de 100 km/h.

En novembro de 2011 a Deputación Provincial de Lugo esixía á Xunta de Galicia a inmediata apertura desta Ronda Leste.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-540

A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-541

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

N-634

A estrada N-634 é unha vía terrestre que discorre entre o barrio de Errekalde en Donostia e Santiago de Compostela ó longo de toda a costa cantábrica. É de dobre sentido e mide 900 quilómetros. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-642

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

PO-204

A PO-204 é unha estrada da rede secundaria dependente da Xunta de Galicia que une a localidade da Bandeira (Silleda) co municipio de Vila de Cruces. Ten unha lonxitude de 17 km, e atravesa estradas que conducen a lugares de interese como a área recreativa da Carixa, o mosteiro de Carboeiro, o poboado mineiro de Fontao ou a fervenza do Toxa. Comunica coa N-525, que a súa vez enlaza coa N-640 en Chapa.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

SC-20

A SC-20 é unha estrada multicarril que circunvala polo leste a cidade de Santiago de Compostela. Discorre en paralelo á AP-9 e foi a antiga N-550. No trascurso da súa vida foi mellorada, como no túnel do Hórreo.

VG-4.7

A VG-4.7 ou Variante de Vilagarcía é unha vía para automóbiles dependente da Xunta de Galicia que funciona como parte, canda a N-640, da circunvalación de Vilagarcía. O primeiro tramo, de 5 quilómetros, abriu en maio de 2009 e os 2,5 restantes abrirían no mes de xullo dese mesmo ano.

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.