N-634

A estrada N-634 é unha vía terrestre que discorre entre o barrio de Errekalde en Donostia e Santiago de Compostela ó longo de toda a costa cantábrica. É de dobre sentido e mide 900 quilómetros. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Puente de la Maza, San Vicente de la Barquera

Percorrido

Maxcenter
Tramos paralelos da A-8 e da N-634 en Kareaga, Barakaldo.
Radar de estrada en O Marquiño
Radar de estrada no Marquiño, (Lardeiros, O Pino).

Discorre polo País Vasco (Guipúscoa e Biscaia), Cantabria, Asturias e Galiza (provincias de Lugo e A Coruña). Foi substituída por diversas autovías (maiormente, a A-8) ó longo do seu percorrido, quedando a N-634 na súa maior parte destinada a dar un servizo de tráfico local ás poboacións polas que discorre.

No País Vasco e Cantabria o seu trazado é paralelo ó da Autovía do Cantábrico (A-8), a excepción do tramo Solares-Torrelavega, onde se proxecta construír o tramo correspondente da autovía. Porén, ese tramo pode salvarse por autovía, realizando escasos quilómetros máis, a través da S-10 (Solares-Santander) e a A-67 (Santander-Torrelavega).

En Asturias son menos os tramos da N-634 que actualmente contan con trazado paralelo por autovía. Así, o tramo entre Unquera, entre Asturias e Cantabria, e Llanes, encóntrase actualmente en proxecto. O tramo Llanes-Ribadesella encóntrase en servizo a través da citada A-8.

Tras pasar Ribadesella abandona a paisaxe costeira que seguira desde o seu nacemento, internándose no interior de Asturias a través do val que forma o río Sella en dirección a Arriondas. Atravesa tamén Infiesto e Nava para chegar a Lieres, onde unha nova autovía, a A-64, ocupa o seu trazado inicial e conduce cara a Oviedo. Desde a capital ata La Espina a estrada discorre paralela á autovía A-63. De momento esta autovía está en servizo unicamente ata Grado, sendo a partir desta poboación a N-634 o único eixo de comunicación cara ao suroeste asturiano. Ata Grado as dificultades montañosas da N-634 non son excesivas, se ben a partir de aí se inicia o ascenso ó Alto de Cabruñana, que serve de fronteira natural e administrativa entre os concellos de Grado e Salas. O descenso termina en Cornellana, poboación na que se cruza o río Narcea, poñendo rumbo á segunda e máis pronunciada dificultade montañosa, o Porto da Espina (650 metros), con 12 quilómetros de ascenso nun desnivel de 500 metros. No descenso, de 33 quilómetros, sálvanse 600 metros de desnivel, pasando polos concellos de Salas e Valdés, aproveitando nos seus últimos tramos o val do río Esva, chegando ata Canero e volvendo de novo á costa cantábrica.

En Canero regresa á beira da A-8, apartándose en zonas como o tramo Variante de Navia que serve de circunvalación para a vila do mesmo nome.

Tras Navia a N-634 atravesa El Franco e Tapia de Casariego. O paso da ría de Ribadeo quedou sen solución de continuidade para a N-634, ó ser usada a Ponte dos Santos despois da súa ampliación[1][2] para a entrada da A-8 en Galiza por Ribadeo. A ambas beiras da ría parten dela a N-640 (en Barres, Castropol, Asturias) e a N-642 (en Ribadeo, Galicia), se ben neste caso o entronque faise por unha nova estrada de circunvalación ou ben a traverso da vila, polas rúas resultantes da cesión do tramo por parte de Fomento ó concello en xullo de 2008[3].

Poucos quilómetros despois encóntrase a segunda dificultade montañosa máis pronunciada, o Alto de Mondoñedo ou Porto da Xesta, de 590 metros. Tralo descenso e o paso por Vilalba, chégase a Baamonde, poboación onde novamente a N-634 se topa cunha autovía. Neste caso é a A-6 Madrid-A Coruña, coa que coincide ata as inmediacións de Guitiriz, onde comeza a súa recta final, encamiñándose cara a Santiago de Compostela.

Notas

  1. "Proyecto de ampliación del puente de los Santos". Tecniberia. Arquivado dende o orixinal o 01/10/2017. Consultado o 1/10/2017.
  2. "Ponte dos Santos". ribadeando. Consultado o 1/10/2017.
  3. "Ribadeo licitará al fin la esperada mejora de la travesía urbana". 30/7/2009. Consultado o 1/10/2017.
A-54

A A-54 ou Autovía de Santiago a Lugo é unha autovía dependente do Ministerio de Fomento que se atopa en fase de construción, que conectará Santiago coa A-6 á altura de Nadela, en Lugo.

A-6

A A-6 ou autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.

A-8

A autovía do Cantábrico (A-8) e autoestrada do Cantábrico (AP-8) é unha vía terrestre de dobre calzada e sentido que se estende ao longo do norte de España paralela á costa do mar Cantábrico que comeza en Bilbao na unión da AP-8 coa AP-68 e remata en Baamonde (provincia de Lugo) onde liga coa A-6. Ten unha lonxitude de 486 quilómetros. Na Rede de Estradas Europeas ten a denominación E-70.

A partir de Bilbao a autoestrada AP-8 pasa a denominarse A-8 (non ten peaxe) e continúa cara a Galicia pasando por Santander, Xixón e Avilés, na rolda de Xixón conecta coa AS-I (autovía Mineira) que comunica con Langreo, Mieres e León. Tamén na circunvalación xixonesa conecta coa AS-II (autovía Industrial) novo eixo de comunicación entre Xixón e Oviedo. Nos arredores de Xixón está o nó de Serín que conecta coa A-66 en dirección Oviedo e León. Fai a circunvalación de Navia e atravesa a ría de Ribadeo pola ponte dos Santos. En Vilalba liga coa autoestrada Vilalba-As Pontes-Ferrol. Termina en Baamonde desembocando na A-6 entre A Coruña e Lugo.

A Casilla, Goiriz, Vilalba

A Casilla é un lugar da parroquia de Goiriz, no concello lugués de Vilalba, na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2010 tiña 24 habitantes (11 homes e 13 mulleres).

Debe o seu topónimo á presenza dunha caseta de peóns camiñeiros. A aldea está atravesada pola estrada N-634 de Vilalba a Mondoñedo.

A Devesa, Ribadeo

Santalla da Devesa é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o censo municipal, en 2004 tiña 615 habitantes distribuídos en 11 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade de 29,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 529 habitantes, sendo 256 homes e 273 mulleres.

Baamonde, Begonte

Santiago de Baamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 329 habitantes (163 homes e 166 mulleres ), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 376 habitantes e 403 en 1999.

Bárcena de Cicero

Bárcena de Cicero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, localizado na comarca de Trasmiera e pertencente ao Partido Xudicial de Santoña. Está limitado por Escalante, Laredo, Colindres, Voto, Solórzano, Hazas de Cesto e a Baía de Santoña formada pola desembocadura do río Asón, situado na ribeira esquerda deste río. É atravesado pola N-634, a Autovía A-8 e o ferrocarril FEVE Santander-Bilbao.

O municipio está composto por varias localidades, entre os cales se encontra Gama, que é a capital.

Colindres

Colindres é un municipio situado na parte oriental de Cantabria (España). O municipio é un cruzamento de camiños importante entre Santander, Bilbao e Burgos grazas a que por el pasan a Autovía do Cantábrico unindo Santander e Bilbao, a estrada N-629 que une Burgos con Colindres, e tamén a estrada N-634 que discorre por toda a costa cantábrica.

Colindres está formado por un único núcleo de poboación homónimo, con todo a poboación de Colindres divídese en dúas zonas diferenciadas coñecidas popularmente como Colindres de arriba (casco antigo) e Colindres de abaixo (parte moderna). Actualmente estas dúas partes están separadas pola Autovía do Cantábrico, xa que o seu trazado discorre entre as dúas.

Ten unha poboación de 7.677 habitantes.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Goiriz, Vilalba

Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 758 habitantes (387 mulleres e 371 homes), distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 857 habitantes.

Hazas de Cesto

Hazas de Cesto é un concello e localidade da comunidade autónoma de Cantabria, España, na Comarca de Trasmiera. Limita polo norte co municipio de Meruelo e Escalante, polo leste con Bárcena de Cicero e Voto, polo sur con Solórzano e polo oeste con Ribamontán al Monte.

O municipio está atravesado polo río Campiazo, a autovía A-8, a estrada nacional N-634 e a liña de FEVE Santander-Bilbao.

LU-133

A estrada LU-133 é unha vía da rede secundaria que conecta a N-634 en Vilamar (San Xusto de Cabarcos, Barreiros) coa N-642 en Reme (Ove, Ribadeo). Non chega ós 22 km de percorrido, e atravesa San Xusto de Cabarcos e Cabarcos (Barreiros), e Remourelle (Arante, Covelas) e Ove en Ribadeo.

O seu punto máis alto está na rotonda de cruzamento coa LU-P-6103 (Trabada-Barreiros), onde abandona o val de Cabarcos para meterse na cunca do río Grande (naquela zona, aínda rego de Lexoso). O paso entre Barreiros e Ribadeo é pola chamada ponte de Remourelle (Arante).

A outra derivación importante da estrada está en Covelas, a LU-P-5207, estrada que a conecta con Ribadeo.

N-547

A N-547 ou estrada Lugo - Santiago de Compostela é unha estrada nacional convencional que une a N-540, na altura de Guntín, coas vías estatais A-54 e N-634 no concello do Pino. Foi creada en 1988, tomando o trazado da antiga C-547.Trátase dunha estrada cun elevado índice de sinistralidade, en espera de que se remate completamente a A-54.

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

N-642

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

Piloña

Piloña é un concello de Asturias, situado a oriente do seu territorio. Linda polo norte con Villaviciosa e Colunga, polo leste con Parres, polo oeste con Nava e Cabranes e polo sur con Ponga, Caso e Sobrescobio. A capital municipal é a localidade de Infiesto.

De acordo con datos do INE, en 2007 contaba cunha poboación de 8.243 habitantes.

Reinante, Barreiros

Santiago de Reinante é unha parroquia do concello de Barreiros que se atopa na Mariña Oriental, no norte de Galiza. Segundo o IGE en 2011 tiña 146 habitantes (73 mulleres e 73 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 182 habitantes.

Limita coa parroquia de A Devesa (Ribadeo) ó oeste e ó sur, ó norte, co Cantábrico e ó leste con S. Miguel de Reinante, Barreiros.

A esta parroquia de Santiago de Reinante pertence parte da praia de Arealonga, onde na festividade parroquial de Santiago (o 25 de xullo) acostuma ter lugar o concurso de esculturas na area.

Siero

Siero é un concello do Principado de Asturias. Limita ao norte con Xixón, ao leste con Villaviciosa, Sariegu, Nava, e Bimenes, ao sur cos concellos de Langreu e Samartín del Rei Aurelio, e polo oeste con Oviedo e Llanera. A súa extensión total é de 209,32 km2, e a súa poboación actual é de 50.233 habitantes, sendo A Pola, Lugones, Urbanización a Fresneda e O Berrón os seus núcleos de poboación. Inclúe no seu territorio o concello de Noreña.

Dado o seu carácter centralizado conta cunha importante e extensa rede comunicativa, tanto por vía ferroviaria como por estrada. Así son de destacar as autoestradas A-66, que une Oviedo, Xixón e Avilés, e a A-8, a nacional N-634, ou a famosa estrada carboeira, estando en fase de terminación a autovía mineira, que enlaza as concas con Xixón e que tamén atravesará o municipio sierense. Da súa rede ferroviaria hai que dicir que Siero conta no seu territorio coas dúas liñas que operan no norte do país, é dicir a FEVE e a RENFE.

Desde o punto de vista xeolóxico a maior parte do chan de Siero é cretáceo con arenitas, pudingas e margas, aínda que tamén hai terreo aluvial nas proximidades dos ríos Nora e Noreña e terreo carbonífero na zona suroriental.

Vilachá, Pereira, O Pino

Vilachá é unha aldea de parroquia de Pereira, no concello do Pino, a menos de 300 metros da estrada nacional N-634 Lugo-Santiago de Compostela e mais do Camiño de Santiago, a uns sete quilómetros do aeroporto internacional de Lavacolla.

Trátase dunha zona rural de pouca pendente, numerosos regatos e unha vexetación conformada principalmente por eucaliptos, piñeiros e, aínda que en menor medida, carballos. Ao igual que no resto de parroquias do concello do Pino, son frecuentes en Vilachá os agros de millo e verza.

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.