N-555

A N-555 é unha estrada nacional que vai desde Redondela até o aeroporto de Peinador.

N-555
Accesos ao aeroporto de Vigo
Estrada N-555
Estrada N-555 ó seu paso por Vilar de Infesta
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude5,6 km
Localización
Inicio N-550 
Fin N-556 

Denominación

Adoptou esta denominación en xullo de 1988[1], que considera de interese xeral as estradas que levan a aeroportos. Correspóndese coa antiga estrada PO-321, da que conserva varios fitos quilométricos. A súa nomenclatura actual, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Traxecto

Parte da estrada N-550 ao seu paso pola vila de Redondela, nunha rotonda xunto ao convento de Vilavella. Atravesa as aldeas de Fortóns e A Eira Pedriña (Cedeira), en paralelo ao rego das Maceiras. Despois comeza a subir cara a Pregal (Negros), onde pasa por riba do túnel da Madroa e do túnel da liña de ferrocarril Redondela-O Porriño. Logo de pasar a carón da igrexa de Negros. Despois segue cara á parroquia de Cabeiro e cruza a Pica Moureira. Logo dunha zona industrial chega ao concello de Vigo, e alí liga coa estrada N-556, que vai do aeroporto á cidade.

Galería de imaxes

Fito 2 PO-321

Fito quilométrico n° 2 en Pregal

Fito 3 PO-321

Fito quilométrico n° 3 en Negros

Fito 4 PO-321

Fito quilométrico n° 4 en Cabeiro

Notas

  1. Ley 25/1988, de 29 de julio, de Carreteras, no BOE n° 182 de 30 de xullo de 1988 (en castelán).
AC-10

A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12.

Unha parte da vía recibe o nome de Rolda de Camilo José Cela.

AC-15

A AC-15 ou Autovía de Acceso ao Porto Exterior da Coruña é unha autovía urbana de titularidade estatal, construída para lle dar un acceso directo de alta capacidade á nova infraestrutura portuaria coruñesa.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-536

A N-536 é unha estrada nacional que vai desde Ponferrada até Arcos (Vilamartín de Valdeorras). A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-540

A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-541

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-542

A N-542 é unha estrada nacional multicarril de lonxitude inferior a un quilómetro que serve para aumentar a capacidade da N-120 na altura do barrio do Pino, en Ourense.

N-544

A N-544 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-525 coa N-120, circunvalando a cidade de Ourense polo leste. Ten 1,81 km de lonxitude e caracterízase polo viaduto que salva o río Miño á altura do encoro de Velle.

N-550

A N-550 é unha estrada nacional que parte da Coruña e remata en Tui. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Orixinariamente o seu percorrido era entre A Coruña e Vigo. Despois fíxose a variante desde Redondela até Tui, que quedou como trazado definitivo.

Discorre pola depresión meridiana e vertebra os principais núcleos de poboación de Galicia. O seu trazado correspóndese en parte coa Vía XIX do itinerario de Antonino, entre Tui e Iria Flavia, por onde discorre tamén a vía portuguesa do Camiño de Santiago. Na década de 1970 construíuse a autoestrada AP-9, que vai paralela a esta estrada.

N-556

A N-556 é unha estrada nacional convencional que une o remate da N-555 co aeroporto de Vigo e a AP-9. Foi creada en 1988, tomando o trazado da PO-322, aínda que en 2005 foron transferidos 14,01 quilómetros (denominados Avenida do Aeroporto) á administración local de Vigo, ficando a actual vía con só 1,03.

N-559

A N-559 ou Conexión A-52 / N-120 é unha estrada nacional convencional que conecta a A-52 coa N-120 no limiar entre as comarcas do Condado e a da Paradanta. Atravesa os concellos das Neves, A Cañiza, Mondariz e Covelo, cun percorrido de 5,61 quilómetros.

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

N-642

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

N-655

A N-655 ou Acceso ao porto exterior de Ferrol é unha estrada nacional que conecta a FE-12, da Rede de estradas do Estado, co porto exterior de Ferrol, ademais doutras vías intermedias como a AC-116 e a AG-64.

N-VI

A N-VI, coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais de desde San Pedro de Nós á Coruña onde pasa a denominarse AC-12.

No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo.

Negros, Redondela

Santo Estevo de Negros é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o IGE en 2009 tiña 533 habitantes, distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 547 habitantes.

OU-11

A OU-11 ou Autovía centro de Ourense é unha vía interurbana con dobre carril de máis de 4 km de lonxitude que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro de Ourense e a N-120 e a súa futura autovía, a A-76. Axuda a desconxestionar as entradas á cidade desde a A-52, xa que Ourense unicamente dispuña de dous accesos: ao sur, por San Cibrao das Viñas, que requiría un percorrido de 6 km por estrada nacional; e un acceso norte, que tamén se atopaba a máis de 6 quilómetros do centro da cidade; e crea un viario que une os dous extremos da autovía periférica de Ourense, a OU-30, formada pola A-52, A-76 e A-56. Este acceso arrinca desde o seminario maior e descende mediante un complexo viaduto de case 2 quilómetros ata enlazar nunha glorieta co acceso a Ourense, continuado polo antiga trazado da N-120 (Vigo-Logroño) ata chegar á pasarela de circunvalación, onde se une á A-76 no tramo que esta forma parte da circunvalación.

Pregal, Negros, Redondela

Pregal é un lugar da parroquia de Negros, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 276 habitantes (142 homes e 134 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada N-555, que une Redondela co aeroporto de Peinador. Amais, baixo a aldea discorren dous túneles de ferrocarril: o da liña Redondela-O Porriño e o da liña Redondela-Vigo.

SC-20

A SC-20 é unha estrada multicarril que circunvala polo leste a cidade de Santiago de Compostela. Discorre en paralelo á AP-9 e foi a antiga N-550. No trascurso da súa vida foi mellorada, como no túnel do Hórreo.

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.