N-547

A N-547 ou estrada Lugo - Santiago de Compostela é unha estrada nacional convencional[1] que une a N-540, na altura de Guntín, coas vías estatais A-54 e N-634 no concello do Pino.[2] Foi creada en 1988, tomando o trazado da antiga C-547.[3]

Trátase dunha estrada cun elevado índice de sinistralidade, en espera de que se remate completamente a A-54.[4][5][6]

N-547
Estrada Lugo - Santiago de C.
Melide Galiza 2008-02-07 13

Cruzamento da N-547 coa AC-840 en Melide
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude69,24 km
Localización
Inicio N-540  Guntín
Fin A-54   N-634  O Pino
Circulación
Velocidade máxima100 km/h

Notas

  1. "LISTADO Y LONGITUD DE CARRETERAS DE LA RCE (1) SITUACIÓN A 31-XII-2016" (PDF). Ministerio de Fomento (en castelán). Consultado o 17.08.2017.
  2. "LONGITUD DE CARRETERAS DE LA RCE POR TIPO DE VÍA (1) SITUACIÓN A 31-XII-2016" (PDF). Ministerio de Fomento (en castelán). Consultado o 17.08.2017.
  3. "Documento BOE-A-1988-18844". www.boe.es (en castelán). Consultado o 2017-08-18.
  4. Pablo López (2008-12-18). "Tres carreteras gallegas aparecen entre las más peligrosas de España". El País (en castelán). Consultado o 2017-08-17.
  5. N. Noguerol (2015-09-20). "El exceso de limitaciones de velocidad en el vial N-547 confunde a los usuarios". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-17.
  6. N. Noguerol (2017-01-15). "El tramo más peligroso de la N-547 tiene cuatro sucesiones de curvas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-17.
A-54

A A-54 ou Autovía de Santiago a Lugo é unha autovía dependente do Ministerio de Fomento que se atopa en fase de construción, que conectará Santiago coa A-6 á altura de Nadela, en Lugo.

AC-10

A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12.

Unha parte da vía recibe o nome de Rolda de Camilo José Cela.

Boente, Arzúa

Boente é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. De acordo ao IGE en 2013 tiña 132 habitantes (70 mulleres e 62 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 178 habitantes.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-540

A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-541

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-542

A N-542 é unha estrada nacional multicarril de lonxitude inferior a un quilómetro que serve para aumentar a capacidade da N-120 na altura do barrio do Pino, en Ourense.

N-544

A N-544 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-525 coa N-120, circunvalando a cidade de Ourense polo leste. Ten 1,81 km de lonxitude e caracterízase polo viaduto que salva o río Miño á altura do encoro de Velle.

N-555

A N-555 é unha estrada nacional que vai desde Redondela até o aeroporto de Peinador.

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

N-642

A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).

N-655

A N-655 ou Acceso ao porto exterior de Ferrol é unha estrada nacional que conecta a FE-12, da Rede de estradas do Estado, co porto exterior de Ferrol, ademais doutras vías intermedias como a AC-116 e a AG-64.

N-VI

A N-VI, coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais de desde San Pedro de Nós á Coruña onde pasa a denominarse AC-12.

No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo.

OU-11

A OU-11 ou Autovía centro de Ourense é unha vía interurbana con dobre carril de máis de 4 km de lonxitude que conecta a A-52 co barrio do Couto, o centro de Ourense e a N-120 e a súa futura autovía, a A-76. Axuda a desconxestionar as entradas á cidade desde a A-52, xa que Ourense unicamente dispuña de dous accesos: ao sur, por San Cibrao das Viñas, que requiría un percorrido de 6 km por estrada nacional; e un acceso norte, que tamén se atopaba a máis de 6 quilómetros do centro da cidade; e crea un viario que une os dous extremos da autovía periférica de Ourense, a OU-30, formada pola A-52, A-76 e A-56. Este acceso arrinca desde o seminario maior e descende mediante un complexo viaduto de case 2 quilómetros ata enlazar nunha glorieta co acceso a Ourense, continuado polo antiga trazado da N-120 (Vigo-Logroño) ata chegar á pasarela de circunvalación, onde se une á A-76 no tramo que esta forma parte da circunvalación.

Palas de Rei

Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Río Seco

O río Seco é un afluente do Ulla. Nace a carón da aldea de Penagundín (Melide), ao pé do monte das Peneliñas, e serve de fronteira entre os concellos de Santiso (provincia da Coruña) e Palas de Rei (provincia de Lugo).

Está atravesado pola estrada N-547 á altura do Leboreiro, e preto da aldea da Vacariza está a lagoa de Quintas, unha pequena represa.

SC-20

A SC-20 é unha estrada multicarril que circunvala polo leste a cidade de Santiago de Compostela. Discorre en paralelo á AP-9 e foi a antiga N-550. No trascurso da súa vida foi mellorada, como no túnel do Hórreo.

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.