N-541

A N-541 é unha estrada nacional que vai desde Ourense ata Pontevedra. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-541
Estrada Ourense - Pontevedra
Fito 65 N-541 Cerdedo
Fito quilométrico na estrada N-541 ó seu paso pola vila de Cerdedo
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude93 km
Localización
InicioOurense
FinPontevedra

Traxecto

Desde Ourense até Barbantes (Punxín) o seu percorrido coincide co da estrada N-120, que prosegue cara a Vigo. Logo de atravesar as vilas de Maside e O Carballiño, o concello de Boborás e o límite deste co do Irixo, coroa o alto do Paraño (800 m) para entrar en Beariz, e despois chega á provincia de Pontevedra. Pasa pola vila de Soutelo de Montes (Forcarei), e conecta coa estrada PO-534 que vén desde Lalín.

Desde Folgoso o seu percorrido é paralelo ao río Lérez. Logo de atravesar Cerdedo cruza a parroquia de Pedre. Na década de 1970 fíxose unha variante para evitar atravesar as aldeas de Vichocuntín e Pedre, así como a Ponte do Barco (onde o 13 de agosto 1936 foron fusilados Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias) e Dorna xa na parroquia de Sacos.

Atravesa o Concello de Cotobade por San Xurxo de Sacos, Viascón e Tenorio, onde tamén se levou a cabo unha variante. Despois chega á parroquia de Bora, e logo de cruzarse coas estradas PO-224 (Bora-Xeve), PO-233 (Bora-A Chan) e PO-542 (Bora-O Marco), cruza o río Almofrei preto da súa desembocadura. Despois de cruzar a parroquia de Mourente a vía remata na Avenida de Lugo, converténdose na rúa do Doutor Loureiro Crespo, de titularidade municipal. Até mediados do século XIX a entrada na vila desde o leste facíase por Santa Margarida, A Seca e o convento de Santa Clara, pero desde entón a estrada prolongouse até a rúa do Progreso (actual Rúa Benito Corbal) para enlazar na praza da Peregrina coa estrada a Vigo e Compostela.

No último cuarto do século XX, como consecuencia das obras de ampliación desta estrada, destruíronse catro grupos dos seis que compuñan a estación de gravados rupestres da Portela da Laxe, en Viascón (Cerdedo-Cotobade).

Galería de imaxes

N-541 Vichocuntín

Sinais de tráfico nun tramo abandonado da estrada en Vichocuntín (Pedre, Cerdedo-Cotobade).

N-541 Tenorio

N-541 ao seu paso por Tenorio

N-541

Fito en Sacos

N-541 entrada Cachadiñas, Tenorio

Tramo vello da estrada na entrada a Tenorio

A-52

A A-52 ou autovía das Rías Baixas é unha autovía que une as localidades de Benavente (Zamora) e O Porriño (Pontevedra), intercomunicando o sur de Galicia entre si, saíndo cara a Zamora e unindo Galicia con Madrid. Ten 306 quilómetros, iniciándose no p.q. 267 da autovía do Noroeste (A-6) e finalizando no punto quilométrico 306, onde liga coa A-55. No futuro prolongarase ata Vigo, constituíndo unha alternativa á A-55 e á AP-9. Atravesa 3 provincias e conta con varios túneles e viadutos de tamaño considerable.

AC-10

A AC-10 é unha estrada nacional urbana da cidade da Coruña. Ten unha lonxitude duns 1,670 km dos que os 840 primeiros metros son de vía convencional e os 830 restantes multicarril. Conecta o porto da Coruña coa AC-11 e coa AC-12.

Unha parte da vía recibe o nome de Rolda de Camilo José Cela.

AG-59

A AG-59, tamén coñecida como autovía Santiago-A Estrada é unha vía autonómica galega, na actualidade cobre o traxecto de Santiago de Compostela á Ramallosa e está previsto que continúe até A Estrada, coa posibilidade da prolongación até Cerdedo ou Forcarei para enlazar coa N-541 ou a PO-534.Actualmente co tramo de Santiago de Compostela-A Ramallosa están en servizo uns 5,9 quilómetros de lonxitude, a prolongación até A Estrada, serían outros 11,5 quilómetros de lonxitude, e a posibilidade da prolongación até Cerdedo ou Forcarei, podería sumar outros 16 quilómetros.

O primeiro tramo de Santiago de Compostela á Ramallosa foi inaugurado o 21 de novembro do ano 2008, tras dous anos das obras, que se empezaron a executar en maio do ano 2006.

AP-9

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

A Fontela, Amarante, Maside

A Fontela é un lugar da parroquia de Amarante no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Segundo o INE e o IGE en 2012 tiña 170 habitantes (88 homes e 82 mulleres).

Está situado a carón da estrada N-541. Trátase dunha zona marxinal próxima ao límite co concello do Carballiño. Gran parte das vivendas son un poboado de chabolas.

A Longa, San Xurxo de Sacos, Cerdedo-Cotobade

A Longa é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 67 habitantes (29 homes e 38 mulleres), cinco máis ca en 2006.

O lugar está atravesado pola estrada N-541 que vai de Pontevedra a Ourense.

Bora, Pontevedra

Santa Mariña de Bora é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 814 habitantes (411 mulleres e 403 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución do 6,65 % en relación ao ano 2000 cando tiña 872 habitantes.

A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.

Covas, Tenorio, Cerdedo-Cotobade

Covas é un lugar da parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 161 habitantes (76 homes e 85 mulleres), 21 máis ca en 2006.

A aldea está cruzada de leste a oeste polo rego da Troita, que desauga no río Lérez. Amais, está atravesada de norte a sur polo tramo vello da estrada N-541, agora convertido en travesía.

Dacón, Amarante, Maside

Dacón é unha vila da parroquia de Amarante no concello ourensán de Maside na comarca do Carballiño. Segundoo INE e o IGE en 2012 tiña 388 habitantes (180 homes e 208 mulleres).

Está atravesada pola estrada N-541.

N-525

A N-525 é unha estrada nacional que comeza en Benavente e remata en Santiago de Compostela, atravesando no seu percorrido poboacións como Pobra de Seabra, Verín, Xinzo de Limia, Ourense e Lalín entre outras.

N-540

A N-540 é unha estrada nacional, que vai de Lugo a Ourense. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

N-640

A N-640 é unha estrada nacional, que nace na N-634 para atravesar Galicia ao longo de 228 km, desde Castropol (Asturias) até Vilagarcía de Arousa. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Pasa pola Pontenova, Meira, Lugo, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis. Comparte parte do seu camiño coa estrada N-540 (entre Lugo e Guntín) e coa N-525 (entre Lalín e Chapa).

Á súa entrada en Galicia ten lugar o inicio da N-642. Asemade, en Santiso de Abres, volve entrar en Asturias.

O Carballiño

O Carballiño é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca do Carballiño, á que dá nome. Segundo o INE en 2018 tiña 13.939 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballiñés.

PO-532

A PO-532 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Pontevedra e Ponte Caldelas. Ten 14,3 quilómetros de longo. É un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.

Portela da Laxe

A Portela da Laxe é unha estación de gravados rupestres conformada por seis grupos. Catro deles foron destruídos no último cuarto do século XX como consecuencia das obras de ampliación da estrada N-541 que une Pontevedra e Ourense.

Sitúase no lugar da Atalaia, parroquia de Viascón, Cerdedo-Cotobade. Son coñecidas desde antigo e xa foron recollidas no Corpus Petroglyphorum Gallaeciae de Ramón Sobrino Buhígas no ano 1935.

SC-20

A SC-20 é unha estrada multicarril que circunvala polo leste a cidade de Santiago de Compostela. Discorre en paralelo á AP-9 e foi a antiga N-550. No trascurso da súa vida foi mellorada, como no túnel do Hórreo.

Sacos, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Sacos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 244 habitantes (111 homes e 133 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ó 2005, cando tiña 281 habitantes.

Tenorio, Cerdedo-Cotobade

San Pedro de Tenorio é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. É a parroquia con maior poboación do concello. Segundo o IGE en 2015 tiña 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.

Limita ao norte con Fragas (Campo Lameiro) e Viascón, ao sur con Almofrei e Borela, ao leste con Viascón, Rebordelo e Borela, e ao oeste con Xeve e Bora. Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.

Pola parroquia discorre a estrada N-541.

Xuvencos, Boborás

Santa María de Xuvencos é unha parroquia do concello ourensán de Boborás, onde se localiza a cabeceira municipal. Segundo o IGE en 2011 tiña 366 habitantes (169 homes e 197 mulleres).

España Rede de Estradas do Estado en Galicia Galicia
Rede interurbana
Rede urbana

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.